Presentación «Verán 2019»

Na mañá de hoxe o Tenente Alcalde Juán Constenla acompañado da directora de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López presentan a campaña especial «Verán 2019», o noso Concello e un dos máis xenerosos.

Con unha doazón podemos salvar  ata tres vidas, son 15 minutos o tempo para doar.

A unidade mobil estará a Semana que ben aqui diante do Concello.

Ánimamos a  todo o mundo a acercarse o autobús mobil.

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

Presentase hoxe xa oficialmente o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, da man do propio Carlos Barruso Martin e o Concelleiro de Cultura do Concello da Estrada.

Dende hoxe se te queres matricular podes facelo no Departamento de Cultura do concello e nestos días poñeremos un enlace neste mesmo perfil dende onde tamén poderás formalizar a túa matrícula e disfrutar dunha gran formación por só 10 euros ao mes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG URXE UNHA SOLUCIÓN XA PARA A VARIANTE

Susana Camba, voceira do BNG da Estrada, en resposta ás informacións que saíron do Ministerio de Fomento no sentido de que procede un estudo máis profundo do impacto patrimonial e medioambental da futura circunvalación da N-640 ao seu paso polo Preguecido, manifesta un total desacordo coas dinámicas seguidas polos diferentes gobernos que, dende Madrid, tiveron nas súas mans a posibilidade de levar a cabo esta obra: «Lamentablemente pasaron trinta anos e o único que fixeron foi dilatala no tempo, despois de promesa tras promesa incumpridas.»

Por outra banda, dende a formación nacionalista denuncian que, visto o visto, existe unha total falta de vontade política en acometer esta infraestrutura tan precisa, aínda máis hoxe en día, polo volume de tráfico que soporta A Estrada nesta vía, agravado polo perigo que supón, tanto para os vehículos que circulan por ela, como para as persoas que teñen a necesidade de cruzala. E inciden en que esta falta de vontade a tiveron tanto o PP coma o PSOE; e nin tan sequera as Mareas tiveron o interese de pelexar porque esta obra se levara a cabo. Semella que unha vez pasado o Padornelo esqueceron o país que deixaron atrás. 

Polo tanto, dende o BNG instamos ao sr López Campos a que cumpra coas obrigas que adquiríu co pobo estradense e lidere a reivindicación desta infraestrutura tan precisa para o noso concello e convoque a tódolos colectivos económico-sociais para planificar conxuntamente as medidas de presión necesarias para poñer fin a esta nova tomadura de pelo.

Dende o BNG, como forza política comprometida co noso país, sen ningún tipo de dependencia con intereses alleos aos que non son os colectivos, querémoslle deixar moi claro ao sr López e ao seu goberno, que nós non imos calar nin comungar con rodas de muíños e convocaremos as mobilizacións que fagan falta para que tanto a Xunta de Galiza do sr Núñez Feijóo, como administración reivindicante, e dende logo ao Ministerio de Fomento como executora se tomen en serio dunha vez este asunto, que mantén á vila na prehistoria das infraestruturas .

 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

CORES TOURÍS CLAUSURA O OBRADOIRO “A ESTRADA 2018” NO QUE SE FORMARON 20 DESEMPREGADOS EN ALBANELERÍA E XARDINERÍA

  1. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel  Cores Tourís, clausurou esta mañá que o obradoiro “A Estrada 2018” no que se formaron 20 desempregados do municipio en albanelería e xardinería. No acto estivo acompañado do alcalde en funcións Juan Constela e do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

 

O obradoiro da Estrada, denominado “A Estrada 2018”, contou con 20 alumnos e unha achega da administración autonómica de 288.807 euros. Estivo centrado en construción e xardinería, polo que os alumnos realizaron prácticas levando acabo arranxos das casas escola do rural así como con actuacións en xardíns do concello.

 

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes puideron combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: “Tratamos así de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral”, explicou Cores Tourís. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

 

Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o delegado territorial, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

 

 “Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos nosos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico”, engadiu José Manuel Cores Tourís.

 

O delegado territorial recordou que xa son 7 os obradoiros aprobados dende o ano 2009 na Estrada, “o que supón un investimento en formación por parte da Xunta de Galicia que supera o 1,5 millón de euros”.

 

En total desenvolvéronse no presente ano 26 obradoiros na provincia, 18 duais e 8 dirixidos a mozos de menos de 25 anos, nos que participaron 487 alumnos. No caso dos obradoiros duais, a novidade foi a combinación dun contrato de formación e de  aprendizaxe durante nove meses. O investimento na provincia para obradoiros rondou os 6,4 millóns de euros.

 

Compre lembrar que a Administración autonómica está a destinar preto de 65 millóns de euros para mellorar a cualificación de case 16.800 persoas desempregadas a través de 1.100 cursos que se levarán a cabo entre 2019 e 2020. En canto aos obradoiros de emprego, entre 2019 e 2020 levaranse a cabo 80 programas mixtos de formación e emprego a través dos cales 1.500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Búsqueda de Ángel desaparecido Sábado ás 16:30 en A Estrada

Seguimos coa búsqueda de Ángel desaparecido Sábado ás 16:30 e visto por última vez na zona da gasolinera da Ulla onte pola mañá. 
Incorporouse ao dispositivo, no que xa participa o personal de garda do Servizo, o equipo cinolóxico da Garda Civil de Ourense e pola tarde tamén o fará o helicoptero da Garda Civil. 
Tamén se manteñen no dispositivo os voluntarios de Protección Civil, Drons da AXEGA, Policía Local de A Estrada, Garda Civil, veciños e amigos.
Recorda que se tes novidades ou crees habelo visto debes comunicalo ao 112.
Ángel vestía chaqueta gris, pantalón vaqueiro, tenis e posiblemente levaba un paraugas negro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Case medio cento de firmas confirmaron a súa presenza na 33ª Feira do Moble

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada,
entidade organizadora da Feira do Moble de Galicia, informa que preto de medio decento de empresas de diferentes sectores relacionados co mobiliario, a decoración, o interiorismo e os complementos confirmaron xa a súa presenza no certame, que abrirá as súas portas entre o 18 e o 22 de setembro.
Na relación de firmas da contorna que acudirán á feira figuran as estradenses Artest,Lani Estrada, Carpintería Rivas, Nattex A Estrada e  Irmáns Picaño, a lalinense Carlos Seixas e a cuntiense Piscinas Míguez, entre outras. Varias delas, concretamente Artest, Lani Estrada, Carpintería Rivas e Carlos Seixas, serán as encargadas de darlle a benvida aos visitantes, posto que volverán estar ubicadas no pavillón número 3, que
acollerá novamente a entrada ao recinto feiral.
Desde a organización da feira estanse a comercializar os últimos espazos expositivos dispoñibles, ao tempo que se continúa a traballar na definición da programación de actividades complementarias, entre as que figuran exposicións, espectáculos de maxia e algunha charla formativa.
Ademais, tamén se está a ultimar a campaña promocional, un ámbito no que un dos maiores atractivos da presente edición é o sorteo do mobiliario   dun apartamento,
patrocinado pola Asociación de Fabricantes e Comerciantes de Mobles (AFCME), no que poderán participar tódolos asistentes que adquiran unha entrada, cuxo prezo será dun euro. O gañador deste sorteo poderá elixir entre tres opcións de mobiliario que proporcionarán tres firmas afiliadas á AFCME: Artest, Muebles Pose Mato – Nattex A Estrada e Muebles García Lorenzo.
Dito sorteo celebrarase o último día da feira, o domingo 22 de setembro ás 20.00 horas, mentres que desde o xoves ata o sábado celebraranse outros sorteos
adicionais de estancias en casas de turismo rural -en colaboración con Mar de Compostela-, ceas no restaurante Asador de Leo, vales de compra en comercios afiliados á ACOE e entradas para o curro da Rapa das Bestas de Sabucedo de 2020.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG dí que o PP ten que deixarse de parches, é tempo de actuar en serio para adquirir a Torre e o Pazo de Guimarei

Dende a formación nacionalista inciden, a través da súa portavoz municipal, Susana Camba, “en que o goberno municipal tivo durante anos nas súas mans a posibilidade de exercer o dereito de retracto, que permitiría a compra da Torre e a posibilidade de que toda a veciñanza do concello a puidese desfrutar sen restricións”. “Sen embargo”, engade Susana Camba, “deixaron pasar un tempo precioso, e hoxe en día ese dereito xa está caducado. Sendo así, tiraron pola borda unha oportunidade única de facer público un dos bens patrimoniais máis importantes do noso concello, cunha enorme potencialidade á hora de atraer visitantes e polo tanto de convertelo nun activo económico para o noso concello, que boa falta nos fai”.

A voceira nacionalista, Susana Camba, opina que “o goberno de López Campos ratifica, máis unha vez, a falta de interese que o patrimonio cultural lles provoca. Xa demostraron que están máis a gusto dilapidando cartos públicos en obras novas de cemento relucentes que na conservación da nosa historia, unha palabra que non semella que esperte moito interese neles».

“Por outra parte”, engade a concelleira nacionalista, “cómpre lembrar que o BNG leva anos presentando emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para que esta adquira a Torre e o Pazo de Guimarei e o PP votou sempre en contra, o que demostra que o goberno de Feijóo tamén ten pouco interese no noso patrimonio, o cal pon en dúbida o interese da Xunta á hora de instar ao propietario deste inmoble para que o poña en condicións de ser visitado”.

“Por iso”, explica Susana Camba, “é tempo de actuar en serio para adquirir a Torre e o Pazo de Guimarei, e deixarse de parches e declaracións para a galería que non conducen a ningún lado”.

Dende o BNG queremos lembrar ao goberno do PP a importancia de conservar o noso patrimonio, no só como parte da nosa memoria colectiva, senón tamén como un activo que pode insuflar vida á nosa economía máis ben precaria. 

«Aprendamos doutros lugares onde coidan o seu contorno e os seus monumentos”, afirma Susana Camba”, “temos un patrimonio moi rico e diverso que podería ser referencial. Poñámolo en valor antes que desapareza, porque logo xa non poderemos facer nada máis que lamentarnos «.

 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario