Os usuarios da aplicación móbil do Concello da Estrada teñen agora a opción de aportar contido para publicar

O Concello da Estrada ofrece, desde 2015, toda a información cultural, social e deportiva de maneira actualizada e moi sinxela. Todo a través dunha aplicación para móbil que calquera cidadán pode descargar de maneira gratuíta. É unha canle que, igual que a conta de Whatsapp e de Telegram, está tendo unha gran acollida. Por esta razón, o departamento de Cultura, liderado por Juan Constenla, traballa por mellorar este servizo. Perseguindo este obxectivo acaban de realizarse algunhas modificacións.

 

A novidade máis relevante é que o usuario poderá contribuír á “encher” a axenda da app. Así na portada (na páxina de inicio) substituíuse  a pestana Teatro pola opción Engadir evento. Neste apartado o usuario terá dúas opcións: Festas e Outros eventos. E en ambos aparecerá un formulario para que completen: o nome do evento ou da festa, o lugar, o día e hora, o contido do evento ou o programa e incluso, poderán subir unha foto do cartel do que se quere anunciar. Neste caso, será o administrador da aplicación, o persoal do propio departamento de Cultura, tras recibir un aviso, quen deba confirmar dita publicación para supervisala e subila  á app, se así o consideran. Sempre pretendendo que sexa un contido que se adapte á finalidade deste servizo.

 

Outro dos cambios é que na pestana Compartir, que aparece ao despregar os eventos, agora poderase compartir o enlace a través de varias plataformas e redes sociais, xa que ata o de agora só se podía facer con Whatsapp.

 

Tamén se solucionaron erros que xurdían no apartado Cine. En iOS a carteleira, os horarios e os tráilers non aparecían correctamente, pois agora poderase ver perfectamente a través deste sistema ao igual que en Android. Ademais, nesta pestana, poderase compartir os enlaces a través de diversas plataformas, cando antes non había esta opción.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Comezou na mañá de onte o vaciado previo o derribo das casas expropiadas para a ampliación da alameda

Na mañá de onte os operarios da empresa Fimasi comezarón o vaciado e desmontaxe de elementos das edificacións, que foron expropiadas para de seguido comezar ca ampliación da alameda Estradense.

Explica o Alcalde José López que a empresa Fimasi- Desbroces Beluso retira estos materíais co fin de poder darlle o tratamento correspondente de reciclaxe.

Cree que esta mañá concluirán os traballos de vaciado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada ten aberto o prazo, ata o 13 de abril, para anotarse no programa Depotermal 2018

O Concello da Estrada ten aberto xa o prazo de inscrición para participar no programa de termalismo social da Deputación de Pontevedra, Deportermal 2018. O programa consiste na estancia de cinco días consecutivos, de luns a venres, usando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características semellantes da provincia de Pontevedra. A solicitude deberá facerse, ata o 13 de abril, no departamento de Servizos Sociais, sito na planta baixa do consistorio.

 

O plan Termal da Deputación pon en marcha dous programas termais: Por unha banda, un de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos e outro con pernocta, de domingo a venres, en réxime de pensión completa.

 

 Poden participar nesta iniciativa as persoas nacidas antes do 1 de xaneiro de 1968 ou todos aqueles que sexan pensionistas da Seguridade Social; as persoas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, aínda que non cumpran o requisito da idade, e as persoas coidadoras que precisen un respiro familiar. É un requisito indispensable estar empadroado no concello da Estrada, así como non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

 

O prazo de presentación das solicitudes, que xa está aberto, cerrarase o 13 de abril e deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello achegando o modelo de solicitude e a seguinte documentación: fotocopia do DNI do solicitante e do acompañante, no caso de ser estranxeiro copia do permiso de residencia; certificado de pensións, no suposto de ser pensionista; valoración social, se corresponde para prazas de reserva a través de Servizos Sociais e certificado ou tarxeta acreditativa do recoñecemento de discapacidade, se corresponde.

 

Os establecementos termais que se ofertan son:

 

No caso da asistencia diaria: o Spa Carlos I Silgar, de Sanxenxo, o Spa Vía Argentum de Silleda, o Balneario Baños da Brea de Vila de Cruces,  o Spa Nuevo Astur Vilalonga, en Sanxenxo, o balneario de Mondariz, o Talaso Atlántico de Oia, o Balneario Termas de Cuntis e o Balneario Eurostars Isla de La Toja.

Mentres, para desfrutar no programa en réxime de pernocta figuran o Spa Nuevo Astur Vilalonga,en Sanxenxo, o  Balneario Baños da Brea de Vila de Cruces, Hotel Galatea de Sanxenxo,  o Balneario Termas de Cuntis. Hotel Castro do Balneario e Hote La Virgen; Hotel Louxo La Toja,  o Spa Vía Argentum de Silleda, o Spa Carlos I Silgar, de Sanxenxo  e o Gran Hotel Talaso Sanxenxo.

 

Os interesados poderán obter máis información en Servizos Sociais do Concello ou a través do teléfono 986 573 265.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada adxudica á Covsa as obras de pavimentación en Orazo, Baloira, Frades e Couso por 99.000 euros

A xunta de goberno da Estrada adxudicou, este mediodía, o contrato de obra ‘Pavimentación en Orazo, Baloira, Frades e Couso’ á firma Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa)  por un importe de 99.360 euros euros, que partía cun orzamento base de licitación de 150.000 euros.  Presentáranse ao proceso nove empresas.

 

Esta actuación mellorará o firme de viais en Orazo (Po 505- N 640), Baloira (A Igrexa), Frades (Subión- Frades) e  Couso (Sequeiró).  A execución consistirá na limpeza de foxos, varrido superficial de firmes existentes e instalación de novas capas de rodadura. Ademais, realizarase un bacheo previo en todas aquelas vías que o precisen.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Domingo de Ramos A Estrada, Bendición

 

                                                 DOMINGO DE RAMOS A ESTRADA 2018

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Encontro de maiores Concello A Estrada

O vindeiro 7 de Abril no Coto Ferreiro realizase o Xantar de Confraternidade para maiores.

A retirada de entradas pode facerse no departamento de Servicios Sociais en horario de 9 a 14 horas, ata o vindeiro día 3 de Abril.

O prezo por persoa e de 7 Euroa, haberá servicio de bus.

Amenizará a berbena o grupo Lume na Lareira e o Dúo Punto Zero.

Publicado en Portada | Deja un comentario

SANTAS TAPAS 2018

 

                                                         SANTAS TAPAS 2018 HOSTELERÍA

 

 

  1. CAFÉ BOLICHE– TIXOLA ESPAÑOLA- INGREDIENTES: PATATA PALLA, OVOS ROTOS, TIRAS DE XAMÓN SERRANO, SAL E PEREXIL.
  2. COME,BEBE,CALA– GALIZUELA- INGREDIENTES: SIRENA DE MAR, PLÁTANO MADURO, QUESO DE CABRA, SÉMOLA, MIEL, ACEITE DE SÉMOLA, HARINA DE MAÍZ, PLÁTANO VERDE, AGUACATE, POLLO, MAHONESA, VIEIRA DEL PACÍFICO,CEBOLLA,AJO NEGRO, MANGO, SAL Y PIMIENTA.
  3. AMADEUS– SINFONÍA DE CARNE CON PURÉ DE BONIATO ESTILO AMADEUS- INGREDIENTES: TOSTA DE PAN DE TRIGO, PALETA DE CERDO, PURÉ DE BONIATO, PEREJIL E CEBOLA CARAMELIZADA.
  4. BAR SCALA– PANGO- INGREDIENTES: POLLO, MANGO, ACEITE DE OLIVA, SAL, AJO, MIEL, VINO DULCE. (APTA PARA CELÍACOS)
  5. CAFETERÍA O PASEO– PASTEL DE PRIMAVERA- INGREDIENTES: TAPA: JAMÓN COCIDO, QUESO, ZANAHORIA, CALABACÍN, VIRUTAS DE JAMÓN SERRANO, NATA. SALSA: JENJIBRE, MIEL, NARANJA. (APTO PARA CELÍACOS)
  6. O CANDIL DE SILVIA– TORTITA DE PEKIN CON PORCO CELTA- INGREDIENTES: TORTA DE PEKIN, CARNE DE PORCO CELTA, PIMENTO ROXO, PIMENTO AMARELO, CEBOLA ROXA, ZUMO DE LIMÓN, LIMA, AZÚCAR, VINAGRE, ACHIOTE E CILANTRO.
  7. EUREKA – EUREKA- INGREDIENTES: SOLOMO DE PORCO, CEBOLA, AZÚCAR, VIÑO MENCIA, NATA LÍQUIDA, CONAC, GALLETA CRACKERS, ACEITE E SAL.
  8. SAMANÁ RESTAURANTE– PAN GUA BAO DE PANCETA A LA PARRILLA CON SALSA DE YOGURT E SOJA- INGREDIENTES: PAN BAO, PANCETA, LECHUGA ICEBERG, CEBOLLA ENCURTIDA, SALSA DE YOGURT, SOJA, BONIATO, HIERBAS AROMÁTICAS.
  9. RESTAURANTE ANDALUCIA– EN DOUS BOCADOS- INGREDIENTES: PAN BAO, PANCETA DE CASTAÑAS, SALSA BARBACOA, FRESAS, LECHUGA E MERMELADA DE FRESA.
  10. MESON DA ESTRADA.- TIGRESÓN-INGREDIENTES: PAN DE SEMILLAS, CARRILLEIRA, VIÑO MENCIA, SAL E TOQUE PICANTE.( DISPOÑIBLE VERSIÓN APTA PARA CELÍACOS)
  11. ENREDO BAR– MAR E TIERRA- INGREDIENTES: COSTILLA DE PORCO, SALSA ( COCA-COLA, KETCHUP) PURE DE MANZANA, AZÚCAR, ALBÓNDIGAS DE CHIPIRONES, HARINA DE TRIGO ESPECIAL ALBÓNDIGAS, CEBOLLA,AJO, PEREJIL, LECHE DESNATADA Y ALMENDRAS.
  12. PIZZERIA GALEGA-FLOR DE GULA- INGREDIENTES: GULAS, AJO, ACEITE DE OLIVA, QUESO, LECHUGA, PIMENTÓN PICANTE, ALI-OLI, SALSA BARBACOA.
  13. O CAFÉ DE XULIA– MILHOJAS DE MANZANA Y RABO DE TERNERA- INGREDIENTES: MANZANA, RABO DE TERNERA, MENCÍA, CEBOLLA, PIMIENTOS, ZANAHORIA E MAICENA.(APTA PARA CELÍACOS)
  14. BAR OASIS– TORRIJA CON CÍTRICOS Y SECRETO IBÉRICO- INGREDIENTES: REBANADAS DE PAN DE TRIGO, CHORIZO IBÉRICO, LIMÓN, NARANJA, VINO TINTO, SECRETO, ACEITE DE OLIVA, SAL E HIERBAS FRESIAS.
  15. O LAR TAPERÍA– SOLOMILLO DE CERDO CON PERA E PEDRO XIMENEZ- INGREDIENTES: ACEITE DE OLIVA, CEBOLLA, PERA, SOLOMILLO DE CERDO, AZÚCAR, PEDRO XIMENEZ E SAL.(APTA PARA CELÍACOS)
  16. TABERNA NAVEGACIÓN– VERDURIÑAS E BACALLAO CO SEU PIL-PIL DE AZAFRÁN- INGREDIENTES: BACALLAO,CENOIRA,CABACIÑO, PEMENTO ROXO, ALLO, GUINDILLA, ACEITE, AZAFRÁN, PATATA, NATA,PEMENTA NEGRA, SAL.(APTO PARA CELÍACOS)
  17. 20BERZAS– TOSTA DE CECINA CON QUEIXO DO PAÍS CON CREMA DE PIMIENTO ASADO, NUECES Y PISTACHO- INGREDIENTES PAN DE TRIGO, ACEITE, CECINA, QUEIXO DO PAÍS, RÚCULA, PIMIENTO ASADO, PISTACHOS E NOCES.
  18. NICOL´S CAFÉ– MEJILLONES RELLENOS-INGREDIENTES: MEJILLONES, PAN RALLADO, PIMIENTO ROJO/VERDE, CEBOLLA, SALSA DE TOMATE, BECHAMEL(NATA)
  19. ROBERT´S CAFÉ– ESPIRAL DE LANGOSTINO CON QUEIXO GALEGO E KIMCHI- INGREDIENTES: LANGOSTINO, PASTA BRISA, QUESO GALLEGO E SALSA PICANTE KIMCHI.
  20. CAFETERÍA ÁLAMEDA– COSTILLAR DE PORCO GALEGO LACADO CON SALSA DE CAFÉ COIRO CROCANTE E CREMA DE CASTAÑAS.- INGREDIENTES:
  21. VELIS NOLIS BISTRÓ-SALMÓN MARINADO CON ENELDO Y ALGAS CRUJIENTES- INGREDIENTES:TOSTA DE PAN DE TRIGO,SALMÓN,SAL,LIMÓN, ACEITE DE OLIVA, SOJA, ENELDO, ALGAS
  22. ACAPULCO– MINIHAMBURGUESAS GOURMET-INGREDIENTES: MINI BURGUER 1- CARNE DE CERDO CELTA,QUESO DE CABRA, E CEBOLA CARAMELIZADA. MINI BURGUER 2- CARNE MIXTA, QUESO SEMICURADO, ESCAROLA E TOMATE CHERRY. ACOMPAÑADAS DE PATACAS FRITAS.
Publicado en Portada | Deja un comentario