31ª FEIRA DO MOBLE DE GALICIA.

 

No día de hoxe presentouse a 31ª Feira do Moble de Galicia coa asistencia a mesma do Excelentisimo Alcalde Jose López Campos a Directora Xeral de Comercio Sol Vázquez e Delegado en Pontevedra Cores Tourís, o Xerente da Fundación Nemesio e representacntes do sector do moble.

Do 16 ao 24 de setembro, A Estrada celebrará a súa 31ª Edición da Feira do Moble. Certame referente sectorial no noroeste peninsular, escaparate promocional que amosará aos visitantes as tendencias imperantes do mercado do mobiliario doméstico, complementos, decoración, tapicería, iluminación, descanso, etc… Cinco pavillóns que albergarán máis de sesenta firmas directas presentes e preto doutras duascentas cincuenta indirectas. A Feira do Moble de Galicia, é un evento de promoción económica, consolidado dentro do calendario feiral 31ª FEIRA DO MOBLE DE GALICIA. económica, consolidado dentro do calendario feiral autonómico e avalado por un importante volume de negocio e afluencia de visitantes. A oferta expositiva, amosa mobiliario de estilo e de deseño, facendo fincapé nas diferentes concepcións para recrear ambientes harmónicos e confortables.

Mobiliario, iluminación, relax, decoración, artesanía, menaxe, tapicería, etc…, son os principais subsectores representados. Innovación, deseño e calidade , son os distintivos que avalan a 31ª Feira do Moble de Galicia. A Estrada, despois de trinta anos, continúa posicionándose como a capital do moble de Galicia, por tradición e vocación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Uvigo organiza un curso sobre viño, cervexa e sidra que terá lugar o 26 e 27 de setembro na Estrada

É de acceso libre, pero para recibir un diploma é preciso anotarse previamente e pagar matrículaO turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra será abordado nuncurso que organiza a Universidade de Vigo (Uvigo), no que os seus alumnos poderán aprender de cerca tendo como escenarios os municipios da Estrada e de Allariz. Terá lugar os días 25, en Allariz, e o 26 e 27na Estrada.  O acceso é libre, pero os interesados en obter un diploma emitido pola Uvigo deberán inscribirse e pagar matrícula. O prazo de inscrición xa está aberto e débense anotar, ata o día 20, a través do enlace http://vicou.uvigo.es/es/cultura/cursos-de-extensionO ciclo arrancará o día 25 en Allariz. A saída do alumnado está prevista para as 09.00 horas desde a facultade de Ciencias Empresarias e Turismo. De 9.30 a 12.00 horas, Julio Cerviño Fernández, profesor de Marketing e Investigación de Mercados da Universidade Carlos III, dará un relatorio sobre Que se pode considerar turismo experiencial? Conceptualización e evolución.O mesmo profesor impartirá O turismo experiencial dentro da planificación turística de 12.15 a 14.30 horas. De 16.00 a 18.30 horas terá lugar a charla A cervexa, un produto turístico?. Será a cago de José Antonio Fraiz Brea, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. De 18.30 a 21.00 horas, continuarase cunha visita ás instalacións da Dama Alaricana, cervexería artesanal. Ás 21.00 horas os asistentes regresarán á facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.O día seguinte, día 26, os alumnos sairán da facultade ás 09.00 horas e trasladaranse a Estrada. As conferencias serán no Museo do Moble e da Madeira (MOME). A primeira, O Enoturismo, iniciativa experiencial en auxe, estará impartida por Agustín V. Ruíz Vega, catedrático da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade da Rioja. De 12.15 a 14.30 horas Valerià Paül Carril, profesor da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá Turismo activo, unha vertente experiencial?Xa pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, terá lugar o relatorio Desenvolvemento turístico tematizado na sidra a cargo de Francisco Javier de la Ballina Ballina, profesor titular da Universidade de Oviedo e ex-director de Turismo da Comunidade Autónoma de Asturias. De 18.00 a 19.30 horas Jesús Armenteros, propietario do Lagar  Ribela, dará todos os detalles sobre O mercado da sidra ecolóxica.Seguidamente, de 19.30 a 21.00 horas, terá lugar unha mesa redonda baixo o título Potencial turístico da Estrada. Que papel xoga a sidra no mesmo? Intervirán un membro da Asociación Codeseda Viva, un representante de Turismo da Estrada, un propietario dunha casa rural da zona, Agustín Ruíz Vega (catedrático da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade da Rioja) e Francisco Javier de la Ballina Ballina (profesor titular da Universidade de Oviedo e Ex-director de Turismo da Comunidade Autónoma de Asturias).O último día 27, os asistentes, de 09.00 a 12.00 horas, visitarán a finca Olives e recursos turísticos da zona para coñecer in situ unha explotación sidreira, os recursos e a súa xestión. Despois, de 12.15 a 14.30 horas, Jesús Armenteros, propietario do Lagar de Ribela, e José Antonio Fraiz, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo, impartirán a conferencia O mundo da sidra e o seu potencial turístico.E por último, de 16.00 a 20.30 horas, terá lugar a visita ás instalacións da microsidrería Ribela onde poderán coñecer o seu funcionamento e todo o relacionado coa comercialización do produto.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello recorda a existencia do servizo gratuíto llega800 para solucionar os problemas ocasionados pola tecnoloxía 4G

O Concello da Estrada lembra que llega800 xestiona as incidencias na recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) causadas pola activación da tecnoloxía 4G no municipio e faino de maneira gratuíta para os usuarios. Esta empresa habilita un teléfono de atención gratuíto e unha páxina web á que poden recorrer tódolos usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución dos problemas, de modo que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias, chega para mellorar a velocidade de conexión a Internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos que verán a luz os próximos anos para aproveitar o gran ancho de banda da tecnoloxía 4G, permitindo alcanzar velocidades de ata 150Mbps, velocidades que en moitos casos superan as actuais coas liñas fixas de ADSL.A prestación destes servizos xa tiveron lugar noutros países europeos como Reino Unido, Italia e Francia, supoñendo un avance en canto a servizos e prestacións para os usuarios e cidadáns.A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode levar á aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal de TDT dos usuarios, debido a que se utilizaba anteriormente para o servizo de TDT.O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar este tipo de problemas, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta.Para solucionar ditas afectacións, no caso de chegar a producirse, os operadores móbiles confían na empresa, llega800, para resolver calquera tipo de afectación que poida afectar a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa prexudicado por este motivo.O número de atención cidadá que é totalmente gratuíto é o 900 833 999 e tamén poden obter toda a información a través da páxina web  www.llega800.es .Co fin de dar a coñecer a existencia dun número de teléfono gratuíto ó que poder recorrer, o plan de actuación acordado recolle a comunicación de maneira previa ó inicio da prestación dos servizos sobre as vivendas que potencialmente poden verse máis afectadas ó atoparse situadas entre as estacións radioeléctricas que incorporen estes novos servizos e os centros emisores TDT. Esta comunicación realizarase de forma individualizada mediante buzoneo e de maneira previa ó acendido, indicando tanto o teléfono gratuíto como a dirección da páxina web na que poderán obter toda a información.Ademais, sobre as zonas de cobertura das estacións base unha vez iniciada a prestación de servizos, atenderase calquera solicitude de afectación que presenten os cidadáns, sendo atendidas inmediatamente e coa máxima celeridade.Modo de actuarA entidade xestora ten dúas funcións principais: Primeiro, leva a cabo un procedemento preventivo antes do acendido dos nodos. E segundo se vaia acendendo cando nodo, iranse definindo as áreas de potencial afectación. Os usuarios destas zonas recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar a adaptación da antena no seu edificio para evitar posibles incidencias.E segundo, levan a cabo un procedemento correctivo despois do acendido dos nodos. A través das liñas de contacto reciben as incidencias dos posibles afectados e xestionase a solución das mesas cando procesa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Campaña Volta ao Cole ACOE

 

 

Campaña Volta ao Cole, que se vai a celebrar o venres día 15 de setembro a partir das 17:00h.

As actividades que se van realizar son:

17:00 a 20:00 – Inchábeis nas rúas Ulla, Calvo Sotelo e Prza. Do Mercado.

17:00 a 20:00 – Mascotas ACOE pola rúa.

19:00 a 20:00 – Festa da escuma na praza do Concello.

NOTA.- Os tíckets para poder acceder aos inchábeis, se entregarán coas compras que se realicen no comercio asociado a ACOE.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As tres nenas saharauís que pasaron o verán na Estrada foron despedidas hoxe no Concello Recibiron de agasallo diverso material escolar

 

Coa chegada de setembro as vacacións de verán chegan ó seu fin e toca volver a rutina. Tamén o deben facer os nenos saharauís que pasan o período estival lonxe da súa terra a que deben regresar. Hoxe pola mañá a Sala de Xuntas do Concello da Estrada acolleu a despedida das tres nenas saharauís que desfrutaron destes dous meses no municipio estradense a través do programa Vacaciones en Paz, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Aínda que realmente marcharán na vindeira semana.

As cativas, xunto con membros das súas familias de acollida, foron recibidas pola concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar. Fátima e Hayer de 13 anos e Nazah de 12 repetiron esta experiencia xa en varias ocasións e durante o acto comentaron que teñen ganas de volver o seu país porque botan de menos ós seus familiares, pero por todo o demais quedaríanse en Galicia. “De Galicia gústame todo”, comentou sen pensar Zahah. A comida é un dos gustos no que coinciden as tres, sendo os spaghettis, o polo e a pizza o que máis prefiren, pero en xeral todo, incluída a froita. As cativas tamén destacan outras cousas de Galicia como ir á praia, ás festas ou simplemente o feito de ter que facer a compra.

Os pais de acollida e Goldar aproveitaron a ocasión para animar á cidadanía a que colaboren nesta causa, porque a pesar dos gastos que supón, coa viaxe, seguros e outras cuestións ronda os 1.000 euros, a experiencia é moi gratificante.

Tras a finalización do acto a concelleira fíxolle entrega de diverso material escolar, incluídas mochilas, para cada unha delas e ademais o Concello aportou un lote de libros para repartir entre os rapaces do seu país.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aberto o prazo para a actividade de piscina dos maiores

 Hoxe, día 1, abriuse o prazo para anotarse nas actividades de piscina para os maiores de 52 anos ou para os menores que teñan unha minusvalía igual ou superior ao 33%. O período para realizar a inscrición rematará o día 15 de setembro. A actividade, que ten un custe total de 20 euros por persoa, terá lugar entre o 2 de outubro e o 29 de decembro.Haberá un total de cinco grupos que contarán, cada un, con 12 prazas. Cada persoa admitida asistirá un día á semana durante 45 minutos.Os horarios serán:Os luns de 09.45 a 10.30 horas.Os mércores de 9.45 a 10.30 horas e de 20.00 a 20.45 horas.Os venres de 09.00 a 09.45 horas a 09.45 a 10.30 horas.Os interesados en anotarse deberán facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres e en horario de 09.00 a 14.00 horas. Terán preferencia as persoas que non participaron nas quendas anteriores, xa que houbo outras dúas durante este ano, e despois terase en conta a orde de rexistro da solicitude. Dende o departamento de Servizos Sociais afirman que esta iniciativa ten unha moi boa aceptación e sempre se  cobren todas as prazas quedando persoas fóra.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada destina 10.000 euros a axudas económicas para libros e material escolar

A contía supón un incremento de 3.000 euros con respecto ao curso pasadoO Concello da Estrada acaba de aprobar as bases das axudas económicas destinadas á compra de libros e material escolar. O Departamento de Servizos Sociais, dirixido por Amalia Goldar, aporta para este curso, 2017/2018, un orzamento de 10.000 euros, o que supón un aumento de 3.000 euros con respecto aoano pasado.Estas contías van dirixidas aos alumnos, empadroados no municipio e pertencentes a familias en situación de dificultade social-económica; que estean matriculados na segunda etapa de Educación Infantil, é dicir, que teñan entre tres e cinco anos.  Outra das melloras con respecto ao curso anterior é que a axuda suporá unha suba de dez euros por alumno, podendo recibir este ano un total de 100 euros por neno. Ademais, a contía poderá constituír o cen por cento do custe total, xa que tendo en conta que estas concesións son de interese social, pola situación de dificultade económica das familias ás que están dirixidas, terán a consideración de carácter especial. Deste xeito, o importe da axuda poderá supoñer a totalidade do gasto.  Abonarase o importe concedido á vista da factura presentada na que debe figurar o nome do solicitante.Só se poderá beneficiar un os membros en cada unidade familiar, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores estean matriculados no segundo ciclo de educación infantil.Requisitos para optar a estas concesións:A unidade familiar debe estar empadroada e ter residencia efectiva no Concello da Estrada e convivir cos menores.As persoas estranxeiras residentes no municipio poderán beneficiarse sempre e cando se atopen nunha situación administrativa regular e cumpran determinadas condicións sobre os dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.O neno debe estar matriculado ou ter reserva de matricula nun colexio público do concello.A solicitude e documentación deben estar realizados no prazo e forma establecido.Acadar a puntuación necesaria, segundo o baremo, dentro da capacidade orzamentaria asignada a tal concepto.Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa seguridade social.Que a renda per cápita, en cómputo anual, non supere o importe do IPREM correspondente aoano 2.016 (6.390,13 euros anuais).Unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, haberá un prazo de 15 días hábiles para presentar a solicitude no Rexistro xeral de entrada do Concello xuntando a documentación requirida. Anunciarase a través dos medios de comunicación e da páxina web do concello cando se abra o prazo. Seguidamente, o Concello tramitará as solicitudes e emitirá os informes correspondentes.

Publicado en Portada | Deja un comentario