Panic desfila polas rúas Estradenses

Publicado en Portada | Deja un comentario

O pintor José María García Fernández exporá a partir de maña na Sala Abanca

O pintor José María García Fernández exporá na Sala Abanca da Estrada a partir de mañá, venres 18 de xaneiro, e ata o último día do mes, parte da súa obra inspirada no mar e no paisaxismo.

De León, ademais de lugar de orixe do artista, converteuse na firma empregada por este á hora de marcar a autoría das súas obras. Unhas obras salpicadas polas vivencias de García como mariño mercante, onde o mar cobra un peso especial.

A mostra reunirá pezas creadas mediante o emprego de diferentes técnicas, como o emprego de esmaltes en frío sobre cristal, relevo e óleos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Executiva Local confirma o sábado a José López como candidato a revalidar a Alcaldía

• O alcalde asume «encantado e coa máxima ilusión» o reto de manter o goberno municipal para «darlle continuidade á etapa de maior transformación e prosperidade da Estrada»

A Executiva Local do Partido Popular da Estrada celebrará o sábado unha reunión ás 12.30 horas na sede da rúa Irmáns José e Severino Trigo para aprobar a designación de José López Campos (A Estrada, 1974) como candidato a revalidar a Alcaldía nas Eleccións Municipais do 26 de maio. José López encabezará por terceira vez consecutiva a candidatura do PP estradense co obxectivo de repetir as victorias por maioría absoluta conseguidas en 2011 e 2015. Á espera da súa confirmación oficial como candidato, o actual alcalde asegura asumir «encantado e coa máxima ilusión» o reto de manter o goberno municipal para «darlle continuidade á etapa de maior transformación e prosperidade da Estrada».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cen mil euros para a Variante da Estrada nos orzamentos do Estado 2019 son unha miseria

Cen mil euros para a Variante da Estrada nos orzamentos pactados polo PSOE e Unidos Podemos-En Marea son un insulto á intelixencia, goberno central esquece totalmente o noso concello, deixando nunha miseria os investimentos para a Variante da N-640.

Estes orzamentos estatais demostran dúas cousas: unha xa sabida, que o alcalde da Estrada é incapaz de esixir nada a ningunha administración, dá igual que sexa amiga ou inimiga, como lle gusta dicir; esta situación non é nova, xa pasou con orzamentos do PP e volve pasar con orzamentos de PSOE e Unidos Podemos-En Marea, o alcalde é incapaz de petar na mesa da administración central. 

E dúas, que Galiza non conta en Madrid, ningunha forza política con representación no Congreso defende os intereses do pobo galego e por suposto, do noso concello; isto é algo novo, xa que nunca acontecera cando o BNG tiña representación en Madrid, que sempre antepuxo a defensa dos intereses galegos por enriba do tacticismo e das estratexias das forzas políticas estatais.

Desde o BNG consideramos que este ninguneo continuo o noso concello é especialmente grave, porque impide o desenvolvemento socio-económico do noso concello. A Variante é unha necesidade, e iso a pesar de que suscita a unanimidade de todas as forzas políticas con representación no concello. Pero a pesar das declaracións de intencións, á hora da verdade os compromisos fican en papel mollado como se acaba de ver.

— 
BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

Desfile da Santa Compaña, baile e concerto a partir das 18:00 horas do venres

O venres a partir das 18:00 horas arrancará o VI Festival Panic coa celebración do desfile da Santa Compaña, que arrancará dende a Praza do Campo da Feira, tal como estaba previsto. A procesión estará oficiada por Fran Campos e contará cunha comitiva oficial de 30 persoas na que participarán alumnos da Escola de Artes Escénicas, á que se poderán sumar os nenos que se acheguen disfrazados.
O percorrido iniciarase ás 19:00 horas dende a Praza do Campo da Feira e rematará aproximadamente ás 20:30 na Praza do Mercado, onde se dará paso a un concerto a cargo da banda Broken Peach e un baile coreografiado pola escola de baile Sondodance. Os asistentes poderán maquillarse e tomar chocolate de balde na Praza do Campo da Feira antes da hora de saída.
A parte musical do desfile correrá a cargo de Lume na lareira e o grupo Broken Peach interpretará na Praza do Mercado un popurrí de cancións de Michael Jackson. O percorrido estará amenizado ademais polo grupo de animación Troula, que escenificará unha actuación en base á música, lume e pirotecnia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comezán os preparativos para ó Entroido

Este vindeiro Martes 15 de Xaneiro ó Concello de A Estrada, dirixido pola súa Concelleira Lucia Seoane programa a primeira reunión para participación de todos aquelos colectivos que queirán participar no Martes de Entroido,incluindo calquera colectivo entre eles destacan as Parroquías e Ampas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ampliación da Alameda é unha desfeita e un despilfarro de cartos públicos

 O BNG da Estrada xa ten manifestado en reiteradas ocasións o seu rexeitamento á ampliación da Alameda, habendo como hai outras prioridades no noso concello. Mais o que xa é intolerábel é que se gasten os cartos públicos levantando as lousas de pedra da praza do concello para poñer cemento no sitio, unha praza que non hai moitos meses sufriu unha modificación para retirar a xardineira do centro, e a que non hai moitos anos se rehabilitou por completo, desprezando o diñeiro investido nela e os traballos das escolas-obradoiro que a fixeron. Agora seica se lle quere dar unha imaxe vangardista que parece esteticamente incompatíbel co estilo da edificación municipal.
E a esta desfeita hai que engadirlle o derrube da pérgola monumental, así como do valado, uns elementos que formaba parte do patrimonio e da personalidade da alameda e da propia vila, ademais do seu valor material.
Un atentado ecolóxicoMais por se todo isto non fose suficiente, o proxecto do PP derrubou árbores centenarias, que curiosamente si figuran na infografía da que tanto lle gusta presumir ao alcalde. Isto só pode ser cualificado de atentando ecolóxico, que tira por terra a sustentabilidade do proxecto EDUSI. Árbores que formaban parte da vila e dos recordos de moitos veciños e veciñas fican tirados no chan á espera de converterse en leña ou madeira. A todo isto, o goberno municipal ten que aclarar publicamente que vai pasar con esas árbores; se se vai vender, quen a vai vender, que se vai quedar cos cartos…  preguntas que non poden quedar sen respostas.
Indignación de veciñas e veciñosMais o PP gasta os cartos sobre o xa gastado, un feito que que indigna ao BNG, mais tamén indigna aos veciños e veciñas da Estrada que están en contra deste dispendio, que puxeron en coñecemento do BNG, mais tamén a través da radio municipal.
Non é de estrañar a indignación dos veciños e veciñas da Estrada polo levantamento da praza do concello, porque mentres tanto no rural non hai saneamento ou hai viais que levan agardando moitos meses por un arranxo que non chega, por non citar problemas de tipo estrutural como o abandono do rural, que necesita algo máis que unhas marquesinas novas como as recentemente instaladas polo goberno municipal. A isto hai que engadirlle os continuos cortes de auga que sofren os veciños e veciñas da vila, os problemas dos sumidoiros que tantas veces temos denunciado, entre outros, pero isto non é unha prioridade para o goberno municipal. 
E mentres se despilfarra na Alameda, os veciños e veciñas do rural sofren unha regularización catastral chea de erros, que terán que pagar retroactivamente, uns cartos que finalmente acabarán nas arcas municipais.
Non somos cómplices desta desfeitaEsta obra de remodelación da praza do concello enmárcase dentro do proxecto da ampliación da Alameda que ten un custe de máis de tres millóns de euros, que se sufragarán con cargos de fondos propios e da EDUSI. No BNG xa temos manifestado tamén a nosa opinión a respecto deste proxecto que nin é social nin é sustentábel, é o proxecto dunha transnacional servido en bandexa ao grupo de goberno do PP. Un proxecto que o BNG nin comparte nin se sente cómplice, xa que hai moitos meses que abandonamos a comisión xestora da EDUSI, o único partido da oposición que non forma parte deste paripé montado polo PP co que poder cubrir o trámite de presentar diante das instancias europeas unha pretendida implicación cidadá que non é tal.
Tarde se deron conta algúns de que no medio dunha batería de propostas do goberno do López escondíase só unha idea fixa: a ampliación e reforma da alameda ao prezo que fose, e baixo un proxecto que só consensuaron co consultora Idom, a ideóloga de todo o proxecto. Un exemplo palmario de que a intención de ter en conta as achegas e propostas veciñais era realmente nula e máis ben buscaba posibles cómplices, entre os que non se atopa o BNG, como xa dixemos.

— 
BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario