Juán Constenla n 4 da Candidatura ao congreso dos Deputados que encabeza Ana Pastor

Juan Constenla Carbón vén de ser proposto polo PP de Pontevedra para ocupar o número 4 da candidatura ao Congreso dos Deputados que encabeza Ana Pastor.

É un gran acerto político e un merecido recoñecemento persoal a Juan Constenla por tantos anos de adicación, fidelidade e traballo a prol do partido .

Publicado en Portada | Deja un comentario

Magariños ofrece a man tendida do BNG para construír un concello moderno, dinámico e feminista, onde poder vivir e traballar

 Logo de que a semana pasada o BNG dera a coñecer a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais, na tarde de hoxe sábado 23 de marzo, a organización nacionalista presenta nun acto publico no MOME a candidatura, un acto no que contou coa participación do deputado do BNG, Luís Bará.
O actual concelleiro nacionalista e candidato á alcaldía explicou que “esta candidatura que teño a honra de encabezar está preparada para enfrontar os problemas da Estrada Real, ás que o PP non lle dá importancia, porque non teñen o suficiente lustre. Algunhas a priori poden parecer pequenas cousas, mais inciden no día a día dos veciños e veciñas. Outras, sen embargo son estruturais mais tamén políticos, e teñen como consecuencia a parálise en todos os eidos.”
“A Estrada ten que saír do estancamento económico e social no que leva inmersa”, engadiu, “paro, peches de comercios e negocios é o habitual no noso concello. Isto leva a que perdamos poboación; a piques estamos de baixar dos 20.000 habitantes. Mais isto ao PP non lle dá importancia, non teñen brillo como o cemento da nova alameda que nos deixa a todos deslumbrandos.”
A candidato á alcaldía do BNG explicou que “queremos unha A Estrada que recupere o impulso económico, que sexa motor de creación de emprego da nosa comarca e que teña por bandeira ser o concello do moble e da madeira, coma sempre foi.”
“Iso queremos, con todas e con todos vos”, engadiu “aos e ás que vos tendemos a mana para poñer en marcha un novo proxecto de concello, novo, vivo, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso do seu patrimonio cultural e arquitectónico, así como da lingua galega que nos une.”
Por outra parte, o concelleiro nacionalista tamén tivo un recordo para recordar o paso do BNG polo goberno municipal, afirmando que “no BNG sabemos facelo, sabemos gobernar, xa o demostramos hai poucos anos no goberno bipartito. Agora é o momento de construír unha nova A Estrada, que conte con todas e todos, que cree consensos entre os axentes económicos e sociais, que ofreza aos veciñas e veciños un concello moderno e dinámico, onde poder vivir e traballar.  É o momento de apostar por unha A Estrada nova, verde, integradora, máis xusta e con máis igualdade.”
Xosé Magariños tamén indicou en referencia á candidatura do BNG que “non somos unha organización política de líderes mesiánicos, senón que somos o resultado da suma de todas as nosas forzas, da nosa disposición a traballar por conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, onde todos teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades para acadar os nosos obxectivos persoais. Somos, en definitiva, unha organización política que mira polas ventás a realidade do país e non perdemos o tempo mirándonos no espello”.Unha A Estrada feministaPor outra parte, a candidata Susana Camba Castro indicou que “no Bloque sabemos que sen nós, sen as mulleres, non se pode facer unha política que axude realmente á maioría social. Porque a metade desa maioría social somos as mulleres, que aos problemas propios de toda a clase traballadora temos que engadir unha serie de problemáticas específicas, e é iso o que fai que o Bloque saiba que as mulleres non son un anexo pasivo que se pon nas candidaturas para facer vulto, senón a forza que pode cambiar esta vila”. “Neste intre no que as mulleres vemos como se tenta facer retroceder os nosos dereitos”, engadiu, “cómpre, máis que nunca, batallar pola igualdade real en tódolos ámbitos da vida, e a política é outro espazo máis onde as mulleres temos que facernos oír, por iso esta candidatura é maioritariamente feminina.”
“É por todo isto que o BNG ten propostas exclusivas en materia de igualdade”, explicou, “como pode ser creación de consellos sectoriais para a participación cidadá, cun consello específico para mulleres e formado por mulleres fará que teñamos visibilidade e voz no funcionamento do concello”.
“Do mesmo xeito o BNG propón a creación dun parque público de vivenda a un prezo asumible polas familias,” engadiu, “unha proposta que tamén, ao igual que as anteriormente mencionadas, é beneficiosa para o conxunto dos veciños e veciñas de A Estrada mais, por mor da fenda salarial, terá un impacto inda meirande nas mulleres, como as familias monoparentais onde a cabeza de familia é unha muller”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concerto Fin de Vida Carlos Barruso

Concerto Fin de Vida Carlos Barruso, espectáculo na noite de onte que fixo brillar con luz propia a todo o Teatro Pincipal Estradese.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Luns poranse á venda as entradas para a obra A primeira vez

O vindeiro luns, 25 de marzo, poranse á venda as entradas para a comedia de Talía Teatro, A primeira vez, que se converterá na primeira estrea da compañía no Teatro Principal da Estrada despois de oito anos. A obra representarase o venres 29 de marzo ás 21:00 horas e as entradas poderán adquirirse no Departamento de Cultura do Concello a un prezo de 5 euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os orzamentos de 2019 son os orzamentos dun goberno derrotado, que pensa xa na oposición

 “Para presentar estes orzamentos o goberno do PP escusaba agardar tres meses”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, após a primeira reunión da comisión de facenda que analiza as contas que presenta o goberno de López para o 2019. “Estes orzamentos son un calco dos de 2018”, engadiu Magariños, “un copia e pega”.

“Os orzamentos que presenta o goberno do PP son os dun goberno esgotado, nos que nin sequera hai entusiasmo á hora de defendelos”, explicou o concelleiro nacionalista, “tanto é así, que a única aposta estratéxica deste goberno do PP son incrementar en 10.000 euros a partida para as luces de Nadal”. “As luces e o brillo da alameda”, engadiu, “son as grandes apostas do PP para mellorar a calidade de vida e para xerar riqueza no noso concello”.

“Tanto é así, que no apartado de ingresos pola apertura de novas actividades económicas, hai unha clara redución desta partida”, explicou Magariños, “o que reflicte que este goberno non só non ten unha estratexia para darlle a volta á desastrosa situación económica, senón que xa dá por feito que imos costa abaixo e sen freos”.

“Con todo,” indicou o concelleiro do BNG, “agardamos que no vindeiro mes de maio este goberno derrotado dea paso a un novo con ideas claras e proxecto para este concello, un goberno liderado polo BNG”.

— 
BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia o estado de descontrol no que se atopa o punto limpo

Unha vez máis o abandono deste goberno do PP maniféstase en moitos servizos que debería prestar aos veciños e veciñas nunhas condicións minimamente normais e non é así.

Onte desde o BNG comprobamos a veracidade das queixas dalgunhas persoas que nos informaban de que o punto limpo estaba aberto de par en par, sen ningún control por parte dalgún traballador ou traballadora responsable do seu funcionamento.

Ademais diso nas inmediacións da entrada ao recinto aparecen restos de mobles, unha cadeira de coche para nenos, sen contar as moreas de restos podres durante meses e meses diante do matadoiro. Un panorama que di moi pouco do goberno que padecemos.

A cuestión deste estado de cousas pode ademais traer consecuencias imprevisibles xa que non é o primeiro accidente que se produce en construcións abandonadas ou  coma neste caso en instalacións que poden inducir a algunha persoa a ir á busca de restos nos contedores de metal, mobles etc co perigo dunha caída, ferida etc continxencias das que despois non vale arrepentiras.

Desde o BNG queremos dicirlle ao alcalde que aínda que a partir de maio non sexa goberno, até daquela é goberno en funcións e polo tanto ten que exercer.

— 
BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

As portas do Centro de Día abriron na mañá de onte

Na mañá de onte estreabase O cenro de Día Estradense, con cinco usuarios, tres deles xa empezaron a desfrutalo dende onte. Moitas familias son as interesadas para poder facer uso destas instalación.

Publicado en Portada | Deja un comentario