A Festa do Salmón repite récord con 12.000 persoas ateigando as rúas da Estrada

 A degustación popular enche o Novo Mercado e remata cos 6.000
pinchos de vinte receitas servidos por dez establecementos
 O alcalde estradense pon en valor o certame calificándoo “como unha
das dez citas gastronómicas máis importantes e prestixiosas de Galicia”

 

A 45ª Festa do Salmón volveu repetir as súas cifras récord de
asistencia con 12.000 persoas ateigando as rúas da Estrada, o que permite igualar o tope de
participación acadado no ano 2014. Deste xeito, o “rei do río” volveu demostrar o seu crecente
poder de convocatoria e encheu o Teatro Principal no acto institucional, o Novo Mercado e a
súa contorna para a degustación popular, a Zona dos Viños e outras rúas con gran peso
hostaleiro, así como os restaurantes e moitos domicilios particulares que aproveitaron a
xornada festiva para convidar a familiares e amigos en torno ao salmón.
O “día grande” arrancou a media mañá coa recepción de autoridades por parte do alcalde
estradense, José López, e do resto da corporación municipal. Ata a festa achegáronse o
conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; as directoras xerais de Turismo e
Administración Local, Nava Castro e Marta Fernández-Tapias; e o secretario xeral de Política
Lingüística, Valentín García, entre outros.
Tras a benvida protocolaria, a actividade festiva arrancou no Teatro Principal coa lectura do
pregón a cargo do neurocientífico Carlos Acuña Castroviejo e coa imposición dos Salmóns de
Ouro ao propio pregoeiro, á Coral Polifónica Estradense, que interpretou un tema en sinal de
agradecemento, e á Fundación Casa Ducal de Medinaceli, que é a encargada de rexer os
destinos do Pazo de Oca.
Neste acto institucional, o alcalde estradense aproveitou a súa quenda de intervención para
poñer en valor e reivindicar o certame: “Temos unha festa moi grande e por iso hoxe quero
destacar a importancia desta cita culinaria, xa que, como en moitos sitios, moitas veces
valoramos máis o de fóra que o propio dun xeito inxusto. Temos unha festa que non xurdiu da
ocorrencia de ninguén, senón que naceu das augas do Ulla e do bo saber das cociñas da
Estrada para preparar as moitas capturas de salmón ata converterse no pobo que mellor o
cociña de España”, comezou o rexedor local.

 

López proseguiu louvando a festa lembrando que “ten unha razón de ser que naceu da nosa
natureza, que forma parte da nosa identidade e que se atopa no seo das tradicións” dos
estradenses e engadiu que se trata “dunha das dez citas gastronómicas máis importantes,
prestixiosas e antigas de Galicia”. “Temos unha gran festa construida por todos durante case
medio século e quero agradecer o tesón de todos para situala no lugar que se merece”,
detallou, antes de felicitar ao pregoeiro e aos beneficiarios dos Salmóns de Ouro, así como ao
Centro de Iniciativas e Turismo e á Sociedade Deportiva Río Ulla. “Son dúas entidades clave e
sen selas a festa non sería o mesmo e, sen dúbida, sería peor”, concretou.
Finalmente, tivo unhas palabras especiais para a hostalaría, a restauración e os cociñeiros da
Estrada “polo cariño, calidade e imaxinación que aplicades á hora de preparar as vosas
receitas de salmón, nas que misturades á perfección os pratos máis tradicionais coas
propostas máis innovadoras” e apostillou que desde o Concello vaise seguir traballando para
desestacionalizar este prato máis aló da primavera.
Tras este acto, o protagonismo do programa trasladouse ata o Novo Mercado e a súa contorna,
onde os asistentes remataron cos 6.000 petiscos de existencias –repartidos en 3.000 bandexas
con dúas racións cada unha– elaborados por unha decena de establecementos con vinte
receitas distintas. Mentres se gozaba do salmón en plena rúa, o público que encheu este
espazo da vila animouse coa música de Carlos Barruso Cuarteto e con actividades infantís.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada servirá 6.000 pinchos de vinte receitas de salmón na degustación popular

 As racións venderanse no Novo Mercado o domingo, 20 de maio, desde
as 12.00 a un prezo de 4 euros por bandexa de dous pinchos
 Os dez establecementos participantes ofrecerán pratos tradicionais,
ceviches e misturas con cítricos, guacamole, escabeche e verduras

 

 O Concello da Estrada vai ofrecer un total de vinte receitas
distintas de salmón o vindeiro domingo, 20 de maio, no marco da degustación popular da
cadraséximo quinta edición deste certame gastronómico. En total, os dez establecementos
participantes van servir 6.000 pinchos que, como é habitual, se distribuirán en 3.000 bandexas
–con dúas racións cada unha– que teñen un prezo de 4 euros.
“Os hostaleiros van facer un novo esforzo e van elaborar pinchos para 3.000 bandexas no
canto das 2.500 do ano pasado, que se quedaron curtas polo forte tirón do salmón e, sobre
todo, polos saborosos xeitos de preparalo dos nosos cociñeiros”, explicou o concelleiro de
Cultura, Juan Constenla, que destacou o crecemento da festa detectable a través da
degustación popular: “Hai cinco anos saian á venda unhas 2.000 bandexas, que se elevaron a
2.300 nos anos 2015 e 2016 e a 2.500 na pasada edición e, malia este incremento, temos que
seguir elevando a cifra, o que dá boa mostra de cal é a tendencia desta festa”.
Polo demais, a degustación popular, que comezará sobre as 12.00 horas no Novo Mercado e a
súa contorna mantendo a exitosa estética dos últimos anos, ofrecerá os seguintes pinchos:

A Casa do Pan
Empanada de Salmón con verduriñas da bisbarra do Ulla
Tosta de pan artesán con untado de Salmón e liscos de xamón ibérico

 

 

 

Argentinos Burguer
Ceviche negro
Salmón&Gofres

 

 

 

Panadería Cervela
Roliños de pan de molde con Salmón, queixo e gambas
Coca de Salmón, verduras, queixo e vieiras

 

 

 

 

A Bombilla
Salmón en escabeche de cítricos
Follado de Salmón con confeitura de tomate

 

 

 

 

 

Mar de Compostela
Espeto campestre con pan de millo
Salmón en cama de vexetais

 

 

 

 

O Asador de Leo

Fritido de Salmón con salsa agridoce
Tortilla de Salmón

 

 

 

Os Peares
Arroz mar e terra
Croquetas de Salmón

 

 

 

Nixon
Pastel de Salmón con pan negro
Salmón en escabeche branco

 

 

 

Samaná
Cracker de Salmón con guacamole de ourizo
Follado morno de Salmón, gambas e setas

 

 

 

Velis Nolis
Ceviche de Salmón con amorodos
Ceviche de Salmón con augacate

 

 

 

 

 

Lagar de Ribela  Sidra

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG entrega no rexistro do concello auga contaminada que se verte directamente aos ríos do concello

Xosé Magariños: “A Estrada poderá presumir de Alameda, pero non poderá presumir de ter saneado o rural e de ter uns sistemas de depuración eficientes”

 

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, acompañado de militantes da organización nacionalista fixeron entrega no rexistro do concello de auga contaminada recollida das depuradoras e sistema de bombeo do concello. 

Xosé Magariños explicou que “non é a primeira vez que facemos unha chamada de atención sobre o sistema de depuración do concello para alertar do da súa ineficacia, mais desta volta quixemos ir máis alá de publicar unhas fotos e traemos directamente ao concello a auga contaminada que se verte directamente aos nosos ríos”.

“As botellas que conteñen líquido contaminante foron recollidas nos Bolos (Lagartóns), onde un sumidoiro verte sen control na cuneta do lugar; tamén recollemos na praia fluvial de Liñares, en Figueiroa, Codeseda e a guinda recollémola en Guimarei, no garaxe de vehículos do concello que verte os seus residuos directamente á cuneta da parroquia”, afirmou o concelleiro nacionalista.

“É lamentábel que os sistemas de depuración do concello estean nesta situación”, engadiu Magariños, “mais tamén o é que a meirande parte do noso rural non teña saneamento, mentres o goberno municipal vai gastar 3.300.000 euros na ampliación da Alameda”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “xa o dixemos no seu día que había outras prioridades, e mellorar o saneamento da vila e ampliar ao 100% das parroquias é a prioridade, é a asignatura pendente deste goberno municipal”.

“Estamos ás portas dunha das celebracións máis importantes do noso concello, a Festa do Salmón, onde o río Ulla é o protagonista pola riqueza que nos aporta”, engadiu Magariños, “e o certo é que A Estrada poderá presumir de Alameda, pero non poderá presumir de ter saneado o rural e de ter uns sistemas de depuración eficientes, e todo isto temos que engadir a ameaza latente da mina de Touro que pretende aprobar a Xunta de Galiza”.

Xosé Magariños instou ao goberno municipal “tomar nota desta nova chamada de atención que lle facemos, coidar o medio ambiente ten que ser a prioridade do goberno do PP; o alcalde poderá facer a propaganda que queira a través do EDUSI vendéndonos unha A Estrada idílica, sustentábel e intelixente, mais a realidade acabará por impoñerse”.
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

DIVERXENCIAS E DECISIÓNS PENDENTES NAS ESCOLAS INFANTÍS DO CONCELLO DA ESTRADA.

– Cales son os gastos da nova gardería que vai ter que afrontar o Concello.

 – A xestión da Escola Municipal pendente de licitación.

A convivencia de 2 escolas infantís, unha da Xunta e a outra municipal, fai necesaria unha labor de coordinación e análise de certos temas para un mellor aproveitamento por parte das familias.

 

En vista de como transcorreu o procedemento de solicitude de prazas e como se están a desenvolver as obras, na mañá de hoxe os socialistas da estrada reunímonos coa Concelleira de Benestar para plantexar unha serie de inquedanzas que deben ser resoltas.

 

Puxemos encima da mesa a necesidade de analizar o procedemento de solicitude de prazas, de revisión das duplicidades e preferencias familiares, así como relativas á diferencia de horarios. Así mesmo, cremos que hai que debater os termos de pagamento municipal con respecto á escola da Xunta Galiña Azul, definindo responsabilidades. O terceiro tema que nos preocupa especialmente é a falta de licitación da xestión da Escola Municipal.

 

Por todos estes motivos entendemos a necesidade de convocar comisións de traballo para adoptar as necesarias decisións. Agardamos unha pronta convocatoria.

Grupo Municipal Socialista

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada agarda consolidar a asistencia da Festa do Salmón por riba das 10.000 persoas

O Concello cre que a participación será masiva e oscilará entre as 9.000
e as 12.000 persoas, que son as cifras habituais das últimas edicións
A lectura do pregón e a imposición dos Salmóns de Ouro e a
degustación popular protagonizarán o programa no día grande da festa

 

O Concello da Estrada agarda consolidar a masiva asistencia
da Festa do Salmón superando de novo o listón das 10.000 persoas no día grande da
cadraséximo quinta edición, que terá lugar mañá cun programa de actividades que estará
protagonizado pola lectura do pregón a cargo do neurocientífico Carlos Acuña e a imposición
dos Salmóns de Ouro á Coral Polifónica Estradense e á Fundación Casa Ducal de Medinaceli e
pola multitudinaria degustación popular no Novo Mercado e a súa contorna.
O Concelleiro de Cultura, Juan Constenla, amosou a súa satisfacción polas altas cifras de
participación en todas as actividades previas, especialmente no Concurso Internacional de
Pesca do Salmón e na Ruta-Degustación de Tapas polos locais de hostalaría, polo que agarda
que no día grande “se volva acadar unha asistencia masiva que oscilará entre as 9.000 e as
12.000 persoas que se veñen rexistrando nas últimas edicións”.
Neste senso, explicou que as previsións meteorolóxicas, que estiman un día soleado na
Estrada con temperaturas de ata 25 graos, “poden axudar a que esteamos preto do récord de
asistencia ao certame gastronómico, alcanzado no ano 2014 con 12.000 persoas ateigando as
rúas da vila”. “Temos un público moi fiel e consolidado no Salmón que case nos permite
asegurar o éxito da festa, pero é que ademais hai un tirón ascendente polas receitas dos nosos
cociñeiros, como demostra que cada ano teñamos que incrementar as bandexas de pinchos
porque se soen esgotar ao longo da mañá”, significou.
Polo demais, a actividade festiva arrancará a mediodía co acto institucional no Teatro Principal
para a lectura do pregón, a imposición dos Salmóns de Ouro e as quendas de intervención.
Posteriormente, o programa trasladarase ao Novo Mercado, onde unha decena de
establecementos servirán 6.000 petiscos de 20 receitas de salmón que se venderán en
bandexas de dúas racións a un prezo de catro euros.
Todo elo contará con actividades paralelas, como o tradicional obradoiro de montaxe de
moscas para a pesca do salmón, especialmente orientado a deportistas, e as actividades
infantís e a animación musical de rúa a cargo de Carlos Barruso Cuarteto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

V Raid Hipico Festa Salmón

De forma paralela cas degustacións gastronómicas a programación continúa a medida que se apróxima a xornada dominical. O Concello Estradense acolleu na mañá de onte a presentación do V Raid Hipico que se celebrará Sábado con saída e chegada a praia Fluvial de Liñares.

A proba parte co aliciente de que este ano adquire a categoría de Campionato Galego, en ela participarán entorno 50-60 cabalos cos seus respectivos xinetes uns con máis prestixío como a yeguada  Rocío Díaz Cortón. 

Os participantes comezarán a chegar entorno as 8.00H, unha vez superado o recoñecemento veterinario empezarán a proba.

A primeira saída da carreira e as 9H e contase que se prolongue ata as 5 da tarde, contara cun traxecto de 80 km que recorrerán as parroquias veciñas de  Moreira, Berres, Paradela, Ribeira y Ancorados.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

As primeiras tapas do Rei do río chegan A Estrada

 

Na mañá de hoxe comezarón a servirse as primeiras tapas do Salmón cun gran éxito, nos seguintes locais estadenses, Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño e O Bodegón con Música de rúa  Lume na Lareira  a partires da tarde, teremos as  20.00/22.00 Exposición pictórica de Fragoso na Sala Abanca, 21.00  Concerto de Óscar Ibáñez&Tribo ,Teatro Principal.

 

Tapa Ruta Salmón  OBoliche

Publicado en Portada | Deja un comentario