O tolleito de Inishmaan represéntase o venres no Principal

O tolleito de Inishmaan da compañía de teatro Contraproducións é unha traxicomedia de Martin McDonagh que chega o venres, día 16, ao Teatro Principal da Estrada baixo a adaptación e dirección de Cándido Pazó. Unha peza que foi galardoada con cinco Premios María Casares no ano 2017 e que pasa por ser un dos espectáculos máis aclamados por público e crítica ao longo do pasado ano en Galicia.

 

É unha obra de gran formato interpretada por oito actores de renome e que conta cunha potente escenografía na que se mistura o humor coa tenrura. O espectáculo está ambientado nunha pequena illa irlandesa, que podería ser calquera aldea galega, e a historia transcorre nos anos 30.

 

Está protagonizada por Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Loja, Luís Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans. Estes actores dan vida a personaxes curiosas, características… Tal e como se describe na páxina web da compañía de teatro, son seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosas, que nun mundo físico e humanamente illado, viven as súas vidas como poden e como saben. Entre estas persoas aparece un tolleito, un ser desfavorecido que ten un afán que para el parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar. É un tolleito que persegue un soño que semella imposible de acadar: o de ser amado e valorado como calqueroutra persoa.

 

As entradas, cun prezo de cinco euros, poden adquirirse no departamento de Cultura do Concello, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou ese mesmo día, a partir das 20.15 h, no despacho de billetes do teatro. O espectáculo dará comezo ás 21.00 horas.  

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta explica na Estrada o seu labor para modernizar e incrementar o comercio de proximidade en Galicia

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, o Alcalde de A Estrada José López o  asistirón hoxe á inauguración da tripl0 cita que terá lugar desde hoxe e ata o domingo no recinto feiral da Estrada: a 55ª Feira de Antigüidades e Artesanía, a 8º de Oportunidades do Comercio e o 3º Salón do Vehículo de Ocasión. Puxo en valor no acto a implicación dos comerciantes para dinamizar e impulsar o comercio de proximidade a través desta iniciativa, organizada pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e apoiada pola Xunta, que permite visibilizar o labor diario do sector.

Vázquez Abeal explicou que a Xunta traballa tamén para modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego a través do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Dentro desta estratexia, destacou o respaldo ao asociacionismo comercial, subliñando que a Consellería de Economía e Emprego apoiou o pasado ano ao Centro Comercial Aberto da Estrada con máis de 40.000 euros.

As axudas que a Xunta concede neste eido permiten, entre outros, realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, tamén melloras en instalacións e equipamentos. Pola súa banda, os apoios á incentivación do consumo, a través do tícket de dinamización, están dirixidos a impulsar o consumo levado a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas.

O recinto feiral da Estrada estará aberto, ademais desta tarde, o sábado e o domingo en horario continuo de 10.00 a 21.00 horas. O Salón do Vehículo de Ocasión contará con 11 firmas e 300 vehículos, incluíndo este ano a empresas de fóra do municipio. O outlet do comercio contará con 30 tendas de diversos sectores. Pola súa parte, a Feira de Antigüidades e Artesanía inclúe 30 expositores. A entrada terá un prezo dun euro, sendo o acceso válido para todos os día que dura a feira.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada concede o seu premio Honorífico ao Labor da Muller 2018 ás irmáns Torres

A entrega da distinción, unha estatuilla de pedra obra do artista local Vilaverde e que representa unha man dunha fémina da que brota unha semilla, foi entregada na noite de onte ás 21.00 horas no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME).  A candidatura foi presentada pola Asociación de Veciños Cultural e Deportiva A Sobreira de Callobre.

 

A traxectoria das irmáns Torres ( Teresa, Carme, Saladina ‘Sali’, Monserrat e Raquel Torres Nogueira de Areas Estrada S.L. ) tanto a persoal como a profesional é moi coñecida e recoñecida na sociedade estradense. Dende moi pequenas fixéronse cargo da empresa familiar de escavacións e subministro de áridos e materiais de construción fundada polos seus pais Remigio Torres e Carme Nogueira. Ademais, son mulleres que aportan asiduamente o seu gran de area, e nunca mellor dito, na actividade social e cultural do municipio e ademais, están moi comprometidas coas causas sociais.

 

O xurado decantouse por nomealas merecedoras deste galardón porque a súa labor ten unha relevancia fundamental na consecución do empoderamento da muller estradense en particular, e na galega en xeral, porque este recoñecemento pode supoñer un pulo na toma de conciencia de que o ser muller non impide chegar a ser propietaria e xestionar unha empresa con tanto éxito. Ademais, a súa labor promove desta forma a igualdade, onde ningún sector, e máis o profesional, debe definirse por ser propio dun xénero ou doutro, xa que o sector no que traballan, o da construción, tradicionalmente sempre estivo reservado ao xénero masculino.

 

Este premio organizado polo CIM pretende recoñecer a labor e a traxectoria daquelas mulleres, que de xeito individual ou colectivo ou ben a través de entidades públicas ou privadas, contribuíran ao longo dos anos ao empoderamento da muller, e polo tanto, a conseguir unha sociedade máis igualitaria para o exercicio dos dereitos en igualdade de condicións. Ao mesmo tempo esta distinción servirá de impulso para o recoñecemento da actividade emprendedora levada a cabo por mulleres na Estrada e visibilizar a importancia do papel desenvolvido polas mesmas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Clara Iglesias presenta na Estrada o libro “Os nomes da Estrada”

A Sala de Exposicións de Abanca, na Estrada, acolle este venres 9 de marzo, ás 20.00 h, a presentación do libro “Os nomes da Estrada. Orixe dos topónimos das parroquias e lugares do Concello da Estrada” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Clara Iglesias.

 

No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, a autora Clara Iglesias (presidenta da AC Vagalumes) estará acompañada polos escritores David Otero, Carlos Solla e Manuel Cabada Castro.

 

A obra

 

Este libro configúrase como un proxecto da Asociación Cultural “Vagalumes” para tratar de ofrecer un estudo etimolóxico de todos os topónimos maiores do concello da Estrada; é dicir, os nomes das parroquias e dos lugares que as conforman. En total, case 400 nomes que foron obxecto de análise.

 

O interese polo significado do nome dos lugares vén de moi antigo; desde sempre as persoas sentiron interese e curiosidade por saberen por que o lugar onde vivían recibía un determinado nome. Na súa orixe todos os topónimos tiñan un significado axeitado á realidade que denominaban e formaban parte do vocabulario habitual do momento en que naceron; mais, co tempo, moitos deles, a causa da evolución do sistema lingüístico, convertéronse en verdadeiros enigmas porque a súa significación deixou de ser evidente. En Os nomes da Estrada, Clara Iglesias trata de dar resposta a esta curiosidade, explicando o significado e a orixe de cada topónimo.

 

A toponimia é un verdadeiro tesouro do patrimonio inmaterial dun pobo, xa que é testemuña das circunstancias históricas e garda a memoria dos momentos máis antigos da lingua. Ademais, funciona como un importante referente colectivo e un forte sinal de identidade. Os topónimos son verdadeiros monumentos históricos que se manteñen en pé a través dos séculos. Por iso, o coñecemento da orixe da nosa toponimia serve para facérmonos máis conscientes de quen somos, para identificármonos como sociedade e como país.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada conmemorou hoxe o Día da Muller Traballadora coa lectura dun manifesto aprobado por todas as forzas políticas locais

 

O Concello da Estrada súmouse está mañá á conmemoración do Día da Muller Traballadora. Ás 12.00 horas, diante do Casa Consistorial, procedeuse á lectura dun manifesto aprobado por unanimidade por todas as forzas políticas locais.  Pedindo o máximo apoio de todos para intentar lograr a igualdade entre homes e mulleres”, sinala a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación 55º Feria de Antigüedades, Artesania y Oportunidades

En el Recinto Ferial de A Estrada, tendrá lugar los dias 9(por la tarde),10 y 11 de Marzo la 55º Feria de Antigüedades y Artesania, mas de 30 expositores estarán presentes con mobiliario,almoneda,vintage,coleccionismo,decoración….etc.
La Feria de Antigüedades y Artesanía, es un clásico del recinto ferial estradense. Con sus cincuenta y cinco ediciones a cuestas, es un evento plenamente consolidado y avalado por el público que respalda la muestra edición tras edición.
Por nuestra ubicación y tradición, el mundo del coleccionismo y las antigüedades en general, tienen una destacada presencia y arraigo en la comarca y dentro de nuestro entorno de actuación.
La muestra, cuenta con un público fiel que nos visita porque es conocedor de la profesionalidad y buen hacer de las firmas presentes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Fartas dos incumprimentos do PP en materia de igualdade

     As mulleres esiximos ao concello da Estrada cambios reais, non apoios low-cost

 

O pleno do concello da Estrada aprobou cos votos de PP, PSOE e Móvete unha moción conxunta en apoio á folga feminista prevista para este xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Hoxe mércores a concelleira de servizos sociais, Amalia Goldar, en declaracións a Radio Estrada despachaba ese apoio á folga de mulleres cun paro de só 15 minutos, cando as centrais sindicais convocantes, entre elas a CIG, teñen previsto varios paros en quendas de 2 horas. Este é o exemplo que dá o grupo de goberno en materia de igualdade e a defensa dos dereitos da muller: mocións que son brindes ao sol e folgas low-cost.

A declaracións da concelleira de servizos sociais deixa claro que o PP da Estrada prefires as poses, no canto de facer un verdadeiro apoio a esta folga de mulleres, que non só atinxe ao ámbito laboral, senón ao de consumo e de coidado. As mulleres queremos demostrar que con se as mulleres paran, tamén para o mundo, e esiximos cambios reais para eliminar a fenda salarial das galegas que no último ano foi do 22,3%, para rachar os teitos de cristais que temos as mulleres en determinados ámbitos, e por suposto, acabar dunha vez coa violencia machista.

Fronte aos cambios reais que esiximos as mulleres non pode haber apoios low-cost por parte dun concello que subscribiu, sobre o papel, a folga de mulleres, a realidade, é que apoia, pero só durante 15 minutos.

Neste sentido, a pesar de non formar parte deste acordo entre PP, PSOE e Móvete, o BNG non subscribirá no sucesivo moción conxunta algunha que atinxa á igualdade. Non queremos máis brindes ao sol. Estamos fartas dos incumprimentos do PP en materia de igualdade.

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario