As promesas electorais de López repítense como a película do día da marmota

Mercadona, Autovía, saneamentos… volven a ocupar o tempo do candidato do PP como o turrón polo nadal

“Prometer o xa prometido, esa parece ser a estratexia do PP para as eleccións do 26 de maio”, afirmou Xosé Magariños, candidato á alcaldía do BNG. “Que veña agora a vendernos outra vez a urbanización do Mercadona é un insulto a intelixencia dos veciños e veciñas da Estrada”, indicou o candidato do BNG, “iso xa o fixo en 2015 e a día de hoxe aínda non se puxo a primeira pedra”. O candidato nacionalista recordou que o BNG “opúxose e oponse á realización deste proxecto, que vai ser a puntilla do comercio local da Estrada”.

“Po outra parte”, engadiu Magariños, “o alcalde fala de apoiar a natalidade e o comercio local, pero non indica como vai facer, non debulla eses proxectos, é dicir, fala por falar a ver ser é quen de enganar aos veciños e veciñas coa súa retórica baleira”.

“Pero o que xa é de traca é que fale outra vez de facer saneamentos no rural”, explicou Magariños, “cando leva oito anos sen realizar ningún saneamento en ningunha parroquia no rural, algo que non só é prioritario, senón amplamente demandado polos veciños e veciñas do rural”.

“E por suposto”, indicou Magariños, “o alcalde non se esquece da Autovía a Santiago, mais a pesar de contar co goberno amigo ou único que conseguiu foi unha ampliación até Pontevea, que complicará aínda máis os problemas de tráfico dese núcleo, así como dos veciños e veciñas da Estrada que transiten por el”.

“Os anuncios de López somo a película do día da marmota, que trunfaba alá por 1993, e no que todo se repetía unha e outra vez”, explicou Magariños, “pois no caso do candidato do PP o mesmo, cada campaña electoral repite exactamente o mesmo ca a anterior”. “Xa abonda de tomarlle o pelo aos veciños e veciñas”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Noite máxica na parroquia Estradense de Riobó co Teleclub da Comedia

Está tarde o local social de Riobó acolleu cun amplio público a visita do Monólogo Estradense Manolo do Atlético e o veciño Cuntense O Mago Toño.

Riobó desfrutou de risas entre a comedia, maxia e o chocolate con bizcoito.

Publicado en Portada | Deja un comentario

“Noites Abertas” e locais de ensaio para as bandas musicais da Estrada, propostas do BNG para a mocidade

 María Xesús Balo e Victor Pousada, candidatos do BNG ás eleccións municipais, mantiveron na tarde de hoxe un encontro con mozos e mozas da Estrada para recoller propostas para o programa electoral co que o BNG concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio. Mais este encontro tamén serviu para coñecer de primeira man as iniciativas que o BNG de Pontevedra puxo en marcha desde o goberno municipal da capital do Lérez. Para este fin contamos coa presenza de Alberto Oubiña, concelleiro nacionalista que ten delegacións sobre mocidade e participación cidadá.
O concelleiro do BNG de Pontevedra explicou unha serie de iniciativas, algunha delas leva vinte anos en funcionamento, como é o caso de “As Noites Abertas”. Esta iniciativa é unha alternativa ás noites de ocio habituais da mocidade, con actividades de todo tipo para mozas e mozos de entre 12 e 30 anos, unhas actividades que son totalmente gratuítas, inclusivas e non sexistas, entre as que se atopan actividades de tipo deportivo, manualidades, artesanía, creación de Apps, videoxogos, xogos de rol, etc.
Outra das iniciativas que puxo en marcha o BNG de Pontevedra foi a creación dun local de ensaio para os grupos musicais da cidade. Este local é gratuíto, autoxestionado e cuxa inscrición se fai a través da páxina web do proxecto.
Desde o BNG entendemos que ambas as dúas iniciativas son extrapolábeis ao noso concello, e neste sentido comprometémonos a dar unha resposta á demanda da mocidade estradense que busca unha alternativa á actual oferta de ocio nocturno, mais tamén poñeremos en marcha un local de ensaio para as bandas musicais da localidade, un colectivo importante de mozas e mozas que nunca contou respaldo político do actual goberno do PP.
Mais o BNG tamén ve con bos ollos as propostas da mocidade que participou no encontro, entre elas a posta en marcha dunha Casa da Xuventude, un espazo multidisciplinar, un punto de encontro da xente moza onde poidan organizar todo tipo de actividades sociais e culturais.
Neste sentido, o BNG comprométese a por en marcha estas iniciativas, sempre en diálogo permanente coas mozas e mozos da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Feira de Libro A Estrada

Galería:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comezan os traballos de iluminación na Alameda e os xogos agardarán ata mediados de xuño

Hoxe comezaron os traballos de cabreado para dotar de iluminación o espazo da nova Alameda e zona dos xardíns que rodean a Casa Consistorial da Estrada e haberá que agardar ata mediados de xuño para a instalación dos elementos que compoñen as zonas de xogo da zona, segundo informou o alcalde da localidade, José López Campos.

A partir da vindeira semana comezará o traballo de iluminación dos 800 metros de bancos que compoñen a zona dos xardíns con sendos metros de iluminación LED instalada no mordente frontal das bancadas. Unha vez finalizada esa tarefa colocaranse os báculos verticais entre as árbores, que dotarán o espazo de luz indirecta, e nas prazas interiores, onde cada unha contará con dúas columnas con paneis de luz encargados de iluminar diferentes áreas, tal como ocorrerá coa praza principal aínda que a menor escala.

Tamén se instalarán tres fontes e elementos de madeira sobre os bancos a modo de respaldo. Os traballos de colocación do céspede comezarán tamén ao longo da vindeira semana e contarán cun prazo de cinco días para a súa instalación, polo que se conta con rematar os traballos antes do 16 de maio, cando se abra a totalidade do espazo á veciñanza.

Non ocorrerá o mesmo coa zona de xogos, cuxos elementos se encontran agora mesmo en fabricación, segundo afirmou López, nun proceso que ocupará seis semanas, polo que a instalación dos elementos terá que esperar ata a segunda semana de xuño.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE DA ESTRADA CONSIDERA FUNDAMENTAL A POSTA EN MARCHA “REAL E EFECTIVA” DO PORTAL DE TRANSPARENCIA

Luis López Bueno ten claro que “é imprescindible rendir contas ós estradenses de todo o que se fai cos seus cartos”

O Partido Socialista da Estrada considera fundamental a posta en marcha “real e efectiva” do Portal de Transparencia do Concello para que as veciñas e os veciños poidan comprobar a xestión do goberno municipal. O alcaldable do PSdeG cre que “é imprescindible render contas ós estradenses de todo o que se fai cos seus cartos”, e asegura que “esa é a premisa baixo a que os socialistas imos traballar nos vindeiros catro anos dende o Concello”. Na súa aposta pola transparencia municipal o PSdeG creará un servizo de xestión das relacións cos cidadáns para ofrecerlle ás veciñas e ós veciños respostas inmediatas ás súas necesidades. Un servizo que incluirá a consulta cidadá directa co alcalde e cos responsables de área, de xeito presencial ou a través de medios telemáticos.

Agrupación Socialista da Estrada Nesta liña, o PSOE tamén organizará unha reunión anual cos veciños, tanto no casco urbano como nas distintas zonas do rural, para rendir contas da xestión municipal nese exercicio. O PP non cumpriu O candidato á alcaldia do PSdeG lembra que a aposta pola transparencia foi “unha das moitas promesas incumplidas polo PP no seu programa electoral de 2015”. “Se facemos unha análise dos indicadores oficiais de transparencia das administracións públicas atopamos que o Concello da Estrada ofrece ós seus veciños tan só un 14% de transparencia nas súas xestións” explica.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE DENUNCIA QUE A INTENCIÓN DO ALCALDE DE ABRIR A ALAMEDA EN PLENA CAMPAÑA ELECTORAL É “OUTRA TOMADURA DE PELO ÓS ESTRADENSES”

López Bueno critica que este anuncio “é a máis clara mostra de que o PP só traballa cando ve as urnas cerca” “Se pensa que os veciños e veciñas non se dan conta desta realidade está subestimando a súa intelixencia”

O PSdeG da Estrada quere amosar a súa indignación despois de que o alcalde anunciase a apertura da alameda para o vindeiro 16 de maio, en plena campaña electoral para as eleccións municipais. O candidato socialista á alcaldía, Luis López Bueno, denuncia que a declaración de intencións de López Campos “é a máis clara mostra de que o PP só traballa cando ve as urnas cerca”, e ten claro que “se pensa que os veciños e veciñas non se dan conta desta realidade está subestimando a súa intelixenc

Publicado en Portada | Deja un comentario