Rapa das Bestas pecha o programa 2019 con tres curros e preto de 25 actividades nos cinco días de festa

 As entradas para as rapas xa se poden adquirir on line, a un
prezo de dez euros, a través da plataforma Eventbrite
 Senllas imaxes de Sindo Novoa e de Antonio Pedrosa ilustran
os cartaces do certame, que se presenta o 21 en Madrid

 

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo vén
de pechar definitivamente o programa da edición 2019, que se desenvolverá entre o
xoves 4 e o luns 8 de xullo, cunha configuración na que se manteñen os tres curros tradicionais e que inclúe preto de 25 actividades diversas nas cinco xornadas da festa.
O programa arrancará o xoves 4 á noite coa 10ª Gala na honra dos aloitadores, que dará paso, xa ao día seguinte, á misa de San Lourenzo ás 6.30 horas e a saída ao monte dende O Celeiro, media hora despois, para buscar as bestas. Como é habitual,
 greas congregaranse no Peón e encamiñaranse cara o Castelo, antes dun tempo de asueto para, xa as 23.00 horas, comezar coas primeiras actuacións do Festival Rapasons con Tanto nos Ten, Monolious Dop, Os Benignos e Funkiwis.
Xa o sábado 5, haberá xuntanza ás 11.00 horas no Celeiro para baixar as bestas coa previsión de que entren na aldea sobre as 14.00 horas. Pola tarde, sobre as 19.00 horas celebrarase a primeira rapa do ano e as persoas interesadas en asistir –tanto a este como aos demais curros– xa poden adquirir on line as súas entradas, a un prezo de dez euros, a través da plataforma Eventbrite.
Na xornada sabatina, as actuacións do Rapasons, que este ano conta cun cartel moi
 con ata vinte grupos distintos durante toda a fin de semana, corresponderáná Banda de Música Cultural da Estrada, Mekanika RollingBand, Tequexetéldere eAiriños de Caldelas, así como ás orquestras Gran Parada e D´Moda na verbena.
O domingo 6 celebrarase a segunda rapa ás 12.00 horas e o resto da programación será eminentemente musical con Rosa Cedrón, Airiños de Caldelas e Festicultores, asesión de Foliada con Oradaladou, Pandereteiras  do Val de Quireza con Foula, os temas de Pablo Díaz para o público infantil, De Vacas e Os Carunchos e a verbena da man de New York e Miramar. Ademais, e ao igual que na xornada do sábado, haberá
xogos para a cativada no Campo do Medio en quendas de mañá e tarde.
Finalmente, o luns 8 será a xornada de clausura coa súa programación habitual, que inclúe o terceiro curro ás 12.00 horas, e cuxo fin solidario pecharase nos vindeiros
días, o acompañamento musical de Airiños de Caldelas e, xa pola tarde, a solta dasbestas cara os montes da bisbarra. En calquera caso, dende a organización apúntaseque toda a información pode consultarse, de xeito actualizado, a través da páxina web www.rapadasbestas.gal e dos perfís oficiais nas redes sociais Facebook e Instagram.
Xa co programa pechado, A Rapa das Bestas de Sabucedo está a intensificar as labores de promoción desta festa internacional, que comezaron paseniñamente dende
a sua presenza en Fitur o pasado mes de xaneiro. As mesmas xiran en torno aos cartaces promocionais da propia Rapa e do festival Rapasons, que nesta edición están ilustrados con imaxes de Sindo Novoa e Antonio Pedrosa, respectivamente, aos que a asociación quere agradecer a súa colaboración. E ademais, xa está pechada a presentación oficial desta edición, que terá lugar o vindeiro venres 21 ás 19.30 horas no salón de actos do Centro Galego de Madrid coa presenza de medios decomunicación, bloggers, axencias de turismo, touroperadores e autoridades.
Colaboración con Helvetia para os seguros
Noutra orde de cousas, a asociación vén de asinar un acordo de colaboración coa entidade Helvetia Seguros por medio do seu axente de A Estrada-Inversia Seguros.
Con esta medida, A Rapa das Bestas de Sabucedo consegue unificar e abaratar todas as pólizas de seguro que ten o colectivo. A presentación de dito acordo terá lugar na sede de Helvetia Seguros na Estrada o vindeiro martes, 18 de xuño, ás 12.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Corporación Estradense despide este mandato

A Corporación da Estrada celebrou este mércores o seu último Pleno do mandato, unha sesión  de trámite na que se aprobaron as actas pendentes das sesión anteriores e na que o voceiro do BNG, Xosé Magariños, aproveitou para despedirse, logo de que a pasada fin de semana anunciase a súa decisión de renunciar á acta de concelleiro. No seu lugar entrará a número dous da lista, Susana Camba, que nada máis rematar o Pleno deste mércores, xa participou nunha xunta de voceiros de tódolos grupos para avanzar en cuestións organizativas de cara o novo mandato, como a composición das comisións informativas ou as datas de celebracións das sesións plenarias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

“X CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA”

O Departamento de Deportes do Concello da Estrada,
informa:
Que todas as solicitudes presentadas en tempo e
forma para participar no “X CAMPUS DEPORTIVO DE
VERÁN CONCELLO DA ESTRADA” para a quenda do mes
de xullo, foron acepadas polo que teñen de prazo dende o
xoves día 13 ata o venres día 21 de xuño para efectuar o pago,
facendo o ingreso correspondente no número de conta de
referencia do Banco Sabadell, e presentando o resgardo de
pago no departamento de estatística do Concello (pranta baixa)
ou pola sede electrónica dirixido o departamento de deportes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xuntanza anual de Fillos e Amigos de A Estrada

Asociación de Fillos e Amigos da Estrada celebra a Xuntanza Anual o sábado 22 de xuño incluída no programa de eventos das Festas Patronais.

Forma parte da razón de ser da Asociación rendir cumprido homenaxe a estradenses de nacemento e a outros que adoptamos, por ben facer aos nosos, ao progreso ou a cultura da Estrada. Este ano as persoas e institucións elexidas son:

            -Don Saturnino Cuquejo Iglesias. Empresario galego-venezolano. Por emplear nas súas empresas venezolanas a estradenses emigrados coma él e recibir en Caracas á representación do Concello encabezada naqueles tempos polo Alcalde D. Jesús Durán Martínez, ademáis de ser  actualmente Patrono da Fundación Amigos de GaliciA

        -Don Arturo Parrado Puente. Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia. Polo desempeño do seu cargo a prol dos discapacitados sendo él exemplo de inclusión no traballo.

 

        -Don Roberto Brey Porto. Empresario do Sector Automovilístico. Por ser exemplo de emprendedor humilde e boa persoa a decir de todos os que o tratan.

 

        -Don Carlos Barruso Martín. Músico, arreglista, compositor e profesor. Por ser quen de poñer en máis alto nivel a enseñanza musical na Estrada.

 

        -Colexio N.S. Lourdes. Polos cincuenta anos de eficaz ensino e compromiso ca educación en hábitos saúdables na Vila da Estrada.

 

 

 

 -Asociación Codeseda Viva. Pola súa encomiable labor a prol da recuperación da historia, cultura de proximidade e camiños dos arrieiros a Santiago de Compostela no Concello da Estrada.

 

 

A sucesión de actos este ano 2019 será a que sigue:

           – As 19h misa na Igrexa Parroquial de San Paio da Estrada en sufraxio polos estradenses finados.

           – As 19:45h concentración na Praza da Constitución e Ofrenda Floral diante do monólito a Marcial Valladares amenizada polo Grupo de Baile e Gaitas Abrente do Foxo , seguida da recepción no Salón de Plenos do Concello aos homenaxeados.

           -As 21h tradicional “Cea de Confraternidade”e entrega de “Insignias de Ouro”, “Placas de Prata” e “Diplomas de Honra” da Asociación no Restaurante Samaná.

A Xunta Directiva anima a todos os habitantes e amigos da Vila da Estrada a  participar nos actos e acompañar aos homenaxeados na cea.  As tarxetas para asistencia á cea  cun coste de 35 euros por persoa, estarán a venta no Restaurante Samaná (tfnos 986180346 e 670623806), no email asfilloseamigosdaestrada@gmail.com e no Tfno.655235689. Recomendámoslle ademáis visitar a páxina web www.asociaciondefilloseamigosdaestrada.gal

Publicado en Portada | Deja un comentario

A EMAE ESCENIFICA A VALLE INCLÁN

Este vindeiro domingo día 16 de xuño ás 21.00 h no Teatro Principal, o Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas porá en escena A rosa de papel, unha peza de Valle Inclán que naceu como un melodrama para marionetas incluído dentro do Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte. Esta obra servirá de exhibición de fin de curso pechando o pano a oito meses de clase. Dirixida por Anabell Gago, a montaxe está interpreta por Aranza Barreiro, Ángela Sanmartín, Ana Rivadulla, Anxos Pais, Manuel Rebolo, Dori Carbia, Fina Raposo, Rosa López, Sabela Arca, Santiago Agra e Serxio González. As entradas serán de balde ata completar a capacidade do teatro.
 
Por outra banda a unidade de produción da Escola de Artes Escénicas levará a obra Contiños da terra, de Manuel García Barros, á Fundación Paco Lareo en Piloño o vindeiro xoves día 20 e ao local social de Lamas o venres 21 pechando o ciclo de primavera do Teleclub da Comedia.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta aposta pola colaboración institucional e a formación especializada para seguir avanzando na loita contra o narcotráfico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo Alcalde Estradense José López, destacou hoxe a importancia da colaboración institucional e da formación especializada e continua dos axentes e profesionais para seguir avanzando na loita contra o narcotráfico.

Así o destacou hoxe durante a inauguración na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) do foro Desafíos actuais da loita antidroga, impulsada en colaboración coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN). No acto tamén participaron o patrono da FGCN, Jaime Iglesias; o xeneral da XV zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez; o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; e a delegada especial en Galicia da Axencia Tributaria, María Imelda Capote.

A xornada, dirixida a membros das unidades antidroga da Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira, abordará cuestións prácticas como a figura do axente encuberto, a colaboración internacional ou a intervención de bens. O seu obxectivo principal é analizar a situación actual da loita contra o narcotráfico en Galicia e avaliar propostas de mellora entre os interlocutores expertos.

Trátase do terceiro ano que se realiza esta xornada, como resultado da colaboración da AGASP e a FGCN. Ademais, a Xunta tamén vén colaborando con esta Fundación a través doutras actuacións, como o convenio asinado en 2015 para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico

Publicado en Portada | Deja un comentario

FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

Este vindeiro sábado día 8 e ata o 28 deste mes de xuño, a EMAE levará a cabo as súas exhibicións de fin de curso, un total de cinco estreas que porán en escena os cinco grupos matriculados na escola e que servirán para pechar o curso lectivo 2018-2019.

 

Serán os Grupos Infantil 1 e 2 os encargados de erguer o pano esta fin de semana cunha exhibición de danza-teatro. O sábado, a partir das 20.00 h, no Teatro Principal, porán en escena, respectivamente, A máquina do tempo e Mito vs. Tecno. Dous espectáculos dirixidos polas profesoras Paula Quintas e Akira Valero e interpretados polos nenos Lía Rey, Alessandra Illobre, Xiana Otero,  Lucas Taboada,  Helena Miranda,  Clara Rey, Estela Riera,  Violeta Núñez,  Aldara Mato,  Marta Correa,  Inés López,  Catalina Álvarez,  Santiago Loureiro, Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Roi Álvarez, Sara Núñez,  Clara González,  Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Lara Rey, Antía Campos, Miguel Basteiro, Carlota Picáns e Nerea Campos, todos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

 

Tomará o relevo o domingo 16 de xuño ás 21.00 h, o Grupo de Adultos coa peza de Valle-Inclán, A rosa de papel e, posteriormente, os Grupos Xuvenís 2 e 1 porán en escena Pim pam pum, o día 26 de xuño ás 19.00 h, e Grita!, o día 28 ás 20.00 h, respectivamente. Todas as exhibicións con entrada de balde.

Publicado en Portada | Deja un comentario