http://aestradanarede.net/2018/09/18/o-xoves-habera-unha-charla-sobre-as-axudas-leader-na-feira-do-moble-da-estrada/

• O certame reunirá ata o vindeiro domingo a 65 expositores procedentes de
Galicia, Asturias, País Vasco, Madrid, Castilla-La Mancha, Comunitat
Valenciana e Portugal
• O recinto feiral abrirá desde as 11.00 ata as 20.00 horas e as entradas
custarán un euro, sendo válida a mesma entrada para tódolos días da feira
• O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, Nemesio Rey,
salienta que «os visitantes poderán atopar todo o necesario para amoblar
ou equipar o seu fogar ou o seu negocio»

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidirá
mañá ás 12.30 horas no recinto feiral da Estrada o acto de inauguración da 32ª Feira
do Moble de Galicia, que reunirá ata o vindeiro domingo a 65 expositores procedentes
de diferentes puntos de Galicia, Asturias, País Vasco, Madrid, Castilla-La Mancha,
Comunitat Valenciana e Portugal. Tamén intervirán no acto inaugural o alcalde da
Estrada, José López Campos, e o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos,
Nemesio Rey Pazos.
Nesta trixésimo segunda edición, o recinto feiral da Estrada, que conta cunha
superficie global de 26.000 metros cadrados, conseguiu completar o 100% do espazo
expositivo, polo que, segundo Nemesio Rey, «volve ser o maior escaparate de
mobiliario, interiorismo e decoración de toda Galicia e os visitantes poderán atopar
todo o necesario para amoblar o seu fogar ou o seu negocio».
De feito, entre os stands da feira figuran firmas que desenvolven a súa actividade
nunha ducia de áreas: moble contemporáneo, clásico, de vangarda, infantil, de cociña,
Contacto: 673 156 204 (Alberto J. Rey) – alberto.rey@somoswecom.com
de oficina, descanso, sanitarios, iluminación, interiorismo, contract e agasallos e
complementos. Ademais, unha das novidades desta feira é a inclusión dun Espazo
Contract no que estarán presentes varias empresas locais que operan neste mercado
-algunhas das cales están a amoblar hoteis de luxo en diferentes países,
establecementos de cadeas comerciais ou as embaixadas de Arabia Saudí en
Camerún e Níxer, entre outros traballos-.
Entradas a 1 euro
Desde mañá ata o domingo 23, o recinto feiral permanecerá aberto
ininterrompidamente desde as 11.00 ata as 20.00 horas e as entradas terán un prezo
simbólico de 1 euro, sendo válida a mesma entrada para acceder á feira tódolos días.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O xoves haberá unha charla sobre as axudas Leader na Feira do Moble da Estrada

O subdirector de relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Javier Blanco, impartirá unha charla sobre as axudas xestionadas a través do programa Leader destinadas ao desenvolvemento do medio rural. A charla terá lugar o xoves 20 de setembro ás 12:30 horas no recinto feiral da Estrada durante a celebración da Feira do Moble de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa á venda as entradas para Os tres porquiños

A partir de hoxe xa se poden adquirir as entradas para o musical infantil Os tres porquiños, que se representará no Teatro Principal da Estrada o vindeiro día 6 de outubro ás 17:00 horas. As entradas, cun precio de 6 euros poderanse adquirir no departamento de Cultura do Concello ou na xoguetería Tiko Doko, situada na rúa San Antonio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Poderase doar sangue na Estrada o 20 e 21 de setembro

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia acudirá á Praza do Concello da Estrada os vindeiros xoves 20 e venres 21 de setembro para que os veciños realicen as súas doazóns de sangue. Ambos días permanecerá na localidade en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Ademais, lémbrase que para incentivar a doazón, dende o Concello da Estrada, sortearanse, entre as persoas que acudan a doar nesta campaña, acudiron na anterior e ata a do mes de outubro, 46 entradas de palco para o monólogo de Luis Piedrahita, Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, que o humorista representará no Teatro Principal da Estrada o vindeiro 9 de novembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Galiña Azul recibe a visita do Concello na xornada de portas abertas

O alcalde da Estrada, José López Campos, visitou hoxe, acompañado pola concelleira de Educación, Amalia Goldar, e o concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, as instalacións da nova gardaría da Galiña Azul da localidade durante a xornada de portas abertas que ten lugar no centro de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

A raíz da visita, o alcalde celebrou o feito de que A Estrada se librase dunha vez por todas, despios de vinte anos, das listas de espera para poder matricular aos nenos, e que a día de hoxe “por fin, por primeira vez” non haxa lista de espera e tódalas familias poidan ter aos seus nenos matriculados nunha ou noutra gardaría.

Aínda que o proceso de matrícula xa está pechado para os rapaces que se incorporarán o 16 de outubro, a coordinadora da Escola Infantil Municipal, Vanessa Loureiro García, anima aos pais a que sigan entregando solicitudes de admisión no propio centro para os períodos extraordinarios de novembro e febreiro ata o 30 de novembro, día no que se pecha o prazo para que os nenos poidan entrar á gardaría o 1 de febreiro.

Entre conversas distendidas con pais e familias que visitaban o lugar nesta xornada de convivencia, López eloxiou a amplitude,  luminosidade e calidade das instalacións da escola mentres os nenos paseaban, experimentaban e establecían un primeiro contacto cos xoguetes e instalacións que os acompañarán durante o ano lectivo.

Trala visita á escola, o persoal do Concello aproveitou a ocasión para ollar o progreso das obras de construción do novo centro de saúde, do que o alcalde asegurou que avanza a bo ritmo, coa primeira placa de cimentación xa terminada, con abundancia de operarios e nunha obra na que lle consta que a empresa concesionaria está a contar con empresarios locais á hora de realizar determinados traballos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aberto o período de inscrición no programa Xuventur

Xa está aberto o período de inscrición para que a mocidade de entre 18 e 30 anos poida participar no programa Xuventur, que se desenvolverá en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural en estancias de fin de semana durante o mes de outubro. Entre os obxectivos do programa están a adquisición de competencias e habilidades para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza.

O programa é gratuíto e inclúe o aloxamento, manutención de principio a fin da estancia e o programa de actividades a realizar, para 18 participantes, para cada estadía en cada un dos programas. O transporte e os aloxamentos corren por conta das persoas participantes no programa.

O único modo de inscrición é online, para o que é preciso encher un formulario a través  da páxina web http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=302 e as prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. A confirmación da praza farase por correo electrónico e despois desta confirmación, os participantes contarán con 48 horas para remitir un correo achegando unha fotocopia escaneada do DNI e indicando no asunto o programa no que están inscritos ao enderezo xuventude.programas@xunta.gal.

Cada solicitante só poderá elixir unha quenda entre os fins de semana do 5 ao 7, do 12 ao 14, do 19 ao 21 e do 26 ao 28 de outubro,  e un dos oito programas ofertados, entre desenvolvemento de actividades de ecoturismo na mariña lucense en Ribadeo, Lugo; achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento, arredor das Fragas do Eume na Capela, A Coruña; actividades de acercamento á intelixencia emocional en Valdoviño, A Coruña; actividades de inmersión no medio rural e natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo; desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte en Carnota, A Coruña; desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e goce no medio rural na aldea de Covelo, Pontevedra; desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés en Limia, Ourense e Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares en Cervantes, Lugo.

As persoas seleccionadas deberán cumprir as normas de organización interna dos aloxamentos e ter en conta que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido, xa que en cada un se levarán a cabo actividades propias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada xa conta cos novos contedores para o casco urbano

Os novos contedores de carga lateral chegaron hoxe á localidade e están en Guimarei á espera de completar as tarefas de montaxe dos mesmos para proceder á súa posterior colocación nos lugares correspondentes do casco urbano da Estrada, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

Procederase ao cambio a partir da vindeira semana de 330 contedores que serán substituídos por 150 dos novos, xa que cada un destes contedores conta con tres veces máis capacidade que os que se veñen empregando ata o de agora.

O rexedor local fixo fincapé á hora de lembrar á veciñanza que estean atentos a non baixar o lixo polas mañás, para evitar que os contedores antigos estean cheos cando se vaia a proceder ao cambio por parte da empresa encargada.

Tamén matizou que se van a tratar de reempregar moitos dos contedores retirados e ter un remanente adecuado tanto destes como dos novos, dos que haberá que repoñer unidades con certa asiduidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario