Apacaf fai visible o día do Autismo



A Asociación Acapaf, que ten un centro de atención para persoas con autismo na parroquia de Berres, celebrará o sábado no Novo Mercado unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), enmarcada dentro das actividades programadas en conmemoración do Día Mundial do Autismo, celebrado o pasado día 2 de abril.

A mesa informativa desenvolveuse de 11:00 a 13:00 horas. No ecuador dese horario, ás 12:00 horas, procedeuse á lectura dun manifesto e acto seguido realizouse unha demostración cun can de terapia, Aya, ca que se dará a coñecer o traballo que realiza na intervención asistida. Este é o cuarto ano que o Concello colabora coa asociación na celebración duns actos que pretenden dar visibilidade e normalizar a situación das persoas e familias que conviven con este trastorno.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BELÉN LOUZAO E JOSÉ ANTONIO DONO FORMARÁN PARTE DA CANDIDATURA DO PSOE ESTRADENSE ÁS MUNICIPAIS

Os socialistas presentarán, nos vindeiros días, unha lista que conxuga a experiencia de compañeiros do actual grupo local coa ilusión por traballar polos veciños e veciñas de novas incorporacións Os primeiros en coñecer os nomes de todos os candidatos e candidatas serán os militantes do partido

O PSdeG de A Estrada presentará, nos vindeiros días, a súa candidatura ás eleccións municipais, da que formarán parte varios referentes do partido como a actual portavoz do grupo municipal, Belén Louzao, e o ex alcalde José Antonio Dono. Esta lista, encabezada por Luis López Bueno, conxugará a experiencia de actuais membros da corporación coa ilusión, a formación, e as ganas de traballar de novas incorporacións, que procederán de distintos sectores: comercio local, educación, deporte, empresa privada… e que provirán tanto do entorno urbano como do rural. O PSdeG ofrecerá un equipo que reflicta a realidade de A Estrada, totalmente decidido a dar resposta ás necesidades e prioridades reais dos veciños e veciñas. Os seus nomes serán coñecidos, en primeiro lugar, polos militantes do partido.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Conservatorio dedicará as audicións da vindeira semana a Carlos Barruso

O Conservatorio Profesional de Música da Estrada dedicará as audicións do luns, martes e mércores da vindeira semana, correspondentes ao segundo trimestre, a Carlos Barruso, como forma de renderlle homenaxe. Máis de 100 alumnos do Conservatorio Profesional de Música e da Escola de Música Municipal participarán nestas audicións que comezarán ás 19:30 horas de cada xornada no salón de actos do conservatorio. Os alumnos interpretarán pezas de estilo clásico, tanto en grupo como de xeito individual, formando parte das distintas agrupacións, aula de música e movemento, banda xuvenil, orquestra do grao profesional, coro e grupos de música de cámara.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Interrupción do subministro eléctrico na Avenida de Santiago o 11 de abril

A compañía subministradora do servizo eléctrico advertiu de que o interromperá na Avenida de Santiago da Estrada entre as 6:00 e as 6:30 horas do vindeiro xoves, 11 de abril. Este corte de subministro afectará aos edificios comprendidos entre os números pares comprendidos entre o 92 e o 98, ao número 102 e tamén ao 104 da citada avenida. Para resolver calquera dúbida ou aclaración ao respecto, a compañía pon a disposición dos clientes o número de teléfono 900333999, a través do cal, o persoal da mesma atenderá tódalas cuestións por parte dos afectados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As entradas para Yllana poranse á venda a partir do luns

As entradas para o espectáculo de Yllana, Gag Movie, poranse á venda a un prezo de 10 euros no Departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do vindeiro luns, 8 de abril. A obra, A obra, que se representará o venres 3 de maio ás 21:00 horas no Teatro Principal, é unha comedia xestual mediante a que catro personaxes percorren algúns dos momentos máis icónicos da historia do cine.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada propón adxudicataria provisional da zona de xogos da Alameda

O Concello da Estrada propuxo hoxe como adxudicataria provisional para a construción da zona de xogos da Alameda á empresa Globalia Urbanismo Integral de entre as tres que concorreron ao proceso, segundo informou o alcalde, José López Campos. Os factores que tiveron máis peso na elección foron a integración tanto de composición como estética na zona da Alameda e co edificio do Concello; o período de mantemento, ao que Globalia engadiu 60 meses aos 24 esixidos pola corporación local e o respecto polas áreas de protección de cada elemento cos demais e co mobiliario da Alameda, un aspecto moi penalizado nas outras candidaturas. Ademais, a empresa adxudicataria provisional inclúe unha baixa económica de 24.000 euros, situando o presuposto nos 216.000 euros fronte aos 240.000 orzamentados para o proxecto. Dúas das empresas, entre as que se atopa a adxudicataria provisional, presentaron unha temática espacial, fronte á temática de monstros da restante. Entre os elementos a instalar cóntase unha tirolina de 30 metros de lonxitude e dúas pirámides de corda de 5 metros conectadas mediante unha pasarela. Na zona destinada aos máis pequenos instalarase un cohete do que sairán varios tobogáns pechados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO SINALA QUE A XESTIÓN DO ARRANXO DO RELOXO DO CONSISTORIO DEMOSTRA QUE “OS DO PP NON SE PREOCUPAN POLO AFORRO CANDO OS CARTOS SON DE TODOS

O alcaldable do PSdeG lamenta que os populares “non se molestasen en buscar opcións” e pregúntase “con cantas máis contratacións terá pasado isto sen que o soubésemos” “Non traballan buscando a eficacia, se non a foto e o titular” A Estrada, 5 de abril de 2019.- O candidato á alcaldía do PSdeG de A Estrada denuncia que a xestión do concello na reparación do reloxo do consistorio “escenifica o xeito de facer as cousas que teñen os populares: tarde, mal e a rastro cando os cartos son de todos”. Luis López Bueno lembra que os do PP “primeiro anunciaron na prensa que o ían arranxar por 13.000 euros porque non atopaban un prezo mellor, e cando chegou a boca de todos apareceu unha oferta por menos da metade”. O alcaldable celebra que o arranxo do reloxo finalmente vaia a costarlle menos ós estradenses, mais lamenta que “o PP non se molestase en buscar opcións cando os que se malgastan son os cartos dos estradenses”, e pregúntase “con cantas máis contratacións terá pasado isto sen que o soubésemos”. López Bueno critica que “en tres anos non se preocuparon por arranxalo, permitindo que a imaxe fose un burato tapado cun plástico na casa consistorial”. “E agora que as eleccións están á volta da esquina éntralles toda a présa do mundo, porque non traballan buscando a eficacia, se non a foto e o titular” engade

Publicado en Portada | Deja un comentario