Presentación da Estrada Micolóxica no Concello

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e a presidenta da Asociación Micolóxica da Estrada, Mercedes Nodar, presentaron hoxe o programa da Estrada Micolóxica 2018, baixo a que se organizarán unha serie de charlas e saídas en torno aos cogomelos programadas entre outubro e decembro.

O ciclo dará comezo coa charla “Iniciación á micoloxía”, impartida por Mercedes Nodar o 5 de outubro, e a esta seguiranlle “Xénero Leccinum”, impartida por Jaime Blanco Dios o 19 de outubro; “Da micoloxía á micoterapia” a cargo de José Antonio Loren o 2 de novembro; “Ascomicetos”, por José Castro Marcote o 16 de novembro e unha disertación titulada “Xénero Lepiotas” a cargo de Julián Alonso Diz o 1 de decembro. Todas elas terán lugar na Sala Abanca ás 20:00 horas.

As saídas ao monte están programadas para os domingos seguintes ás datas sinaladas, polo que se realizarán o 7 e 21 de outubro, o 4 e 18 de novembro e o 2 de decembro. Os interesados, salvo socios, haberán de inscribirse previamente ás mesmas, que contan cun límite de participación de vinte prazas, no enderezo de correo electrónico estrada.micoloxica@gmail.com. O punto de encontro de cara as saídas localizarase diante do Concello da Estrada ás 10:00 da mañá.

Por outra banda, a semana micolóxica se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro; datas nas que os expertos atenderán a todas as persoas que se acheguen a eles con exemplares de cogomelos para ser catalogados.

Trala presentación, Constenla brindoulle ao colectivo o apoio do Concello animou á veciñanza a participar nas saídas e actividades que este ten preparadas antes de que Noldar finalizase coas aclaracións de que este ano non haberá concurso de fotografía debido a baixa participación da última edición e de que está prohibido levar cestas para apañar cogomelos, xa que se trata de saídas formativas e non de recollida.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa dispoñibles as invitacións para Odaiko

As invitacións para o espectáculo infantil do grupo Odaiko atópanse dende hoxe a disposición do público, que poderá recollelas no departamento de Cultura da Casa do Concello da Estrada. Estes convites de balde dan acceso á musicalización do libro de María Victoria Moreno, Mar Adiante, que se representará o vindeiro domingo 30 de setembro ás 18:00 horas no Teatro Principal.

O espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra, mestura cantigas, música, danza e marionetas nunha travesía na que os asistentes navegarán rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nunha historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada inaugura a exposición dos Bolechas sobre o galego

O alcalde da Estrada, José López Campos, xunto co deputado provincial de Cultura e Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal, inauguraron hoxe a exposición dos Bolechas para aprender sobre as variantes dialectais coas que conta a nosa lingua.

Leal dirixiuse ao alumnado de cuarto de primaria do CEIP Pérez Viondi, que foi o primeiro en desfrutar das actividades, coordinadas por varios monitores, coas que conta a carpa instalada na Praza do Concello, e explicoulles que alí serían capaces de aprender xogando como se fala o galego nos diferentes recunchos da nosa xeografía.

Para pechar a súa intervención, o deputado provincial agradeceu a implicación do Concello e lembroulles aos pequenos que a exposición permanecerá na Estrada ata o vindeiro 4 de outubro, animándoos a visitala novamente con amigos e familia e a observar as diferenzas entre como se falaba antes en comparación con como se fai agora.

Acto seguido, López interviu para agradecer á Deputación a organización na localidade desta nova exposición, así coma as anteriores, recordando que Os Bolechas veñen á Estrada dúas veces ao ano e sempre traen “temáticas interesantes”. Tamén amosou o seu agradecemento ao profesorado que acompañará, en grupos organizados polas mañás, aos rapaces e animou a estes últimos a acudir polas tardes coas súas familias para desfrutar desta exposición interactiva.

Os cativos do Pérez Viondi puideron participar nunha actividade de cantareira nun karaoke cunha canción sobre as variantes dialectais dos Bolechas, escoitar cuns cascos as diferentes formas nas que se fala en diferentes rexións, buscar nunha piscina de bolas diferentes formas de formar plurais e depositalas nos contedores correctos, colorear diferentes motivos e relacionalos cos diferentes nomes que reciben nos distintos territorios e xogar a un xogo interactivo de preguntas e respostas sobre diversas cuestións dialectais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A 32ª Feira do Moble pecha as portas con preto de 12.000 visitantes en só cinco días

• O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, Nemesio Rey,
realizará o martes un balance exhaustivo desta edición, que cualifica como
«a mellor dos últimos tempos»
• O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclama na súa visita ao
recinto feiral proxectos como a Cidade do Moble, a ampliación do solo
industrial en Toedo e o remate da autovía desde Santiago

 

O recinto feiral da Estrada acaba de pechar as portas da
32ª Feira do Moble de Galicia tras recibir a visita de preto de 12.000 persoas
desde o pasado mércores, alcanzando en só cinco días as cifras de afluencia
de público rexistradas durante as nove xornadas da feira do ano pasado.
O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, Nemesio Rey, indicou
que esta xornada dominical foi «con gran diferencia» a que concentrou un maior
número de visitantes -especialmente entre as catro e as oito da tarde- e
destacou que «había tempo que non se lembraban colas de espera para
comprar as entradas».
Segundo avanzou, o martes comparecerá nunha rolda de prensa para expoñer,
desde a perspectiva da organización, un balance exhaustivo desta edición, á
que se referiu «como a mellor dos últimos tempos», e para facer tamén unha
valoración dos resultados das enquisas realizadas aos visitantes, que xa se
darán a coñecer ao longo da xornada de mañá.

Visita de Gonzalo Caballero
A xornada de hoxe tamén estivo marcada ao mediodía pola visita do secretario
xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que aproveitou o seu percorrido polos
stands para «poñer en valor a Feira do Moble da Estrada, que é unha referencia
do sector a nivel nacional e internacional e un elemento significativo para o
desenvolvemento da Estrada e da contorna e que representa tamén a
capacidade do sector produtivo galego de dar emprego, de facer investimentos
e de adaptarse aos novos tempos internacionais».
Gonzalo Caballero cuestionou tamén que «Feijoo siga na súa escalada de
especulación sobre o seu futuro mentres A Estrada segue a ter problemas moi
importantes para ser arranxados». Así, apuntou que «a Feira do Moble é unha
mostra evidente de que hai un potencial produtivo en Galicia que necesita de
impulso desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria e desde o
Goberno da Xunta de Galicia, que non está a cumprir os seus deberes cos
sectores produtivos do país».
«Os incumprimentos da Cidade do Moble, os problemas de infraestruturas, en
concreto a autovía de conexión con Santiago, os problemas de solo industrial
cun polígono que está esgotado e que non permite que haxa maior capacidade
de industria nesta bisbarra e os recurtes sociais da dereita poñen enriba da
mesa un problema real, que é que A Estrada, un concello de referencia na
estrutura xeográfica de Galicia, está nunha situación dunha encrucillada
histórica; porque concellos como A Estrada, en función do que se faga coas
políticas públicas poderán ter a posibilidade de ser concellos importantes con
calidade de vida para os seus cidadáns ou acabarán estando nunha liña de
esgotamento que os converterá en concellos cada vez máis envellecidos e sen
posibilidade de futuro para xente máis nova e sen capacidade de xerar
emprego. Para iso é necesario rexenerar o plan de traballo sobre o sector do
moble na Estrada, que incorpore unha actividade de I+D+i, que é fundamental
para poder dinamizar o sector produtivo e facelo máis competitivo», remarcou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A innovación nos acabados e revestimentos, protagonista no cuarto día da Feira do Moble

• Docentes do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing acudirán a vindeira
semana a Estonia tras presentar os avances na feira da Estrada
• O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballeiro percorrerá o recinto mañá
a partires das 12.00 horas

 

O innovador proxecto Erasmus+ FUTUREfacing,
centrado na innovación nos acabados e revestimentos que se empregan na
fabricación de mobles, foi un dos protagonistas centrais desta cuarta xornada
da 32ª Feira do Moble de Galicia, na que o recinto feiral da Estrada
incrementou notablemente a afluencia de visitantes rexistrada nos días
anteriores.
A xefa do Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Ana Alzate, e a
técnica do CIS Madeira, Montserrat Rodríguez, foron as encargadas de explicar
os avances rexistrados neste proxecto xurdido en 2017 e que integra aos
seguintes socios: os centros tecnolóxicos CIS Madeira e CIS Galicia; a
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa;
as empresas Finsa e Ilva; o centro educativo Rakvere Ametikool, de Estonia; e
a asociación británica de fabricantes de acabados «British Coating Federation»
(BCF).

Montserrat Rodríguez precisou que «o obxectivo do proxecto é transmitirlle aos
alumnos información actualizada sobre os acabados e revestimentos dos
mobles porque eses alumnos serán logo os vehículos que levarán a innovación
ás empresas cando se incorporen ao mercado laboral». Para iso, as distintas
partes implicadas no proxecto están a traballar en tres liñas: a creación dun
manual para que o alumnado e o profesorado dispoña de información
actualizada; un simulador virtual de vernizado, que se está a exhibir na Feira do
Moble e que ten como misión facilitar a aprendizaxe dos alumnos á hora de
realizar este labor; e unha base de datos de produtos empregados nos
acabados e revestimentos, que será pública e que permitirá consultar a través
de internet un listado de distintos fabricantes.
Produtos axeitados para a docencia
Pola súa parte, Ana Alzate explicou que «o papel da Consellería céntrase en
coordinar a participación do profesorado que está a validar que os produtos
que se elaboran neste proxecto sexan axeitados para a docencia e estean
adaptados ás necesidades do alumnado».
«A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten unha
ampla experiencia na participación de proxectos europeos non só deste tipo de
innovación, senón tamén en proxectos de mobilidade, tanto do alumnado como
do profesorado e dos recén titulados. Por iso este proxecto encaixa na liña de
apostar por unha Formación Profesional de calidade, baseada na
internacionalización e na innovación, camiñando sempre a carón das
empresas, para que cumpra as necesidades dos sectores produtivos. Isto
tradúcese nunha Formación Profesional cun alto nivel de inserción laboral»,
asegurou Ana Alzate, antes de destacar «o papel que ten a F.P. Dual, que coa
incorporación este ano de 39 ciclos, está a camiñar ao lado das empresas».
Pola súa parte, o estradense Xosé Magariños, mestre participante na parte
pedagóxica do proxecto, lembrou que «esta iniciativa naceu dunha necesidade
dos docentes de contar con material actualizado no ámbito do acabado e do
revestimento do mobiliario, xa que non existía ningún material didáctico». Ao
respecto, avanzou que, tras presentar o estado do proxecto na Feira do Moble,
a vindeira semana un grupo de mestres galegos viaxará ata Estonia para
reunirse cos profesores estonios do Rakvere Ametikool ao fin de avaliar tanto
os avances no manual como no simulador.
Ademais desta presentación, na xornada de hoxe tamén destacou a visita
realizada á Feira do Moble polos moteiros participantes na primeira ruta A
Estrada Trail, así como a actividade do circuíto infantil de seguridade vial,
instalado a carón do pavillón 2 por xentileza de Reale Seguros A Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A EMAE participa na Mostra de Cotomanguelo

Este vindeiro sábado 22 de setembro ás 21.15 h o Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas participará na Mostra de Teatro Afeccionado de Cotomanguelo poñendo en escena a obra Ligazón de Valle-Inclán. Un espectáculo de sombras de 60 min de duración no que se mesturan a poesía e o esperpento arredor do mito de Orfeo. A peza está dirixida por Anabell Gago e interpretada polos alumnos Aranza Barreiro, Ánxela Sanmartín, Manolo Varela, Fina Raposo, Dori Carbia, Ana Rivadulla, Rosa López, Sabela Arca, Luis Rivas, Alba Aller e Azucena González.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada merece algo máis que remendar o remendado na N-640

O alcalde da Estrada está “missing” dos grandes temas que afectan o noso concello, permitindo a enésima tomadura de pelo por parte do Goberno central que tampouco é quen de poñer a Variante na súa axenda

 

 Non hai máis que botarlle unha ollada ao Google Earth para vermos os continuos bacheos e rebacheos que sufriu a N-640 nos últimos anos. É máis, o remendos que está a facer o Ministerio de Fomento nos últimos días son para remendar o remendado anos atrás.

Desde o BNG da Estrada consideramos que A Estrada merece algo máis que remendos, o noso concello merece que unha das principais arterias de comunicación estea en perfecto estado e teña unha capa de rodadura nova con garantías de duración e de seguranza. O que estamos a ver estes días é unha tomadura de pelo, que, ademais, está a a causar graves inconveniente aos veciños e veciñas, iso sen mencionar que ocorre no medio da semana máis importante para Estrada desde o punto de vista económico coa celebración da Feira do Moble de Galiza. Un despropósito.

Mais esta tomadura de pelo non é só responsabilidade do Goberno central. O alcalde da Estrada está “missing” dos grandes temas que afectan o noso concello. Nin é quen de petar na mesa para reclamar un asfaltado á altura do que A Estrada merece, nin é quen de esixir do Ministerio de Fomento a execución da Variante para solucionar os problemas de tráfico e para proporcionar o noso concello unha infraestruturas que nos poña á altura do século XXI, que sirva para dinamizar a nosa economía.

Publicado en Portada | Deja un comentario