O MOME acollerá un encontro sobre saúde sexual o vindeiro venres

O CIM (Centro de Información ás mulleres) do Concello da Estrada organiza o III encontro para conmemorar o día mundial da saúde sexual, que terá lugar no MOME o vindeiro venres 7 de setembro a partir das 20:00 horas.

Trátase con este evento de compartir cos asistentes cales son as craves básicas para gozar dunha boa saúde sexual. Baixo o título #Voces de miradas ¿Falamos de sexualidade e dereitos sexuais?, a psicóloga do CIM, Margarita de la Calle, moderará a xuntanza na que a sexóloga Idhaly Guzmán impartirá unha charla.

Este terceiro encontro móvese baixo o lema: “A saúde sexual e os dereitos sexuais son ¡Fundamentais! para o benestar”, e fai fincapé no dereito das persoas a unha educación sexual completa, axeitada á idade, correcta e de confianza.

Dende o CIM anímase aos veciños e veciñas que teñan interese a acudir ao encontro, cuxa entrada é libre a partires dos 16 anos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada celebrará unha comisión informativa o venres 7 de setembro

O Concello da Estrada celebrará unha comisión informativa de organización de persoal e asuntos xerais que terá lugar ás 20:00 horas do vindeiro venres 7 de setembro.

Trataranse na comisión dúas mocións presentadas polo BNG da Estrada. Por unha banda, declarar persoas non gratas na localidade aos integrantes da ”manada”, e por outra banda, modificar a lei de tráfico coa finalidade de facer un cambio no proceso sancionador polo que se conservaría o desconto á hora de pagar as multas aínda que se recurran.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BELEN LOUZAO INFORMA Á SUBDELEGADA DO GOBERNO DE PONTEVEDRA DA SITUACIÓN DO CUARTEL DA ESTRADA

Os socialistas estradenses lamentan que o alcalde non fixera ningunha xestión ao respecto

 

. A portavoz do grupo municipal socialista da Estrada, Belén Louzao, mantivo un encontro informal coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba para trasladarlle a situación pola que atravesa o cuartel da Garda Civil na localidade.

 

A Subdelegada escoitou a situación trasladada pola voceira socialista e transmitiu unha mensaxe de tranquilidade para a veciñanza ao asegurar que a seguridade está garantida na localidade. Si recoñeceu que o déficit da plantilla destas dependencias é real e non pode negarse “polos continuos recortes acontecidos nos últimos oito anos de goberno do Partido Popular que o único que non repuxo nin unha soa praza vacante”.  

 

Louzao subliñou que a situación de A Estrada é algo común a moitos dos acuartelamentos da Garda Civil en Civil, como así o trasladou a Subdelegada, e que existe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez de ir repoñendo efectivos en todos os Corpos e Forzas de Seguridade pero que se trata dun proceso longo e non inmediato.

 

A voceira socialista destacou que Maica Larriba trasmitiulle que a seguridade da veciñanza está garantida pola Garda Civil polo sistema de traballo, no que os efectivos de toda a comarca encárganse da vixiancia de todas as localidades da súa xurisdición.

 

Por outra parte, a voceira socialista criticou que o alcalde de A Estrada non tivera posto en coñecemento da Subdelegación a situación do cuartel da Garda Civil e que a nova Subdelegada fora informada polo grupo socialista a pesar de que o alcalde José López dixera que o ía facer el. “O alcalde fai unha deixación das súas funcións que é inaudita”.

Grupo Municipal Socialista

Publicado en Portada | Deja un comentario

SORTEO ACOE SETEMBRO

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Clausura do IX Campus Deportivo de Verán 2018

Cas actividades do día de hoxe na praia fluvial, clausurase a quenda do mes de agosto e o IX Campus Deportivo de Verán 2018. Os nosos agradecementos dende o Concello Estradense os colaboradores Pastelería Mimela e Inversia/Helvetia pola sua colaboración. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Clausura do campamento urbano, Estradense.

 Esta mañá foi clausurado o campamento urbano do Concello de AEstrada, acto presidido pola concelleira de Educación, Amalia Goldar, nas instalación de Coesco.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG aposta agora por un Plan Integral de Valorización de Pontevea

O tempo das fotos dos alcaldes xa pasou, agora é tempo poñer en valor a ponte medieval de Pontevea

Os concelleiros do BNG da Estrada e de Teo, Xosé Magariños e Manuel Anxo Fernández Baz, respectivamente, acompañados por cargos orgánicos da organización nacionalista, así como polo deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, presentaron na ponte de Pontevea unha moción instando á Xunta de Galiza a elaborar un Plan Integral de Valorización da ponte medieval e a súa contorna, recentemente declarada BIC.

A presentación tamén contou coa presenza de representantes da Asociación Entreaspontes, que nos últimos meses levaron a cabo un intenso e importante traballo de limpeza e desbroce da praia fluvial, situada a carón da praia.

O portavoz municipal da Estrada, Xosé Magariños, afirmou que “impulsamos a declaración BIC da ponte e agora e agora é momento de que as administracións públicas, tanto os concellos da Estrada como o de Teo, como a Xunta de Galiza, se impliquen na súa posta en valor”.

“O tempo das fotos xa pasou”, afirmou Magariños en alusión á escenificación dos alcaldes da Estrada e de Teo na ponte medieval o día que a Xunta a declarou BIC, “agora cómpre compromisos claros para recuperar e restaurar a ponte de Pontevea, así como a súa contorna, como por exemplo sinalando roteiros entre o Xirimbao e Sinde, entre outras actuacións”. “Toda a zona ten potencialidade e interese para os dous concellos”, engadiu Magariños, “de feito é moi notoria a afluencia de bañistas á praia fluvial grazas aos traballos de limpeza da Asociación Entreaspontes; de non ser por este colectivo a Pontevea seguiría a monte e abandonada”.

O concelleiro nacionalista explicou que “a parte da moción que rexistraremos en ambos os dous concellos, o deputado do BNG, Luís Bará, tamén rexistrará unha serie de iniciativas para que a Xunta elabore o Plan Integral de Valorización da ponte medieval e estreita colaboración cos concellos da Estrada e de Teo”. “A administración autonómica ten que implicarse nunha dupla vertente”, indicou Magariños, “por unha parte deseñando o Plan en colaboracións cos concellos, mais non menos importante é dotalo economicamente para sexa unha realidade e executalo canto antes”.



— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario