Presentación das bases do XXIV Premio Xornalístico M. Reimóndez Portela.

O vindeiro Venres día 7, a partir das 11:30 horas, terá lugar na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada (Sala Reimóndez Portela), a presentación das bases polas que se rexerá a XXIV Edición do “Premio
Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”.
No acto comparecerán, os membros do Comité de Seguimento
deste galardón, Juan Andrés Fernández Castro e José M. Bouzas
Blanco.
Unha vez remate a presentación das bases, queda aberto o prazo
de recepción de traballos para participar no certame. Esta
actividade cultural, está promovida pola Fundación de Exposicións e
Congresos da Estrada que foi a encargada de instituir o galardón
que anualmente, conta co patrocinio institucional da Excma.
Deputación Provincial de Pontevedra e da propia Xunta de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada escanciará 5.000 litros de sidra na súa festa do 8 de xuño

A Estrada escanciará 5.000 litros de sidra na festa homónima que terá lugar o sábado 8 de xuño na Praza do Concello. A produción de mazás estradenses sitúase como a maior de Europa, cun volume total de máis de dous millóns de quilogramos recollidos esta tempada, e superando o millón e medio do ano anterior, segundo indicou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos.
O produto é o factor determinante e diferenciador que consegue que cada vez máis clientes fixen os ollos nas mazás estradenses, cultivadas de maneira ecolóxica case na súa totalidade. Esta calidade superior na materia prima garante a demanda e por esa razón “non haberá na Estrada ningún produtor que se vaia a quedar cun quilo de mazás sen vender”, segundo apuntou o representante da Sidrería Ribela, Jesús Armentero.
Tanto López como os sidreiros locais convidaron á veciñanza a acudir á Festa da Sidra da vindeira semana e instaron aos asistentes a adquirir o vaso propio da festa empregado para degustar o produto, xa que esa é a forma de axudar a conservar e manter esta festa, que é unha das máis bonitas da Estrada, segundo palabras do alcalde, polo seu compoñente social, cunha alta participación do rural.
A adquisición do vaso, a un prezo de 5 euros, é un dos piares fundamentais sobre os que se sustenta a festa, xunto coa colaboración dos patrocinadores (Seguros Helvetia contribúe coa achega de 3.500 vasos) e a da institución local.
Por outra banda, este ano o Grolo de Ouro entregarase á Escola Politécnica de Enxeñaría Superior de Lugo, pola súa implicación e colaboración co sector sidreiro da Estrada e o departamento de I+D orientado á experimentación con novos sabores e variedades. Recollerá o galardón o director da escola, Tomás Cuesta García.
Espérase tamén atraer de cara ao vindeiro ano xacobeo 2021 aos principais colectivos participantes no Ciderlands, un proxecto que reúne aos principais produtores de sidra de Alemania, Francia, Reino Unido, Austria, Noruega, Irlanda e España, coa Estrada entre os seus participantes, e incluír a localidade nunha ruta turística relacionada co mundo da sidra a ter en conta a nivel internacional.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Nace o primeiro Encontro Multicultural Estradense

Nace o Encontro Multicultural, donde o grupo anfitreón será A Banda de Gaitas de Barbude.

Este encontro comezará o vindeiro Sábado as 12 da maña dende a Porta do Sol.

Terá tamén como protagosnistas a Escola de Gaitas de Ortigueira e a agrupación Ximela de Louro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os pequenos escritores da vila serán premiados o martes na Festa das Palabras

Os escritores máis pequenos da vila recibirán o vindeiro martes, 4 de xuño, os premios do VI concurso de microrrelatos e micropoemas da Festa das Palabras. A entrega de premios comezará ás 20:00 horas no Teatro Principal e os gañadores recibirán un exemplar do libro que conterá os textos gañadores e un caravel branco, segundo informou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Os exemplares do libro conterán os textos dos 61, saídos das diferentes categorías e centros implicados gañadores desta edición, ademais de 14 ilustracións realizadas polos alumnos de primaria dos sete colexios, segundo apuntou o profesor do colexio de Lurdes, Víctor López.

Esta festa das palabras, organizada polos equipos de dinamización lingüística da lingua galega de todos os centros educativos da localidade, non é a única actividade desenvolta por este grupo. Dinamizaestrada tamén leva a cabo o proxecto Videoconectad@s; un programa de videoconferencias mediante o cal, o alumnado de secundaria prepara unha serie de temas de distinta índole e o expón aos alumnos de primaria, relacionando directamente ao galego coa modernidade e a tecnoloxía.

Durante a xornada terán lugar outras actividades, como unha exposición de debuxos realizadas polos nenos de primaria, que estará situada á entrada do Teatro Principal e a intervención musical de Decotío Gaiteiros, agrupación que amenizará a festa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

44 equipos disputarán as finais de minibasket o 1 e 2 de xuño na Estrada

44 equipos e máis de 1.000 participantes se darán cita na Estrada o 1 e 2 de xuño na Estrada para disputarse as finais de minibasket. O torneo desenvolverase dende as 9:30 horas da mañá ás 21:00 horas da tarde nas instalacións do pavillón Manuel Coto Ferreiro, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

Esta será a cuarta ocasión na que se celebre este evento na vila. Un día grande de festa para a Estrada que enche de vida os pavillóns, tal como expresou o alcalde, quen lembrou que non só se trata dun evento deportivo, senón que ten incidencia no plano cultural, turístico e económico de cara á localidade nunha fin de semana na que se poden chegar a xuntar máis de 3.500 persoas, tendo en conta a familiares e acompañantes dos participantes.

A Estrada conta con instalacións de primeiro nivel de cara á organización deste tipo de eventos, no que se precisa tamén das instalacións da AGASP para dar cabida aos 32 oficiais e 25 árbitros que chegarán de distintos puntos da comunidade para participar neste evento. Queda pendente a construción dunha pista de atletismo que o alcalde se esforzará en conseguir, tal como expresou.

A celebración deste tipo de eventos perseguen fomentar o deporte, e principalmente o de base, co que a corporación local está totalmente involucrado, xa que inflúe en diversas áreas sociais, ademais do ámbito puramente deportivo; unha crenza expresada por López e reafirmada polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

Ao tomar a palabra, Martín explicou que durante a fin de semana non só se celebran estas finais, senón que se disputará un torneo de babybasket entre nenos a partir de 6 anos e se clausurarán tanto a tempada de baloncesto como a promoción O baloncesto educa; un proxecto de formación con valores no que participaron 8 equipos.

Para concluír, advertiu de que está totalmente prohibido acceder con vuvucelas ao evento, debido a que poderían intimidar aos nenos cando o fin último é que se divirtan e non que estean sometidos a presión.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As obras de Fernando Conde e a Alameda pendentes dos últimos retoques

As obras da Avenida de Fernando Conde e da Alameda da Estrada están experimentando ao longo destes días os seus últimos retoques. Con ambas a piques de rematar, o alcalde da localidade, José López Campos explicou hoxe que a Avenida de Fernando Conde sufrirá os vindeiros días cortes de tráfico e os correspondentes desvíos por mor dos traballos de aglomerado e pintado da rúa.

Unha vez realizados estes traballos a parte máis importante da actuación estará rematada, pero aínda restará a instalación do mobiliario urbano, tal como bancos e papeleiras. Por outra banda, na Alameda están aplicando formigón na parte exterior da praza da Constitución, onde se suprimirán os contedores subterráneos, que xa levaban meses en desuso, dende a chegada do camión de recollida lateral, incompatible con ese modelo de contedores, ademais da sucidade que provocaban ese tipo de contedores, nos que o lixo se acumulaba no fondo.

A nova área conformará unha media lúa que incluirá unha zona de aparcamentos e outra de carga e descarga para vehículos comerciais, informou López. Quedan tamén por finalizar os traballos de iluminación. Sacaranse os cadros da luz situados na fachada posterior da Casa Consistorial e conducirase os cables eléctricos baixo terra, atravesando a rúa mediante unha perforación dirixida.

  1. Estase valorando tamén como derradeira proposta a instalación de aseos públicos nesa parte traseira do Concello, posto que existen conexións de saneamento na zona e ese feito facilitaría a instalación, pero é unha idea que aínda se está estudando, concluíu o alcalde.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A XXIII Ruta do Salmón de BTT sairá o sábado ás 16:30 do Manuel Regueiro

A XXIII Ruta do Salmón de BTT sairá este sábado, 25 de maio, ás 16:30 horas dende as instalacións do campo de fútbol Manuel Regueiro e a meta estará situada na parte inferior do Campo da Feira, tal como indicou hoxe o concelleiro de Deportes, Ismael Pena.

A entrega de dorsais efectuarase con antelación á proba nas casetas do campo de fútbol e, tralo inicio da competición realizarase unha saída controlada de preto de 3 quilómetros. O pelotón atravesará boa parte do casco urbano nesa distancia ata pasar o Campo da Feira cara Aluminios Campos, punto no que comezará o tramo libre, cunha distancia de 42 quilómetros, segundo explicou o presidente do club Bikestrada, Juan Vilariño.

O desnivel acumulado na proba ronda os 800 metros, que comezarán cunha baixada cara a praia fluvial, pasando por varios puntos e parroquias tales como Moreira, Barbude e Paradela, onde se atopará o primeiro punto de avituallamento. Tras bordear a Presa da Pina e atravesar Paradela atoparán o segundo punto de avituallamento no Coto de Ximonde. O percorrido continúa entón pegado ao río Ulla cara Cora e a aldea de Barro, onde se atopa o terceiro punto.

Os participantes dirixiranse despois a Santa Cristina de Vea e subirán cara Santeles, atravesarán pistas de terra en Renda e seguirán pola Carballa e a Frieira, onde comeza o novo tramo desta edición, que discorre pegado ao regato da ponte nova (Toedo) de regreso ao casco urbano a través da cañoteira.

A competición ronda os 200 deportistas inscritos, pero Vilariño situou a expectativa arredor dos 300 participantes, que se poden inscribir a través da páxina web www.emesports.es. A proba conta coa colaboración de varias entidades, ademais do Concello, como son a carnicería Codesido, Argentinos Burger, o club Bikestrada, Helvetia, Inversia Seguros e Aurora Sport.

Publicado en Portada | Deja un comentario