O goberno de López é un goberno covarde que non dá a cara polas críticas recibidas

A faixa colgada na fachada do concello leva unicamente o escudo da Estrada, do que se deduce que é organizador do evento “XIV Encuentro Grandes Viajeros”, e polo tanto o goberno do PP ten a obriga de utilizar o galego, consonte á ordenanza municipal aprobada por unanimidade hai poucas semanas, tamén cos votos favorábeis do grupo do PP. 

Neste sentido, reiteramos que no artigo 26 de ordenanza dise explicitamente “o Concello de A Estrada fomentará a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro do ámbito municipal”. Non hai lugar a dúbidas nin interpretación. Que o goberno do PP se parapete detrás dunha entidade para non dar a cara polas críticas recibida é de covardes e non é a primeira vez que sigue a mesma estratexia miserable.

Este comportamento por parte do goberno do PP demostra, como xa dixemos noutras ocasións, o pouco que lle importa a nosa lingua.

E no que atinxe á discriminación da muller tamén reiteramos que a crítica é ao goberno municipal, non á entidade co-organizadora. En reiteradas ocasións temos aprobado declaracións conxuntas na que o goberno municipal se comprometía a non discriminar á mulleres, e desde logo consideramos que a faixa que -insistimos- leva o escudo do concello, non ten en conta á mulleres viaxeiras, semella que só viaxan os homes. Utilizar a linguaxe inclusiva non custa nada.

O goberno do PP ten que se consecuente co que aproba, non son declaracións para a galería para quedar ben en momentos puntuais, son para poñer en práctica en todo momento.
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Porque non temos vergoña da nosa lingua: Retirada inmediata da pancarta do Concello

O problema non é que sexan de dereitas ou non, o máis grave é que nos gobernen paletos. Isto é, que pensen que a xente fai centos de quilómetros para atoparse o mesmo que ten na casa, que o da nosa Terra non vale nada e cren que ao desprezarse a si mesmos van ser máis valorados polos de fóra. E isto non é ideolóxico nin sequera político, isto non pasa en ningún sitio do mundo, estean gobernados por esquerda ou dereita, só pasa onde quen mandan son uns acomplexados servís.
A exhibición ostentosa que fan os do goberno municipal colgando da fachada do concello unha pancarta en castelán para celebrar o encontro Grandes Viaxeiros na semana das letras galegas seguramente puidera ser unha anécdota se non fose un síntoma da mentalidade diglósica de quen a coloca. Ademais da hipocrisía coa que inauguran a ordenanza de normalización lingüística do concello (BOPPO número 68) usando o espazo máis visíbel e relevante da Casa Consistorial para chulearse do seu incumprimento. Para cando unha pancarta a prol da nosa lingua, a nosa cultura – en definitiva – do noso na fachada municipal?.
Esiximos -pola dignidade da Estrada- que a retiren inmediatamente antes de facer o ridículo diante de quen nos visite. E, sobre todo, por respecto á veciñanza que non sente vergoña de ser quen é. E se eles queren ocultar o noso idioma, que non asuman a responsabilidade de gobernar para a promoción das cousas que nos son propias.

— 

Publicado en Portada | Deja un comentario

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO Ao latexo das Letras chega ao Principal Estradense

O gaiteiro e frautista poiense OSCAR IBÁÑEZ arriba na Estrada co terceiro concerto do seu ciclo “Ao latexo das Letras” homenaxe a María Victoria Moreno, que terá lugar no Teatro Principal o vindeiro mércores 16 de maio a partires das 21 h.

 

 O artista actuará acompañado da poeta tamén de Poio Tamara Andrés, da súa TRIBO de directo formada por Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra, Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusións, e dun magnífico elenco de artistas convidados integrado por un grupo de gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, dúas parellas de bailadores da A.F. Tequexetéldere, e a profesora de danza contemporánea ferrolá Eva Faraldo.

 

Así pois a música dos traballos en solitario “Alén do mar” (Ouvirmos, 2012) e “Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela” (Inquedanzas Sonoras, 2017) de Oscar Ibáñez a través da súa proposta “Ponte Atlántica”, os textos de María Victoria Moreno na voz de Tamara Andrés e a danza mestúranse neste espectáculo elaborado especialmente para sumárense á celebración das Letras Galegas 2018.

 

Este concerto está organizado dende o Concello da Estrada coa colaboración da AGADIC, xa que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre. De maneira global o ciclo “Ao latexo das Letras” conta ademáis coa colaboración da Xunta de Galicia, dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Oscar Ibáñez levou “Ao latexo das Letras” ao Auditorio da Illa de Arousa o pasado sábado 5, e á Praza do Convento de Melide, dentro da Festa do Melindre. Despois da cita do vindeiro mércores 16 na Estrada, completará o ciclo con dous concertos en Portugal. Así pois o 18/05 actuará nos xardíns da Praça do Imperio de Lisboa, no marco do Festival Internacional da Máscara Ibérica, e o 19/05 no “Expolima Pavilion” da vila lusa de Ponte de Lima, dentro da programación do Festival Inter-Atlántico de Gaita de Foles, dando peche a esta xira das Letras.

 

 

 

 

 

 

 

TRAXECTORIA MUSICAL

 

OSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son.

 

Os seus comenzos tiveron lugar en distintos grupos de música tradicional cos que percorreu toda Europa, a docencia en máis de 10 países de Europa e América a través da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que acadou máis de 40 premios tanto en dixitación aberta como pechada.

 

Despois dunha ampla formación musical académica participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan ALÉN DO MAR (VIR, 2012) e AIRES DE PONTEVEDRA. Homenaxe a Ricardo Portela – 25 Aniversario Pasamento (Inquedanzas Sonoras, 2017) e publicou os libros-cd «OS MONTES DE LUGO» (Ouvirmos, 2007), «O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA. Nos xardíns da Tropical» (Dos Acordes, 2009) e «XOÁN TILVE GAITEIRO DE CAMPAÑÓ. Gravacións Históricas de Xosé Filgueira Valverde» (aCentral Folque, 2015). Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e dende 2006 impulsou e dirixiu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria como «MUSGAFOL», «ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA GAITAS DE FOL DO NOROESTE» ou «JUELLES: ENCUENTRO DE GAITAS EUROPEAS».

 

A súa banda de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO está formada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas máis destacados damúsica folk galega como Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra , Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusión.

 

Con esta formación OSCAR IBÁÑEZ levou a súa música por toda la península, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como o Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), Festival Capodanno Céltico (Milán), Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico do Morrazo, Festival de la Luz, Festival Folk de Guísamo, Festival Folk As Pontes (Galicia), Festival Internacional Celta Reino de León (León), Festival Folk Canarias (Gran Canaria), Festival Sauga Folk (Cantabria) ou o Festival Intercéltico d’Occidente (Asturias), entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comezá o Concurso de Pesca do Salmón

Está mañá os Cotos de Pesca comezarán a recibir os primeiros amigos desta fin de semana, na que arrancou o concurso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Agasp acolle a clausura das prácticas da XXXII promoción da escala básica da Policía Nacional

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda participou xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva e o Alcalde Estradense José López Campos na clausura das prácticas da XXXII promoción da escala básica da Policía Nacional que hoxe rematan a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública.

Grazas ao convenio asinado co Ministerio do Interior, o Goberno galego colabora coa formación dos corpos e forzas de seguridade do Estado na Academia Galega. Así,o pasado mes de abril levouse a cabo o curso de especialización en Policía Xudicial para 120 axentes da Policía Nacional e ao longo deste ano, a Academia seguirá impartido máis cursos de formación aos distintos axentes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro de A Estrada enche para arroupar a Xosé Luna e Manoele de Felisa

O Teatro de A Estrada enche para arroupar a Xosé Luna e Manoele de Felisa, cheo de amigos, compañeiros, veciños e tamén autoridades como o Tenente Alcalde Juán Constenla o Director Xeral de Política Lingüistica Valentín García, acompañaron os protagonistas da noite de onte.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

V RAFTING DO SALMÒN 2018

Publicado en Portada | Deja un comentario