As obras na Praza da Constitución obrigan a
modificar o trazado do desfile da Santa Compaña do Festival Panic. A comitiva
sairá da Praza do Campo da Feira e terá como novo destino a Praza do Mercado.
As persoas interesadas en formar parte da comparsa
poderán acudir a partir das 17:00 horas ao punto de saída para seren
maquilladas ata que ás 19:30 horas se produza o comezo do desfile, que estará
amenizado tamén por cabezudos e zancudos.
Ao final do mesmo, alumnos da escola de baile e do
ximnasio Absolut Centro Wellness escenificarán dúas coreografías, que cada
grupo está a preparar estes días, durante a actuación do grupo Broken Peach.
O alcalde da Estrada, José López Campos, amosouse
optimista na cerimonia de presentación do novo Programa Integrado de Emprego A
Estrada Activa IV e afirmou que esta é unha ferramenta moi potente de cara á
inserción laboral dos participantes, tal como se demostrou nas pasadas
edicións.
Este ano reforzarase o compromiso do Concello coa
conciliación; unha cuestión que preocupa enormemente á administración local, de
xeito que se fará todo o que estea ao seu alcance para garantir a asistencia
dos alumnos ás actividades formativas. Para acadar este obxectivo asinouse un
convenio con diversas empresas polo cal se encargarían dos cativos durante o
tempo adicado á formación. No caso de conciliación para o coidado de persoas
maiores, o rexedor local recomendou a esas persoas que trasladen a cuestión ao
Concello, onde se buscará algunha solución.
O primeiro ano que se puxo en marcha o programa
acadouse unha taxa de inserción do 73 por cento, do 85 por cento o segundo ano
e do 71 por cento o terceiro, tendo en conta o considerable incremento no
número de alumnos.
Esta edición será a máis numerosa, con 100 alumnos
adscritos ao programa fronte os 60 das dúas primeiras e os 85 participantes da
terceira. “A experiencia dos últimos anos avala esta iniciativa. Sabemos que
funciona”, expuxo López, que pediu aos asistentes ao acto que non se rendan e
lle dean a oportunidade ao programa.
Nun principio pode resultar duro porque os cursos son
moi xenéricos, como explicou o subdirector da Fundación Cultural, Carlos
Andújar, pero irase programando formación máis específica a medida que o
persoal técnico vaia coñecendo os perfís dos alumnos.
Os cursos realizados e que se porán en marcha ao
longo deste mes son o de prevención de riscos, informática, inglés (que
comezará mañá), o curso de carretilleiro e un curso administrativo aos que se
engadirá o curso de manipulador de alimentos, que estará dispoñible para o
martes 22 de xaneiro.
Este programa Integrado de Emprego é unha aposta
clara do Concello para dotar aos veciños de competencias clave que lles
permitan e faciliten o acceso ao mercado laboral; unha aposta que tamén supón
un risco para a administración local que, de non acadar unha taxa de inserción
do 35 por cento dos alumnos, tería que facer fronte aos máis de 200.000 euros
que custa o programa.
O Concello da
Estrada comezará a partir do luns a construción dun parque canino de 800 metros
cadrados nas inmediacións da Baiuca, segundo informou hoxe o alcalde, José
López Campos.
O Concello conta
nesa zona cun espazo destinado a zonas verdes de 800 metros cadrados que se
destinarán á construción dun parque canino nun entorno próximo ao casco urbano,
con aparcamento suficiente e lonxe de zonas residenciais. Un espazo amplo pero
pechado para garantir a seguridade dos cans e a tranquilidade dos seus donos,
que os poderán soltar sen perigo dentro do recinto.
O Concello
coordinarase co obradoiro de emprego para introducir elementos de xardinaría e
levar a cabo a obra. Xuntos comezarán a traballar no proxecto a partir da
vindeira semana, cando se comezará a levantar o peche perimetral do parque.
Ademais, incluiranse elementos de axilidade e recreo para as mascotas, auga
para que os can poidan beber, luz e mobiliario urbano, como bancos e
papeleiras.
López fixo fincapé
na idea de que este espazo non será un espazo ao que levar ás mascotas a facer
as súas necesidades, senón un lugar que manter limpo onde os cans poidan
desfrutar de estar soltos gracias a unha actuación que suporá un investimento
aproximado de 20.000 euros.
O Concello da Estrada, a Asociación Comarcal de
Empresarios (ACE) e a Asociación de Comerciantes (ACOE) aprobaron hoxe por
unanimidade a entrada dunha nova empresa ao Viveiro. A aceptación produciuse
despois de avaliar os diferentes criterios empregados para valorar a entrada de
novas incorporacións.
A nova empresa do Viveiro, Instaclima G.M, adícase
á instalación de condutos de aire e, segundo se
explicou trala valoración, posúe a intención de contratar a arredor de
30 traballadores orientados a ese perfil de montador de condutos de aire
acondicionado. Un perfil que lles está custando atopar, pero que está a xerar
postos de traballo.
Ademais, tamén se explicou que esta nova
incorporación posúe contratos cunha gran empresa téxtil, e que os traballadores
que se unan a ela terán que estar dispostos a desprazarse como montadores ás
localizacións onde esa compañía vaia a realizar novas aperturas das súas
tendas.
Paralelamente á resolución, o concelleiro de
Emprego, Óscar Durán, informou de que a partir da vindeira semana abrirase un
novo prazo de convocatoria para optar a ocupar os tres espazos do Viveiro de
Empresas que están vacantes a día de hoxe. As condicións de acceso serán as
mesmas que para os que xa ocupan as instalacións, que teñen servizos de
reprografía, luz, calefacción, teléfono, Internet e limpeza por unha tarifa de
50 euros mensuais, a máis competitiva da contorna.
Estas tres prazas quedaron vacantes ao esgotarse o
tempo de estadía máximo de dous anos de dúas das empresas e a saída voluntaria
de outra, que se viu o suficientemente afianzada como para establecerse por si
mesma.
As empresas que ocupan actualmente o Viveiro de
Empresas son moRentals, En 2 Detalles, Coaching Co-Razón, Ibuprofeno Teatro,
Actualizados Comunicación, Central Científica Galega e a avogada Andrea Arias
Mato.
No caso de que existan máis solicitantes que
prazas dispoñibles entrarán a formar parte do Viveiro aquelas que acaden as
mellores puntuacións de acordo aos criterios de avaliación establecidos.
O Concello da Estrada firmou hoxe un convenio de
colaboración coa Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) e a Fundación
Cultural polo que se comprometen a unir esforzos en favor do emprego. Os tres
entes traballarán conxuntamente para prover de formación aos demandantes de
emprego e deste modo subministrar traballadores cualificados ás empresas que
precisan man de obra.
A Estrada conta con varias alternativas postas en
marcha dende a administración local orientadas a tales efectos, como relatou o
alcalde, José López Campos, quen enumerou proxectos como o Programa Integral de
Emprego, que nesta cuarta edición está formando a un cento de persoas
desempregadas; os cursos AFD, dos que hai cinco en funcionamento; o plan de
incentivos a emprendedores; o plan de emprego municipal, que conta cun
presuposto de 600.000 euros anuais e permiten contratar a gran cantidade de
xente e o obradoiro de emprego, que vai xa pola sexta edición.
Estas iniciativas forman ás persoas desempregadas
ofrecéndolles unha oportunidade de atopar un traballo alonxado da precariedade
instaurada nos últimos anos tralo paso da crise económica. A Estrada está a
tomar un camiño polo que crear traballadores orientados a aquelas funcións que
van desempeñar nas empresas, un camiño que, mediante estas políticas de
emprego, xa sitúa á localidade cunha cifra de desempregados por debaixo da
rexistrada ao peche do ano por un concello cunha poboación similar, como Lalín,
cando en anos anteriores rexistrabamos entre 200 e 300 por enriba.
Non se poden escatimar esforzos en materia de
emprego, aseverou López, quen afirmou que iso é o que significa a firma do
convenio; unha colaboración directa entre os tres entes para que por medio do
traballo de forma conxunta non quede ninguén que, querendo traballar, non sexa
capaz de atopar un emprego.
O presidente da ACE, Fernando Martínez, sinalou
que a firma deste convenio ten moita importancia á hora de ofrecer formación ás
persoas desempregadas, porque existe demanda de emprego na Estrada, pero non a
man de obra axeitada para os postos que se precisa cubrir. Deste xeito,
mediante a ensinanza, conseguirase formar xente para esas empresas demandantes.
O concelleiro de Emprego, Óscar Durán, lembrou a
existencia do portal de emprego do Concello, un sitio web que atende as
recomendacións e consultas da veciñanza e no que se trata de recoller as
inquietudes profesionais da veciñanza para ofertar e conferirlles despois esas
aptitudes mediante a oferta de cursos de formación.
O punto máis importante é que a formación de
calquera tipo estea dirixida á oferta de traballo existente na Estrada, que se
dirixa aos distintos sectores do concello e da comarca, matizou o subdirector
da Fundación Cultural, Carlos Andújar.
Un exemplo de postos que non se están cubrindo
facilmente son os de carniceiro, persoal de coidado de persoas dependentes,
albaneis, carpinteiros e soldadores, para os que existen ofertas, pero non man
de obra axeitada.
Consolidase na Estrada a primeira asociación
provincial de bonsáis de Pontevedra. O Club Bonsái Pontevedra consta de 25
membros e programa dúas actividades mensuais actualmente, segundo explicou hoxe
Óscar Expósito, unha das persoas ao cargo da mesma.
As actividades programadas para xaneiro comprenden
o desenvolvemento dun taller nas instalacións do club, no Local Social de
Baloira, que se celebrará o vindeiro sábado, 12 de xaneiro en horario de 10:00
a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e unha excursión a Kingii.es, un paraíso do
bonsái, segundo palabras de Expósito, situado no Val do Dubra, en Bembibre,
planificada para o 26 de xaneiro.
O Concello da Estrada reuniuse hoxe con membros da
consultora Idom con vistas a desenvolver un plan director de saneamento rural,
segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos. Tratarase de realizar un
estudo que precise a forma de actuación máis axeitada para as condicións do
rural estradense.
Todas as medidas levadas a cabo no rural polo de
agora son actuacións illadas, polo que se pretende encargar un estudo integral
á compañía que detecte cales son as necesidades de cada parroquia e territorio,
atendendo principalmente ás cargas contaminantes nos cursos fluviais e
determine a mellor forma de actuar ao respecto.
A idea é realizar un estudo sobre o que traballar
nun futuro. Un estudo que aporte a valoración, custo aproximado das actuacións
e a planificación axeitada para afrontar cada escenario acadando os mellores
resultados. Se sabemos que tipo de depuracións están funcionando mellor para
núcleos reducidos, ou especificamente para cada unha das nosas situacións,
poderemos tomar a mellor das decisións, explicou López.
Trátase de planificar primeiro para despois
actuar. Coa previsión da chegada de recursos europeos é axeitado ir preparando
o terreo para a futura introdución de depuradoras ben dimensionadas, cun
mantemento axeitado e uns proxectos adecuados ás condicións do terreo, rematou
o rexedor local.
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.