Susana Camba denuncia que “A Estrada quedou fóra da bonificación de SOGAMA no recibo do lixoi, porque o goberno municipal do PP non ten programas para reducir e reciclar residuos, non te política medio ambientais, o seu é o cemento”

“Aos veciños e veciñas da Estrada non lle sobran os cartos”, así de contundente se amosou a concelleira do BNG, Susana Camba, logo de coñecerse que A Estrada quedará fóra das bonificacións de SOGAMA que rebaixará un 10% o recibo da recollida do lixo.

A concelleira nacionalista acusou ao alcalde de “actuar como se fora un novo rico logo de recibir a morea de millóns do EDUSI, que, iso si, gasta en cemento e luces de neón, que quedará moi bonito, pero que en pouco ou en anda beneficia o día a día dos veciños e veciñas da Estrada”.

Segundo explicou a concelleira do BNG, “o noso concello quedou fóra desta bonificación de SOGAMA, porque non ten programas para reducir e reciclar residuos, non te política medio ambientais, o seu é o cemento.” “O BNG instou ao alcalde no pasado mandato a que se acollera ao plan Revitaliza de compostaxe da Deputación”, engadiu Susana, “mais no PP votaron en contra e agora son os veciños e veciñas os que pagan caro esta decisión política”.

A concelleira do BNG, Susana Camba, “insta ao goberno municipal a acollerse ao plan Revitaliza ou a poñer en marcha un plan propio co fin de reducir os residuos sólidos, que, como se pode comprobar,  redunda nun mellor servizo para todos e todas ao tempo que reduce o recibo da recollida do lixo”.

Máis contedores de plástico e papel

Por outra parte, o BNG estradense, logo de recibir varias queixas por parte de veciños e veciñas do noso concello, insta ao goberno local para que aumente o número de contedores de reciclaxe no rural da Estrada, e máis en concreto, de plástico e papel. «Non é de recibo que por unha banda se conciencie á poboación sobre a importancia da reciclaxe como unha parte da conservación medioambental,  e instemos a toda a veciñanza para que recicle, e por outra non se lle dote do material axeitado para facelo. É unha dobre vara de medir á que por desgracia o PP xa nos ten acostumados. Moitos núcleos do rural carecen de contedores para depositar o plástico. Ao PP gústanlle moito os titulares grandilocuentes, mais logo esquece acompañalos de actos», declara Susana Camba, voceira da formación nacionalista. 

Por iso, dende o BNG da Estrada lembran a enorme contaminación que supón, en concreto o exceso de plásticos no noso contorno e que estamos vivindo un momento de inflexión na conservación da nosa terra. As administracións públicas deben dar exemplo  e mostrar a importancia que teñen os pequenos xestos, como pode ser a reciclaxe. Non facilitar o número suficiente de contedores a tal efecto só demostra a falta de concienciación por parte do goberno do sr López. «O alcalde da Estrada e a súa corporación, como bos liberais, esquecen que a separación do lixo é unha cuestión de respecto á natureza. Falando no seu idioma, é de un valor incalculable. Animámolos a que non o vexan só como unha fonte de beneficio das empresas concesionarias, nin eses contedores como un gasto prescindible, senón como un investimento no noso futuro como sociedade», remata Camba.

 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

“Promoción da prevención e redución da sinistralidade”

 Dende Servicios Sociais Estradense a concelleira Amalia Goldar informa que O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) no seu Plan de actividades 2019 recolle no seu eixe 5 “Promoción da prevención e redución da sinistralidade” un programa específico para Traballadores de atención directa a persoas con dependencia, que inclúe o desenvolvemento de accións formativas en materia preventiva. 

Este organismo convoca 8 talleres en toda Galicia, sendo o Concello da Estrada un dos seleccionados para realizar un taller de prevención de riscos laborais para persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia, os días 14,15,17 e 18 de outubro en horario de 16:30 a 20:30.

O obxectivo desde taller é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e dimi- nuír os accidentes laborais no sector.

A formación ten carácter presencial e gratuíta e está destinada a persoas maiores de idade interesadas na actividade de atención a persoas con dependencia, tendo prioridade na selección aquelas persoas con vinculación laboral e/ou formación na materia.

As solicitudes efectuaranse utilizando o anexo II da resolución que os convoca que se atopa dispoñible en formato editable na páxina web do Concello da Estrada (www.aestrada.gal) e na do ISSGA (http://issga.xunta.gal).

As solicitudes poden entregarse no rexistro do Concello da Estrada ou ben a través do correo electrónico issga.formacion@xunta.gal.

* Xunto coa solicitude deberá achegarse:

– Copia do DNI/NIF/ Pasaporte

– De ser o caso, documentación acreditativa pertenza a colectivo prioritario (vida laboral, formación acreditada,…)

Publicado en Portada | Deja un comentario

A DEPUTACIÓN MODERNIZA A REDE DE CAMIÑOS RURAIS DA ESTRADA CUN INVESTIMENTO HISTÓRICO DE PRETO DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS

Os camiños rurais de A Estrada locen cun novo aspecto gracias ás 74 obras realizadas no marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O investimento de 2.349.543,9 euros, correspondente ás anualidades de 2017, 2018 e 2019, supuxo un antes e un despois no mantemento da rede municipal e mellorou así a calidade de vida de boa parte da veciñanza. As últimas obras acometidas este ano foron visitadas hoxe polos deputados Carlos Font, Iria Lamas e Laura Iglesias, que estiveron acompañados do alcalde, e tamén deputado provincial, José Carlos López Campos, e tenente alcalde Juán Constenla Carbón.

 

Carlos Font subliñou que os datos son “moi elocuentes”, dado que abordáronse actuacións en 74 camiños rurais nun concello tan extenso: “das 51 parroquias que ten A Estrada, actuamos en 34; e desas 34, en 10 delas fíxose máis dunha actuación, o que demostra a amplitude da cobertura destas obras”. O deputado provincial subliñou a colaboración e lealdade institucional que preside as relacións entre a Deputación e o Concello de A Estrada e así aproveitou a visita de hoxe para facer un balance dos últimos catro anos, nos que A Estrada recibiu a achega dun total de 10 millóns de euros, “a maior da historia da Deputación con este municipio”. Unha colaboración que se distribúe por tódalas áreas da xestión municipal, entre elas tamén o emprego. Así, dentro da Liña 3 do Plan Concellos, o Concello da Estrada dispón este ano de 28 traballadoras/es e, ao longo dos últimos catro anos, puido contratar a un total de 123.

 

As obras realizadas ao abeiro do Plan Concellos na rede de camiños de A Estrada distribúense entre pavimentacións integrais e actuacións de mellora. No primeiro apartado, acometeuse a pavimentación de 43 vías municipais que abranguen preto de 27 quilómetros, mediante o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. As obras localízanse nos lugares de Oca, Matalobos, Aguións, Cora, Santo André de Vea, Tabeirós, Santo Tomé de Ancorados, Ouzande, Callobre, Santeles, Ribeira, Moreira, Rubín, Moreira, Paradela, Guimarei, San Pedro, Berres, Santa Cristina de Vea, Barbude, Couso e Toedo. Por outra parte acometéronse traballos de mellora, con limpeza de cunetas, varrido superficial do firme e aplicación de capas de rodaxe en Lamas, Vinseiro, Rubín, Berres, San Miguel de Barcala, San Miguel de Castro, Aguións, Guimarei, Cora, Baloira, Somoza, Callobre e Agar. Tamén realizáronse outras actuacións de mellora en Agar, Somoza, Tabeirós, Parada, Nigoi, Ribela, Vinseiro, Arca, Souto e Codeseda.

 

Diante destes datos, o deputado Font puxo de manifesto que o Plan Concellos exemplifica o papel que lle corresponde á Deputación na colaboración cos concellos, “unha colaboración estable e que ten a gran vantaxe de que os concellos coñecen cales van ser os investimentos que van poder acometer e son eles os que deciden como resolver as necesidades da veciñanza”. No caso concreto de A Estrada, aplaudiu a escolla do Concello pola mobilidade dentro dos núcleos rurais. Finalmente, indicou que o compromiso da presidenta da Deputación, Carmela Silva, “é seguir, durante este mandato, na mesma liña de colaboración cos concellos” e engadiu que a importante aposta polo Plan Concellos, “que, unha vez máis, volve demostrar a súa eficacia para achegar a política á veciñanza” continuará. De feito, destacou Carlos Font, A Estrada recibe este ano un total de 1.648.496,67 euros no marco do Plan, o que supón un crecemento dun 4,26% con respecto á achega do ano anterior.

 

Pola súa banda, o alcalde, José López, valorou o apoio da Deputación de Pontevedra e amosouse convencido que ámbalas dúas institucións seguirán traballando e colaborando lealmente. “Dispoñemos dun proxecto”, dixo en referencia ao Plan Concellos, “que nos permite aos municipios facer moitas actuacións ao cabo do ano, e aquí, na Estrada, xa fixemos un bo número delas”, entre as que destacou esta mellora das pavimentacións do rural. O primeiro edil lembrou que A Estrada ten case 2.000 quilómetros de pistas municipais, polo que o mantemento é sempre un reto “e grazas ao Plan Concellos puidemos facer este investimento”. Deste xeito aproveitou para anunciar que nos próximos anos seguirán dedicando unha parte importante deste Plan da Deputación á mellora da rede municipal de comunicacións e aplaudiu a cooperación e a lealdade institucional existente entre a Deputación e o Concello.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

IV Torneo de Pretemporada Concello da Estrada.

Horarios dos partidos polo 3º e 4º posto e final do IV Torneo de Pretemporada Concello da Estrada.
3º e 4º posto: CD Berres-Agrupación Estudiantil. Mércores día 28 as 21 horas no campo de fútbol do Pardiñeiro-Berres.
Final: CD Estradense B-Vea CF. Venres día 30 as 21:30 horas no campo de fútbol de San Martiño-Callobre.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A basura gaña utilidade en A Estrada

O pasado Sábado o Centro Xuvenil A Estación acollía unha segunda xornada de «Faino ti mesmo»,donde os integrantes aprenderón a crear cousas novas reutilizando material que parecía non ter máis utilidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Susana Camba acusa ao goberno de PP de ser inconscientes por non ter activadas as brigadas contra incendios

Logo de que os medios de comunicación local anunciaran que o concello da Estrada aínda non ten activadas as brigadas locais contra incendios, a concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “o goberno de López é un auténtico inconsciente polo desleixo que amosan nun tema tan importante como é a loita contra os incendios forestais, que cada ano arrasa centos de hectáreas no noso concello”.

“É certo”, indicou a concelleira nacionalista, “que levamos uns anos cun inicio de verán pouco propicio para os incendios forestais, concentrándose o risco en setembro e en outubro, xa metidos no outono”. “Sen embargo”, engade Susana Camba, “os incendios forestais apáganse no inverno con prevención, limpando por exemplo as marxes dos viais municipais para cumprir a lei de prevención aprobada polo PP no Parlamento Galego”. 

A concelleira do BNG explicou que “vendo como actúa o goberno municipal do PP, semella que actúa coa calculadora na man, adiando a sinatura do convenio coa Xunta para aforrar uns cartiños, aforro que non é tal, porque as perda medioambiental é incalculábel”.

Susana Camba instou ao goberno de López “a ser máis dilixente na xestión municipal, especialmente no que atinxen á prevención e extinción de incendios; estamos vendo o que está ocorrendo noutras latitudes e nunha situación meteorolóxica tan cambiante non se pode xogar co lume”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Atletismo súmase as Escolas Deportivas Estradenses

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e participación Cidadá, informa que para esta curso 2019-2020, contaremos entre as disciplinas ofertadas nas Escolas Deportivas Municipais, con atletismo.
Esta actividade súmase as escolas xa existentes (judo, karate, deportes alternativos, ciclismo, padel, natación, ximnasia, loita tradicional, patinaxe e hockey, xadrez, badminton,
baile deportivo, tenis, tenis de mesa e baloncesto), ofertando 16 disciplinas deportivas diferentes a poboación estradense.
A inclusión do atletismo como escola deportiva municipal, ven dada pola integración das categorías inferiores do CD San Paio na estructura do Club Atletismo A Estrada, dando lugar a Escola Deportiva Municipal de Atletismo que será xestionada polo Club Atletismo A Estrada, club de referencia de traballo coa base dende os seus inicios. Deste xeito unificase
o atletismo base estradense baixo un mesmo teito, que permitirá seguir medrando a este deporte no noso concello.
O CD San Paio, nos derradeiros meses e por motivos técnicos, decidíu estudiar a situación actual das suas escolas de atletismo, considerando que a decisión adoptada era a mellor para os seus xovenes atletas. O club continuará ca súa actividade e o seu traballo habitual coma ata agora, cos atletas senior e co seu gran referente: Medhi El Naboui.

Publicado en Portada | Deja un comentario