Como xa é habitual a finais de mes, a Praza do Concello acollerá unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia. Será o venres 24 e o sábado 25. Os interesados en doar sangue poderán facelo o venres pola mañá de 10.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas e o sábado de 10.00 a 15.00 horas.A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneas a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.Cada día precísanse dunhas 500 doazóns de sangue para poder axudar a centos de enfermos.Lembrar que a doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e, incluso, salvar a súa vida. Os homes poden doar un máximo de catro veces ao ano e as mulleres tres deixando pasar entre cada doazón un mínimo de dous meses. Non se pode acudir sen almorzar e despois do xantar hai que agardar dúas horas.Poderán doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e que sexan maiores de idade. Os doantes maiores de 65 anos poderán seguilo facendo sempre que conten co permiso do seu médico de cabeceira.Os doantes deben acudir coa tarxeta de doador, co DNI ou cun documento similar, comunicándolle ao médico se están tomando algún medicamento.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará na Estrada o 24 e o 25
O PP ten secuestrados os espazos públicos municipais
O BNG rexistra unha moción para liberar o Teatro Principal e o MOME para a celebración de actos políticos fóra do período electoral
É un despropósito poñer as atraccións do Nadal quitando espazo á feira do mércores
Arrancan as clases de baile tradicional de Tequexetéldere nos institutos Nº 1, no Losada Diéguez e no García Barros
As clases de baile tradicional nos centros educativos da Estrada, promovidas polo grupo de música e baile tradicional Tequexetéldere e o Concello da Estrada, arrancaron hoxe pola mañá a súa nova tempada, aínda que a presentación xa tivo lugar a pasada semana. As clases estanse levando a cabo no Instituto Número 1, no IES Antón Losada Diéguez e nos IES Manuel García Barros e están incluídas na programación das clases de Educación Física. Estas están dirixidas aos alumnos de terceiro e cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Das dúas clases que teñen de Educación Física á semana nunha delas aprenderán baile tradicional ata o 22 de decembro, día no que se concluirá esta actividade coa celebración dunha foliada.A través do baile galego non só traballan todo o referente ao apartado psicomotriz senón todo o relacionado co apartado auditivo, sociolóxico e afectivo-social.
Desta maneira co aprendizaxe do baile tradicional fomentarase ao alumnado: coñecemento corporal, equilibrio, lateralidade, segmentación corporal, coordinación e control postural, automotización de movementos, coordinación óculo-espacial, espazo auditivo e creatividade.Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son principalmente:Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control postural, adoptando unha actitude de autoesixencia na súa execución.Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de habilidade.
Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, usando o corpo como medio de comunicación e expresión creativa.Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actitude físca e o deporte no contexto social.“Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non só é que os rapaces e as rapazas, de 13 a 16 anos, coñezan a cultura tradicional galega, senón tamén a importancia que ten dentro da súa evolución, tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo”, apuntan desde a organización.
O Concello da Estrada aforrará un 30% na factura enerxética substituíndo unhas 2000 luminarias actuais por outras de led a través da Edusi
Suporá un aforro de 300.000 euros anuais
Este martes reuniuse a mesa de traballo da Edusi, na que forman parte os técnicos dos distintos departamentos do Concello que están implicados na súa xestión (Secretaría, Intervención, Tesourería, Urbanismo, Rural, a Fundación Cultural, Informática e Servizos Sociais) para elaborar o que será xa a estratexia definitiva da Edusi e os distintos proxectos. O que se determinou foi facer o traballo de planificación do que quedaba no 2017 e do que se levará a cabo o vindeiro ano para arrancar a Edusi.“De todas as Edusis, das 83 concedidas en toda España, creo que somos o primeiro Concello que ten colgado na plataforma operacións concretas. Somos os primeiros que contratamos a oficina de xestión, somos os primeiros que temos xa proxectos en marcha, un deles é o de eficiencia enerxética, que nos vai permitir, que cunha inversión de cerca dun millón de euros, facer unha primeira actuación de cambio de luminarias convencionais por luminarias LED”, indica o alcalde do Concello, José López. Ademais engadiu que “das 12.500 que temos agora mesmo en servizo en todo o concello vamos actuar sobre as 2.000, que segundo a auditoría que fixemos, son as que teñen maior consumo, o que nos vai permitir conseguir un aforro de cerca do 30%. O noso obxectivo vai ser reducir a factura enerxética, a factura de luz do concello de 1.100.000 euros a cerca de 800.000 euros provocando un aforro de 300.000 euros ao ano”. Esa actuación está financiada, evidentemente, con fondos Edusi, con fondos europeos.O rexedor indica que a primeira intervención vai moi encamiñada co obxectivo da Edusi “que son facer inversións eficientes e sostibles xa que a propia inversión nos vai retornar un aforro que vamos poder destinar a outras actuacións de eficiencia enerxética que son moi importantes para poder conseguir o obxectivo de que nuns anos poidamos ter cambiado todo o que é o alumeado público a LED o que nos suporá un aforro superior ao 70%. Polo que en vez de estar pagando 1.100.00 euros estaríamos pagando ó redor de 300.000 ou 350.000 euros anuais o que sería unha situación moi óptima e favorable para o Concello”. Ese é o primeiro proxecto que poñerá en marcha o Concello e que xa está rexistrado na Plataforma de Fondos 2020.Esta inversión de eficiencia enerxética vai acompañada tamén, no mesmo proxecto de telexestión. O que pretende é que non só o aforro veña polas luminarias senón que tamén se vai producir un cambio nos cadros eléctricos de todas esas luminarias, vanse instalar un mecanismo de telexestión que permitan medir en tempo real o consumo efectivo de cada tendido eléctrico, e polo tanto axustar as potencias ao consumo real. “O custe enerxético que temos, unha parte importante é polo consumo, pero outra é polas potencias contratadas, se temos máis potencia contratada da que realmente necesitamos, estamos pagando un sobrecuste e iso vainos permitir adaptar en cada momento as potencias contratadas ás potencias necesarias. Ese proxecto vai ser dun millón de euros sendo o primeiro proxecto da Edusi”.Tamén comezaron a traballar no deseño doutro gran proxecto que é o da ampliación dos xardíns. “É un proceso que xa está na súa fase de finalización, de feito a semana que vén finaliza o prazo para que os propietarios manifesten a súa conformidade ou disconformidade coa valoración efectuada polo Concello e inmediatamente levaremos a cabo a consignación correspondente da cantidade resultante da expropiación e despois procederemos á ocupación”. Iso xa permite empezar a traballar no que será o deseño do novos xardíns. “O proxecto non se ciñe só a esa nova peza de 4.500 metros cadrados que incorporamos ao Patrimonio municipal, senón que vai ser un proxecto integral, que vai actuar sobre a Praza do Concello, os xardíns actuais, a ampliacións dos xardíns e as rúas contiguas aos xardíns. Vamos plantexar un proxecto, do que xa existe un esbozo como primeira proposta e sobre a que se traballou onte, e será un proxecto no que non se perderá a esencia do que é a alameda municipal, xa que é unha alameda que ten unhas características urbanísticas e unha funcionalidade moi claras e que é un elemento patrimonial importante. A Casa Consistorial ten un valor importante, o palco da música é outro elemento catalogado e a propia alameda é un elemento patrimonial que realza o entorno no que está o Concello”. O rexedor é consciente de que todo o entorno precisa dunha actuación urbanística, pero sempre integrada. Sobre este proxecto o goberno local alega que quere ter unha proposta avanzada antes de final de ano, se pode ser xa en forma de antiproxecto para poder empezar a plantexala a súa execución en fases. “Porque evidentemente é unha actuación o suficientemente ambiciosa porque estamos falando de catro espazos claramente diferenciados: a Praza do Concello e o seu entorno, a alameda actual, a ampliacións dos xardíns e as rúas adxacentes. Si temos claro que o proxecto será desarrollado por fases, pero que se plantexará de maneira conxunta. Creo que vai ser un antes e un despois no que é o deseño urbanístico da Estrada e que se vai ganar un espazo extraordinario para o uso futuro dos nosos veciños e sobre todo para o novo redeseño do modelo urbano da Estrada, porque a Edusi é o que nos pide”, apunta López.O Concello da Estrada ten un terceiro reto: á adhesión á Rede Española de Ciudades Saudables (RECS) que obriga que todos os espazos que se cren están pensados na saúde, nos hábitos saudables e na prevención de enfermidades. “Que estean pensados nas persoas e para as persoas, para que poidan practicar actividades ao aire libre, de ocio, deportivas… e temos tres estratexias que nos marcan claramente o camiño que temos que seguir que son PXOM, Edusi e RECS, o plan de saúde, e a partir de aí saen ideas extraordinarias e non só pensando na ampliación dos xardíns, que é un espazo moi tentador e moi atractivo, porque é o corazón estratéxico da Estrada, senón pensando tamén nos novos deseños urbanísticos que fagamos e que exportemos ao resto da vila”.Durante a reunión tamén se decidiu poñer en marcha a parte da xestión das moitas actuacións, por exemplo o caso da humanización de rúas e as melloras de mobilidade e accesibilidade. “Temos tamén un Plan de Mobilidade Sostible que temos que arrancar xa e que tamén se acordou inicialo coa oficina de xestión e coa oficina técnica que temos contratada e o Plan de Mobilidade Urbana o que nos vén a dicir é que temos que facer unha análise da situación de mobilidade de todo o concello, facer unha análise DAFO, para ver cales son as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, ver cales son os problemas reais que temos agora de circulación de tráfico, de mobilidade das persoas e tomar as decisións que haxa que tomar en canto ás humanizacións ou peatonalizacións coñecendo os pros e contras de facelas ou non e en que sitios”, conclúe o alcalde.
Román Rodríguez propón un proxecto de rehabilitación integral da ponte de Pontevea e a súa contorna
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou hoxe a proposta de elaboración dun proxecto de rehabilitación integral da ponte de Pontevea que implicaría a actuación na propia ponte ademais do acondicionamento da súa contorna. Así o sinalou hoxe durante unha visita a esta ponte sobre o río Ulla, -que no Consello da Xunta de mañá será declarada Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento-, onde estivo acompañado dos alcaldes da Estrada (Pontevedra) e de Teo (A Coruña), José López Campos e Rafael Sisto respectivamente.
Nesta liña, o conselleiro propuxo a implicación das deputacións de Pontevedra e da Coruña así coma dos dous concellos polos que discorre a ponte (A Estrada e Teo) para esta actuación de posta en valor do ben e articular ao seu redor uns espazos para o ocio, o turismo e o uso e disfrute por parte da cidadanía. Así, o Concello da Estrada comprométese a deseñar un anteproxecto inicial de ideas para comezar a traballar nunha acción integral.No que atinxe á declaración BIC, tal como se establece no expediente, a documentación recollida avala a concorrencia neste lugar de diferentes camiños mesmo desde a época romana. Se ben é certo que non existe un acordo entre os historiadores á hora de identificar neste punto o paso da Vía Romana XIX, si hai certeza da confluencia de camiños asociados ás rutas de peregrinaxe e comerciais. Do que non hai dúbida é que a ponte actual se trata dunha ponte medieval, construída no século XVI, con reconstrucións importantes no XVIII.
As características arquitectónicas da ponte encadran a construción no tipo románico-oxival, con seis arcos de cantaría apoiados en cinco grandes piares, con tallamares triangulares augas arriba para suavizar a presión, e trapezoidais augas abaixo, que chegan ata o beiril.
Neste caso tivéronse en conta o informe dos órganos consultivos (Consello da Cultura Galega, Real Academia de Belas Artes e Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago) que informaron favorablemente sobre esta declaración.






































