A partir do luns póñense á venda as entradas do concerto do día 21 de Rubén Pozo, ex compoñente de Pereza

A partir do luns, día 26, poñeranse á venda as entradas para o concerto de Rubén Pozo, excompoñente de Pereza, que será o día 21 no Teatro Principal ás 22.00 horas. Poden mercarse no departamento de Cultura, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou a través da páxina web  https://todoticket.es/ Teñen un prezo de oito euros. Rubén Pozo presentará os temas do seu último traballo.

 

Lembrar tamén que quedou CANCELADO o espectáculo de Antílopez previsto para mañá, venres 23, ás 21.00 horas no Teatro Principal. As persoas que xa mercaran as entradas deberán acercarse polos puntos de venda para devolverlles os cartos de maneira íntegra.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O centro de día da Estrada ofertará 20 prazas a xornada completa e 40 a media xornada

                                  O prezo polo servizo completo será duns 600 euros mensuais

 

 

O goberno local segue sorteando obstáculos para a posta en marcha do centro de día. Tal e como apuntou hoxe o alcalde, José López, “xa temos xustificado o cumprimento dos criterios que establece Política Social para a creación do centro de día, que basicamente o que nos quedaba era xustificar a accesibilidade do ascensor, que nos comprometemos a realizar unha pequena modificación, incluíndo un ascensor de maiores dimensións das que estaba previsto no inicio, e tamén nos validaron o tema da xustificación da accesibilidade e a de seguridade e incendios”.  Tras isto, o alcalde augura que na primeira semana de abril lles sexa concedida a autorización. A partir de aí comenzaranse a executar as obras pendentes.

O alcalde adianta que se reunirán con Agadea para decidir a maneira en que será xestionada o centro. López é consciente do gran número de familias, tal e como puido comprobar nunha reunión anterior, que  precisan con urxencia este servizo. “Os tres servizos que estamos poñendo en marcha, o Espazo Concilia A Estrada, a escola infantil e o centro de día, veñen a cubrir tres demandas fundamentais á hora de buscar a conciliación”, sinala López, que indica que as administracións teñen que apostar por servizos e infraestruturas que a permitan realmente.  “Cando falamos de conciliación non só falamos de nenos, que tamén, senón dos maiores, que son unha responsabilidade desta sociedade, polo que temos que buscar os mecanismos para que teñan a mellor calidade de vida e para que non supoñan unha carga excesiva para as propias familias permitíndolle ter un respiro e un descanso, tanto co centro de día como co de Alzhéimer que xa está en funcionamento”. Este último centro púxose en marcha fai tres anos e tal e como comenta López, a raíz disto viuse a necesidade que teñen moitas persoas de ter tamén un centro de día.

 

O alcalde sinala que é moi posible que se poñan estes tres servizos en funcionamento este mesmo ano “sendo un logro histórico para a Estrada”. O rexedor apunta que a nivel de servizos sociais “A Estrada está investindo máis de 1,2 millóns de euros ao ano en prestación de servizos ás persoas máis necesitadas, sobre todo aos maiores, aos dependentes”. Pero o alcalde é consciente de que “nos faltaban infraestruturas para prestar eses servizos e con estas tres soluciónase ese déficit”.

 

O centro de día situarase nas instalacións do Novo Mercado onde quedará practicamente ocupada a primeira planta na que se atopa tamén o viveiro de empresas e o 80% do espazo vaino ocupar o centro de Alzhéimer e o centro de día.

 

Tarifas do centro de día

 

Aínda que non hai nada cerrado, tanto o alcalde como a concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, apuntan unha media dos prezos que deberán abonar os usuarios. A xornada completa, que serán unhas oito horas coa comida incluída, custará uns 600 euros mensuais. Tamén hai posibilidade de media xornada, ou incluso, por horas. Ofertaranse 20 prazas a xornada completa e 40 a media.

 

Tamén se ofrecerán outros servizos a maiores para os usuarios, por exemplo de peluquería, de podoloxía… segundo as necesidades que vaian xurdindo, ademais das actividades diarias que seguirán unha programación.  “Gustaríanos facer algo co Espazo Concilia facendo unha actividade mixta entre os nenos e os maiores e incluso temos pensando facer charlas e cursos tamén para as familias”, apunta López.

 

O rexedor incide da importancia de contar, gracias a fondos aportados polo GDR, cunha furgoneta adaptable que xa ten dispoñible e en uso Agadea para trasladar aos usuarios do centro de Alzhéimer, e que despois tamén aportará este servizo tan importante aos usuarios do centro de día.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Viveiro da Estrada gaña dúas novas empresas en dous meses Quedan só tres espazos libres

O Viveiro de Empresas da Estrada, sito no primeiro andar do Novo Mercado, contará desde hoxe con unha nova empresa, sumando unha máis no que levamos de ano, e quedando desta forma tan só tres espazos libres. A comisión executiva e de seguimento do viveiro, constituída polo concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán, por Alba Aller e Raquel López, en representación da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e por Alfonso Uzal, en representación da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada (ACE) e da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), reuniuse esta mañá para valorar a petición dunha nova empresa para incorporarse ao viveiro. Tras a avaliación decidiron aprobar por unanimidade a súa adhesión. Trátase da empresa En 2 detalles, que está en proceso de creación.

 

Será un proxecto de alugue de material decorativo para eventos. Este negocio está enfocado tanto para traballar con particulares como con outros profesionais, ofertándolles os servizos de asesoramento, organización e montaxe para crear o ambiente desexado con materiais destinados a eventos como vodas, festas temáticas, feiras, congresos, inauguracións, recepcións, entre outros.

 

Durante o encontro, Durán e os presentes mencionaron a boa valoración que están tendo as instalacións do viveiro estradense, destacando en comparación co resto de viveiros da contorna, ademais da importancia da súa boa situación. A isto súmaselle que ten unha zona de aparcamento ao carón facilitando a actividade das empresas asentadas aquí.

 

A comisión valorou novas iniciativas, como a posibilidade de organizar charlas ou dotar de novo material ás instalacións, para seguir fomentando o viveiro e para apoiar o emprendemento entre a cidadanía poñendo a súa disposición unhas infraestruturas con moitas vantaxes e a un prezo moi accesible. As empresas pagan 50 euros mensuais, cantidade que inclúe a luz, a calefacción, teléfono, internet e servizo de reprografía.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BASES XXX Edición do Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: O PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES). Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega  que a súa obra fixo ás Letras Galegas.

                O Excmo. Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de  Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXIX PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros, que se rexerá polas seguintes:

 

 

 

BASES XXX PREMIO DE NOVELA

“MANUEL GARCÍA BARROS”

 

 

                PRIMEIRA       

                Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.

 

                SEGUNDA  

                Os orixinais serán presentados por sextuplicado en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e encadernados en espiral, acompañadas dun CD no que se incluirá a obra en formato PDF, antes do 4 de maio de 2018 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra)

 

                TERCEIRA   

                Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela.

 

                Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.

 

                CUARTA              

                O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun  único premio.

 

                QUINTA     

                O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeiros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos.

 

                SEXTA     

                A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.

 

                SÉTIMA     

                Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na  data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

 

                OITAVA

                O premio poderá ser declarado deserto.

 

                NOVENA

                O acto de entrega do devandito XXX PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), será no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.     

 

                DÉCIMA  

                O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo dun ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas as linguas do Estado, en formato físico e dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. A obra premiada será publicada por Editorial Galaxia.               

 

                UNDÉCIMA 

                Os textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, logo de presentación de solicitude de retirada asinada polo autor ou autora e identificación no momento da súa recollida, nun prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte ao da comunicación do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto.     

 

 

                DUODÉCIMA

                A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.”

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Bases para a XXII Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, comprometidos/as e sensibilizados/as co proceso de creación cultural, desexan contribuír á difusión da lírica galega e, ao tempo, servir como estímulo para que novos autores e autoras percorran o complexo e, en ocasións, pouco agradecido camiño da poesía, esa arte literaria de minorías, que historicamente adquiriu en Galicia unha importancia superior ao resto dos xéneros.

Preténdese valorar o traballo do/a poeta, do/a médium das artes, do/a alquimista que tende a ponte entre dous mundos, entre a realidade e a imaxinación, o sólido e o volátil, a terra e o espírito, conseguindo en cada traballo o antigo soño de transformar o chumbo en ouro.

Do mesmo xeito, tamén se pretende perseverar o cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade.

Por último, e non menos importante, búscase colaborar coa divulgación da obra da poeta estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico.

 

B A S E S

 

                PRIMEIRA

Poderán concorrer ao premio todas as persoas autoras, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos.

 

                SEGUNDA

Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitir, antes do 4 de maio de 2018, ao seguinte enderezo: XXII Premio de Poesía Avelina Valladares, Concello da Estrada, praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada, Pontevedra.

 

                TERCEIRA

Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, o enderezo e o teléfono do autor ou autora.

Presentarase na plica unha declaración xurada en que se indique que a persoa que concorre ao premio está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, que non está incursa na prohibición da percepción de obrigas públicas e, en xeral, que cumpre os requisitos do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

                CUARTA

A dotación económica será de 2.000 €, que se outorgarán indivisiblemente nun único premio.

 

                QUINTA

O xurado estará composto por cinco membros escolleitos/as entre recoñecidas figuras do mundo da cultura. Cada un dos grupos políticos representados na corporación propoñerá un membro. Contará tamén cun/cunha secretario/a, con voz e voto, en representación do Concello da Estrada. O premio entregarase por maioría de votos.

 

                SEXTA

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

 

                SÉTIMA

Unha vez emitida a resolución do xurado, abrirase a plica gañadora no curso dun acto público que se desenvolverá na data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

 

                OITAVA

O Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados en formato físico e dixital, nunha antoloxía creada con tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando as persoas autoras con exemplares do volume que, no seu día, se puider editar. De a persoa autora publicar a obra, deberase facer referencia ao premio obtido neste certame.

 

                NOVENA

Os textos non premiados poderanse retirar no Departamento de Cultura do Concello da Estrada nun prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da comunicación do xurado. Para a retirada dos textos cumprirá que o autor ou autora presente unha solicitude de retirada asinada e que se identifique no momento da recollida. Aqueles textos que non se retiren no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto. O Concello da Estrada non manterá correspondencia cos autores e autoras dos traballos presentados, nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal.

 

                DÉCIMA

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como das decisións do xurado designado, que serán inapelables.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Alumnos do CEIP O Foxo visitan esta mañá a cociña profesional do Invictus

 

Os alumnos do colexío CEIP de O Foxo visitarón esta mañá a cociña do conociodo local estradense Invictus, situado na Avenida de Santiago, para ver o funcionamento dunha cociña.

Os alumnos elaborarón un menú que de seguido poideron degustar en grupo, hamburguesas, pizzas e tamen ensaladas varias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG de A Estrada denuncia o estado no que se atopa a entrada do espazo concilia do noso concello

Hai un mes o BNG de A Estrada https://bngdaestrada.wordpress.com/…/o-acceso-ao-espazo-do…/ denunciou o estado no que se atopaba a entrada do espazo concilia do concello. DABA NOXO! Hoxe seguía igual (peor) e limpámolo. Fixémolo non só para que os nenos e nenas pasen por un espazo limpo e pulcro, senón para DENUNCIAR O ABSOLUTO PASOTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL. Non é só o espazo concilia, é o matadoiro, os contedores do lixo rotos que non se repoñen, os asfaltados das pistas do rural e da vila, etc, etc.

Publicado en Portada | Deja un comentario