O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio organiza a II EDICIÓN DO CURSO DE ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR.

A formación dirixida á persoas en situación de desemprego e empadroadas na Estrada forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello da Estrada para o ano 2018 e a súa realización supedítase a que foi unha das accións formativas máis demandadas polas persoas que achegaron suxerencias de formación ao abeiro da convocatoria que o departamento de emprego fixo público nas pasadas semanas. A formación é un dos piares básicos das políticas activas de emprego impulsadas desde a nosa administración. conscientes da impronta necesidade dunha maior cualificación profesional que require o actual mercado de traballo. Como novidade esta formación inclúe ademáis da capacitación para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, a obtención do certificado de manipulador de alimentos. A empresa adxudicataria da formación será a consultora Sinerxia, a cal aportou a oferta máis vantaxosa. A formación terá un carácter presencial e unha duración total de 16 horas, a desenvolver en catro sesión previsiblemenenta na primeira quincena do mes de abril. O concello da Estrada subvencinará o curso , sendo o prezo por alumno de 67€ dos cales o concello asumirá máis do 50%, quedando o custe total por persoa en 30 €. A adxudicación das prazas realizarase por rigurosa orde de inscrición tendo prioridade as persoas que xa se anotaran na edición anterior e que quedaron na listaxe de reserva. As persoas interesadas en inscribirse deben enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico aedlestrada@gmail.com facendo constar os seus datos persoais, documento nacional de identidade e un teléfono de contacto. * Nota importante: Só se terán en conta as solicitudes que se acheguen a este enderezo electrónico. Para recibir máis información poden poñerse en contacto co departamento de emprego da Fundación Cultural no teléfono 986 570 997.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As persoas que recolleron en Servizos Sociais os anexos para solicitar praza na Galiña Azul deberán coller de novo os formularios xa que os que se entregaron son erróneos

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada prégalle ás persoas que durante estes dous días recolleron os anexos para solicitar praza na escola infantil A Galiña Azul neste departamento que pase  a recoller uns formularios novos, xa que os que se entregaron ata ese momento son erróneos. Así no formulario correcto no Anexo I na parte superior no apartado de procedemento debe figurar Novo ingreso en Escola Infantil 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o código de procedemento é BS404A.

 

Pódese obter máis información, e tamén descargar os formularios para realizar as solicitudes, no Diario Oficial de Galicia (DOGA), do pasado venres, día 9 de marzo.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Santiago Gómez, Rubén Calviño, Bernardo Rey e Javier Comesaña Davila ofrecen o sábado un concerto de solistas no Principal

A Banda de Música Municipal da Estrada ofrece o sábado o seu I Concerto de Solistas. A cita será ás 20.30 horas no Teatro Principal. Baixo a dirección de Javier Comesaña actuarán catro solistas, pertencentes todos á agrupación estradense. O concerto será de balde e as invitacións xa se poden recoller no Conservatorio, tanto pola mañá como pola tarde, así como no departamento de Cultura, sito no segundo andar do Concello, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

“Será un concerto de solistas da banda acompañados pola propia banda e terá unha duración dunha hora”, comenta o director Javier Comesaña. Os solistas que darán a coñecer o seu talento serán: Santiago Gómez Fuentes (trompeta), Rubén Calviño Maceiras (tuba), Bernardo Rey García (bombardino) e Javier Comesaña Davila (saxofón barítono). Todos son músicos profesionais, tal e como apunta o director da banda, que remarca que “este primeiro concerto de solistas serve para dar a coñecer e potenciar o material que temos aquí na banda e é importante destacar que serán todas obras de estrea”.

 

Este concerto completa a programación cultural Primavera no Principal que está fin de semana comeza xa o venres coa representación da traxicomedia O tolleito de Inishmaan da compañía de teatro Contraproducións. Neste caso, as entradas teñen un prezo de cinco euros e poden adquirirse tamén no  departamento de Cultura ou a partir das 20.15 h, no despacho de billetes do teatro. O espectáculo dará comezo ás 21.00 horas.  

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta presenta a alcaldes de Portugal as instalacións e funcionamento da AGASP e do Centro de Emerxencias 112 en A Estrada

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañou hoxe a alcaldes da Comunidade Intermunicipal da Rexión de Coimbra a unha visita polas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112).

Durante a súa visita, ofrecéuselles información sobre como funciona o sistema galego de protección civil e emerxencias e a formación que se imparte aos distintos grupos que actúan nestas situación. Ademais, mostróuselles nas instalacións do CIAE a organización e funcionamento do centro, así como os protocolos de mobilización.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ponlle as pilas ao teu bocata visita o CEIP O Foxo

O CEIP de O Foxo recibe a visita de Ponlle as pilas ao teu bocata promovido pola Xunta de Galicia, un obradoiro destinado os alumnos do centro para promover o consumo de productos en conserva principalmente peixe e marisco.

Este obradoiro enmarcase dentro da campaña escolar, promovida pola Consellerí do Mar da Xuta de Galicia.

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

🌷 PRIMAVERA NO PRINCIPAL 🌼

🌷 PRIMAVERA NO PRINCIPAL 🌼
Como nos solicitastes algúns/has, para que vos poidades organizar ben, aquí tedes a relación de actividades que teredes no Teatro Principal ata o mes de maio.
Como sempre, iremos avisando semanalmente para que esteas ao tanto 😉

Marzo

👉 Venres 16 / 21.00 h
O TOLLEITO DE INISHMAAN
Contraproducións

👉 Sábado 17 / 20.30 h
CONCERTO DE SOLISTAS
Banda Municipal da Estrada

👉 Venres 23 / 21.00 h
ANTÍLOPEZ

Abril

👉 Venres 6 / 21.00 h
ESTADO DE GRAZA
Teatro do Noroeste

👉 Sábado 7 / 12.30 h
SHERLOCK HOLMES
Cayetano Lledó

👉 Venres 13 / 21.00 h
MR KEBAB
Joan Strader

👉 Sábado 14 / 20.30 h
DEXTRUM ENSEMBLE EN CONCERTO

👉 Domingo 15 / 17.30 h
OS LÓSTREGOS E MARIETTA EN CONCERTO

👉 Venres 20 / 21.00 h
RACLETTE
Ibuprofeno Teatro

👉 Sábado 21 / 22.00 h
RUBÉN POZO (PEREZA) EN CONCERTO

👉 Sábado 28 / 20.30 h
DEPARTAMENTO DE SELECCIÓN
Disfunción Continua

Maio

👉 Venres 4 / 21.00 h
BICOS CON LINGUA
Talía Teatro

👉 Sábado 5 / 12.30 h
O LOBO E A LÚA
Baobab Teatro

👉 Sábado 5 / 20.30 h
CONCERTO DE PRIMAVERA
Banda Municipal da Estrada

👉 Venres 11 / 21.00 h
MANOELE DE FELISA EN CONCERTO

👉 Mércores 16 / 21.00 h
ÓSCAR IBÁÑEZ TRIBO EN CONCERTO

👉 Venres 18 / 21.00 h
LES ARTUANS

👉 Domingo 20 / 19.00 h
CORAL POLIFÓNICA ESTRADENSE

👉 Mércores 23 / 20.00 h
FESTA DAS PALABRAS

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada adxudica á Covsa as obras de asfaltado de Rubín, Berres, Santa Cristina de Vea, San Xurxo de Vea e Parada

                       A execución levarase a cabo por un importe de 155.000 euros

 

 

A xunta de goberno da Estrada adxudicou, este mediodía, o contrato de obra ‘Pavimentación en Rubín, Berres, Santa Cristina de Vea, San Xurxo de Vea e Parada’ á firma Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa)  por un importe de 155.111, 99 euros co IVE incluído, o que supón ao redor de  85.000 euros menos que o presuposto de licitación. Presentáranse ao proceso seis empresas.

 

O importe base da licitación era de 239.999,99 euros con IVE incluído e o período de execución marcado é de dous meses. As actuacións consistirán na limpeza de foxos, varrido superficial de firmes existentes e instalación de novas capas de rodadura. Ademais, realizarase un bacheo previo en todas aquelas vías que o precisen.

 

Concretamente, os camiños que beneficiará esta actuación serán: en Rubín entre o Carballal e Cereixo, en Porto (Berres), entre Ulla e Porto (Berres), en Nogueira (Santa Cristina de Vea), en Loureiro de Abaixo (San Xurxo de Vea) e entre o cruce Entrecastelo e Vilademeus (Parada).

 

Durante os vindeiros meses, ademais destes asfaltados, levarase a cabo outros tantos no rural cun investimento total duns dous millóns de euros.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario