Copcisa álzase coa adxudicación provisional para reformar os xardíns da Estrada

A empresa Copcisa converteuse na proposta como adxudicataria provisional de entre as que optaban a facerse co contrato de reforma dos xardíns da Estrada, segundo informou esta mañá o alcalde da localidade, José López Campos. A empresa conta agora con dez días de prazo no que presentar a documentación administrativa que lle permita firmar o contrato.

A oferta presentada por esta situouse nos 1.142.013 euros; 368.000 euros por debaixo do presupostado polo Concello para a intervención, que situaba en 1.510.000 euros. Ademais, engadiu 13 anos ao período de garantía solicitado dende o Consistorio. O prazo de execución, por outra banda, mantense sen cambios en 6 meses.

A reforma da Alameda comprende a parte de obra, na que se cambiarán os xardíns, a praza e se levará a cabo a ampliación do recinto, que acadará unha extensión de 2.400 metros cadrados de praza pública, e por outra banda a reforma tecnolóxica, coa instalación duns sistemas de rego e iluminación intelixentes.

Esta oferta resultou a máis vantaxosa das presentadas e, ao non incorrer a empresa en baixa temeraria, converteuse na proposta elixida polo Concello. Hoxe comunicaráselle á empresa a decisión e unha vez que entregue a documentación administrativa darase paso á firma do contrato, segundo explicou o alcalde, que conta con poder acelerar os prazos o máximo posible para poder empezar coas obras canto antes.

O mesmo ocorre no caso da Avenida de Fernando Conde, unha “obra grande” da que o rexedor indicou que se adxudicará en breve.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Inaguración 32ª Feira do Moble de Galicia

Rematada a primeira xornada da 32ª Feira do Moble de Galicia e fíxoo cun espectacular showcooking no stand da firma Mucarce a cargo de Diego López, do Restaurante La Molinera de Lalín, que preparou carrileira glaseada con mostaza de uva e herbas aromáticas, e de María Castro, do Restaurante O Camiño, da Estrada, que preparou tartar de solombo de vaca vella. 

Galería Fotógrafica:

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Silva «Boicot», en A Estrada

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, na mañá de hoxe mantivo un almorzo ca prensa convocado para 1 hora antes do acto de inaguración da Feira do Moble Estradense.

O Alcalde Estradense José López criticou a súa non presenza e visita en dita Feira, » Non encontro explicación a que durante 3 anos non me recibira como alcalde nin tivera a dignidade de reunirse conmigo en ningunha das ocasións que veu aquí,pero o de hoxe xa é un auténtico despropósito dende o punto de vista institucional», manisfestou.

López Campos lamenta que » veña a a deslucir o acto de presentación da feira cunha rolda de prensa política, a que non lle encontro ningunha explicación.

Remarca en que «e unha decisión imcomprensible», da que o propio sector e veciños «teñen que tomar nota de como actúa, con total desprezo absoluto a un pobo, o Psoe provincial en un día importante.

«Empeñase en demostrar que están boicoteando ós estradenses e esta utilizando a institución como arma arroixaiza contra os concellos que non somos da misma cor»

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao concello a mudar a perigosa ubicación duns contenedores do lixo en Santo André de Vea

 O BNG insta ao concello da Estrada a afastar da estrada EP-8401 en Santo André de Vea uns contenedores do lixo que impiden a visibilidade e poden causar graves accidentes de tráfico. Os contenedores, situados nas marxes da estrada Portela-Souto de Vea no lugar de Ramiráns, impiden aos veciños e veciñas da parroquia incorporarse con seguranza cos seus vehículos a esta estrada desde un vial secundario, situado á altura do Valiño.

Foron os propios veciños e veciñas desta parroquia os que puxeron en coñecemento do BNG esta situación de perigo, nunha estrada que ten unha alta densidade de tráfico, seguramente demasiado elevada para as súas características e categoría.

Desde o BNG tamén instamos ao goberno do PP a incrementar o número de contenedores de vidro e cartón no rural para fomentar e incrementar a reciclaxe no rural. O número é tan escaso que resulta pouco eficiente a recollida dada enorme dispersión territorial do noso concello. Mais, o goberno do PP tamén debería facer unha mellor distribución dos contenedores, xa que no caso que vimos de denunciar en Santo André de Vea, hai dous contenedores de vidro que están xuntos, podendo ubicar un deles noutro punto da parroquia. Ademais, desde o BNG consideramos que esta reorganización tamén debería afectar a aqueles lugares onde o número de estabelecementos de hostalaría ou comercio fai necesario un incremento do número de contenedores, xa que é habitual que estes estean desbordados ante o volume de lixo que xeran estes estabelecementos. 

Por outra parte, o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, instou ao goberno municipal no pleno do pasado xoves a instalar bases de cemento en todos os contenedores do lixo do rural. Na actualidade hai contenedores con base e outros sen ela, nunha disposición tan aleatoria como discriminatoria, xa que nun mesmo núcleo hai contenedores con e sen base de cemento. Desde o BNG seguimos sen entender este trato tan desigual que dispensa o goberno municipal do PP aos veciños e veciñas do rural, especialmente porque a día de hoxe este goberno non é quen de dar explicacións sobre esta cuestión.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O GOBERNO DE CARMELA SILVA DESTINOU EN 3 ANOS 16,5 MILLÓNS AOS 3 CONCELLOS DE TABEIRÓS-TERRA, “O MAIOR INVESTIMENTO DA HISTORIA DA DEPUTACIÓN”

“Non hai actividade, obra ou servizo nos tres concellos nos que non estea a Deputación de Pontevedra. Ningunha administración investiu como este goberno”

 

O investimento en mobilidade foi de 2,7 millóns de euros para obras nas estradas provinciais e de máis de 2 millóns en emprego para crear 233 postos de traballo e formación

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha comparecencia na Estrada, que a institución provincial investiu nos tres anos do actual Goberno preto de 16 millóns e medio de euros na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade. “É o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca e unha aposta moitísimo máis importante que a que fixo calquera outra administración nestes tres concellos”, asegurou a Presidenta, “dos que preto de 12 millóns corresponderon ao Plan Concellos e case 4,5 millóns ás distintas áreas do Goberno provincial”.

 

“Falo de datos obxectivos, de números que se poden comprobar un a un, subliñou a presidenta. Estas son as cifras que ninguén poderá refutar e o que significa é moi importante: que non hai actividade ou servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes que non  leven o selo da financiación desta Deputación”. Carmela Silva, que relatou todos os datos dos últimos tres anos de investimentos na comarca, engadiu que “ningunha administración investiu como este goberno nestes concellos que nunca tiveron tantos recursos en toda a historia da democracia”.

 

En liñas xerais, a institución provincial investiu 11,5 millóns de euros no Plan Concellos, máis de 400.000 € entre o PICEI de 2016 e o Plan de Reequilibrio 2017-2018 que beneficiaron a Forcarei, máis de 300.000 euros en Emprego (e, a maiores, outros case dous millóns do Plan Concellos destinados a esta finalidade), 600.000 € na área de Cohesión Social e Xuventude, máis de 150.000 € en Deportes, preto de 300.000 € en Cultura, máis de 2,7 millóns de euros en Mobilidade, 116.000 euros para a Igualdade entre mulleres e homes, máis de 200.000 euros en Medio Ambiente, outros 80.000 € na área de Novas Tecnoloxías e máis de 50.000 euros en Turismo.

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supuxo un investimento de preto de 11 millóns e medio de euros na comarca, con 6.010.500 € para A Estrada, 3.424.086 € para Cerdedo-Cotobade e outros 2.004.176 € para Forcarei. Dentro dos plans para favorecer o equilibrio territorial entre os concellos castigados polo anterior goberno provincial, Forcarei recibiu 90.000 € no PICEI para a mellora da sinalización dos núcleos urbanos e outros 312.000 € (dun orzamento total de 390.000 €) para reformar o albergue para ximnasio.

 

Dentro da área de Emprego, Carmela Silva informou de que “en tres anos financiamos en Tabeirós-Terra de Montes a creación de 233 postos de emprego e de formación, cun investimento de preto de 2.100.000 euros” entre o Plan Concellos, con 1.750.000 €, e os distintos plans de práctica laboral, outros 332.000 €. A través do Plan Concellos “creamos 194 empregos na comarca”, sinalou Carmela Silva, que se distribúen da seguinte maneira: 97 na Estrada (883.000 €), 68 en Cerdedo-Cotobade (604.000 €) e 29 en Forcarei (270.000 €).

 

O investimento da Deputación dentro do Plan de Práctica Laboral nos concellos foi de 217.500 euros, cun total de 27 bolseiros e bolseiras, e outras 12 persoas, cun importe próximo aos 115.000 €, dentro do Plan de Práctica Laboral en empresas: un total de 23 na Estrada (300.000 €), 10 en Cerdedo-Cotobade (77.000 €) e 6 en Forcarei (55.000 €).

 

No apartado de Cohesión Social e Xuventude, o achegado a Tabeirós-Terra de Montes sitúase en arredor de 600.000 euros: 591.529 € que permitiron, entre outros aspectos, mobilizar a preto de 4.000 veciñas e veciños de 36 asociacións cos programas provinciais de actividades. A Deputación investiu 433.000 € no plan de cofinanciamento dos servizos comunitarios (do que A Estrada non se beneficiou por ter máis de 20.000 habitantes), 220.000 € en Cerdedo-Cotobade e 212.000 € en Forcarei. Ademais, a institución provincial achegou un total de 60.300 € para axudas de emerxencia (das que A Estrada tampouco se beneficiou polo mesmo motivo): 40.800 € en Cerdedo-Cotobade e 20.000 € en Forcarei.

 

Así mesmo, a Deputación mellorou a vida das persoas maiores das comarcas a través do financiamento do programa de teleasistencia, no que participaron 92 homes e mulleres cunha achega de 6.400 €: 54 de Cerdedo-Cotobade e 38 de Forcarei. Nas liñas de axudas a colectivos sociais, beneficiáronse tres colectivos da Estrada con achegas superiores aos 6.000 €.

 

No que se corresponde cos programas de actividades e de atención cidadá, Carmela Silva sinalou que “mobilizamos a 3.900 persoas das comarcas a través de Depo en Marcha, En Ruta coa Depo, Depotermal, Tecendo Lazos, DepoRúARTE e Depo Aventura A Lanzada”. En Depo en Marcha participaron 527 persoas (248 da Estrada, 241 de Cerdedo-Cotobade e 38 de Forcarei). En En Ruta coa Depo participaron un total de 2.626 persoas (2.145 da Estrada, 318 de Cerdedo-Cotobade e 163 de Forcarei). Un total de 472 persoas (212 da Estrada, 129 de Cerdedo-Cotobade e 131 de Forcarei) gozaron do termalismo de #PontevedraProvincia grazas ao programa Depotermal e outras 31 persoas de Cerdedo-Cotobade reforzaron os lazos afectivos entre distintas xeracións dunha mesma familia grazas aos obradoiros de Tecendo Lazos. Para as máis novas e os máis novos, a Deputación de Pontevedra levou as súas actividades de arte urbana no marco de DepoRúARTE a 72 mozas e mozos: 60 da Estrada e 12 de Cerdedo-Cotobade, e coa colaboración do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Tamén entre o sector máis novo, 145 menores se beneficiaron dos campamentos de Depo Aventura A Lanzada: 86 da Estrada, 25 de Cerdedo-Cotobade e 34 de Forcarei.

 

En canto á Mobilidade, a Presidenta Carmela Silva lembrou que o investimento foi superior aos 2,7 millóns de euros (2.705.250 €) para a realización de “obras de mellora nas estradas provinciais de Tabeirós-Terra de Montes e distintos plans de mobilidade”. Nos últimos tres anos, sinalou, “licitamos e/ou iniciamos obras por importe de máis de dous millóns de euros, 18 actuacións” en viarios da Estrada (648.000 €), Cerdedo-Cotobade (1.322.000 €) e Forcarei (126.000 €). Tamén se financiou cun total de 26.000 € a realización de 3 asistencias técnicas necesarias para o bo desenvolvemento das obras en Cerdedo-Cotobade e Forcarei.

 

Destacan as obras de mellora da mobilidade peonil e seguridade viaria na EP-7017 Callobre-Ponte Ledesma, EP-7013 Orosa-Orazo, EP-7104 Cerdedo-Santo Domingo, EP-7102 Serrapio-Portela, EP-0401 Carballedo-Caroi, EP-7001 A Estrada-Forcarei; obras de mellora de drenaxe e capa de rodadura na EP-7101 Cerdedo-A Portela, EP-7207 Cachafeiro-Vilapouca e a EP-7203 Soutelo-Covas; a construción de muros na EP-7009 Sol-Ancorados; melloras da sinalización na EP-7201 Cachafeiro-Silleda e a EP-7203 Soutelo-Covas; e obras de emerxencia na EP-7001 A Estrada-Forcarei e na EP-0405 Xesteira-Almofrei.

 

O Plan Móvese achegou máis de 68.000 € á comarca, coa construción de 4 pasos peonís (2 na Estrada e 2 en Cerdedo-Cotobade) e a instalación de 17 redutores de velocidade (13 na Estrada e 4 en Cerdedo-Cotobade). A Deputación investiu nas estradas provinciais localizadas nos concellos da comarca 261.000 € co Plan de sinalización viaria e 184.000 € co Plan de pintado das estradas, así como investiu 71.000 € no Plan de desbroces e limpezas para actuar nun total de 221.137 metros.

 

Na área de Igualdade, o investimento foi de máis de 116.000 € para “fomentar a igualdade e a concienciación contra as violencias machistas con máis dun centenar de cursos”, sinalou a Presidenta Carmela Silva, que informou de que grazas á colaboración cos concellos de menos de 20.000 habitantes (na que A Estrada non entraría) para a implantación de accións e medidas para o fomento da igualdade e a prevención das violencias machistas, puidéronse financiar 3 actuacións: a redacción dun plan de igualdade en Forcarei e un programa para o fomento da igualdade máis unha campaña contra as violencias machistas en Cerdedo-Cotobade. A través do programa Conectadas, financiáronse 122 cursos por valor de 104.000 € colaborando con asociacións veciñais, de mulleres e asociacións culturais, achegando formación transversal en igualdade: 104 cursos na Estrada (89.000 €), 15 en Cerdedo-Cotobade (13.000 €) e 3 en Forcarei (3.000 €). Ademais, o programa Mulleres en Acción. Violencia Zero chegou ás tres vilas cun investimento superior aos 2.000 €.

 

En canto a Deportes, Carmela Silva sinalou que “investimos máis de 150.000 € en axudas, beneficiando a máis de 40 clubs, entidades, asociacións e deportistas da comarca e 250 nenas e nenos nas DEPOrte Escolas”. A Presidenta provincial informou en primeiro lugar da liña de axudas ao deporte federado das categorías base e inferiores. A Presidenta resaltou que “supuxeron un aumento nas cantidades, que se incrementaron en 200.000 € desde 2015 e nos permitiron chegar a un 10% máis de clubs en toda a provincia”. No caso de Tabeirós-Terra de Montes, beneficiaron a 36 clubs de fútbol e asociacións deportivas, 29 da Estrada, 5 de Cerdedo-Cotobade e 2 de Forcarei, cunha achega total de 79.000 €. Ademais, a Deputación investiu 26.000 € na liña de achegas aos clubs de categoría estatal nas súas disciplinas, beneficiando ao Club Bádminton Estradense e ao A Estrada Futsal. No apartado de organización de actividades, eventos e probas deportivas, a institución provincial achegou un total de 20.000 € que permitiron financiar 13 actividades de clubs da Estrada.

 

Na liña de achegas a deportistas individuais, a Deputación colaborou con 4 deportistas da Estrada e un olímpico de Cerdedo-Cotobade, unha achega próxima aos 10.000 €. Ademais, a Copa Deputación supuxo a participación con éxito de 14 clubs de fútbol por valor de máis de 18.000 €. A Deputación de Pontevedra tamén instalou 12 DEPOrte Escolas nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei, que atenderon a máis de 250 nenas e nenos que practicaron takewondo ou patinaxe, entre outras. A Presidenta tamén resaltou as achegas a través de DEPOcomparte para o préstamo de material a clubs das comarcas para a realización de competicións e actividades deportivas.

 

Na área de Cultura, a Deputación de Pontevedra investiu preto de 300.000 € para realizar ducias de actividades dos concellos, das asociacións, das entidades e das comisións de festas de Tabeirós-Terra de Montes. A Presidenta lembrou que “cada ano desenvolvemos unha liña de colaboración co tecido socio-cultural da provincia, cunha temática diferente: Ano Castelao, Ano do Patrimonio e Ano da Lingua. A través deste novo concepto achegamos en tres anos máis de 26.000 €” para desenvolver 22 actividades: 13 na Estrada, 6 en Cerdedo-Cotobade e 3 en Forcarei. Dentro das axudas para a dinamización da lingua galega, cunha liña dirixida a concellos e outra a entidades culturais, destináronse máis de 40.000 € que chegaron aos concellos da Estrada e Cerdedo-Cotobade (24.000 €), e tamén a colectivos sociais da Estrada e Forcarei (16.000 €). Ademais, a institución provincial achegou 31.000 € á rehabilitación e sinalización do patrimonio da Estrada (14.000 €), Cerdedo-Cotobade (2.000 €) e Forcarei (16.000 €). Destacan nesta liña a sinalización dos petróglifos de Fentáns (Cerdedo-Cotobade) ou a conservación e restauración do cruceiro de Mámoa (Forcarei), entre outras. A Deputación tamén investiu 138.000 € na colaboración cos concellos e comisións de festas para contratar grupos de música e baile co programa Pontegal: 61.000 € na Estrada, 63.000 € en Cerdedo-Cotobade e 14.000 € en Forcarei.

 

A Deputación tamén investiu máis de 200.000 euros en Medio ambiente para implantar “un novo modelo de sustentabilidade e coidado da nosa contorna e dos nosos sectores produtivos”. A liña de mellora dos montes mediante a creación de parques forestais supuxo ata agora preto de 79.000 € con 4 actuacións nos parques Tomonde e Coirego (Cerdedo-Cotobade) e nos de Fixo-Portela (Forcarei). A liña de mantemento dos campos de fútbol, con maquinaria e persoal propio, permitiu realizar 3 actuacións na Estrada por valor de 9.000 €. As liñas de axudas ao sector primario beneficiaron a 3 cooperativas da Estrada (2) e Forcarei (1) por valor de 52.000 €.

 

No apartado de Novas tecnoloxías o investimento da Deputación de Pontevedra sitúase por enriba dos 83.000 € “para implantar a administración electrónica e impulsar as TIC a través do servizo SmartPeme”. No caso da administración electrónica, o investimento foi de 17.000 € para formar a un total de 312 persoas funcionarias (211 da Estrada, 67 de Cerdedo-Cotobade e 34 de Forcarei), e pola súa banda SmartPeme beneficiou a 41 empresas (28 da Estrada e 13 de Forcarei) cun investimento de 66.000 euros.

 

 

 

 

En canto a Turismo Rías Baixas, o investimento nas comarcas situouse en máis de 52.000 euros. Carmela Silva lembrou que “este Goberno ten unha decidida aposta pola posta en valor do turismo de interior, colaborando cos concellos e cos colectivos das comarcas para a promoción dos seus recursos”. O Goberno provincial investiu nestes tres anos 10.000 € en actuacións de promoción nos tres concellos: a Ruta das Camelias e das Maceiras en flor, patrimonio natural, patrimonio literario (Nelida Piñón)… Ademais, na liña de axudas turísticas, 6 achegas por importe de máis de 42.000 € para a Asociación Veciñal de Sabucedo, a Asociación Rapa das Bestas e a Fundación Ceo Ciencia e Cultura para o astroturismo.

 

A Presidenta tamén informou das achegas no apartado de Comunicación, atendendo 11 solicitudes de impresión de carteleira de asociacións da Estrada e Forcarei, con recursos propios da Deputación de Pontevedra.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello visita as instalacións do Centro de día de cara á apertura

O alcalde da Estrada, José López Campos e a concelleira de Asuntos Sociais, Amalia Goldar, visitaron hoxe as instalacións do Centro de día para constatar o avance das obras, cuxo remate se prevé para a vindeira semana.

O rexedor local indicou que xa se está finalizando cun proxecto que se iniciou en 2012, o proxecto do Novo Mercado, concibido como un “gran contedor de iniciativas comerciais e sociais” que foron arrancando pouco a pouco, como o viveiro de empresas, que actualmente está funcionando practicamente a plena capacidade; a ludoteca do Espazo Concilia A Estrada, que tamén comezou este ano a súa actividade e o centro para persoas con alzhéimer, que levaba a cabo un papel asistencial e social. Unha iniciativa que comezou hai tres anos e que está xogando un gran papel de axuda aos afectados por esa doenza e aos familiares destes.

Pero faltaba unha parte importante, matizou, que era o Centro de día. “Sen descoidar que a Estrada poda aspirar a ter un espazo propio, máis amplo e ambicioso destinado ao coidado de persoas dependentes, coa infraestrutura do Novo Mercado damos cobertura e solución a un problema que persiste na Estrada dende hai anos; que as familias conten cun espazo de referencia onde poder deixar aos seus maiores”.

López asegurou que, o sábado pasado, na marcha solidaria co alzhéimer, puido ver ata que punto é necesario un espazo seguro para as persoas con esa doenza, cuxa evolución aconsella que durante os primeiros estadios a xente pode estar no centro de alzhéimer, pero a medida que avanza a doenza “non contabamos” coa capacidade para poder atender a esas persoas. Este centro ven a cubrir esa demanda xunto coa de contar cun espazo homologado pola Xunta para que as familias que se atopan dentro do Plan Individualizado de Atención (PIA) teñan como recurso idóneo ao Centro de día onde podan deixar aos seus maiores e ademais contar co cheque asistencial, co que a Xunta asumirá o custo da atención nas instalacións.

As obras “previsiblemente” se finalizarán ao longo da vindeira semana e existe o compromiso da empresa encargada de que o ascensor, específico para o primeiro andar, se instalará en outubro, para cumprir así con todas as medidas de seguridade.

Xa contan co mobiliario, o material de farmacia e coa homologación da Xunta, polo que están á espera de poder inaugurar o centro de día a partir de outubro; unha das grandes materias en política social que aínda se atopa pendente. Coas 20 prazas a xornada completa e 40 a xornada partida que ofrece o lugar espérase cubrir as necesidades que poda requirir a localidade na actualidade en materia de servizos sociais.

Coa apertura do centro poderemos analizar cal é a resposta da veciñanza a este proxecto e cal é a demanda real deste servizo para o que non se descarta unha ampliación nun futuro se a poboación así o require. As necesidades que sabemos que temos estarían cubertas coas prazas que ofertamos con esta apertura, finalizou López.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Montse Prado: “A morte dun veciño da Estrada no PAC non pode quedar impune, chegaremos até o final”

A deputada nacionalista visita o centro de saúde para coñecer o estado e instalacións no que faleceu unha persoa o pasado 4 de agosto

 

A deputada do BNG, Montse Prado, así como membros do consello local da organización nacionalista da Estrada, Susana Camba e Constantino Regueira, fixeron na mañá de hoxe unha visita ao centro de saúde da Estrada e ao PAC da localidade no que pasado mes de agosto faleceu un veciño por mor dos recortes na sanidade pública galega.

Montse Prado quixo coñecer in situ as instalacións do PAC e do centro de saúde, tempo que aproveitou tamén para falar cos responsábeis do ambulatorio. Segundo explicou a deputada nacionalista, “esta visita enmarcase na investigación parlamentar impulsada polo BNG, PSdeG-PSOE e En Marea que servirá para aclarar o ocorrido o sábado 4 de agosto pasado no que faleceu unha persoa porque nese intre non había equipo médico, porque saíra do centro para atender unha urxencia”.

A deputada do BNG quixo manifestar que “existe un compromiso claro por parte da nosa organización para chegar até o final neste asunto, que non pode quedar impune nin nunha simple declaración de intencións, como fixo Feixóo a semana pasada en sede parlamentar, nun intento de tranquilizar á familia presente no hemiciclo e á opinión pública”.

“Por parte do BNG”, engadiu Montse Prado, “temos claro que saúde é unha prioridade absoluta, e traballaremos arreo para rematar cos recortes, que ao tempo que precarizan servizos, incrementan as contas de resultados de empresas privadas da saúde, mais tamén da educación pública”.

Publicado en Portada | Deja un comentario