O Concello comprometese ver as opcións que teñen para ampliar as zonas de aparcamento no casco urbano

 

 

Obrigará aos locais vacíos a cumprir unhas mínimas condicións estéticas e colaborará conxuntamente coas campañas de dinamización do comercio local

O alcalde, José López, reuniuse hoxe pola mañá con Alfredo González, Raquel López e Carlos Sinde, membros da Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE). Durante o encontro abordaron tres temas: a necesidade de buscar novas alternativas ante a falta de aparcamento no casco urbano, a preocupación polos locais sen actividade que afean á zona e as diversas campañas para fomentar o comercio local, como a da Volta ao Cole o a de Nadal.

“Teño que agradecerlle á asociación de comerciantes o excelente traballo que están facendo nun sector que sempre atravesa dificultades e neste caso, nas vilas medias, temos un reto por diante que é fidelizar aos nosos clientes, loitar cas grandes áreas comerciais e tamén coa problemática que está xerando a venta por Internet”, resaltou López. “Neste caso as peticións que nos fan desde o colectivo son realmente sensatas e razoables. Temos problemas co tema do aparcadoiro e a posibilidade de distintas alternativas para poder ofrecerlle ós visitantes zonas de aparcamento que sexan cómodas, que estean no ámbito do entorno urbano”.

O rexedor sabe da necesidade de seguir aumentando as zonas de aparcamento, a pesar de que xa se inverteu nisto nos últimos temos. “ Neste punto este goberno fixo un esforzo importante nos últimos anos. Nós fomos os primeiros que implantamos a zona azul, e non é unha medida recadatoria, porque non se cobra nada. Simplemente son zonas de horario de aparcamento limitado onde os veciños só poden aparcar durante unha hora e media. Esta iniciativa funciona moi ben porque liberou as rúas deses vehículos que botaban días enteiros aparcados no mesmo sitio e agora permite unha maior rotación. Ademais estendeuse a varias rúas para que fose efectivo e ademais puxemos en marcha dúas novas formas de aparcadoiro que dan un servizo de máis de 200 vehículos. Pero sabemos que non é suficiente porque A Estrada cada vez segue atraendo a máis visitantes e iso nos obriga a seguir buscando novas alternativas”.

López afirma que xa teñen algunhas alternativas factibles para zona de aparcamento, pero que non se atopan xusto no entorno do casco urbano, por exemplo a que se encontra no entorno da Baiuca, onde o Concello ten moito terreo a súa disposición. Pero o que realmente se demanda son zonas no centro da vila, e aí o goberno opina que é máis complicado. Ademais, o alcalde resalta que no entorno do casco urbano hai varias zonas de aparcamento disuasorio que se poden poñer a disposición, pero a asociación de comerciantes solicita zonas máis céntricas. Desde o goberno prometen ver que opcións teñen ante esta petición e buscar novas alternativas.

En canto ó tema do mantemento de baixos, que a ACOE presentou unha relación deles e hai un total de 30 sen actividade e gran parte débese á falta de relevo xeracional, o alcalde promete falar cos seus propietarios. “ É certo de que hai baixos que non están acondicionados e que non se atopan nunha situación adecuada esteticamente e o que nos piden é que fagamos un esforzo para trasladarlles ós propietarios de que hai unha ordenanza de hixiene que deben cumprir. Nós evidentemente temos que respectar o dereito de propiedade, pero si temos que esixirlles, que senón están alugados, que polo menos teñan unhas condicións estéticas adecuadas. Faremos un inventario para ver todos e cada un deles que non cumpren coa normativa e intentaremos comunicarlles a todos os propietarios a necesidade de acondicionalos, sobre todo naquelas rúas máis céntricas”. 

López aproveitou a reunión para destacar a estratexia de desarrollo urbano que realizou o Concello e que foi premiada cunha subvención de seis millóns de euros de fondos europeos (Edusi) para levar a cabo un novo deseño urbanístico da vila  que pretende actuar sobre esas zonas urbanas que se deben facer máis atractivas. Durante a reunión tamén comentaron a filosofía desta estratexia que lles permite inverter ata o ano 2020, e neste apartado entra a zona comercial, convertendo a vila en máis humana, máis accesible e máis cómoda para vivir e desfrutar dela e por suposto, para poder comprar e poñer en valor a hostalería e o comercio.

Tamén abordaron as campañas que se poñerán en marcha para fomentar o comercio local. A de Volta ao Cole, que xa está en funcionamento estes días, as campañas de dinamización do comercio que se desarrollarán durante o inverno e tamén os retos que teñen de cara ó Nadal. “Estas campañas son importantes e temos que traballar conxuntamente para coordinar e organizar todo da mellor maneira posible e que o Concello sexa tamén un aliado máis no comercio, xa que a Estrada é unha vila eminentemente comercial. Vivimos do sector da madeira, da industria, pero vivimos de maneira directa do comercio e temos que ter unha relación estable e cordial para buscar solucións aos problemas e tratar de impulsar esa actividade”, concluíu López.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ponte de Souto de Vea leva danada desde o temporal do mes de febreiro

                        

   

 

                                O estado no que se atopa é un perigo para a seguranza vial

     A pesar de que xa pasaron seis meses do temporal que asolagou todo Galiza o pasado mes de febreiro, aínda se pode apreciar os danos causados no noso concello na ponte que a travesa o río Vea entre o Souto de Vea e Santa Cristina de Vea. A forza do vento derrubou naquel entón unha árbore sobre a estrada PO-841 e aínda hoxe a Xunta do Partido Popular non foi quen de arranxar a barandilla e o quitamedos da ponte.

Pola súa parte o concello da Estrada, da mesma cor política que a Xunta de Galiza, a pesar do evidente mal estado da ponte, tampouco foi quen instar ao Goberno de Feijóo para que procederan ao arranxo da ponte, así como quitamedos.

Desde o BNG da Estrada instamos ao goberno municipal a petar nas portas de San Caetano para que a Xunta proceda ao arranxo inmediato da ponte entre o Souto de Vea e Santa Cristina de Vea. O estado no que se atopa é un perigo para seguranza vial.
    

Publicado en Portada | Deja un comentario

Avelina Valladares será recordada o día 7 de outubro en Berres a través dun roteiro literario organizado pola Deputación

                      Ofértanse 50 prazas e o período para anotarse comeza o luns

 

 

A  Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), organiza para os meses de setembro e de outubro cinco ‘roteiros literarios’ pola provincia, entre eles un na Estrada. Cada rolda, que será de balde, conta con 50 prazas polo que é preciso anotarse previamente.O municipio estradense acollerá o 7 de outubro o Roteiro Avelina Valladares, unha muller do tempo dos precursores. Os asistentes irán acompañados polo estradense Xosé Luna Sanmartín, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e Compostela, mestre, escritor e colaborador en diferentes medios de comunicación. O punto de partida será ás 11.30 horas desde a igrexa de Berres, xa que é neste cemiterio onde está enterrada Avelina Valladares. O percorrido continuará cara ao Casal de Vilancosta, o fogar dos Valladares, sito no lugar de Vilancosta na mesma parroquia de Berres. Esta casa é unha vivenda privada polo que non adoita estar aberta ao público, polo que se trata dunha oportunidade única para coñecela. Seguidamente, realizaranse lecturas de poemas da autora no xardín e nas diferentes estancias da casa, rematando coas vistas do Ulla e do Picro Sacro. Está previsto que o traxecto remate sobre as 13.00 horas.O prazo de inscrición comeza o luns, día 4, ata que se cubran as 50 prazas. Os interesados deben anotarse chamando ao teléfono 986 677 748, ou no Departamento de Cultura, no segundo andar do Concello.  Avelina ValladaresAndrea Avelina María Teresa Gabriela Valladares Núñez naceu o 23 de outubro de 1825 en Vilancosta (A Estrada). Criouse no seo dunha das familias fidalgas máis importantes de Galicia. A profunda formación relixiosa que recibiu e a súa liñaxe exerceron unha importante influencia na obra da autora.En 1879 sacou o seu primeiro poema en galego A Ulla, publicado polo xornal El Eco de Galicia. Despois virían outras catro publicacións: Diálogo entre un peregrino que se dirige A Compostela y un labriego, A pobre orfiña, Miña xoia e Os que emigran. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe a súa familia foron as principais temáticas da súa obra.Publicou na Exposición Compostelana e en El Eco de Galicia dous artigos en castelán: El ochavo milagroso e Comunicación a la Sociedad de Amigos del País de Santiago e unha terceira reseña Exposición al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, arzobispo de Compostela, ficaría inédita ao igual que numerosos poemas nesa mesma lingua.Ademais, Avelina Valladares é unha pioneira en publicar artigos, que hoxe denominamos de opinión, na prensa escrita así como unha precursora no uso da lingua galega, que empregou nalgúns dos seus poemas. Avelina Valladares, irmán do tamén escritor Marcial Valladares, faleceu o 17 de marzo de 1902 na súa vivenda de Vilancosta.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os nenos do campamento urbano reciben un diploma e fan unha festa, a unha semana de rematar as actividades

 

Hoxe pola mañá a concelleira de Educación e Servizos Sociais, Amalia Goldar, trasladouse ás instalacións de Coesco para visitar aos nenos que participan no campamento urbano. Durante a visita Goldar estivo falando con cativos para coñecer de primeira man como estaba sendo esta experiencia para eles.  “Os campamentos urbanos son unha iniciativa con moito éxito xa que sempre se cobren todas as prazas e contribúen á conciliación laboral e familiar”, apuntou a concelleira.

Os nenos recibiron un diploma que acredita a súa participación nesta iniciativa e despois desfrutaron dunha merendola e dunha festa moi animada. O campamento cerrará as portas o vindeiro venres pero volverá a estar a disposición dos pais nas vacacións de Nadal.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Alcalde de A Estrada supervisa as obras da nova guarderia

 

Ésta mañá o Alcalde Estradense José López acompañado da concelleira Amalia Goldar e técnicos supervisan as obras da nova Gardería Municipal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A I Andaina Solidaria co Alzhéimer incluirá dúas rutas de diverso grao de dificultade o día 9 na Estrada O prazo para anotarse remata o día 6

 

O sábado, día 9, terá lugar na Estrada a I Andaina Solidaria co Alzhéimer. A saída está prevista para ás 19.30 horas desde a Praza do Concello e terá unha duración aproximada de tres horas e media. Baixo o lema Recorda quen son (lema nacional da Asociación Para A Axuda Dos Enfermos de Alzhéimer) a iniciativa nace da necesidade de lograr unha maior concienciación social sobre esta enfermidade, co obxectivo de facer visibles á cidadanía as necesidades e dificultades que presentan as persoas enfermas e tratar de fomentar condutas máis tolerantes, sensibilizando sobre a situación que xera a patoloxía na contorna familiar. “En febreiro faremos tres anos que Agadea e o Concello están colaborando nun programa de atención á persoas con Alzhéimer, con aulas de atención, con novas prazas e tamén intentando sacar para adiante ese centro de día para axudar á xente que se atopa nesa situación”, afirmou Amalia Goldar, concelleira de Servizos Sociais, onte durante a presentación do evento. Estivo acompañado polo edil de Deportes, Ismael Pena, por Isabel Gey, de Agadea, e por Toni Ibáñez, da empresa Senderuta.A actividade contará con dous percorridos de dificultade baixa debidamente sinalizados e con guías. Está dirixida a todos os públicos, independentemente da idade. “O que buscamos é a participación cidadá, que a xente saia á rúa, nos acompañen e de paso facer unha pequena ruta”, apunta Toni Ibáñez, de Senderuta, empresa encargada da organización da andaina.

Como o obxectivo é que participen persoas de diversas idades e condicións físicas decidiuse nestes últimos días realizar dous traxectos. “Un grande de dez quilómetros e outro máis pequeno, sobre cinco quilómetros, que será máis urbano”, resalta Ibáñez. Na de maior duración a idea é baixar ata o río Liñares e que a maioría do percorrido sexa por camiños rurais e non estradas.O prazo de inscrición xa está aberto desde o pasado día 21 e rematará a vindeira semana, o día 6. Os interesados, que deberán abonar un prezo de dous euros para poder participar, poden anotarse no edificio do novo mercado os luns, mércores e venres de 16.00 a 20.00 horas ou en Alcaldía, segundo andar da Casa Consistorial, de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.O Departamento de Deportes, dirixido por Ismael Pena, aporta e colabora na elaboración do programa da andaina. “Esta é unha mistura de sociedade, deporte, atención á xente maior e de participación cidadá”, resaltou Goldar.A primeira andaina realizouse o ano pasado en Riveira (A Coruña) e foi unha boa experiencia. “Saímos moi reforzados todos, as familias e nós, incluso démonos a coñecer a xente que non sabía de nós”, destaca Isabel Gey, que dirixe Agadea. Gey anima a todas as familias a colaborar e en xeral a todos, porque toda cidadanía coñece a algunha persoa que padece esta enfermidade. “É unha epidemia, que tal e como é Galicia dispersa e cun envellecemento tan alto, esta vai ser unha pandemia dentro de moi pouco, senón tomamos medidas”. E nisto recalca que é moi importante a sensibilización.A organización pide os participantes que asistan con roupa deportiva axeitada e que porten unha lanterna ou un frontal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A moción sobre a municipalización do ciclo da auga a debate na comisión de medio rural e medio ambiente

A Comisión informativa de medio rural e medio ambiente aborda este xoves 31 de agosto a moción do BNG en relación á municipalización do ciclo da auga. Con esta moción, presentada no mes de marzo, pretendemos que o concello asuma o control da depuración das augas residuais, agora en mans privadas, cuxo contrato expirou en 2012, pero que o goberno municipal vén prorrogando ilegalmente desde 2012, vulnerando a Lei de Contratos do Sector Público.

Con esta moción pretendemos recuperar a xestión pública da EDAR, así como dos bombeos de Figueiroa, Matalobos, Guimarei e Lagartóns. como único xeito de mellorar un servizo, que como se puido comprobar ao longo dos últimos meses, foi moi deficiente, con continuos vertidos ao río Liñares e Ulla, o que non cumpre cos mínimos esixíbeis pola lexislación medio ambiental.

A moción tamén contempla a creación dunha brigada do ciclo da auga, incluíndo o actual persoal do servizo da auga e sumidoiros do concello, que asuman as labores de mantemento e control de todo o ciclo, para que desde o concello se poida prestar un servizo de calidade.

Por outra parte, desde o BNG non nos esquecemos do rural, e de aprobarse esta moción, o goberno municipal terá que elaborar un calendario realista para dotar a todos os núcleos de servizo de saneamento, un servizo imprescindíbel, pero ausente en máis do 80% das parroquias do concello

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario