O Concello da Estrada reclama a Fenosa que cumpra coas súas obrigas

O Concello da Estrada reclama a Fenosa que cumpra as condicións do contrato firmado entre as partes o pasado día 13 de abril. Dende a firma do contrato non hai resposta por parte da compañía nin forma de pórse en contacto con ela, lamenta o alcalde da localidade, José López.

O termo municipal adheriuse ao contrato marco para a subministración de electricidade en alta e baixa tensión porque lle supuña unha serie de vantaxes, tales coma unha rebaixa do custo da factura eléctrica, a eliminación dos reparos, que teñen saturado o departamento de intervención do concello coa emisión de máis de 500 facturas anuais pertencentes á empresa eléctrica, e que non están amparadas en ningún contrato e, sobre todo, a posibilidade de reunir todos os servizos baixo unha factura única.

Este último motivo, o da factura única, foi o máis determinante á hora de que o concello se adherise a este convenio con Fenosa, xa que permitiría acabar co problema do colapso de facturas no departamento de intervención do consistorio e, ademais acortar o período medio de pago, posto que facilitaría os trámites de corrección de erros nas facturas. “A inclusión da factura única era un pilar fundamental”, recoñece López.

 Este convenio supón un aforro para o concello da Estrada, que resolvería o custo máximo en electricidade coa cifra de 1.690.000 euros para os vindeiros dous anos. Deste xeito aforraría aproximadamente 250.000 euros no mesmo período, só coa adhesión ao convenio e sen incluír actuacións como a do cambio de luminarias ou o Plan de Eficiencia Enerxética, aclara o alcalde.

Sen embargo, dende a firma do contrato, da que xa se cumpren tres meses, segue sen adoptarse ningunha das medidas, e a compañía eléctrica non da resposta. “Nin sequera hai con quen falar. Os cambios que se están a producir na empresa están deteriorando o funcionamento da mesma”, adoece o dirixente local, que prosegue explicando que “non existen noticias, información, nin contestación das chamadas que se están a realizar dende o Consistorio”.

Nestas palabras se expresa o prexuízo que lle está a causar ao concello a non aplicación do convenio tal como está firmado, e traslada así mesmo o malestar e queixa por este desinterese mostrado por Fenosa respecto á solución do problema exposto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada traballa no seu plan de transporte público

Representantes do Concello da Estrada e da Dirección Xeral de Mobilidade reuníronse hoxe para discutir sobre o deseño do plan de transporte público da localidade. Unha resolución europea obriga a sacar a concurso todas as concesións de transporte público de Galicia para 2019.

Deste modo, todos os concellos da comunidade están afectados por esta nova lei no ámbito do transporte público e o transporte de viaxeiros; “materia na que hai que evolucionar”, segundo indicou o alcalde da Estrada, José López.

 Ademais, tendo en conta a realidade territorial da comunidade, e concretamente no caso da Estrada, sendo unha localidade do interior de Galicia, con moita dispersión e extensión, “temos un factor determinante a maiores, que é o envellecemento da poboación”, sinalou o alcalde. A xente cada vez ten máis dificultades de mobilidade á hora de desprazarse, ben sexa por cuestións persoais, de saúde ou de calquera outra índole, e o que temos que facer dende o concello é darlle, polo menos, alternativas.

Pero esta medida tamén supón unha resposta de cara a xente máis nova, sensibilizada co emprego do transporte público fronte ao impacto xerado polo transporte privado no medio ambiente. Sen embargo, para que a implantación teña éxito temos que dar un servizo eficiente e de calidade, “non hai outra alternativa”, sentenciou.

O que máis afecta á Estrada é a conectividade das parroquias co casco urbano. Dende o consistorio enténdese que a iniciativa de implantar un autobús compartido posta en marcha pola Xunta é unha boa alternativa, pero aínda que poida ser viable para a maioría das parroquias, non soluciona o problema da conectividade.

O autobús compartido desprazaría aos usuarios ata os centros de educación infantil e primaria do ámbito rural (o Foxo, Oca, Codeseda e Vea), pero non resolve a problemática da conexión co entorno urbano, “que é onde a xente quere desprazarse para efectuar as súas actividades”, sinalou López.

No encontro de hoxe, o concello perseguía sobre todo atopar unha solución a ese problema de conectividade, para o que admiten que pode existir esa opción de autobús compartido, pero da man dunha lanzadeira que conecte os catro centros de ensino co casco urbano e poder chegar dese xeito a cubrir a practica totalidade das 51 parroquias que compoñen a localidade, xa que o autobús escolar pasa por case todas.

Outro problema é o que afecta á conexión con Santiago de Compostela. Aínda que a incorporación da Estrada á área metropolitana compostelá foi un paso moi importante de cara á conectividade coa cidade xacobea, mellorando os prezos do transporte e a conexión coa cidade ao permitires facer un primeiro trasbordo de maneira gratuíta, segue habendo un problema de calidade de servizo e de horarios.

Actualmente existe un problema tanto de horarios como de acceso á información destes, así como do establecemento das paradas. Cómpre que a xente teña claro os horarios e a situación das paradas homologadas, e cómpre tamén incrementar a cadencia dos traxectos para favorecer os desprazamentos, sinalou o munícipe.

Outro aspecto importante sobre o que existen queixas é a conectividade da zona norte, na N-525 coas parroquias da zona, na que opera outra compañía concesionaria con outro fluxo de servizos e horarios. Dende esta zona solicítase información accesible e a instalación de máis paradas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada solicita permisos para a realización de catas que permitan continuar co proxecto do paso subterráneo

O Concello da Estrada intermedia entre os donos particulares dos terreos e o Ministerio de Fomento
na solicitude de permisos para a realización de catas arqueolóxicas que permitan determinar se as
condicións do terreo son aptas para a construcción dun paso subterráneo para a variante da estrada
N-640 ao seu paso pola Estrada.
O alcalde do municipio, José López, asegura que os permisos xa se están a tramitar, e que se
enviarán coa maior brevidade en canto estean reunidas, coa esperanza de que o proceso “comece
este mes”, sinala.
Fomento enviou, a través da Demarcación de Estradas do Estado, a solicitude de permisos coa
finalidade de xestionar o acceso a tres fincas pertencentes a particulares da parroquia de Aguións
para realizar unhas catas arqueolóxicas nas bocas do túnel; un túnel que se construiría para salvar as
leis de protección do castro de Preguecido.
A empresa que actualmente se encarga de realizar o estudo xeotécnico solicita evaluar as condicións
do terreo xusto nas bocas do túnel. O sondeo terá unhas dimensións de 5 metros de largo, 2 metros
de ancho e 1,5 metros de profundidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sabucedo despide un ano máis a éxitosa Rapa das Bestas 2018

Enrique Bazal valora moi positivadamente esta Rapa 2018, os cabalos fortes, curros xenias sen golpes relevantes a valoración so pode ser boa.

A única pega foi a baixada porque o monte esta mal necesita estar máis limpo xestionable para poder coller máis cabalos,hai poucos poldros e moito lobo.

Dento do proxecto que temos ca USC con Treserata colocamos 3 GPS repartidos en 7 manadas, queremos controlar as manadas para saber as súas costumes e extraer datos moi interesantes.

No día de hoxe, celebrouse o curro solidarío no que se recaudarón 1.700 euros que se donaron a Fundación Amigos de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

RAPA DAS BESTAS 2018

A Rapa das Bestas de Sabucedo en imaxes! Búscate

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada alerta de que o comercio local da Estrada agoniza e urxe ao alcalde cortar a hemorraxia

Entre a Praza da Farola e a Porta do Sol hai unha ducia de baixos comerciais en aluguer, síntoma inequívoco de que algo non vai ben

 

O concelleiro do BNG urxe ao alcalde a liderar unha mesa de diálogo entre o sector e os partidos políticos para poñer enriba da mesa solucións e frear a caída do comercio local
 
 O BNG da Estrada alertou en máis dunha ocasión do estado agónico do comercio local. Segundo explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, “un simple paseo polo que se coñece como a Milla de Ouro comercial do noso concello, entre a Praza da Farola e a Porta do Sol, podemos ver unha ducia de baixos comerciais en aluguer, síntoma inequívoco que de que o comercio local da Estrada ten graves problemas, e iso que só contamos os da rúa principal e sen ter en conta os locais pechados sen letreiro de aluguer”. “Unha análise en profundidade do comercio local da Estrada concluiría que ten que entrar con urxencia na UCI”, engadiu o concelleiro do BNG.

“Mais”, engadiu Magariños, “o peor é que a pesar de que hai síntomas evidentes de que estamos ante un inminente colapso do comercio local da Estrada, non hai liderado político por parte do goberno municipal do PP, que está vendo a vida pasar mentres no sector do comercio local conde o pesimismo e só agarda que o último baixe a persiana”.

O concelleiro do BNG explicou que “o alcalde ten que facer algo polo comercio local, non pode agardar sentado a que a ampliación da Alameda solucione todos os problemas, porque iso simplemente non vai ocorrer”. “O goberno municipal do PP,” engadiu Magariños, “ten que sentarse con ACOE con urxencia para atallar a hemorraxia que ameaza a viabilidade do comercio local da Estrada”.

 
Para o concelleiro nacionalista “é urxente que o alcalde lidere unha mesa de diálogo que analice a situación e poña enriba da mesa solucións, que non se poden demorar por máis tempo.” “De momento”, engadiu Magariños, “temos uns anos anos de marxe, mentres a autovía non chegue á Estrada, se agardamos, daquela xa será moi tarde, xa que as grandes áreas comerciais de Santiago de Compostela teñen unha política publicitaria tan agresiva que até unha empresa de autobuses da localidade leva anuncios nos seus vehículos destacando o preto que está a capital de Galiza do noso concello”.

Sen embargo, o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou que “podemos reaccionar se confiamos nas nosas propias forzas, sendo intelixentes e audaces podemos recuperar o noso comercio local ante o retos que se aveciñan, mais é López o que ten que liderar, para iso é o alcalde”. “Desde o BNG instamos ao grupo de goberno a convocar unha mesa diálogo entre o sector e os grupos políticos para atopar unha solución”, engadiu Magariños, “pola nosa parte xa lle adiantamos que participaremos activamente”.

 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Rapa das Bestas distingue a Cristóbal Hara, Xosé Luis Torrado «O Bruxo», Silvie e Patricie, Airiños de Caldelas e José Luis Magariños

A subida ao monte e o festival RapaSons marcan mañá o comezo dunha
vintena de actividades programadas en Sabucedo ata o luns

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo aproveitou hoxe
a celebración da IX Gala Rapa das Bestas na Honra e Louvanza dos Aloitadores para premiar
ao fotógrafo Cristóbal Hara, ao recuperador físico Xosé Luis Torrado «O Bruxo», á parella de
reporteiros franceses formada por Silvie Chaussbourg e Patrice Lasnier, á agrupación folclórica
Airiños de Caldelas e ao ex aloitador e veciño de Sabucedo José Luis Magariños Álvarez.
Cristóbal Melián Schmidt é un fotógrafo español, nado en Madrid en 1946, que moi pronto
tivo que coller as maletas, pasando parte da súa infancia e mocidade en países como Filipinas,
Estados Unidos e Alemaña. Leva moitos anos acudindo á Rapa das Bestas de Sabucedo e foi
un dos primeiros fotógrafos que baixou á area do curro para captar a esencia da loita entre
homes e cabalos. As súas fotografías teñen sido publicadas en revistas como Creative
Camera, Photovision, European Photography e nos suplementos de El País, La Vanguardia e
El Semanal. A súa obra fotográfica está presente en coleccións de institucións como o Stedelijk
Museum de Amsterdam, o Art Institute of Chicago, o Museo Reina Sofía de Madrid e o Victoria
& Albert Museum de Londres.
Xosé Luis Torrado Casal «O Bruxo» é un polifacético recuperador físico, psíquico e espiritual.
Nado en Mugardos en 1935, foi campión de España de atletismo en 1957 na proba de 400
metros lisos, e a súa traxectoria como preparador e recuperador deportivo con figuras de
primeiro nivel é extensísima. No seu caso, este recoñecemento recíbeo por ser unha persoa
moi cercana á tradición da Rapa das Bestas e por ter aproveitado a súa influencia en
numerosas ocasións para favorecer a Sabucedo e á propia Rapa.

Publicado en Portada | Deja un comentario