O BNG estabelecerá unha rolda de contactos cos grupos políticos para rexeitar conxuntamente a mina de Touro

Xosé Magariños: “Puxémonos de acordo para presentar unha alegación conxunta, agora é o momento de que A Estrada diga non a este proxecto mineiro, é o que nos piden veciñas e veciños”

 

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, manterá unha rolda de contactos entre todos os grupos con representación no concello para acadar un acordo conxunto contra a mina de Touro.

O concelleiro nacionalista explicou que “o pasado mes de novembro demos un paso importante cun acordo entre as forzas para consensuar unha alegación conxunta contra o proxecto mineiro de Touro que poñerá en risco a biodiversidade do río Ulla, un río de vital importancia, non só ambiental, senón tamén cultural e económica para o noso concello”. 

“Este paso importante que demos conxuntamente”, engadiu Xosé Magariños, “ten que transformarse agora nun rexeitamento unánime contra a mina de Touro. É o que nos pide a rúa, o que nos piden veciños e veciñas, que ven con inquietude polas repercusións negativas que vai ter este proxecto para o río Ulla”.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, “penso que hai moitas posibilidades de que o concello da Estrada se sume á rede de concellos que amosaron en contra da mina, concellos de todas as cores políticas, mais de non ser posíbel o acordo, o BNG levará a súa propia moción para que o concello da Estrada rexeite este proxecto extractivo nas ribeiras do Ulla”.
 
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

«O Faladoiro » volta A Estrada

Hoxe presentouse no Concello Estradense con iniciativa do Museo Reimondez Portela un legado do que fomos e da importacia de contar cunha emisora Municipal como Radío Estrada no noso pobo.

O Museo recaúdou os testemuños da xente da época 1997/1998 inagúranse 51 importantes documentos de aloxamento dixital de Radio Estrada «O Faladoiro»

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Vindeiro Mércores 23 celebraráse na Estrada A Festa da Palabra

Esta mañá o Concelleiro de cultura Juán Constenla acompañado dos profesores da todolos Colexíos Estradenses, este Mércores celebraráse a V Festa da palabra, con poemas e microrelatos.

Será no Teatro Principal un día de festa para letras e tamén debuxos, e unda actividade entre profesorado alumnos familias e concello.

Esta actividade empeza no Outono pero florece agora na primaveira  en forma de poesía e texto. O libro que presentamos e un viveiro de textos de alumnos con ilusión.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP rexeitou restrinxir a velocidade e implantar sistemas de moderación de tráfico na zona deportiva

Hoxe aparece en diversos medios de comunicación local que un mozo foi multado por condución temeraria Rúa da Cultura á altura dos institutos. A solución para o goberno municipal pasa por incrementar a vixilancia, cousa que o goberno municipal non poderá garantir durante as horas de maior afluencia peonil nesa zona sen desatender outras zonas da vila e do rural. 

Porén temos que recordar que a maioría absoluta do PP rexeitou no seu día unha iniciativa do BNG para restrinxir a velocidade dos vehículos a 30 km/h en toda zona, implantando sistemas de moderación de tráfico en toda a área, especialmente naqueles espazos onde haxa unha maior afluencia como pode ser na contorna dos institutos. 

Como xa dixemos, é preciso realizar unha intervención nesta área que a converta nun espazo no que os veciñas e veciñas se acheguen a ela como zona deportiva e de paseo e garantan a seguridade dos mozos e mozas que a diario transitan por ela. Pero esta intervención non ten que ser entendida única e exclusivamente como de seguridade vial, ten que partir dun plantexamento de deseño urbano amplo, que a converta nunha peza máis do desenvolvemento dunha vila con criterios de accesibilidade e mobilidade e teña en conta os distintos eventos que se desenvolven nas instalacións xa existentes.

Agardamos que o goberno municipal do PP tome nota deste suceso, que nesta ocasión saldouse sen danos persoais, e vaia máis alá de mandar a policía local a controlar a zona, a zona deportiva e dos institutos ten que ser unha zona privilexiada para o esparexemento dos veciños e veciñas. En todo caso, recordámoslle ao alcalde que sempre é mellor previr que lamentar.
 
 
Achégase audio das declaracións de Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG.

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

ABANCA únese aos empresarios de ACOE para facilitar o acceso ao crédito na Estrada

  • O banco asina un convenio de colaboración para facilitar o investimento e a constitución de empresas
  • Os empresarios asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega
  • A entidade financeira comeza hoxe na localidade unha campaña que bonifica cun 5% de desconto as compras de clientes efectuadas en comercios con TPV de ABANCA

 ABANCA e a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización.

O presidente de ACOE, Alfredo González, e o director de zona de ABANCA en Deza/Tabeirós, José Antonio Seoane, rubricaron hoxe na sede da Asociación de Comerciantes de A Estrada, un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur de Galicia.

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da localidade asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.

De maneira adicional, os empresarios asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre ABANCA e a Deputación de Pontevedra.

 

Impulso ao comercio

Do mesmo xeito, o acordo asinado inclúe condicións melloradas na contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade, así como o acceso a APLAZOS, o servizo de compras de ABANCA. Os empresarios adheridos a ACOE poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

ABANCA precisamente comeza hoxe unha campaña de apoio ao comercio na Estrada e Lalín, que incentiva as compras nos negocios de proximidade, excepto supermercados e gasolineiras. Esta acción permite que os clientes cunha tarxeta de crédito de ABANCA poidan beneficiarse dun desconto automático do 5% cando merquen en establecementos que conten cun TPV de ABANCA. A iniciativa estenderase ata o 15 de xullo.

ACOE, constituída en 1998, agrupa os intereses de preto de 170 empresas que impulsan a mellora competitiva deste territorio. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas na comunidade e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Chega o Padre Merino a Ouzande

A asociación continúa co seu programa de Primavera/Maio da lingua coa organización dun espectáculo de humor a cargo do Padre Meríno co seu monólogo A.M.E.N. (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas) 

Terá lugar o próximo domingo, 20 de maio, ás 19:30 no Local Social de Ouzande. A entrada é gratuíta e está aberto a todas as persoas interesadas.

 

DESCRICIÓN DO ESPECTÁCULO

 

É unha mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo… dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1).

 

O Padre Merino, coñecido antes como “Josito”, tivo unha dura infancia e peor xuventude. Problemas na casa, na escola (nunca foi bo estudiante), adición ó alcohol, (chegou a beber “Don Simón” e “Gin Larios” a pelo), ás drogas, (psicotrópicas e das outras), ó sexo, (ás veces incluso o chegou a facer con persoas)… Ata que un día atopou a Luz cando lle cae nas máns un libro do agora admirado Juan Pablo II. Ingresou, estudiou e ordeouse sacerdote e como el dí: “soldado do señor”. Imparte a súa doutrina e sagrado maxisterio alá por onde o chamen. A súa misión, apartarvos do mal e levarvos pola boa senda.

 

O Padre Merino, achégase unha vez máis a vós para mostrarvos a Palabra da nosa Santa Madre Igrexa. Tentará guiarvos pola senda do bo camiño grazas a unhas novas cruzadas ideadas polo Papa Rating…, Zarting…, Marzing… Benedicto XVI. “A.M.E.N.”: – Accións Misioneras Evanxélicas Nocturnas. O Padre Merino especializouse no pecado debido á súa difícil infancia e xuventude. Falaravos, en parte dende a experiencia, dos pecados capitais como a luxuria, a pereza, a gula… utilizará a Palabra, as Sagradas Escrituras, xogos didácticos, maxia educativa, música, cancións en directo coa súa nova guitarra… A.M.E.N.: é un curso, taller, charla, coloquio… sobre o pecado. E como tal, está aberto á vosa participación.

 

Fran Campos é o actor que se atreveu a idear un monólogo que se sae da norma. O motivo, facer un espectáculo diferente nun campo que domina.

Como actor ten xa un amplo currículum, tanto en solitario como en compañías teatrais. Sin esquencer por suposto a súa experiencia en TV, curtametraxes, radio…

-En canto a formación traballou con mestres como: Leo Bassi, Philipe Gaulier, Claudia Contín e Ferrucio Merissi, Jonny Melville, Alex Navarro e Caroline Dream, Jesús Jara, Cía. Imprevís, Cándido Pazó, Fran Rei, Anabel Gago, Nuria Boullón, Marián Mañobre…

-E participou en varias compañías teatrais como: “Cía. A Contrabutaca” con “Robin Hood” e “Frantasmas” (en cartel). “Chumpá Teatro” de Cuntis, “Escola Teatro A Estrada”…

-Curtametraxes: “Calquera sono”, “Inevitable”, “Todos Pierden”…

-Tv: “Luar”, “O show dos Tonechos”, “El rey de la comedia” (TVE), “Libro de familia”, “Nordés”…

-Radio: “Radio Galega”, “Radio Estrada”…

 

PREMIOS E MENCIÓNS

1º Premio no VII concurso de Dramatización de Monólogos Cómicos do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo-A Coruña (2007).

1º Premio no IV Concurso de Monólogos Humorísticos do Concello de Cuntis-Pontevedra (2007).

2º Premio no VI Concurso de Monólogos Cómicos do Pub d´Antón en A Laracha-A Coruña (2007).

1º Premio no I Concurso de Monólogos Cómicos’organizado pola Asoc. Ponte da Música en Pontedeume-A Coruña (2008)

Seleccionado para participar no programa oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia-Festiclown en Santiago de Compostela (agosto2006-agosto2007).

Finalista para o Concurso de TVE1 El rey de la comedia (2007).

 

O espectáculo A.M.E.N. do Padre Merino, estivo ademáis en:

 

-Luar (TVG-2006).

-El rey de la comedia (TVE1-2007).

-Un sitio á sombra (RadioGalega-2008).

-A Galería (RadioEstrada-2008).

-Estrada Televisión'(2008).

 

E leva dúcias de funcións por toda a xeografía galega.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Relación de locais participantes e creacións na Ruta de Tapas da XLV Festa do Salmón

A Ruta-Degustación de Tapas da XLV Festa do Salmón
desenvolverase durante catro xornadas consecutivas, entre o mércores 16 e o sábado 19 de
maio, e contará coa participación de 29 establecementos. Os locais de hostalaría ofrecerán a
súa tapa, só na xornada que teñen establecida, nas habituais quendas e horarios de mañá e
tarde de tapas e viños. O prezo da tapa mantense, ao igual que o ano anterior, en 1,80 euros.
A relación dos locais participantes e as súas creacións distribuídas por xornadas é a seguinte:

Mércores 16 de maio
Cafetería Central | Tosta de langostinos con salmón afumado

Argentinos Burguer | Salmón marcado a lume

 


Café Boliche | Tartaleta de salmón

 


O Camiño | Tartar de salmón-Nigiri de salmón

 


Bodegón | Salmón confitado estilo Bodegón

 


A Pedra | Salmón A Pedra

 

Xoves 17 de maio
Val Fresco | Niño de pemento con desove de salmón

 


Mesón da Estrada | Montadiño de salmón e cabacín

 


O Paseo | Montadiño de salmón con verduriñas

 


Eureka | Pìzza de salmón

 


Alameda | Montadiño de salmón recuberto de avena con salsa de iogurt, xenxibre e mel

 


Nicol´s | A bocados

 


Robert´s Café | Delicias de salmón

 


Venres 18 de maio
A Bombilla | Tosta de augacate con salmón

 


O Candil de Silvia | Ensalada de salmón con laranxa

 


Os Peares | Arroz mar e terra

 


Enredo | Salmón estilo Enredo

 


20 Berzas | Tartar de salmón en galleta mariñeira con xeado de lima e apio

 


Velis Nolis Bistró | Ceviche de salmón

 


Navegación | Poké de salmón con alioli de allo negro (prato hawaiano)

 


Sábado 19 de maio
Oasis | Niño de pataca, salmón e ovo

 


Tapería O Lar | Panna cotta de salmón

 


Andalucía | Taquicos de salmón con sésamo

 


Samaná | Espetada de taquiños de salmón con langostinos e salsa de piña

 


O Café de Xulia | Bocado de salmón

 


Nixon | Tosta de salmón con allo negro

 


O Rollo | Ás beiras do ulla

 


Come, Bebe e Cala | Sabes que che gusta!

 


Amadeus | Salmón sobre cama de guacamole

 

Publicado en Portada | Deja un comentario