Os poemas tomarán está tarde o Teatro Principal da Estrada, xa que se celebrará unha nova edición da Festa da Poesía que arrancará as 20.00 horas. Diversos colectivos participarán neste acto en homenaxe a Avelina Valladares, a poetisa de Vilancosta (A Estrada). Durante o evento tamén se fará entrega do galardón dos premios que levan o nome desta estradense de renome.Así a celebración comenzará coa entrega do galardón á gañadora do XXI Premio de Poesía Avelina Valladares, que este ano recaeu en María del Carmen Caramés Gorgal polo seu poemario As idades perdidas. Ao certame presentáronse un total de 27 traballos. A premiada recibirá 2.000 euros e tamén xa se lle publicou o seu traballo, tal e como se recollía na convocatoria do concurso. De feito, despois da lectura dos poemarios obsequiaráselles aos participantes con este libro asinado por Caramés.Diversos colectivos participarán no acto poético coa lectura de variados versos. Os centros educativos seguen moi presentes nesta cita, na que parte do alumnado recitará entre un e dous poemas. Estarán os colexios de Figueiroa, o Cabada Vázquez, o Manuel Villar Paramá, o Pérez Viondi, o Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes e o do Foxo. A estes únense os institutos Manuel García Barros, o Antón Losada Diéguez e o Nº1.Os rapaces non serán os únicos que se sumarán a esta iniciativa, senón que tamén os maiores o farán a través de diversos colectivos: Vagalumes, Fervenza, Cáritas, Radio Estrada, Residencia de Maiores, Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Faro de Vigo, A Estrada das Letras, Escola Municipal de Artes Escénicas, a Fundación Cultural, Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), Lume na Lareira, Coral Polifónica Estradense, Atletismo A Estrada, así como os persoeiros da Cultura Ramiro Cimadevila e Mª Carmen López.
Os centros educativos e diversos colectivos recitarán hoxe os seus poemas na Festa da Poesía
Sanidade e Benestar Social impartirán nos centros de secundaria un obradoiro sobre o mundo dixital
Alumnado de segundo, terceiro e cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Nº 1, do Manuel García Barros, do Antón Losada Diéguez e do CPR Nosa Señora de Lourdes participarán no obradoiro Somerxidos no mundo dixital. Esta iniciativa está organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade e polo Programa de Educación Familiar da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación. A actividade está enmarcada nos talleres de Prevención de condutas de risco e no fomento de estilo de vida saudables. O obradoiro levarase a cabo desde mañá, venres día 1, ata o 10 de xaneiro. As sesións, dunha duración de 50 minutos, estarán impartidas por Sara Vierna, educadora social da Universidade da Coruña. Vierna estará acompañada, ben por parte da técnica do Programa de Prevención de Drogodepencias ou ben pola educadora familiar do Concello.Mañá, venres, haberá dúas sesións: a primeira ás 8.45 horas no instituto Nº 1 e ás 13.35 horas no Manuel García Barros. Cada grupo de alumnos participará en tres sesións no período total desta iniciativa.Os obxectivos deste obradoiro son:__Recoñecer as vantaxes das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), pero dando a coñecer os seus riscos. __Adquirir condutas axeitadas para evitar o abuso de Internet e redes sociais.__ Distinguir entre uso/abuso, afección e adicción.__ Fomentar o bo trato nas redes sociais
Presentación do Plan Local de Saúde
O día 30, ás 20.30 horas tubo lugar a presentación do Plan Local de Saúde no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME).
Asistirón:
__José López, alcalde da Estrada
__ Óscar Rancaño, concelleiro de Sanidade e coordinador do Concello deste plan.
__ Juan Sánchez, xefe de Atención Primaria da Estrada e o coordinador desde o Centro de Saúde.
__ Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Acoe entregou esta tarde o premio do Venres Meigo
O presidente da ACOE Alfredo fixo entrega di sorteo da Smart tv de 48″ e dunha playStation 4 Pro con un xogo.
A galardonada unha veciña Estradense de nome Maria Carmen Louro Rey.
Operarios do Concello traballan no acondicionamento dun tramo da rúa Serafín Pazo
Operarios do Concello traballan desde hoxe pola mañá no acondicionamento dun tramo da rúa Serafín Pazo, concretamente a zona que se atopa en fronte á Praza da Constitución (Praza do Concello). Tal e como apunta Juan Constenla, concelleiro de Obras e Servizos, o obxectivo é que esta actuación remate a finais desta semana, momento no que se restablecerá o tráfico.
Hoxe procedeuse ao levantamento de adoquines. “O pavimento tiña forma irregular, contiña fochancas provocando unha inseguridade para os viandantes, polo que se vai levantar o adoquín e poñeremos un pavimento de formigón impreso de cor verde que aportará maior seguridade, tanto para os peóns como para os vehículos que circulan por esa zona”, sinala Constenla.
Os pavimentos impresos de formigón melloran a resistencia e dureza do formigón e proporciónalle forma, cor e textura
Merca en A Estrada en Galego
O CEIP O Foxo presenta en colaboración con Acoe e Ace a súa campaña de pegatinas para o Nadal en Galego.
Merca na Estrada é merca en Galego.







































