O CIM da Estrada promove os valores de Xoguetes para a igualdade

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Estrada está a promover os valores da campaña Xoguetes para a igualdade, elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A campaña actúa baixo o lema “Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo” e pretende acabar coa dicotomía existente no imaxinario colectivo e que fai diferenzas entre xoguetes para nenos e xoguetes para nenas. Unha cuestión que só responde aos prexuízos dos adultos e que inculcan aos máis novos dende a primeira etapa da infancia, a pesar de que a priori non ten ningún sentido para eles.

O programa reúne dez puntos aos que cómpre prestar atención, como que non hai xoguetes nin cores de nenas e xoguetes nin cores de nenos, que é preciso escoller xoguetes que favorezan as relacións igualitarias e colaboradoras entre os nenos, que sexan educativos, que favorezan o desenvolvemento de sentimentos e afectos sen diferenzas de xénero, que os xunten e habiliten o compartimento de espazos ou que promovan as habilidades persoais dos cativos, entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comeza a substitución de luminarias na Zona Deportiva

Comezou hoxe a substitución de luminarias na Zona Deportiva da Estrada. Os traballos concentraranse entre a xornada de hoxe e a de mañá no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, no que se cambiarán 51 unidades de luminarias de 400 vatios polo mesmo número de elementos LED de 200 vatios.

Ao longo da semana, as actuacións trasladaranse ao campo de fútbol Manuel Regueiro, no que se substituirán 16 proxectores de 2000 vatios por 12 proxectores LED de 450, oito proxectores LED de 600  e catro proxectores LED de 750 vatios de potencia respectivamente.

O último lugar no que se levará a cabo a intervención será o recinto das pistas de tenis, no que se substituirán 16 unidades de luminaria de 400 vatios por 16 unidades de luminaria LED de 200. O orzamento para este proxecto de “Mellora da eficiencia enerxética na Zona Deportiva” ascende a 72.725,51 euros achegados do remanente do Plan Concellos 2017.

Gracias a esta intervención o goberno local confía en acabar cos problemas de sobrecarga do sistema eléctrico nesa área, ademais de rebaixar a factura eléctrica aproximadamente á metade do que representa nestes intres.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Últimas 100 entradas á venda para Pepe Viyuela

Actualmente quedan á venda as derradeiras 100 entradas á venda para o espectáculo cómico de Pepe Viyuela que se representará este sábado, 15 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Principal da Estrada. As persoas interesadas poden adquirir as súas entradas no Departamento de Cultura do Concello da Estrada ata o venres ás 14:00 horas e na Cafetería Boliche ata o día do espectáculo.

A representación de “Encerrona” chega á Estrada da man dun dos cómicos máis célebres a nivel nacional, cunha presenza sobre as táboas que rapidamente enche os escenarios para envolver ao espectador na obra dende o primeiro minuto da actuación. Unha cita que, sen dúbida, asegurará gargalladas e satisfará as aspiracións dos asistentes.

No caso de quedar entradas dispoñibles o día da función, estas venderanse na billeteira do teatro minutos antes do comezo da actuación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

II Gala do Deporte A Estrada

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas
Tecnoloxías e Participación Cidadá, ten a honra de convidar a todos os estradenses a
II Gala do Deporte Concello da Estrada, que se celebrará no Teatro Principal o xoves
día 20 de decembro a partir das 20 horas, e que será un punto de reunión de todos os
afeccionados o deporte na Estrada.
Para asistir a este evento é preciso retirar, a partir do mércores 12 de
decembro, a correspondente invitación no departamento de deportes do Concello, no
4º andar. So se poden retirar como máximo tres invitacións por persoa, ata esgotar o
aforo do Teatro Principal.
A II Gala do Deporte Concello da Estrada, na que se farán públicos os
galardoados, estará conducida por Terio Carrera, que será o encargado coma o ano
pasado de presentar as categorías e os nominados en cada unha delas.
Durante o acto, no que haberá unha actuación sorpresa, terá unha duración
aproximada de 75 mimutos.
Animamos a todos os estradenses a acudir a este evento, que tentará ser unha
festa do deporte local
                                                                                    NOMINADOS
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2018 

Cristobal Dios Rios (triatlon)
Alex Marque Porto (ciclismo)
Javier Carballo López(salvamento)
MELLOR DEPORTISTA FEMININO 2018

Laura Souto Rodríguez (futbol)
Isabel Sáez Batallan (atletismo)
Laura Rosende Sáez (atletismo)
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO sub 18 2018

Medhi El Nabaoui (atletismo)
Diego Couto Solla (judo)
Pedro Rey López (bádminton)
MELLOR DEPORTISTA FEMENINO sub 18 2018

Iria Rivas Iglesias (atletismo)
Ana Carbón Castro (bádminton)
Marta Troitiño Cora (salvamento acuático)
MELLOR CLUB 2018

Club Bádminton A Estrada (bádminton)
EEFB (fútbol)
C.D. San Paio (atletismo)
MELLOR CLUB DE BASE 2018
EDM A Estrada Baloncesto
Atletismo A Estrada
Club Judo Base

DEPORTISTA REVELACIÓN 2018
Alicia López Peón (judo)
Paula Tejo Pereira (ximnasia)
Sergio Prieto Pazos (atletismo/fútbol)

ENTIDADE DE APOIO O DEPORTE
Pastelería Mimela
Hierros Diego
Xoiería-Óptica Fondevila
PREMIO TRAXECTORIA

Escudería Estradense
C.D. Estradense
Club Ciclista Estradense

Publicado en Portada | Deja un comentario

O 31 de decembro celebrarase a VIII Milla San Silvestre Estradense

O Concello da Estrada organiza por oitava vez a Milla San Silvestre Estradense para o día 31 de
decembro con motivo da despedida do ano. Unha proba de carácter lúdico, non competitivo e
solidaria, na que se entregan dorsais a cambio de comida.
A inscrición para a carreira é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro 28 de decembro, pero haberá que
formalizala igualmente a través da páxina web www.emesports.es. Sen embargo, para a retirada dos
dorsais, á que se poderá proceder o día mesmo da carreira a partir das 16:00 horas, será preciso
trocalo por algún tipo de alimento non perecedoiro que o Concello entregará a Cáritas Parroquial,
segundo informou hoxe o concelleiro de Deportes, Ismael Pena.
De cara á proba haberá dous circuítos orientados para as diferentes categorías. Un de 100 metros
para a categoría “pitufo”, para os nados de 2013 en adiante e outro de 800 metros (media milla)
para as demais categorías, ao que os nados entre 2005 e 2012 darán unha volta e todos os demais
darán dúas, a fin de completar unha milla. Ambos circuítos terán saída e meta na Praza do Concello.
O director de Cáritas Parroquial, José Manuel Vázquez, expuxo o seu desexo de que este ano se
consiga superar a cifra de 700 quilos de alimentos recollidos na anterior edición da carreira, que
forma parte da Operación quilo de Nadal, e lembrou a importancia de doar alimentos como aceite,
galletas, cacao, legumes e conservas para complementar a pasta, que sempre é o máis recollido.
Deste xeito nútrese a despensa da organización con produtos que se reparten durante todo o ano.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello habilita un punto de venda alternativo as entradas de Pepe Viyuela

Ante a demanda de entradas para o espectáculo cómico de Pepe Viyuela, o Concello da Estrada habilitará á Cafetería Boliche como punto de venda de cara á ponte. Deste xeito, as persoas interesadas en acudir á función poderán adquirir as súas entradas nos días e horarios próximos á función nos que o Departamento de Cultura do Concello permaneza pechado.

O espectáculo terá lugar o vindeiro sábado 15 de decembro ás 21:00 horas no Teatro Principal da Estrada da man dun dos cómicos máis célebres a nivel nacional, cunha presenza sobre as táboas que rapidamente enche os escenarios para envolver ao público no espectáculo dende o primeiro minuto da actuación. Unha cita que, sen dúbida, asegurará gargalladas e satisfará as aspiracións dos asistentes.

As entradas, cun prezo de dez euros, pódense adquirir no Departamento de Cultura do Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e, a partires deste momento, na Cafetería Boliche en horario comercial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As oito empresas presentaron ofertas correctas para o plan de asfaltados

O Concello da Estrada celebrou hoxe unha mesa de contratación, para adxudicar os asfaltados municipais, na que as oito empresas presentaron ofertas correctas. Os técnicos municipais contarán con un prazo de 7 días a partir de hoxe para valorar os criterios non medibles con fórmulas matemáticas, segundo explicou hoxe o alcalde, José López Campos.

O vindeiro xoves 13 de decembro ás 10:00 horas, despois desta valoración, está prevista a apertura dos sobres que dan paso á análise cuantitativa, a través da cal se medirán os criterios matemáticos e numéricos de cada oferta para, contando cos resultados de ambas partes, adxudicar a intervención.

Publicado en Portada | Deja un comentario