Acta do xurado designado para a XXII Edición do Premio de Poesía “Avelina Valladares”

ASISTENTES

Dona Guadalupe Porto Gañete

Dona María Nieves Soutelo Vázquez

Dona Rosalía Morlán Vieites

Don David Otero Fernández

Dona Dolores Araújo Arias, secretaria

 

ORDE DO DÍA

  1. Escolla do poemario gañador da XXII edición do Premio de Poesía Avelina Valladares.

ACORDOS

  1. Unha vez lidos os orixinais presentados, selecciona por maioría, como gañadorado XXII Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “No interior do vento” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D Jorge Alonso García, no que o xurado destacou que se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. Harmonía a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa.
  2. Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e eu redacto esta acta como secretaria.

A secretaria As/os asistentes

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación da Estrada Micolóxica no Concello

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e a presidenta da Asociación Micolóxica da Estrada, Mercedes Nodar, presentaron hoxe o programa da Estrada Micolóxica 2018, baixo a que se organizarán unha serie de charlas e saídas en torno aos cogomelos programadas entre outubro e decembro.

O ciclo dará comezo coa charla “Iniciación á micoloxía”, impartida por Mercedes Nodar o 5 de outubro, e a esta seguiranlle “Xénero Leccinum”, impartida por Jaime Blanco Dios o 19 de outubro; “Da micoloxía á micoterapia” a cargo de José Antonio Loren o 2 de novembro; “Ascomicetos”, por José Castro Marcote o 16 de novembro e unha disertación titulada “Xénero Lepiotas” a cargo de Julián Alonso Diz o 1 de decembro. Todas elas terán lugar na Sala Abanca ás 20:00 horas.

As saídas ao monte están programadas para os domingos seguintes ás datas sinaladas, polo que se realizarán o 7 e 21 de outubro, o 4 e 18 de novembro e o 2 de decembro. Os interesados, salvo socios, haberán de inscribirse previamente ás mesmas, que contan cun límite de participación de vinte prazas, no enderezo de correo electrónico estrada.micoloxica@gmail.com. O punto de encontro de cara as saídas localizarase diante do Concello da Estrada ás 10:00 da mañá.

Por outra banda, a semana micolóxica se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro; datas nas que os expertos atenderán a todas as persoas que se acheguen a eles con exemplares de cogomelos para ser catalogados.

Trala presentación, Constenla brindoulle ao colectivo o apoio do Concello animou á veciñanza a participar nas saídas e actividades que este ten preparadas antes de que Noldar finalizase coas aclaracións de que este ano non haberá concurso de fotografía debido a baixa participación da última edición e de que está prohibido levar cestas para apañar cogomelos, xa que se trata de saídas formativas e non de recollida.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CEIP O Foxo disfruta dos xogos cos Bolechas

Na maná de hoxe nenos de nenas de Infantil e Primaria do CEIP O Foxo desfrutarón dunha mañá de ensino  e diversión con actividades na Carpa Os Bolechas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas xa ten datas de inicio

O vindeiro día 10 de outubro dará comezo o novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas. Concretamente, será o grupo de adultos o que inicie as súas clases todos os mércores ata o mes de xuño. Pola súa banda a reunión de principio de curso dos grupos infantís e xuvenís será o luns 15 de outubro ás 20.30 h no Teatro Principal. As clases dos cativos concentraranse nas mañás dos sábados. As clases prolongaranse ata o mes de xuño. Lembramos que aínda se poderán cubrir aquelas prazas que queden libres de aquí ata o inicio das clases. O prezo dos cursos completos son 120,00€ a inscrición no grupo de adultos e 96,00€ a dos grupos infantís e xuvenís.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Nemesio Rey considera «satisfactorio» o balance da feira e asegura que «ten moito percorrido»

• O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos valora como
«positivos» os cambios desta edición e apela ao «traballo conxunto de
administracións, fundación e sector» para seguir impulsando o certame
• Anuncia que reunirá «en breve» aos expositores da contorna que acudiron
este ano e a outros que faltaron para «escoitar as súas opinións» e tratar de
convencelos de que asistan o vindeiro ano

 

O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da
Estrada, Nemesio Rey, cualificou hoxe como «satisfactorio» o balance da 32ª
Feira do Moble de Galicia desde a perspectiva da organización e asegura que
as cifras de visitantes e as valoracións xerais dalgúns expositores constatan
que o certame «aínda ten moito percorrido por diante, para que siga a ser o
referente do moble da Estrada en toda Galicia».
Na rolda de prensa ofrecida este mediodía no recinto feiral, Nemesio Rey
considerou que os cambios introducidos este ano -a eliminación dos stands
fixos, a redistribución dos espazos, a redución de nove a cinco días e a maior
aposta no eido da comunicación e o marketing- foron «positivos». «Non quero
ser triunfalista, pero sabemos que facendo así as cousas e seguindo con esta
dinámica, a Feira do Moble pode superar as cifras deste ano, que xa foron
realmente boas», apuntou.
Para iso, apelou ao «traballo conxunto das administracións, a fundación e o
sector» para seguir impulsando a feira. Desde a perspectiva da fundación,
asumiu o reto de «tentar traer aínda máis mobles que este ano, incluso
aumentando algún pavillón o ano que vén», para responder á demanda
manifestada nas enquisas polos visitantes, que desexan contar con máis
stands de mobiliario e cunha maior diversidade de oferta e de estilos.
De cara ao futuro, o xerente da fundación anunciou que «en breve» convocará
unha reunión co sector do moble, priorizando aos expositores que participaron
nesta edición da feira, pero convidando tamén a aqueles que non o fixeron para
«escoitar as súas opinións» e tentar convencelos de que asistan o vindeiro ano.
«Nós facemos a nosa valoración, pero tamén queremos escoitar o que os
expositores viron desde os seus stands, desde dentro da feira, para, entre
todos, seguir cambiando e mellorando cousas», remarcou.
En canto aos posibles cambios, Nemesio Rey apuntou que unha das cuestións
que se valorará será a ampliación do horario de peche, pasando das oito da
tarde ás nove, así a potenciación dos showcookings e a incorporación «doutras
actividades paralelas que chamen realmente a atención».

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao alcalde a que a vindeira edición da revista “Miscelánea” sexa integramente en galego

 BNG da Estrada, a través da súa representante no padroado da Fundación Cultural da Estrada, Susana Camba, que se reuniu onte luns en sesión ordinaria, instou ao alcalde a que a próxima edición da revista “Miscelánea” se faga integramente en galego. Esta revista, de publicación anual, adoita inserir artigos sobre cuestións que afectan o noso concello, e non non están traducidos ao noso idioma. 

Susana Camba explicou que “non é de recibo que un concello que aprobou hai poucas semanas unha ordenanza de normalización lingüística onde se comprometía a fomentar a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro do ámbito municipal, edite unha publicación onde o galego é case anecdótico”.

A representante do BNG na padroado da Fundación engadiu “que non valen as declaracións valeiras, o que importan son os feitos, e o concello ten unha oportunidade na edición da Miscelánea deste ano para demostrar con feitos que aposta pola nosa lingua”.

Baixa de maternidade
Noutra orde de cousas, Susana Camba tamén instou ao alcalde a cubrir a baixa por maternidade dunha traballadora de Radio Estrada. “É un desleixo absoluto se non se cubre esta baixa, xa que isto sobrecarga de tarefas ao resto de traballadores e traballadoras de Radio Estrada, e vai en detrimento do servizo público que presta a radio municipal”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Satisfacción no Concello da Estrada trala reunión sobre a Edusi

O alcalde da Estrada, José López Campos, amosouse moi satisfeito polo desenvolvemento da reunión celebrada hoxe no Concello, na que estiveron todos os grupos de traballo implicados na Edusi e afirmou que é un honor ser un dos concellos pioneiros na xestión desta iniciativa en España.

A Edusi (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) enmarcase dentro de“A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), proxecto cofinanciado nun 80 por cento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020”.

Na primeira parte da xuntanza puxéronse en común os puntos sobre todas as cuestións sobre as que os diferentes implicados foron traballando ao longo dos últimos meses e introducirlles así o proxecto aos catro novos colectivos incluídos na xuntanza.

A estas alturas a Estrada é o único concello de España que pode dicir que a finais de ano vai ter licitado e adxudicado o 60 por cento da Edusi, ademais dunha parte importante xa en execución, como serán a obra dos xardíns da alameda e a da Avenida de Fernando Conde, así como a adxudicación dos proxectos de eficiencia enerxética e xestión de banda ancha, explicou o alcalde.

Tamén posuímos a primeira operación aprobada en Galatea en toda España e vamos a un ritmo extraordinario no que ninguén é capaz de seguir este ritmo de licitacións; o que quere dicir que as cousas se están facendo ben. Sen embargo, quérese introducir un cambio na filosofía e por o foco de atención nas persoas, porque se ben é certo que as obras son importantes e están ao servizo dos veciños, non o son menos as mesmas, polo que se busca un cambio ao contido da estratexia e anticiparnos pensando na realidade social da Estrada.

Para acadar este punto pediuse na segunda parte da reunión a implicación destes novos catro colectivos, pero coa vista posta na integración, nun futuro próximo de máis representantes externos, como persoas vinculadas ao mundo educativo e á ensinanza (profesorado e AMPAS) e algún colectivo vinculado á xuventude, posto que a Estrada é un concello punteiro en canto a actividades deportivas, pero fóra deste ámbito non existen alternativas para a xuventude, sobre todo nun arco de idade que abrangue entre os doce e os vinte anos. Neste caso o Concello non posúe unha oferta para este colectivo pero si rexistra moitos problemas, tales como adiccións ás drogas ou aos xogos da man das apostas deportivas, que está comezando a converterse nun problema gravísimo, segundo apuntou López.

O que propomos dende o Concello é centrarnos nestes problemas de realidade social presentes na localidade e abordalos para tentar buscarlles solución a través dos 2,6 millóns de euros que temos pendentes de execución da Edusi e que coinciden cos obxectivos temáticos desta no eixo referido a temática social.

Os obxectivos temáticos da Edusi comprenden a parte de TICs, mobilidade inclusiva e sostible, recuperación do patrimonio natural, natureza e cultura e a parte do eixo social, vinculada a dous obxectivos básicos como son a revitalización socioeconómica do rural e as accións de iniciativas sociais dirixidas a colectivos desfavorecidos. Son uns obxectivos o suficientemente amplos como para que se poida abordar unha transformación social e deste xeito aproveitar a Edusi non só para favorecer unha transformación urbana, senón tamén unha transformación da sociedade na que os veciños teñan mellores condicións de vida, sinalou o rexedor local.

Para acadar isto se van a crear cinco comisións de traballo nas que haberá, en cada unha, un representante político, un representante dalgún colectivo da sociedade civil e un técnico municipal vinculado con cada un dos obxectivos que se queira acadar. O obxectivo é que a xente poda aportar nova información e novas ideas que levar a cabo no municipio, nas que caben obras, proxectos e servizos á cidadanía, sen ningún tipo de limitación. Esta iniciativa tivo moi boa acollida polas asociacións que participaron na reunión de hoxe e o obxectivo é integrar a algunhas máis, entre as que esperamos algunhas interesadas en materia de revitalización do rural e de posta en valor do patrimonio medioambiental e cultural, finalizou o alcalde.

Publicado en Portada | Deja un comentario