O curso de guionismo enmarcado no PANIC conclúe cun balance moi satisfactorio por parte do profesor e do alumnado

Este ano o festival PANIC da Estrada incluíu como novidade, na súa quinta edición, un curso sobre elaboración de guións, que estivo organizado polo Concello, en colaboración coa Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE). As clases foron impartidas por Víctor Sierra e remataron o pasado sábado cun balance máis que satisfactorio tanto por parte do profesor coma do alumnado, que desexa que se volva repetir.

Asistiron unha ducia de alumnos que en tres clases de dúas horas e media de duración trataron o básico sobre como facer un guión e as súas fases; todo dunha maneira moi práctica. “Seguindo a temática do Panic, cada día fixemos un achegamento a unha fase do guión, tratamos o desenvolvemento de personaxes, como facer unha trama dunha historia, centrámonos nos diálogos e sempre poñendo exemplo do que estaban traballando, e incluso elaboraron eles unha historia”, apunta Sierra. O perfil do alumnado foi variado, aínda que gran parte deles pertence á Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE), había quen xa ten certa formación do eido teatral e outros que eran principiantes.

“Intentamos que fora accesible para todo o mundo e o resultado, pola miña parte, foi moi satisfactorio, porque o clima no que traballamos foi distendido e tratamos de facelo o máis práctico posible para que lle poidan sacar partido ao aprendido”, apunta o guionista. Sierra é coñecido pola súa participación en series como Rías Baixas, Matalobos, Serramoura ou Piratas, entre outras.

O alumnado tamén coincide coa valoración de Sierra sobre o curso apuntando que foi excelente, estupendo, que se quedou curto e que desexa que se volva repetir.

 

Curso de relato curto

 

Por outra banda, tamén foi un éxito o obradoiro intensivo de relato curto de terror Memorias dun esquelete, que se impartiu os sábados do mes de novembro por parte de Romina Bal e MN Soutelo. A maioría do alumnado considera que este curso foi positivo, en canto a sesións, contidos e actividades, aínda que debería ter unha maior duración.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Retiran unhas 200 pilas que foron arroxadas ao río Ulla desde a ponte de Pontevea

 

O Servizo Municipal do Concello da Estrada procedeu esta mañá, tras recibir un aviso, á retirada dun vertido dunhas 200 pilas que ao parecer alguén desde a ponte de Pontevea arroxou ao río Ulla, tal e como apunta o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Constenla.O edil fai un chamamento ao civismo, xa que accións tan pouco éticas como esta, poñen en grave perigo as augas fluviais e por suposto, toda a biodiversidade que existen nelas. Por este motivo, tamén se pide a colaboración veciñal para que siga denunciando estes actos e incide na importancia da educación neste ámbito para que a cidadanía sexa consciente das drásticas consecuencias que provoca tirar lixo, sexa en ríos, ou en calquera outra zona indebida. Aínda que calquera tipo de residuo é contaminante, as pilas son uns dos más nocivos, xa  que conteñen metais pesados, é dicir, elementos químicos que polo seu alto peso molecular, non se poden destruír por procesos biodegradables na natureza.

Publicado en Portada | Deja un comentario

No EDUSI a única participación social que hai é a das multinacionais

Idom e Mercadona deseñan A Estrada do futuro, mentres o alcalde e o grupo de goberno do PP fan de axentes comerciais destas grandes empresas defendendo os seus proxectos, non as necesidades da Estrada

 “Non é unha proposta do PP (deseño da Alameda). É unha proposta dun equipo, dunha enxeñería, que gañou un concurso e que se adapta ás necesidades da Estrada e á estratexia da EDUSI”. Estas palabras do alcalde da Estrada definen o que é o EDUSI e como se van gastar 6 millóns de euros de fondos europeos, 1,5 dos cales serán para a Alameda. 
 
Consciente ou inconscientemente o alcalde da Estrada deixa claro que no EDUSI a única participación social que vai haber é a das multinacionais como Idom, presente en máis de 125 países, que deseñan proxectos en función dos seus intereses, non das nosas prioridades e necesidades que ten un concello como A Estrada, e que xa deixamos claro que nestes intres non pasa por ampliar e deseñar unha nova Alameda.
 
Estas palabras do alcalde da Estrada tamén definen o que é o EDUSI, multimillonarios fondos europeos que se gastan sen participación social de ningún tipo para que empresas multinacionais fagan o seu agosto, no canto de apostar polas empresas locais e galegas para dinamizar a economía e o emprego na nosa contorna.
 
Esta é a realidade do EDUSI que se disfraza de bonitas palabras como sustentabilidade e participación social, mais ao final os proxectos veñen impostos polas altas esferas do poder internacional, reducindo a meras comparsas as entidades e organizacións sociais que de boa fe participaron (e participamos) neste proxecto aportando propostas. O BNG xa deixou claro que así non, este non é o noso modelo nin tampouco seremos comparsas de ningunha multinacional.
 
Por outra parte as palabras do alcalde tamén deixan claro o que sempre dixemos do goberno municipal do PP, que non ten proxecto para A Estrada, e o que é peor, que son grandes empresas, como Idom, con vínculos co Opus Dei, ou Mercadona, os que deseñan A Estrada do futuro, no canto de ser os veciños e veciñas da Estrada a través dos seus representantes municipais, reducindo ao alcalde e ao seu grupo de goberno a meros axentes comerciais das empresas citadas.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Feira 54 de antigüedades e artesanía, e 5 Salón do automobíl A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

Está fin de semana vistese de luxo A Estrada

 

O 2 é 3 de Decembro, celebrase na Estrada o 54 salón de antigüedades e o 5 salón dos vehículos clásicos en a Estrada,.

Abrirá as súas portas dende as 10h ata as 20h.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada Activa III contará con 85 participantes e ten como obxectivo 26 insercións laborais

A Fundación Cultural A Estrada vai xestionar o Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada. O número de participantes do programa integrado é de 85 persoas pertencentes ao colectivo de Persoas desempregadas de longa duración.O programa A Estrada Activa III contempla un obxectivo de inserción dun 31%, que corresponde a 26 insercións laborais que se levarán a cabo durante 12 meses, dende hoxe, día 1, ata o 30 de novembro de 2018. Este programa levará a cabo diversas accións: aportará información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas; mobilidade laboral e todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.Para poder participar neste programa é requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Galego de Colocación e anotarse para programas experimentais. O proceso de selección empezará o día 11. As persoas interesadas en obter máis información sobre este programa, poden solicitala a través do teléfono 986 570 997 ou directamente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito na Avenida Benito Vigo, número 94, baixo.Experiencia nestas iniciativasA Fundación Cultural A Estrada xa xestionou nos últimos dous anos Programas Integrados de Emprego con 60 persoas no que se acadaron as seguintes insercións:__PIE A Estrada Activa I 2015-2016, incorporación ao mercado laboral de 44 persoas das cales 36 cumpriron no período do plan polo menos tres meses de alta na Seguridade Social.__PIE A Estrada Activa II 2016-2017, incorporación ao mercado laboral de 51 persoas das cales 32 cumpriron, polo menos, tres meses de alta na Seguridade Social neste período.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde da Estrada vén de presentar o deseño do que será a nova Alameda da Estrada

O alcalde da Estrada vén de presentar o deseño do que será a nova Alameda da Estrada. O BNG quere facer as seguintes consideracións:

  • Lamentamos que os representantes políticos da oposición sexan os últimos en enterarse de como é o deseño da nova Alameda. O que coñecemos é a través dos medios de comunicación e polo tanto calquera valoración estará supeditada a un estudo pormenorizado do proxecto.
  • Desde o BNG da Estrada insistimos máis unha vez que os nosos veciños e veciñas teñen outras prioridades máis importantes agora mesmo. É especialmente doloroso ver como se dilapidan cartos públicos mentres hai cortes de auga día a si e día tamén, un problema que o PP non é quen de atallar, e levamos así máis de dous anos. Tamén temos problemas de aparcadoiros públicos, un problema que se agudizará en canto se peche parcialmente ou da Avenida de América. Tamén hai que abrir novas rúas, por exemplo, abrir desde as Colonias até 25 de xullo, para desconxestionar Fernando Conde e facilitar a comunicación con Lalín. E tamén é prioritario acometer o saneamento do rural, un problema ao que os veciños e veciñas do rural demandan unha solución, mais o PP foi incapaz de acometer un só saneamento nos seis anos que leva de goberno. E un longo etc….
  • E fronte á longa lista de problemas que teñen os veciños e veciñas da Estrada a solución que aporta o PP é unha obra faraónica e multimillonaria. Isto non tapará as prioridades e as necesidades da Estrada, ao contrario, agudizaranse, porque boa falta farán os cartos para o mantemento desta obra innecesaria, que desde logo non é nin sustentábel nin social, como se publicita desde o AESS 2020. Un proxecto que, como xa denunciou o BNG hai uns días, está fóra da realidade e das necesidades da Estrada, e supeditado aos caprichos do PP.
  • En canto o deseño deste proxecto serán os veciños e veciñas os que o xulguen, mais como xa dixemos noutras ocasións, centralizar nun único punto as zonas de verdes e de lecer é un erro que non solucionará o problema de masificación que se dá agora mesmo na Alameda. A nosa aposta pasa por diversificar os puntos de lecer e esparcemento pola vila para que todo o mundo teña preto da súa vivenda unha área deste tipo.
  • E xa por último, vemos con certo temor o anuncio de peanolización das rúas Xusto Martínez e Yrida, se estas se chegan a acometer, como moi ben dixo o alcalde. O BNG, en todo caso, aposta por consensuar cos veciños e veciñas e comerciantes das rúas afectadas, xa que son aspectos que teñen un forte impacto, mais as peonalizacións non se poden acometer mentres non estea solucionado os problemas de aparcadoiros públicos.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario