Café coas candiatas do Partido Popular

Na tarde de hoxe o Candidato a Alcaldía Estradense do Partido Popular  mantivo un encontro cun café cas mulleres Estradenses, acompañado das candidatas da súa Candidatura e a Conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez.

Unhas 450 mulleres do noso Concello escoitarón a un José López que quere voltar a alcadía por tercerira vez con unha maioria absoluta.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«A Batalla de Matalobos», lléga al Teatro Principal

Ayer la Banda Municipal de A Estrada en su concierto de primavera estrenò en el Teatro”A Batalla de Matalobos “de Simón Couceiro Riveira. La obra fue interpretada por varios vecinos de Matalobos que nada tienen que ver con el mundo del teatro, pero sin embargo recibieron muchos elogios por su representación, hasta el punto de que en la recreación de la Batalla hubo gente que se emocionó entre el numeroso público.


Los actores amater agradecen la disposición de la Banda Municipal , su director Javier Comesaña y de la Escuela de artes escénicas y de su director Xosé Lueiro

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación VI Ruta Cabalar Salnés – Terra de Montes

Hoxe presentouse a da VI Ruta Cabalar Salnés – Terra de Montes, na Feira da Xuventude.
E non deixedes de visitar o Stand da Rapa das Bestas de Sabucedo, onde atoparedes toda a información necesaria sobre a próxima Rapa das Bestas 2019 e sobre a nosa ruta.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Bng presentou na maá de onte o seú programa electoral

O concello ten que ser o motor da economía da Estrada

Os oitos últimos anos do goberno do PP caracterizáronse pola parálise, o pasotismo, o desleixo e polas obras cara a galería, como a da Alameda, moi caras para o erario público municipal e de escasa rendibilidade social e económica. O noso concello segue sen enfrontar os grandes retos que ten por diante: a Variante e a mellora das infraestruturas en xeral, solo industrial público, a Cidade do Moble e a mellora dos servizos sociais públicos. Esta parálise pálpase na rúa con ducias de comercios pechados e baixos comerciais en alugueiro; é vox populi, A Estrada non só non avanza, senón que retrocede. Tanto é así que levamos décadas perdendo poboación e a piques estamos de baixar dos 20.000 habitantes, un nivel que o noso concello non pode perder, polas graves consecuencias que ten para as arcas municipais.

Unha A Estrada para traballar

Fronte a isto, o BNG presenta un programa electoral para facer do concello o motor da economía local. Por unha banda creando máis solo industrial público coa ampliación do polígono industrial de Toedo e aposta en marcha da Cidade do Móbel. A Estrada non pode permitirse o luxo de perder empresas clave na nosa economía, teñen que poder expandirse para poder xerar emprego no noso concello.

Un concello para as persoas

Esixiremos a inmediata construción da Variante que permita desconxestionar o tráfico da vila e a mellora en xeral de todas as infraestruturas clave como a Autovía ou a estrada que comunica con Pontecesures e de aí coa AP-9 e a autovía da Barbanza.

Na vila construiremos novas rúas, como a prolongación da Rúa 25 de Xullo até as Colonias, desenvolvendo os polígonos polas que discorre, o que permitiría configurar o espazo urbano na zona nordeste da vila, preservando o entorno das Rúas Leicures e Esmorís, incluíndoas nunha zona verde, situar unha zona de aparcadoiros na confluencia coa rúa Leicures para dar servizo á feira os días de mercado, e reservar terreos provenientes de cesións ao concello para a construción de vivendas de promoción pública. Prolongación da Rúa Antón Losada até a Avenida de Pontevedra, completando unha vía de circunvalación interna entre as Colonias e o Pedregal.

Estas propostas unha vez executadas, completarían unha trama viaria que contribuiría a desconxestionar o tráfico polo centro da vila e conformar un novo espazo urbano.

Como xa dixemos ao longo dos últimos meses, a ampliación da alameda non soluciona o déficit de zonas verdes e de lecer que ten A Estrada, xa que concentra toda a oferta nun único espazo e o BNG considera que deben estar distribuídas polo casco urbano para que todos os veciñas e veciñas teñan preto da súa casa unha área verde pública. Neste sentido propoñemos aproveitar as poucas zonas con arboredo que aínda quedan na vila e cumprir ou mesmo superar os estándares recomendados na lexislación urbanística nas zonas de expansión urbana.

O BNG tamén propón mellorar e ampliar as zona de aparcadoiro gratuíto en superficie, como por exemplo, nos terreos entre as rúas Gradín e Santo Antón, así como ampliar o aparcadoiro n parte posterior da Casa das Letras.

En definitiva, o BNG da Estrada presenta un programa para facer avanzar o noso concello e superar a parálise dos sucesivos gobernos do PP.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Actos electorais

Nesta campaña levaremos a cabo unha trintena de actos electorais e mitins que para nós son unha continuidade do que vimos facendo dese hai xa oito anos: estar a pé de rúa escoitando os vosos problemas e as vosas peticións e tentando atendelas e poñerlles solución.

Retomamos a campaña en San Miguel de Barcala e Santa Mariña, ás 20.00 horas, cun mitin no local social de San Miguel de Barcala para o que estades convidados tódolos veciños de ditas parroquias e tódolos demais que queirades achegarvos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«Baby box» chega para os noso recéns nacidos

A «Baby box» que pretendemos entregar a cada bebé que sexa empadroado na Estrada está valorada en 250 euros e está repleta de produtos que se mercarían en establecementos da Estrada: desde biberóns e chupetes ata pañais, pasando por toallas para bebés, bonecos, etc. Sen dúbida, un detalle que pensamos que sería moi ben recibido polas familias con recén nacidos

Publicado en Portada | Deja un comentario

O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS ESTA FIN DE SEMANA CUN TRIPLE EVENTO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E UNHA XUNTANZA DE PALILLEIRAS.

• O recinto feiral estradense, celebrará esta fin de semana un triple evento que ocupará mais de 11.400 m2 de superficie expositiva. Catro pavillóns con máis dun centenar de firmas expositoras.

• Na xornada do domingo, daránse cita no recinto feiral, preto dun centenar de palilleiras e unha mostra de fiado tradicional. O 7º Encontro de Palilleiras conta co patrocinio directo de prestixiosas firmas colaboradoras, entre institucións públicas e empresas privadas do sector textil.

• Pontevedra e A Coruña respectivamente, son as provincias galegas maiormente representadas, cun 44% e un 36%. Ourense e Lugo, contibúen co 10% e o restante 10% son firmas nacionais e portuguesas.

• O recinto feiral sorteará dous vales de compra e duas ceas para dúas persoas entre todos os asistentes. Esta fin de semana, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, celebrará a 3ª Feira Multisectorial Expoestrada, a 59ª Feira de Antigüidades e Artesanía, a 1ª Feira da Xuventude e o 7º Encontro de Palilleiras. O recinto feiral permanecerá aberto en horario ininterrumpido de dez a veinte horas, sendo o custe simbólico da entrada un euro e a mesma será válida para ambos os días e para os tres certames. Os pavillóns tres e catro do recinto feiral estradense, albergará a nova aposta da entidade, realizada en colaboración coa Asociación Local Ocionautas:

1ª Feira da Xuventude. Este certame, contará con corenta e cinco firmas expositoras e co patrocinio directo da Dirección Xeral da Xuventude, Participación e Voluntariado e do Excmo. Concello de A Estrada. A mostra está directamente vencellada co turismo, ocio, deporte, xuventude, tempo libre, educación, emprego, cultura, benestar, etc… e abarca disciplinas tales como: Airsoft, ocio alternativo, videoxogos, deporte inclusivo mixto, deporte minoritario, hip hop, artes visuais e escénicas, jugger, kimchimochi, ilustración, deseño, patinaxe, deportes de mesa, xogos de rol, fotografía, modelismo, radio control, etc… Este certame conta coa participación e aval de ACNUR, OIJ, Xunta de Galicia, USC, etc… Perante os dous días de celebración, desenvolveráse un amplo programa de actividades. É ésta unha experiencia integral e un espazo de convivencia con formato expositivo para potenciar iniciativas e proxectos emprendedores. O pavillón cinco do recinto feiral, estará ocupado por un total de vinteunha firmas relacionadas co mundo textil, calzado, labores, artesanía, tapicería, colchonería, menaxe, complementos, etc…

O domingo, o recinto feiral, habilitará un espazo neste mesmo pavillón para dar cabida a preto dun centenar de palilleiras e unha mostra de fiandeiras. Pola súa banda, o pavillón seis, estará íntegramente adicado ao mundo das antigüidades, dando cabida a un total de vintesete firmas. Na xornada do domingo, daránse cita no recinto preto dun centenar de palilleiras e fiandeiras, chegadas da nosa Comunidade Autónoma e pertencentes a quince asociacións e particulares. As Asociacións locais de Codeseda, Nigoi, San Xurxo de Vea, San Miguel de Castro, tamen estarán presentes. O 7º Encontro de Palilleiras, conta co patrocinio directo das seguintes firmas colaboradoras: Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Pontevedra, Axencia Galega de Turismo, e Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño. En canto ás empresas privadas do sector textil, unha nutrida representación das mellores, colaboran directamente co certame, aportando en especie material promocional. Dentro destas cabe destacar: Salvador Figueras S.A., Manos Maravillosas, Alternativas Publicitarias S.L., Creaciones y Distribuciones Textiles Texper, S.L., etc… No referente á procedencia dos expositores, o 44% son da provincia de Pontevedra, o 36% de A Coruña, seguida de lonxe polas provincia de Ourense e Lugo cun 10%. O 10% restante chega procedente do resto España e Portugal. O recinto feiral sorteará entre todos os asistentes dous vales de compra e dúas ceas para dúas persoas. Os sorteos celebraránse o sábado as vinte horas e o domingo, ás dezanove horas no pavillón cinco. Os sorteos serán públicos. Este triple certame, será a antesala da 32ª Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 do vindeiro mes de setembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario