Cancelado o espectáculo de Antílopez do venres no Principal

A empresa organizadora do ciclo de monólogos A Estrada Comedy suspende de maneira unilateral a actuación de Antílopez prevista para este venres, ao non acadar o mínimo de público previsto. Todas aquelas persoas que xa mercaron as entradas devolveráselle o seu importe de maneira íntegra.

 

Por outra banda, o departamento de Cultura do Concello informa que á volta de Semana Santa xa se poñerán á venda as entradas para o humorista Luís Piedrahita que terá lugar o 09 de novembro, ás 21.00 horas, no Teatro Principal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Mario Franco presenta na Estrada a seu libro “A Volta e outros relatos”

O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acolle este venres 23 de marzo, ás 20.00 h, a presentación de “A Volta e outros relatos”, da autoría de Mario Franco e publicada por Edicións Fervenza.

 

No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; do profesor e escritor, Carlos Loureiro; do profesor e escritor, Xosé Luna; e do alcalde da Estrada, José López.

 

A obra

 

A Volta e Outros Relatos é quizais a obra máis xenuinamente galega do autor. Nela reflicte a nosa terra e as súas xentes dende o principio ata o final. Todas as narracións desenrólanse a principios de século vinte e abarcan diversos escenarios e protagonistas. Dende “A Volta” ata “Homes de Mar”, os protagonistas son xente do campo, xente das vilas, xentes do mar, cregos, avogados, médicos, etc. É un mosaico de  xentes e escenarios que se mostran ao través de múltiples tramas e situacións, que fan vivir aos personaxes, e transmiten ao lector emocións, recordos e cousas que, aínda que moitos non as vivisen, terán coñecido polos seus antepasados que si as viviron, ou souberon de primeira man, como eran aqueles tempos.

 

Colaboracións

 

Esta publicación, editada por Edicións Fervenza, contou coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada.

 

O autor

 

Mario Franco Rodríguez naceu en Santiago de Compostela, en 1934, e dende hai anos reside na parroquia de Rubín, no Concello da Estrada.

 

Comezou a escribir no ano 2004, xa xubilado, e publicou a súa primeira novela Terranova–Memorias dun mariñeiro, baseada nas súas experiencias como tripulante dun buque bacallaeiro. No ano 2007 presentou ao VI Certame Avilés de Taramancos de Relatos de Aventura A Derradeira campaña do Capitán Samuel, tamén baseada no mesmo tema mariñeiro e conseguiu o premio por maioría. E no ano seguinte 2008 volveu presentar ao mesmo certame na súa VII edición, A Capela Maldita baseada nun tema completamente distinto, e volveu obter o premio por unanimidade. Foi o único escritor que acadou dito galardón dous anos consecutivos. Todas foran publicadas en galego, idioma que emprega en todos os seus escritos.

 

No ano 2013 publicou A Liberdade Perigosa baseada nas súas experiencias como emigrante en Venezuela na década dos anos sesenta. Esta obra foi publicada en galego e castelán, traducida polo mesmo autor.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Manolo Vila verde participa na semana da artesanía

O artesán estradense Manolo Vilaverde e comentounos que vai 
 
participar na semana da artesanía, que se celebrará do 6 ao 8 de abril. Así durante 
 
eses días haberá xornadas de portas abertas nos obradoiros. 
 
Vilaverde apunta que no seu obradoiro, sito en Arca, poderase visitar esos días en 
 
horario de 11.30 a 14.00 a 15.00 a 17.00 horas. 
 
Podedes obter máis información desta semana en www.diasdelaartesania.es 
Publicado en Portada | Deja un comentario

BANDO

 

D.JOSÉ LÓPEZ CAMPOS, ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DA ESTRADA FAI SABER : 

Que a UNIDADE MÓBIL 9 DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES, desprazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicación.

LUGAR MES DÍA VINSEIRO ABRIL 20 ABRIL O horario de atención das inspección será de 9:00 h a 13:30 h e 15:15 a 18:00 h, agás o día 17 de abril, que será horario de mañá de 9:00 h a 13:30 h.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA: Por teléfono: 902 30 90 00 Páxina web: www.sycitv.com A Estrada, 19 marzo de 2018 Documento asinado electronicamente

 

ALCALDIA DO CONCELLO DA ESTRADA

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada asina dous convenios por 5.000 euros con Codeseda Viva e Mar de Compostela para dar a coñecer o turismo do municipio

A concellería de Turismo do Concello da Estrada, dirixida por Óscar Rancaño, traballa asiduamente no fomento dos atractivos turísticos do municipio. Con este fin, hoxe aprobouse en xunta de goberno, a sinatura de dous convenios, por un total de 5.000 euros, con dous colectivos para dinamizar e promocionar os recursos turísticos.

 

Por unha banda, o goberno decidiu aprobar a sinatura do convenio de colaboración para o ano 2018 coa Asociación Codeseda Viva concedéndolle unha subvención nominativa de 2.000 euros. Este colectivo está moi comprometido coa difusión turística da Estrada, mostra diso é o óptimo posicionamento do dominio codeseda.com en Google para a busca Turismo Rural de Galicia. Así mesmo, destaca a visibilidade nas distintas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) de Codeseda Viva que superan a proxectos de concellos de primeiro nivel no eido turístico. Ademais do pulo que aporta este colectivo ao turismo estradense en xeral, ten un papel primordial na posta en marcha e mantemento da ruta de senderismo Ruta Codeseda-Rapa das Bestas de próxima homologación.

 

Por outro lado, na xunta de hoxe asinouse un convenio, a través dunha subvención nominativa de 3.000 euros, coa Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela tamén polo seu papel tan importante na difusión do patrimonio turístico do Concello da Estrada, así como na organización de eventos de carácter turístico deste concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rally Cocido pasada AEstrada -Silleda 2018

 

Iván Ares arranca la temporada con un triunfo en Lalín.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘A Estrada da Vida’ con Xosé Luna é Manuele de Felisa

Estamos preparando un proxecto, que é un libro-disco que se titula ‘A Estrada da Vida’. Fórmano 13-14 poemas da autoría do escritor e mestre estradense Xosé Luna. Musicados polo cuntiense Manuele de Felisa. Vai ser un disco Pop con aires dos 80, porque foi o que marcou a min e á miña xeración. Recolle todo o universo poético e vital da miña persoa.

El fixo unha escolma de toda a miña obra e seleccionou trece ou catorce poemas, como: ‘Memorias do Cairo’, ‘Sol Rebulideiro’, ‘Estrada Pop’ e ‘Da literatura e doutras cousiñas’, entre outras publicacións. Hai poemas como é o de A Estrada da Vida que está dedicado ó cuntiense Olimpio Arca Caldas, porque era o poema que máis lle gustaba a el. É un poema que compuxen hai 23 ou 24 anos.

No libro-disco participan outros moitos artistas que quixeron colaborar, como María do Ceo, Xiana Lastra ou Cibrán Seixo, por citar só algúns.

 

Estamos moi contentos, moi satisfeitos. A promoción farase na segunda quincena de abril e o primeiro concerto-presentación será no Teatro Principal de A Estrada o 11 de maio ás 21.00 horas. O libro vai prologado polo escritor Xosé Manuel Lobato e ilustrado por Amalia López Brea (Luchi).

Publicado en Portada | Deja un comentario