Acrofam abordará neste novo curso académico como novidade a Educación Afectivo Sexual e a figura de Alumno Acompañante

Este ano súmase os centros Villar Paramá, o Cabada Vázquez e o de Oca

O Concello da Estrada e Asociación para el Crecimiento y Orientación Familiar en Familia (Acrofam) seguen traballando da man, en beneficio da comunidade educativa. Esta maña a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, Kim Llobet, presidenta de Acrofam, e representantes de diversos centros educativos presentaron a iniciativa. Neste curso académico 2017/2018 abordarán temas xa tratados no período anterior, como son a Sexualidade, o Acoso Escolar,a Autoestima e o Tai chi, pero tratarán tamén outros novos, que son a Educación Afectivo Sexual e a figura do Alumno Acompañante. Este ano únense a iniciativa tres centros máis: o CEIP Villar Paramá de Vea, o Cabada Vázquez de Codeseda e o de Oca.

“O Concello da Estrada temos un convenio que cada ano vaise renovando a través dunha subvención nominativa e facemos unha aportación económica para que eles poidan traballar nos centros educativos”, apunta Goldar. A subvención do Concello destinada para este fin é de 4.500 euros. A parte hai centros educativos, asociacións de pais e nais, así como a federación de ANPAS que aportan o seu gran de area para axudar economicamente a desenvolver esta iniciativa.

Desta maneira as actividades que se levarán a cabo serán:

  • Educación Emocional eTai Chi para o alumnado de terceiro, cuarto quinto e sexto do Villar Paramá
  • Musicoterapia nas aulas de infantil do de Oca.
  • Educación emocional e Tai Chi nas aulas de primaria de Oca.
  • Educación Afectivo-Sexual, nas aulas de infantil e primaria do de Codeseda.
  • A actividade de Alumno Acompañante nas aulas de terceiro e cuarto de primaria do Pérez Viondi.
  • Educación Afectivo-Sexual, nas aulas de infantil (4 e 5 anos) do colexio de Figueroa.
  • Alumno acompañante nas aulas de terceiro e cuarto de primaria do de Figueroa e nas aulas de segundo da ESO do instituto Nº 1.
  • Abordaranse os valores dunha sexualidade responsables nas aulas de terceiro da ESO e oratoria e debate nas de cuarto da ESO,ambas no Nº1.

 

Ademais, Acrofam continúa con encontros mensuais para pais e nais mediante o proxecto Tda/h e teñen en mente poñer en marcha o proxecto Crecer Juntos na Escola de Familia, que esta última iniciativa levarase a cabo de momento nos colexios de Figueroa e Cabada Vázquez. “Buscamos a implicación das Administracións, dos centros escolares e por suposto, a das familias. Os centros escolares están respondendo e están interesados en traballar nestas cuestións e nós estamos encantados de poder contribuír a mellorar a comunidade educativa, con esa outra parte de formar a personitas”, sinala Llobet.

Esta semana xa comezou a primeira sesión da Escola de Familia no centro de Codeseda

“Esta iniciativa parécenos moi interesante, levamos participado todos os anos e é un luxo que o Concello participe e colabore con estas actividades”, sinalou unha das representantes dun centro educativo estradense.

En Vea xa se empezou coa actividade de Tai Chi faltando só unha sesión que se levará a cabo a volta das vacacións de Nadal. Así, como no colexio de Figueiroa empezou co Alumno Acompañante e Mediadores e todas as demais arrancarán en xaneiro no resto de centros. “Co paso do tempo démonos conta que en canto máis abaixo empecemos máis nos facilita o traballo, aínda que cando xurdiu Acofam enfocámolo a Secundaria”, confesa a presidenta do colectivo.

O programa do alumno acompañante ou alumno axudante

Esta iniciativa pretende crear unha rede de axuda entre o alumnado con intervención ou impacto na convivencia e fundamentalmente cunha visión preventiva. Pretende fomentar a cooperación, a empatía, incrementar os sentimentos de benestar individual e interpersoais e por ende mellorar a convivencia.Ademais, propicia a resolución dalgún tipo de conflito promovendo a implicación dos mesmos que interveñen no mesmo. As partes, por iniciativa propia ou alentadas por alguén, buscan a través do diálogo o entendemento mutuo e a solución pacífica das diferenzas. Así os rapaces apóianse entre eles e realizan pequenos actos de mediación se fose preciso. Tanto na actividade de alumno acompañante como de mediador o alumnado participan aqueles que o desexen.

Oratoria e debate

Esta actividade levarase a cabo no número 1. “Parécenos que é unha maneira de que o alumnado aprenda a debater sen faltar ao respecto e que proporciona vocabulario e cremos que desarrolla a creatividade, a análise, a reflexión, serve para estruturar argumentos..”, indica Llobet que engade que asistirá en xaneiro o avogado Santiago Martínez a dar unha sesión neste centro educativo que ademais el é campión de España de Oratoria e Debate.

Taller Afectivo-Sexual

É outra das novidades. Este taller estará impartido por Lara Fuente, que é psicóloga e axente de igualdade, e por Carlos Vila, que é psicólogo e terapeuta e mediador e profesor dos Campus de Lugo e de Santiago.

 

 

Contacto:

info@acrofam.org

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Coral Polifónica Estradense estrea o seu novo CD ‘Sorriso de Burbullas’ no que participan máis de 80 artistas

Conta coa colaboración da Coral Polifónica de Soutomaior e coa Banda Municipal da Estrada

 

A Coral Polifónica Estradense acaba de sacar a luz o seu novo traballo que leva por nome Sorriso de Burbullas. Foi gravado en directo no concerto ofrecido no Nadal pasado. Esta mañá o director da agrupación, Xabier Comesaña, xunto a outro dos membros da directiva, Ramiro Sánchez, e o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, deu todos os detalles sobre o CD.

A agrupación acaba de cumprir dous anos desde que en 1997, despois de varios intentos falidos, fixo a súa primeira actuación nas festas patronais de San Paio. Nos seus inicios contaba cuns 60 músicos, hoxe en día a agrupación esta composta por uns 40. “Desde aquelas foron moitas as efemérides que adornan a traxectoria desta coral. Actuacións en certames internacionais, gravacións para a radio e televisión galegas, colaboracións con outras agrupacións e homenaxes como a que lle renderon ao himno galego polo seu centenario con música do seu director ”, apunta o concelleiro.

A Coral Polifónica Estradense interpreta este novo proxecto contando coa colaboración da Coral Polifónica de Soutomaior e co acompañamento da Banda Municipal da Estrada. En total, participan máis de 80 artistas. Tal e como adianta Comesaña neste traballo aparecen oito números musicais de distintas décadas, pasando polos anos 50, 60, 70 e 80. Ademais, está composto por seis temas instrumentais-vocais, destacando o instrumental Frenesí e o vocal a capela Suite comercial navideña. Esta peza é un popurri dos anuncios de Nadal como son La chispa de la vida de Coca cola, o do turrón de Suchard de Vuelve a casa Vuelve, o das Muñecas de Famosa, entre outros. “De feito, a portada do CD fai referencia ao anuncio La chispa de la vida de Coca cola”, engade Ramiro Sánchez. Ademais dentro do libreto quixeron deixar constancia de mitos como a revista Hola ou a Familia Telerín.

Os arranxos das pezas están feitos polo director, por Javier Comesaña. “No 2016 estivemos montando a Gran Vía, que o concerto foi acompañado coa Banda Municipal de Santiago, e para cambiar un pouco de repertorio plantexei se lles apetecía facer unha musica máis actual e eles animáronse a este novo reto e púxenme a facer os arranxos de temas como El hijo de la luna, Abba en Concierto, Un beso y una floz, Quizás, quizás…que son temas representativos dos anos 60, 70 e 80 ”, sinala o director.

Sorriso de Burbullas convertese así no terceiro CD editado con acompañamento musical da Banda Municipal da Estrada e baixo a dirección de Comesaña, nos 20 anos de vida musical desta agrupación. A parte, a Coral Polifónica Estradense ten editado outro traballo a capela titulado Cen anos hai, que foi gravado no 2010 e é un disco dedicado integramente á música galega.  O primeiro leva por título Ópera  y Zarzuela e o segundo Coros de Zarzuela e este terceiro polo tanto, caracterízase por un estilo distinto. “A idea e romper con esa idea de que as corais só facemos un tipo de música, pero as corais podemos facer calquera tipo de  música como pop, rock, opera, zarzuela…”, indica o director que ademais adianta que “é un disco moi ameno de escoitar”.

En vindeiros días anunciarase os puntos de venda deste novo traballo, do que se editaron 1.000 exemplares. “Este traballo supón o mellor agasallo de Nadal para os moitos afeccionados á musica coral da Estrada e que serve para homenaxear o vinte aniversario desta agrupación. Desde aquí felicitar a esta agrupación por este feliz nacemento e desexarlle moitos éxitos de cara ao novo ano”, conclúe o edil de Cultura.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Haberá servizo de autobús o sábado para regresar á Estrada despois da andaina ata Barbude

Esta actividade, que se completa cun taller de cerámica, ten como antesala mañá, unha charla sobre arqueoloxía e etnografía no MOME

A cultura castrexa estará moi presente estes días na Estrada. Mañá, venres, día 15, o Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acollerá a conferencia Arqueología experimental y etnografía. La alfarería tradicional, que estará impartida pola profesora da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Pepa Rey. O sábado a actividade completarase cunha andaina ata o Castro de Barbude e cun taller de cerámica castrexa.

A charla terá lugar ás 19.30 horas. A camiñada a Barbude estará seguida dun obradoiro de cerámica, impartido polo artesán Tomás López, da olería Figulus, que fará unha recreación de pezas de cerámica castrexas. Así a ruta ata o Castro de Barbude está prevista para as 09.00 horas desde a Praza da Constitución (Praza do Concello) e tras chegar a Barbude, aproximadamente despois de dúas horas, ao redor das 11.30 horas arrancará o taller no local social. Haberá servizo de autobús para regresar á Estrada desde Barbude, unha vez que finalicen as actividades.

As mesmas están enmarcadas na iniciativa que ten como finalidade a difusión da cultura castrexa estradense promovidas pola USC e coas que colabora a Concellería de Sanidade e Turismo. Os interesados en participar nestas propostas deberán inscribirse previamente e de maneira gratuíta a través do correo electrónico sanidadeeturismo@aestrada.es ou no teléfono 986 677 702.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CEIP de O Foxo, homenaxea a María do CEO

O CEIP de O Foxo homenaxea no día de hoxe a María do Ceo nomeando unha aula do centro, a continuacion plantou unha árbore no xardín da poesía, e logo deleitou os nenos e maiores cas súas cancións, o acto tamén asistíu o concellal de cultura Juán Manuel Carbón.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada iluminase co Nadal

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

CAMPAÑA DE NADAL 2017-2018 ACOE

                                                     PARQUE DE NADAL

do 22 de decembro o 07 de Xaneiro – situarase na carballeira da feira

O Venres 22 de 17 a 20 h. farase unha INAUGURACIÓN SOLIDARIA. Nese día so se poderá acceder o parque doando 1kg. de alimentos non perecedoiros. O recadado entregaráselle a Cáritas.

A partires do día 23 o horario do parque será de 16:30 a 20:30h. Nos comercios asociados a cambio da compra, entregarán uns tíckets de desconto por valor de 1 € para tódalas atraccións.

 

                                                               CARROZA ACOE

O 5 de Xaneiro na Cabalgata de Reis, ACOE, representando o comercio asociado, participará cunha Carroza onde irán tamén as Mascotas da ACOE: Plusiña, Racoe e Estradin. Este ano a temática da carroza será “Alicia no País das Marabillas”.

 

                                                            MÚSICA NAVIDEÑA NAS RÚAS

Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para animar as compras durante toda a temporada de nadal.

 

                                                         CONCURSO DE ESCAPARATES

A través da paxina web da ACOE haberá unha enquisa, a partir do día 18 de decembro ata o día 31 de decembro, (ambos inclusive) para elixir o mellor escaparate de nadal. O gañador recibirá un diploma acreditativo e unha cesta de nadal.

 

                                                               NOVA MASCOTA DA ACOE

Debido a boa acollida polos máis pequenos das mascotas da ACOE neste nadal presentaremos unha nova mascota, está por concretar o día da presentación. Por medio das redes sociais poderase suxerir un nome e entre todos eles a directiva da Asociación os valorará e escollerá o que considere máis apropiado.

                                                                  MASCOTAS ACOE

Durante os días 24, 31 e 5 de Xaneiro sacaremos as rúas as mascotas da ACOE as cales  estarán agasallando con caramelos e globos a tódolos nenos. Atoparédelas:

  • O 24 de Decembro na carroza de Papá Noel
  • O 31 de Decembro paseando polas rúas
  • O 5 de xaneiro na carroza da ACOE da Cabalgata dos Reis Magos.

 

                                           FOTO COS REIS MAGOS E BUZÓN REAL

O mércores 3 de Xaneiro teremos os Reis Magos na sala de ABANCA para que tódolos nenos poidan entregar a súa carta no Buzón Real. Ademais, presentando un tícket de compra dun establecemento asociado sacaráselle unha foto cos reis magos a cal poderán recoller gratuitamente en Puri Areán Estudio Fotográfico.

Tamén, entre tódalas cartas recibidas no buzón real entrarán nun sorteo no que o neno agraciado levará un agasallo da ACOE.

Os reis magos estarán en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.

                                                            VINILO DE NADAL

Colocarase en tódolos escaparates dos comercios asociados un vinilo promocional da campaña de nadal.

                                        ETIQUETAS PARA DECORAR OS PAQUETES

Repartiranse entre tódolos asociados unhas etiquetas adhesivas feitas en colaboración co CEIP do Foxo para decorar os paquetes de agasallo. Estas etiquetas foron deseñadas polos nenos co colexio.

 

 

 

                                                        Sorteo Especial Sorte ACOE

 

Como anos anteriores, faranse os sorteos especiais SorteACOE entre os comercios que decidan participar no mesmo.

A dinámica dos sorteos é a seguinte: Os comercios participantes disporán de papeletas de participación para entregar os seus clientes cando merquen, as papeletas terán que depositalas no mesmo comercio. Comezará o Martes 19 de Decembro e os sorteos levaránse a cabo os días 26 de decembro, 2 e 9 de xaneiro. Vanse sortear 3 premios de 100€ cada un semanalmente, durante 3 semanas. Na última semana, a maiores, sortearase entre tódalas papeletas non agraciadas en sorteos anteriores, 300€. Será obrigatorio presentar a papeleta agraciada para poder acceder os premios.  Estes cartos só se poderán gastar nos comercios participantes.

 

 

 

                                                    ACOE DESEXALLES BO NADAL

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ampliación da AG-59 anunciada polo alcalde é unha tomadura de pelo e unha chapuza

Esta nova ampliación da autovía Santigo-A Estrada rematará en Pontevea sen cruzar o Ulla e converterá este lugar do concello de Teo nun funil que causará moitos problemas aos veciños e veciñas da Estrada
 
Para o BNG da Estrada a ampliación da autovía AG-59 (Santiago-A Estrada) anunciada polo alcalde e a Xunta de Galiza “é unha nova tomadura aos veciños e veciñas da Estrada e unha chapuza que dilapidará 24 millóns de euros nun traxecto de 3 quilómetros que non solucionará os problemas de comunicación que ten o noso concello, ao contrario, complicaraos notabelmente”.
 
Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “este apaño multimillonario, que lle sirve ao alcalde para facer que fai e para saír nos medios de comunicación, é unha nova chapuza, que converterá Pontevea nun auténtico funil, xa que todo o tráfico da AG-59 desembocará no centro deste lugar do concello de Teo, nunha pequena semirotonda cun stop, que será un auténtico quebradeiro de cabeza para os vehículos lixeiros e xa non digamos para o tráfico pesado”. “Desde logo”, engadiu Magariños, “isto non é mellorar a seguridade vial e facilitar a comunicación entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes, como di o anuncio da Xunta, é empeoralo”.
 
O concelleiro nacionalista afirma que “se o alcalde e o PP queren facer algo que sexa realmente útil para A Estrada, o lóxico sería que esta ampliación atravese o río Ulla enlazando coa PO-841. Pontevea é un punto negro que ten a comunicación da Estrada con Santiago de Compostela. Se non se emenda este erro que xa vén de vello, xa non é que fiquemos igual, estaremos peor tal e como está deseñado este nova ampliación da AG-59”.
 
Xosé Magariños, que analizou o proxecto da Xunta para a autovía Santiago-A Estrada cos compañeiros e compañeiras do Consello local do BNG, “insta ao alcalde a reflexionar e a analizar coa cabeza fría este anuncio da Xunta”. “Se quere realmente ser feliz como dixo el no Facebook e facer felices aos veciños e veciñas da Estrada”, engadiu o concelleiro do BNG, “fale con Feijóo para que emende esta chapuza de 24 millóns que creará máis problemas de comunicación aos veciños e veciñas da Estrada”.
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario