AS BEIRARRUAS DO RURAL COMIDAS POLA MALEZA

A maleza come as beirarrúas do rural mentres o alcalde sigue prometendo sendas peatonais.

 José López destaca por promesas e suspende en traballo diario.

O rural é o eterno esquecido nas lexislaturas de José López como alcalde da Estrada. Só se interesa polas parroquias en véspera electoral. As moitas de denuncias dos veciños de todas as parroquias sobre o estado deplorable na que se atopa a rede de pistas do rural, á falta de melloras nos servizos de recollida de lixo, voluminosos e vertedoiros incontrolados, á nula política de saneamentos podemos engadir tamén o pésimo estado de mantemento das beirarrúas habilitadas en varias parroquias para …. dos peatóns.

 

Veciños e veciñas de Tabeirós, Codeseda ou Lagartóns ven todos os días como ás silvas, herbas e fentos comen os espazos destinados ao discorrer dos viandantes. “A maleza come as pistas de moitas parroquias do rural que siguen agardando que o Concello pase a desbrozar, os coches teñen que esquivar baches e interpretar sinais tapadas pola maleza, pero incluso os poucos sitios específicos que se crearon nalgunhas parroquias para andar e camiñar a xente con seguridade nos gobernos de José López están nun estado de conservación vergonzoso”

 

“A situación é tal que non fai falla adentrarse moito no interior das parroquias, o que os socialistas denunciamos está á vista de todos e todas nas aceras que dan acceso ao casco urbano dende Liñares. A ámbolos dúas marxes da N-640 podemos ver como apenas queda espazo para as persoas que camiñan por estas beirarrúas. Mentres o alcalde José López segue a facer promesas de novas sendas peatonais a realidade do seu compromiso cos veciños e veciñas do rural pálpase no día a día ”.

Grupo Municipal Socialista

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada presenta hoxe o Ciclo de cine na rúa

O concelleiro de Cultura do Concello da Estrada, Juán Constenla, presentou hoxe en rolda de prensa
o Ciclo de cine na rúa, e confirmou os títulos das películas que se proxectarán os vindeiros 30 e 31
de xullo, así como o 1 e 2 de agosto en distintos puntos do centro urbano.
Os filmes proxectados serán Cars 3, o 30 de xullo; Un italiano en Noruega, o 31 de xullo;
Ballerina, o 1 de agosto e Piratas do Caribe: A vinganza de Salazar, o 2 de agosto. Cars 3 e
Ballerina proxectaranse na Praza do Mercado, mentres que as outras dúas farano na Praza do
Concello.
Todas as entradas deste ciclo de cine na rúa son de balde e os pases comezarán ás 22:30 horas,
independentemente do lugar de proxección dos filmes, explicou Constenla, quen engadiu, ademais,
que esta actividade conta cunha gran aceptación por parte dos veciños, polo que se van instalar un
mínimo de 150 cadeiras con previsión de acomodar ao público asistente ás sesións.
Dende Cultura preténdese fomentar a realización de actividades durante o período estival e “sacar á
xente á rúa”, afirmou o concelleiro para, a continuación, amosar a súa esperanza de que a selección
de títulos sexa do agrado de todos os asistentes e poidan gozar destes catro días de cine ao aire libre.
Como remate, Constenla sinalou que o concello da Estrada “pode vanagloriarse” de ser unha
localidade que aínda conta cun cine, visto que nos últimos anos desapareceron moitas salas das
vilas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada prepara a segunda fase de actuación na Zona dos Viños

O Concello da Estrada pecha o prego para a contratación da obra da Rúa do Cruceiro, dando inicio
á segunda fase de actuación na Zona dos Viños, licitada hoxe, segundo informa o alcalde da
localidade, José López, e explica tamén que está preparada para asinar a memoria que dá luz verde
á mellora da iluminación na área.
O Concello ten que validar esta proposta de memoria remitida pola Xunta de Galicia, incluída nun
novo convenio para rematar coa mellora da iluminación da Zona dos Viños, pendente da primeira
fase. Esta actuación, que pretende acondicionar a iluminación vertical das rúas recuperando os
mastros e substituíndo os brazos e luminarias, conta cun orzamento de 33.300 euros e un prazo de
execución dun mes. Ademais, incluiranse dous proxectores de luz cenital que alumeen os logotipos
que dan acceso e acoutan a Zona dos Viños.
Estes traballos de mantemento e instalación eléctrica, unidos á conexión da arqueta de saneamento
da área completarían a primeira fase do proxecto e darían paso á segunda fase licitada hoxe. Tras
dita licitación ábrese un período de vinte días, ata o vindeiro 13 de agosto, para que as empresas
presenten as súas ofertas.
Esta segunda fase suporá a realización de obras que se prolongarán dende a Praza de Galicia ata a
Rúa do Cruceiro e que contará cun orzamento de 140.000 euros, do que o Concello achegará de
100.000 euros de fondos propios mentres a Xunta asumirá os 40.000 euros restantes. Dende o
Concello espérase que esta intervención comece en setembro e que teña dous meses de execución.
En calquera caso, como recoñece o dirixente local, terase en conta unha rebaixa do prazo por parte
das empresas interesadas.
Fernando Conde
López tamén prevé ter preparada para o venres a licitación das obras na Rúa Fernando Conde, da
que afirma que a intención é facer unha reforma “realmente ambiciosa”. Aínda está pendente a
xustificación da expresión de interese do trámite, pero segundo informa o alcalde, esta semana
debería quedar disposta para realizar a licitación.
Esta actuación suporá a reforma integral de toda a rúa e contará cun orzamento de 700.000 euros doproxecto a Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020), cofinanciado nun 20% con fondos propios do Concello e nun 80% mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-
2020, encadrado no marco da Edusi.
O dito investimento permitirá a remodelación de todo o conxunto, nunha aposta por mellorar
beirarrúas, pavimento, servizos e iluminación. “É unha actuación grande”, recoñeceu López, que
aclarou que a obra abranguerá a lonxitude dun quilómetro polas dúas marxes e regularase tamén o
aparcadoiro.
A obra inclúe a reposición do pavimento e a iluminación dende a Rotonda e o emprazamento do
aparcadoiro -no que só se poderá estacionar á marxe dereita en sentido de subida dende a Rotonda
das Colonias- e do mobiliario urbano dende a primeira Travesía de Fernando Conde, ambas as dúas
ata a Porta do Sol, e a construción de 600 metros de beirarrúas dende a rúa Varela Buxán ata enlazar
coas novas á altura da estrada de entrada á praia fluvial.
A intervención nesta rúa non se limita ao remodelado do pavimento e beirarrúas, senón que
abrangue unha mellora xeral dos servizos urbanos de abastecemento, saneamento e xestión de augas
pluviais. Dotarase de mobiliario urbano, coa colocación de corenta bancos, vinte xardineiras e a
substitución de todos os farois; dando paso á colocación de trinta e cinco novos; quince simples e
vinte dobres.
 

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A mala colocación de publicidade pode ocasionar multas de ata 250.000 euros

Con motivo da proliferación de festas que ten lugar ao longo do verán e da moita publicidade que
comporta, dende o Concello da Estrada lémbrase aos organizadores de eventos e ás distintas
comisións de festas que, a mala colocación de carteis e da dita publicidade, pode carrear multas de
ata 250.000 euros.
Recordan dende a Xunta, que queda prohibida a colocación de carteis ou publicidade de ningún tipo
nas beiras, estradas e marquesiñas, así como no mobiliario que se atopa nas inmediacións destas,
especialmente se obstaculizan ou impiden a visibilidade de sinais de tráfico ou elementos
indispensables para a salvagarda da seguridade viaria.
Advírtese deste xeito de que as autoridades autonómicas van comezar a sancionar este tipo de
práctica, considerada como unha infracción moi grave e que conleva sancións de 10.001 aos
250.000 euros; tal como figura na lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. As persoas
organizadoras dos eventos e os membros das comisións de festas correspondentes, serán os
responsables da infracción e quen tería que afrontar, en último termo, as sancións pertinente
Publicado en Portada | Deja un comentario

Cáritas celebra a súa Gran Festa da Espuma

Cáritas celebra a súa Gran Festa da Espuma no Concello de A Estrada, donde todolos nenos na mñá de hoxe puiderón desfrutar dela ns instalacións da Igrexa.

Mañá terán inchables para os nenos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As obras de construción do centro de saúde comezarán en agosto na Estrada

Varias empresas da Estrada traballarán subcontratadas na construción do novo centro de saúde da Estrada, cuxo inicio está previsto para o vindeiro mes de agosto, segundo afirmou hoxe o alcalde, José López.

Cun presuposto de 4.700.000 euros, a UTE Puentes y Calzadas-Ogmios posúe o contrato da obra, que comezaría con traballos de movemento de terras e conta cun prazo de execución de dezasete meses para o desenvolvemento do proxecto, co que, de cumprirse os prazos, a edificación estaría rematada a finais de 2019.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada adxudica á empresa Copsa as obras de asfaltado

O Concello da Estrada adxudicou esta mañá, en Xunta de Goberno, o contrato para  levar a cabo as obras de asfaltado encadradas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) á empresa Copsa, segundo sinalou o alcalde, José López.

A empresa presentou unha oferta vantaxosa fronte a outra que incorría en baixa temeraria da que non se aceptou a xustificación. Esta obra pertencente ao Plan de Camiños levarase a cabo mediante a aportación de fondos FEDER, que sufraga a obra, unidos a fondos propios do concello, que se encarga da parte proporcional correspondente ao IVA, por un total de 149.774 euros.

Está previsto que as obras, que se enmarcan no plan concellos 2017, comecen ao longo do mes de agosto nas seguintes parroquias: En Ribela, no tramo que une o Lugar de Vilar coa EP-7012; en Cereixo, entre Señoráns e a EP-7016 e entre Viso de Abaixo e tamén a EP-7016; en Nigoi, dende Torreboredo e a EP-7025 e en Lamas, entre Abilleira e a Igrexa.

Para o PDR 2018, aínda pendente de adxudicación, están previstas outras catro actuacións coas mesmas condicións de financiamento e cun presuposto de 149.812 euros. Dúas intervencións se desenrolarán en Tabeirós, entre Consolación e Piñoi e no tramo entre a EP-7001 e as Quintas; outra en Nigoi, entre Carballeira e Constenla e a derradeira en Callobre, no tramo que transita entre a N-640 e o Lugar de a Nogueira, cuxa licitación e inicio das obras están previstas para setembro.

Estas actuacións unidas ás obras do casco urbano compoñen todos os traballos de asfaltado nos que se vai a traballar na localidade, pero aínda fai falla que a Deputación de Pontevedra resolva o Plan de Concellos 2018, cuxa documentación se remitiu dende o Concello o pasado 4 de abril. Deste xeito, o concello ten conxelados 475.000 euros de fondos propios en dous proxectos destinados ao asfaltado nun contrato conxunto co Plan Concellos 2018 ata que a Deputación non resolva dito plan, explicou López.

Con isto “nos están prexudicando” , engadiu o alcalde, que matizou que a época de afrontar as obras é esta, cando as condicións climatolóxicas son favorables.

Publicado en Portada | Deja un comentario