1ª FEIRA DA XUVENTUDE 3ª FEIRA MULTISECTORIAL EXPO ESTRADA 59ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA 7º ENCONTRO DE PALILLEIRAS

Esta ampla mostra celebra Recinto Feiral Estradense o 12 de Maio de 2019. É éste un dos eventos que organiza anualmente Fundación de Exposicións e da Estrada, agás a novedosa aposta da Feira da Xuventude que se celebra por primeira vez neste recinto e que conta a nivel organizativo coa colaboración da Asociación local “Ocionautas”. Certames de dinamización económica que contará con formato expositivo e a participación de de 100 firmas expositor na que atoparán: Textíl, calzado, relax, tapicería, mobiliario, artesanía, antigüidades, óptica, menaxe, xuventude, turismo, ocio, voluntariado, cultura, deporte, educación, tecnoloxía, etc… Os eventos concentra actividade en duas xornadas ininterrumpido de 10 a 20 horas. ª Feira da Xuventude ª Feira Multisectorial Expo Estrada Feira de Antigüidades e Artesanía 7º Encontro de Palilleiras Xuventude/3ª Feira Multisectorial 58ª Feira de Antigüidades e Artesanía/7º Encontro de Palilleiras. celebrarase no Recinto Feiral Estradense os días 11 e É éste un dos organiza anualmente a e Congresos Estrada, agás a novedosa aposta da Feira da Xuventude que se celebra por primeira vez neste recinto e que conta a nivel organizativo coa colaboración da Asociación local “Ocionautas”. de dinamización con formato a participación de máis expositoras. Mostra tíl, calzado, relax, tapicería, mobiliario, artesanía, antigüidades, óptica, turismo, ocio, ntariado, cultura, deporte, etc… an a súa xornadas, con horario

• Mais de 100 expositores

• Textíl, óptica, menaxe, xardinería, mobiliario, decoración, Vehículos, Antigüidades, artesanía, tapicería, etc…

• Dous días de feira

• Seis pavillóns, 11.400 m2 de espazo expositivo.

3ª Feira Multisectorial Feira de Antigüidades e expositores participantes Textíl, óptica, menaxe, xardinería, mobiliario, decoración, Vehículos, Antigüidades, artesanía, tapicería, Seis pavillóns, 11.400 m2 de espazo 1ª Feira d 3ª Feira 59ª Feira de Antigüidades e Artesanía 7º Encontro de Palilleiras .

O recinto feiral O recinto feiral da Estrada, superficie global de 26.000 pavillóns habilitados para est os dous días do certame, ininterrompidamente desde restaurante/catering tanto para expositores como para visitantes. Nesta ocasión habilitaránse un total de catro pavillóns (pavillóns 3, 4, 5 e 6). SAÍDA ª Feira da Xuventude ª Feira Multisectorial Expo Estrada Feira de Antigüidades e Artesanía 7º Encontro de Palilleiras ral Estrada, situado na zona deportivo-cultural, conta 26.000 metros cadrados, distribuídos entre este certame e a zona de exposición exterior. días do certame, 11 e 12 de maio, o recinto feiral abrirá desde as 10 ata as 20 horas. O recinto dispón de servizo restaurante/catering tanto para expositores como para visitantes. Nesta ocasión habilitaránse un total de catro pavillóns (pavillóns 3, 4, 5

• 10:00 horas: Apertura do recinto feiral.

• 10:00-20:00 horas:

• 20:00 horas: Peche

DOMINGO 12 DE MAIO

• 10:00 horas: Apertura

• 10:00-20:00 horas: Actividades

• 10: horas: Recepción das participantes no 7º Encontro de Palilleiras • 14: horas: Xantar de confraternización das participantes no 7º Encontro de Palilleiras.

• 19:00 horas: Sorteo dun vale de compra e dunha cea.

• 20:00 horas: Peche do ª Feira da Xuventude ª Feira Multisectorial Expo Estrada Feira de Antigüidades e Artesanía 7º Encontro de Palilleiras ción de actividades IO Presentación da 3ªFeira Multisectorial Expo Estrada, 59ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 7º Encontro de Palilleiras, aos medios de comunicación Sala Manuel Reimóndez Portela (Planta baixa, pavillón 4. Recinto Presentación da 1ª Feira da Xuventude, aos medios de comunicación. Sala Manuel Reimóndez Portela (Planta baixa, pavillón 4.

SÁBADO 11 DE MAIO

Apertura do recinto feiral.

20:00 horas: Actividades Peche do recinto feiral. Sorteo dun vale de compra e dunha cea.

DOMINGO 12 DE MAIO

• 10:00 horas: Apertura

•10:00 horas: Recepción das participantes no 7º Encontro de Palilleiras

• 14: horas: Xantar de confraternización das participantes no 7º Encontro de Palilleiras.

• 19:00 horas: Sorteo dun vale de compra e dunha cea.

• 20:00 horas: Peche do recinto feiral

Publicado en Portada | Deja un comentario

Movemento Veciñal Estradense – MÓVETE- levará a cabo un Plan de Desenvolvemento Turístico da Zona de Montillón, así como para a mellora dos seus servizo públicos.

Sen dúbida a coñecida popularmente como Zona de Montillón, no sur da parroquia de San Andres de Souto, é un dos territorios con maior beleza natural do noso Concello. Formada polas aldeas de Cortegade, Enviande, SanTrocado, Montillón de Arriba, Montillón de Abaixo e A Toxeira, hoxe en día tamén merece moito a pena perderse polos rueiros e camiños destes lugares, e contemplar as construccións restauradas, degustar a gastronomía local, ou achegarse a sitios tan emblemáticos como a Capela de San Benito, ou ao cumio do monte Cávado, o punto de maior altitude do Concello da Estrada.

Deste xeito Móvete recolle e apoia a proposta veciñal que propón potenciar o turismo neste territorio con actuacións que poñerían en valor e sobre todo facilitarían o acceso aos visitantes a esta zona, o que sen dúbida favorecería ao desenvolvemento económico e a paliar a perda de poboación que hoxe en día se está a producir.

Así unha das actuacións mais importantes sería a instauración dunha ruta de sendeirismo que descorrería saindo da capela de San Benito no lugar de Montillón de Arriba, con dirección noroeste ata o rio de Montillón no lugar de Montillón de Abaixo. Seguiría por unha ponte de pedra rodeada de muíños, e despois rio arriba ata atopar outra ponte, tamén de pedra, pero so peonil. Continuando chegarase a un muiño con un sistema de produción de enerxía eléctrica dos anos 60, e mais arriba alcanzaríase a Fervenza das Freixas, que é espectacular, non só pola beleza natural senón porque conta con un muiño a media altura. Un pouco máis arriba e xa a altura da aldea de Cortegade (fermosa por ser un pequeno enclave ) a ruta transcorre por unha carballeira maravillosa (Carballeira de Parga).

Unha vez rematada toda esta parte da ruta (sempre á sombra das arbores de riberia) comeza a subida ao monte Cavado pasando polo enclave das Lamas, mítico por ser onde se xuntaban, hai anos, as bestas de Sabucedo. Chegariase finalmente á paraxe coñecida como Fonte do Cabalo (inicio do rio por onde trascorre parte da ruta), alcanzando, en poucos metros, o final da ruta, lugar onde se desfrutan unhas vistas espectaculares da ría de Arousa, da de Pontevedra, así como da cidade de Santiago.

Tamén podería existir unha variante da presente ruta que discurriría cara a Ponte da Toxeira, percorrido tamén cheo de muiños. Nas anteriores rutas procederíase de xeito paulatino a unha restauración dos elementos arquitectónicos, tales como muiños e pontes.

Do mesmo xeito tamén dende esta zona, unha das mais afastadas do noso Concello, se reivindica a recuperación do transporte público. Dende sempre os veciños contaron cun servizo de autobús pola mañan desde Montillón cara A Estrada e a medio dia o percorrido inverso. Pero dende o ano pasado só funciona os luns, mércores e venres. Pola mañan de ida, e as 11.30 de volta, o que resulta absurdo posto que se, como é o habitual, un veciño quere voltar a medio dia, tería que chamar e facer un transbordo de bus.

Tamén, neste ámbito, se reclama a colocación marquesiñas de espera de bus de cristal como acontace en outras zonas do concello, xa que na zona de Montillón só existen unhas de chapa sen restaurar dende anos 70.

Finalmente solicitan bases de formigón e enganches para os contedores do lixo, xa que moitas veces están tirados de calquera maneira, e pola súa banda, en Montillón de Arriba, reivindican a reparación do camiño que vai á taberna e á Capela de San Benito, xa que está en estado lamentable cheo de buratos e cunha presa de auga que cruza por encima do mesmo, debido a que os tubos de drenaxe están atascados e nunca se repararon polo Concello.

Resulta especialmente lamentable esta situación posto que pola dita vía é usada xente de moitos lugares de Galicia (Debido á oferta gastronómica do lugar, hoxe de moda, e á Capela e festa de San Benito). Deste xeito Móvete recolle e apoia estas propostas veciñais,

comprometéndose a facelas efectivas

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada homenaxea o sábado a Antonio Fraguas con contos e cancións

A Estrada homenaxea este sábado, 11 de maio, ás 12:30 horas no Teatro Principal a Antonio Fraguas con contos e cancións. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita serán os encargados de dar vida a unha actividade de dinamización lingüística titulada Canta, miña pedra, canta. Trátase dun espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e das cancións que o autor, a cuxa figura se dedican as Letras Galegas 2019, recolleu nas súas Aportacións ao cancioneiro de Cotobade. Por motivos de aforo é preciso retirar invitacións, que xa se atopan dispoñibles no Departamento de Cultura do Concello da Estrada para acudir á actuación

Publicado en Portada | Deja un comentario

A nova alameda presume xa, da súa «zona verde»

Dende onte están a traballar na colocación da alfombra de herba na nova alameda.

Os traballos de xardinería centranse na preparación do terreo para o rego e seguidamente a colocación do césped.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada destinará 88.000 euros para mellorar o abastecemento de auga do rural

A Estrada destinará 88.000 euros para mellorar o abastecemento de auga do rural. O investimento sairá dos remanentes de dúas obras xa executadas; unha de mellora do saneamento na Avenida Benito Vigo e outra tamén de abastecemento no rural, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

A iniciativa encóntrase nestes momentos en proceso de exposición pública á espera da autorización dos puntos de captación por parte de Augas de Galicia para comezar co proxecto. Unha vez concedida a autorización, procederase á captación da auga, que se efectuará mediante perforacións dirixidas (non verticais) dunha lonxitude de 230 metros coa axuda dun topo que busca a auga.

Estímase que estes dous novos puntos de captación, xunto cos dous existentes que seguirán funcionando, todos eles no Monte da Grela, aporten un subministro de 27.594 metros cúbicos de auga ao ano procedentes de catro mananciais, finalizou López.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP continúa coa súa política caciquil de asfaltados a cambio de votos

O lugar onde reside actual concelleira do PP, Ángeles País, pode presumir de ser hoxe un lugar privilexiado polas cacicadas do PP, mentres parroquias como Santo André de Vea ou Frades teñen desfeitas o vial que as comunica

“Se algo molesta e cabrea aos veciños e veciñas da Estrada é o caciqueo do PP ao longo de todo o mandato, pero que se incrementa nos meses e semanas previos ás eleccións municipais”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía da Estrada, Xosé Magariños.nun calvario

O candidato nacionalista explicou que “o caciqueo do PP discrimina gravemente a veciñas e veciños, non os trata por igual, que é o que debería primar en calquera administración pública”. “Así por exemplo”, engadiu Magariños, “en Vilacriste, na parroquia de Cora, o lugar onde reside actual concelleira do PP, Ángeles País, pode presumir de ser hoxe un lugar privilexiado polas cacicadas do PP, non só está perfectamente desbrozado, senón que o goberno municipal limpou as cunetas e asfaltou só o tramo que afecta ao lugar”.

“Este trato privilexiado ao lugar á aldea da concelleira do PP”, indicou o candidato do BNG á alcaldía, “contrasta coa maioría das parroquias, onde nin se desbrozou, nin se limpan as cunetas e por suposto non se asfaltan os viais”. “Iso é o que pasa por exemplo”, engadiu Magariños, “no vial que comunica Santo André de Vea, Frades e Requián, onde hai tramos deste vial en moi mal estado, que converte o tránsito por estas parroquias nunha tortura; sen embargo, como en Santo André de Vea e Frades non vive ningunha concelleira ou concelleiro do PP non pasan as máquinas do concello”. 

O candidato do BNG á alcaldía afirmou “que hai que rematar con este tipo de prácticas caciquís, un concello non pode dirixir as súas actuacións no rural en función de se viven ou non concelleiras e concelleiros do PP, non pode haber privilexios, un concello ten que tratar a todos os veciños por igual”.

Xosé Magariños reitera a súa aposta “por un goberno para todos e todas, un goberno que non caciquee votos no rural a cambio de asfaltados”. “Neste sentido”, engadiu o actual concelleiro do BNG, “se o BNG ten a confianza dos veciños e veciñas da Estrada este 26 de maio, comprométese a elaborar un plan a catro anos para mellorar a rede viairia do concello, abandonada polo PP nestes últimos anos”.


Publicado en Portada | Deja un comentario

Movemento Veciñal Estradense -Móvete- levará a cabo un Plan de Recuperación do Patrimonio Histórico e Natural do Concello

  • Coa rehabilitación e posta en valor de, entre outros bens partimoniais e naturais como a Torre de Guimarei, o Acueduto dos Leira, o Acueduto da Pina e súa Fabrica da Luz, a Lagoa Sacra de Olives e as fervenzas de Curantes entre outras Móvete pretende recuperar o turismo rural da zona.

Móvete que o próximo 26 de Maio buscará acadar a alcaldía do Concello é consciente do estado deplorable do patrimonio histórico e natural  do noso concello que en moitos casos se atopa o borde de desaparición ca importante perda que iso suporía a nivel histórico e tamén económico xa que consideramos que podería chegar a converterse nunha gran fonte de ingresos para o rural e o mesmo tempo para todo o Concello.

Dentro do plan que levará a cabo de forma urxente debido o estado dalgunhas destas construcións Móvete pretende buscar, se a alternativa de facerse coa propiedade da mesma non fose viable económicamente, unha cesión temporal para uso público da Torre de Guimarei -na actualidade ocupa un posto la lista vermella do Patrimonio- con sistema similar o utilizado polos veciños de Sabucedo para as edificacións existentes na ruta dos muíños. Así naquel caso aínda que os camiños por onde transcorre a ruta eran públicos, os muíños eran privados, polo que ante notario a Asociación Rapa das Bestas firmou unha cesión dos propietarios ao seu favor autorizándolle a facer as obras necesarias, e a darlle uso público ás edificacións. Grazas a esta cesión conseguiron que a Xunta financiara a rehabilitación. Desta forma o Concello asumiría o mantemento desta histórica construción declarada BIC, que agora mesmo non é visitable polo estado no que se atopa de abandono, sendo unha auténtica xoia do noso patrimonio local, mentres que o custo da restauración da mesma poderá ser cofinanciado entre varias administracións, o que será mais doado no futuro en virtude da Lei de Reahibilitación de Galicia que entrará en vigor o vindeiro 22 de maio.

Outras das actuacións que levaremos a cabo será a recuperación e aseguramento construtivo da Fábrica da Luz e o acueduto da Pina para a súa conservación levando a cabo a creación da ruta de senderismo tan desexada polos veciños da zona (Barbude, Aguións) . Outro  dos acuedutos que se pretende recuperar é o dos Leira que se atopa entre as Parroquias de Codeseda, Ribela e Parada, ten como particularidade que é un acueduto que cruza un rio, é dicir non trasporta auga dese rio, senón que trasporta auga dende o límite entre as parroquias de Ribela e Codeseda, ate a de Parada. Ademais de acueduto era usada como ponte, a beleza deste construción aumenta o cruzala xa que ten un sistema de un paso aberto e outro pechado, e no que está aberto pode verse a  auga pasar debaixo . Hoxe en día  está moi deteriorada e é moi perigosa, porque  ten unha altura considerable, e non ten barandillas .Móvete pretende recuperala o tratarse dunha construción única en Galicia.

Xoias naturais agora esquecidas como a Lagoa Sacra de Olives e as Fervenzas de Curantes formarán parte tamén deste plan aínda que se consultará a representantes veciñais de todas as Parroquias Estrandenses sobre lugares que poidan considerar de interese incluílos.

Pretendemos así dinamizar o Turismo Estradense que posúe un potencial enorme recuperando do ostracismo o que está sometido polo actual goberno, recuperando o mesmo tempo a economía do rural e do propio Concello.Así mesmo Catalogaranse todas as rutas existentes nas Parroquias Estrandenses que así mesmo serán correctamente sinalizadas, homolgadas e publicitadas na web de Turismo Estradense ademais de apostar firmemente por dar impulso ás Rutas Xacobeas da Prata e dos Arrieiros as que dedicaremos apartados específicos dentro do noso programa.

Publicado en Portada | Deja un comentario