O PSOE DA ESTRADA APOSTA POLA CREACIÓN DUN GRAN CAMPUS DEPORTIVO E DE LECER NA ZONA DE FIGUEIROA

O Partido Socialista da Estrada aposta
pola creación dunha gran zona verde na área de Figueroa: un espazo
natural pensado para as persoas, no que compaxinar instalacións para a
práctica deportiva con áreas de xogos e lecer para as familias.
Os socialistas eliminarán todos os viais interiores da área que comprenda
o novo campus para convertelo nun gran parque no que só teñan cabida
as persoas, non os coches, os cales poderán permanecer aparcados nas
superficies de parking que se instalarán na contorna.
“Integraremos a Carballeira na zona deportiva, que será o pulmón urbano
de A Estrada. Crearemos unha gran zona verde pensada para as persoas e
para a práctica de deportes” explica López Bueno.
Este gran campus deportivo contará con pistas de atletismo, pistas
multideporte, zonas de maquinas de exercicios para persoas maiores,
circuitos para camiñar e correr, áreas BTT para a práctica do ciclismo, e
un skate park.

Plan Estratéxico de Deportes do Concello da Estrada
O PSOE desenvolverá un Plan Estratéxico de Deportes para mellorar a
xestión das instalacións deportivas municipais, solucionar os problemas
das súas infraestruturas, e ofertar novos emprazamentos e actividades.
Haberá un Centro BTT con servizo de aluguer de bicicletas e GPS, ligado ó
desenvolvemento de novas rutas de ciclismo, e que potenciará tamén o
coñecemento das zonas máis turísticas da Estrada.
Se ofertarán tamén novas rutas de sendeirismo, desenvolvidas baixo o
prisma da iniciativa `A Estrada Camiña´: un programa que pretende
establecer novas rutas do colesterol ao longo do pobo, indicando o
número de kms recorridos, desnivel, dificultade e calorías consumidas; e
que servirá para fomentar un deporte activo e saudable, especialmente
entre os maiores.
Apoio ós clubes
O PSOE dará apoio ós clubes deportivos estradenses no referente á
xestión burocrática, administración, tramitación de fichas… e porá á sua
disposición oficinas e espazos de almacenamento na zona dos pavillóns
deportivos.
Tamén acollerá nas instalacións do concello a todos os colectivos que
demanden un emplazamento axeitado para o desenvolvemento das súas
actividades.
______________________________________________________________________

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG traballará desde o concello para garantir un ensino público igualitario e de calidade

O BNG da Estrada continúa a súa rolda de contactos sectoriais. Na tarde hoxe luns, Xosé Magariños, así como Xosé Nogueira, Suana Camba e María Blanco, mantiveron unha reunión coa federación de ANPAS do concello, á que lle presentaron as liñas mestras do programa do BNG relacionadas coa educación.

Para o BNG a educación é un dos piares básicos dunha sociedade. Das premisas do sistema educativo vai depender moito a capacidade da sociedade para loitar e ser garante da igualdade de oportunidades, da xustiza social e do avance no emprendemento económico.

O BNG da Estrada velará e cooperará para que a planificación e ordenación educativa deseñada e executada pola Xunta de Galiza, garanta a prestación deste servizo básico con bos parámetros de calidade en todo o territorio.

Como criterio xeral, o Concello da Estrada o BNG propón que só asumirá no ámbito educativo as funcións e os investimentos derivados do Pacto local, sendo competencia da Administración galega o mantemento do sistema e os servizos complementares.

Desde o goberno municipal colaboraremos poñendo a disposición da Consellería de Educación os terreos necesarios para a ampliación e/ou mellora dos centros educativos, colaborando tamén para que estean ben dotados e reúnan as condicións para ofertar un ensino de calidade e uns servizos complementarios satisfactorios.

Por outra parte, o BNG propón para as etapas educativas de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil, unha rede de centros axeitada ás condicións xeográficas e demográficas do noso concello, con centros educativos situados o máis preto posíbel do ámbito de residencia do alumnado, evitando situacións de ratios saturadas nos colexios da vila e o perigo de peche nos do rural por falta de alumnado, e, que estean material e humanamente dotados para garantir un ensino público igualitario e de calidade.

Isto exixe neste momento unha nova zonificación, equilibrando a poboación escolar de forma que non se produzan saturacións, pouca racionalización das distancias e descensos de matrícula que leven á perda de unidades e orzamentos.

O BNG contribuirá desde o goberno da Estrada á extensión das axudas a transporte para a postobrigatoria e universitaria.

En canto ás actividades complementarias extraescolares, prestaremos o apoio do noso concello ao Goberno Galego no aproveitamento das instalacións dos centros de ensino para garantir en todos eles a oferta de actividades extraescolares gratuítas. Ademais desde o goberno o BNG promoverá programas municipais de educación dirixidos aos escolares, como no que respecta ao coñecemento do patrimonio natural, histórico, etnográfico ou artístico do noso territorio, convertendo o concello nun espazo educador.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada supera as 12.000 persoas na 46ª Festa do Salmón e esgota os 6.400 pinchos

A vila da Estrada acolleu hoxe a máis de 12.000 persoas na
46ª Festa do Salmón e esgotou os 6.400 pinchos do “rei do río” servidos na degustación popular. Deste xeito, o Salmón volve demostrar o seu crecente poder de convocatoria igualando as cifras récord de asistencia xa fixadas nas edicións dos anos 2014 e 2018 e
ateigou o Novo Mercado e a súa contorna, onde se concentraron os actos gastronómicos, a Zona dos Viños e outras rúas con gran peso hostaleiro, así como os restaurantes e moitos domicilios particulares que aproveitaron a xornada festiva para convidar a familiares e amigos en torno a este mítico peixe.
O “día grande” arrancou a media mañá coa recepción de autoridades por parte do alcalde estradense, José López, e do resto da corporación municipal. Tras a benvida protocolaria, e co
acompañamento da Banda de Música Municipal da Estrada, a actividade festiva desprazouse ata o Teatro Principal para a lectura do pregón a cargo do profesor Armando Requeixo e a imposición dos Salmóns de Ouro ao propio pregoeiro, ao ex presidente do CIT Luis Reimóndez a título póstumo –recibido por Catina Sanmartín–, á asociación Codeseda Viva e á empresa
Hijos de Rivera.
Neste acto institucional, o alcalde estradense aproveitou a súa quenda de intervención para destacar o crecemento consolidado e estable do certame e o innegable atractivo do seu
formato de degustación na rúa, cunha decoración moi coidada, que o converte nunha das citas gastronómicas máis especiais e admiradas da nosa comunidade. Finalmente, destacou o papel do Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) e da Sociedade Deportiva Río Ulla como entidades
claves nesta festa e tivo unhas palabras de louvanza para a hostalaría, a restauración e os cociñeiros da Estrada “polo cariño, calidade e imaxinación que aplicades á hora de preparar as
vosas receitas de salmón, nas que misturades á perfección os pratos máis tradicionais coas propostas máis innovadoras”.

Tras este acto, o protagonismo do programa trasladouse ata o Novo Mercado e a súa contorna, que recibíu aos milleiros de asistentes co divertido espectáculo gastronómico “Sabor” a cargo da compañía Culturactiva, a música ambiental de The Bichos Jazz Band ou o obradoiro de
montaxe de moscas para a pesca do salmón. Paralelamente, o público deu boa conta dos 3.200 tiques postos á venda –200 máis dos previstos inicialmente– que permitían gozar dunha bandexa con dous petiscos cada unha. Deste xeito, rematáronse as 6.400 racións preparadas
pola decena de de establecementos participantes cunha vintena de receitas distintas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Centos de persoas arroupan a » José López » e o partido popular Estradense.

O mitin central do Partido Popular Estradense encabezado por José López, reuniu esta mañá un milleiro de veciños, acompañado polo Conselleiro de Sanidade o Vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda e toda a súa candidatura as 13h no Pabellón Estradense, co compromiso de seguir traballando para conseguir o obxetivo o vindeiro 26 de Maio  #unhagranEstrada para todos e todas.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

As 51 parroquias Estradenses protagonistas da 46º Festa do Salmón

 A decoración que locerán mañá os espazos exteriores da degustación popular da 46ª Festa do Salmón da Estrada, estará centrada  nas 51 parroquias estradenses, en especial, no noso rural.

Na tarde de hoxe a Alameda Estradense estivo completamente chea con actividades para todos os públicos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada agarda encher a vila cunhas 10.000 persoas na 46ª Festa do Salmón

O Concello da Estrada agarda encher novamente a vila
cunhas 10.000 persoas na xornada de mañá con motivo do día grande da 46ª Festa do Salmón, que contará cun amplo programa de actividades no que destacan a degustación popular e a lectura do pregón a cargo do profesor Armando Requeixo e as imposicións dosSalmóns de Ouro ao propio pregoeiro, a Luis Reimóndez –a título póstumo–, á asociación Codeseda Viva e á empresa Hijos de Rivera.
O Concelleiro de Cultura, Juan Constenla, amosou a súa satisfacción polas altas cifras de participación en todas as actividades previas, especialmente no 43º Concurso Internacional de Pesca do Salmón e na Ruta-Degustación de Tapas polos locais de hostalaría, polo que agarda que no día grande “se volva acadar unha asistencia masiva, que case sempre se sitúa por riba
das 10.000 persoas apoiada na calidade do programa e dos pinchos de salmón”. Ademais, amosouse confiado en que todo elo virá apoiado “por unha previsión meteorolóxica favorable,
xa que apunta a unha xornada apacible típica da primavera con temperaturas de ata 19 graos”.
“Temos un público moi fiel e consolidado no Salmón que case nos permite asegurar o éxito da festa, pero é que ademais hai un tirón ascendente polas receitas dos nosos cociñeiros, como demostra que cada ano teñamos que incrementar as bandexas de pinchos porque se soen esgotar ao longo da mañá”, engadiu.
Polo demais, a actividade festiva arrancará a mediodía co acto institucional no Teatro Principal para a lectura do pregón, a imposición dos Salmóns de Ouro e as quendas de intervención.
Posteriormente, o programa trasladarase ao Novo Mercado, onde unha decena de establecementos servirán 6.000 petiscos de 20 receitas distintas de salmón que se venderán en bandexas de dúas racións a un prezo de catro euros. Os locais e as creacións da
degustación popular deste ano son os seguintes:

A Casa do Pan | Empanada de verduriñas e Cremoso de salmón enrolado en biscoito  aromatizado ao romero e maldón


Argentinos Burguer | Salmón, coco e chile e Gilda de Salmón
Cervela | Pizza de salmón e gambas e Empanadilla de salmón con grelos e gambas
Don Juan | Tosta de salmón Don Juan e Lasaña de salmón
La Bombilla | Ensalada de pasta con salmón e salsa pesto e Salpicón de salmón e augacate
Mar de Compostela | Espeto de salmón con verduriñas e Pavillón de salmón en canoa
O Asador de Leo | Ensalada de salmón tropical e Tortilla de salmón
Os Peares | Arroz mar e terra e Croquetas de salmón
Nixon | Salmón ao Conde de Ximonde e Pastel de Salmón
Velis Nolis | Salmón mariñado con alga crocante e sésamo e Salmón mariñado con cacahuete
de wasabi
Todo elo contará con actividades paralelas, como o tradicional obradoiro de montaxe de
moscas para a pesca do salmón, especialmente orientado a deportistas, a exposición de
bonsais, o espectáculo culinario “Sabor” a cargo da compañía Culturactiva ou o concerto de
peche, xa pola tarde, coa Coral Polifónica Estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE DA ESTRADA AMPLIARÁ AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR E DARÁ FACILIDADES ÁS ANPAS

O Partido Socialista da Estrada
continúa desglosando a aposta pola igualdade de oportunidades recollida
no seu programa electoral.
No ámbito da educación, os socialistas ampliarán as axudas para
adquisición de material escolar en función da renda familiar, e revisarán e
mellorarán as axudas para comedores escolares.
Ademáis, estudarán a creación de Aulas de Reforzo Municipais, un servizo
de apoio educativo subvencionado polo concello e que estará dirixido ás
persoas con menos recursos que teñen nenos e nenas que precisan clases
particulares.
Reunións coas ANPAS
O PSOE está a manter reunións coas ANPAS dos distintos centros
escolares para coñecer as súas necesidades, e estas piden facilidades na
súa labor. Por este motivo, os socialistas ampliarán os servizos para
facilitar a xestión administrativa das ANPAS e das súas subvencións, para
que “non perdan demasiado tempo ca burocracia e poidan adicarllo ós
rapaces” explica López Bueno.
______________________________________________________________________
PSOE de A Estrada Prolongación da R/ Castelao 16, baixo 986 57 19 91
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
Outra das demandas das ANPAS é a mellora das infraestruturas escolares.
O candidato socialista á alcaldía amósase “realmente preocupado” polo
“estado de abandonos dalgúns centros educativos estradenses”, polo que
comprométese a “esixir á Xunta que subsane as múltiples carencias nas
súas infraestruturas canto antes”.
No tocante ó Servizo de Pais e Nais Madrugadores, o PSOE continuará
mantendo reunións coas ANPAS para analizar a demanda e a posible
necesidade de reforzo.
Fomentar a convivencia
O PSOE promoverá a celebración de actividades entre os centros
educativos para mellorar as relacións dos cativos e cativas en xornadas de
convivencia en torno á cultura, ó deporte, á educación para a cidadanía,
etc

Publicado en Portada | Deja un comentario