O BNG da Estrada insta ao goberno municipal a actuar xa para salvar do abandono a torre e o pazo de Guimarei

Un vídeo aéreo de Vagalumes amosa o extraordinario deste patrimonio estradense oculto por unha silveira, ao tempo que reflicte o abandono e o deterioro da Torre e o Pazo.

 

 A asociación cultural Vagalumes puxo en circulación esta pasada fin de semana un vídeo áreo da Torre e o Pazo de Guimarei. O resultado é espectacular, porque reflicte unha estrutura histórica e patrimonial de enorme potencialidade para o noso concello, cuxa posta en valor sería en beneficio de todas e todas. 
 
Mais a perspectiva aérea que reflicte o vídeo de Vagalumes reflicte, por outra banda, o estado de abandono no que se atopa a Torre e o Pazo de Guimarei, que ameaza o mantemento da estrutura de ambos os dous elementos patrimoniais. De feito, pode apreciarse claramente un loureiro que medra na cima da torre, así como todo tipo de herbas e silvas que ocupan a práctica totalidade do tellado do pazo, onde se ven claramente fendas no teito.
 
A pesar de que non é a primeira vez que nos pronunciamos sobre a necesidade de que a administración municipal tome a iniciativa para recuperar estes elementos patrimoniais, logo da visualización deste vídeo instamos ao goberno municipal mobilizarse para salvar do abandono a Torre e o Pazo de Guimarei. O concello da Estrada non pode permitirse o luxo de ter o noso patrimonio nunha silveira, cómpre recuperalo para as xeracións do presente e do futuro.
 
Neste sentido, instamos ao goberno municipal do PP a que tome como primeira medida que o propietario limpe ambas as dúas estruturas, especialmente a Torre, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949, para impedir o derrube e o deterioro de ambos.
 
Por outra parte, instamos ao goberno municipal a mobilizarse para recuperar para o patrimonio público ambas estruturas, que permita poñelo en valor e potencialo a curto prazo. O PP non pode escudarse en que non hai cartos para seguir mantendo na silveira a Torre e o Pazo, cómpre implicar a todas as administracións para salvar o noso patrimonio. Insistimos, non é cousa de cartos, é unha cuestión de vontade política.
 
Vídeo aéreo de Vagalumes: http://bit.ly/torreguimarei
 
 

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

NON SE PODEN TAPAR AS IRREGULARIDADES CUNHA SOLICITUDE DE EXCEDENCIA, É NECESARIO DEPURAR RESPONSABILIDADES E VALORAR AS ILEGALIDADES COMETIDAS EN MATERIA DE CONTRATACIÓN

O alcalde non pode agochar a súa responsabilidade no nomeamento por decreto do coordinador de protección civil nin agochar as ilegalidades en materia de contratación detrás da excedencia dun traballador.

 

Os socialistas faremos valer a representación obtida (-máis dun terzo dos compoñentes da corporación) para que a investigación das irregularidades denunciadas en materia de contratación e disciplina de persoal non se peche en falso.

 

Solicitar unha excedencia é un dereito de calquera traballador, sen embargo non se pode pretender agochar as irregularidades cometidas nunha administración baixo a excedencia do traballador afectado. “Os socialistas faremos valer a representación obtida -máis dun terzo dos compoñentes da corporación- para que a investigación das irregularidades denunciadas en materia de contratación e disciplina de persoal non se peche en falso: esixiremos a realización do informe xurídico en materia de contratación de servizos e subministros solicitado no pleno. O alcalde e os seus delegados en materia de persoal (Concelleiro Alberto Blanco e o director de Réxime Interno Enrique Prieto) eran coñecedores da dobre actividade na empresa privada e no sector público do traballador aludido, e permitiron durante anos esta dualidade que resulta ilegal en materia de contratación, polo tanto é necesario depurar responsabilidades”, comentou a portavoz socialista.

 

A lei esixe aos traballadores que comuniquen á empresa calquera actividade que realicen a maiores da súa actividade no sector público, así como calquera variación na súa situación. Neste caso, a pesares de coñecer a lei o traballador non ten feito estas comunicacións, polo que procede un expediente disciplinario. Así mesmo, a lei de contratos é clara e di que calquera traballo que unha empresa propiedade dun traballador municipal, ou da súa muller/marido ou fillos non pode realizar ningún tipo de traballo para a administración na que o traballador presta servizo público, ven sexa directamente ou por empresa interposta ou subcontrata.

 

Os socialistas vimos denunciando que a ilegalidade está en que as empresas do traballador aludido non poden prestar servizos ao Concello e demostramos que si o fixeron no 2013, 2014, 2015 e 2016, (de xeito directo e facturando mediante subcontratación -datos revelados polo grupo socialista no pleno pasado-). “É necesario chegar ao fondo destas irregularidades para evitar que situacións similares se continúen a producir”, afirmou Belén Louzao.

 

A memoria selectiva do Alcalde.

Neste caso a memoria do alcalde resulta ser selectiva e interesada. Pasa de negar os feitos a recoñecer os datos cos que os socialistas demostramos que minte: primeiro nega ter nomeado por decreto ao traballador como coordinador de protección civil; despois esquece que o traballador deixa de facer as súas funcións habituais para facer unhas non definidas en ningún lado; esquece tamén que el mesmo e quen autoriza todos os gastos que se fan en protección civil a proposta do traballador investigado e que é este propio traballador investigado o que conforma todas esas facturas, incluídas as das súas empresas e durante o último pleno nega que as empresas do traballador municipal protección civil, seguisen prestando servizos para o Concello a partir de 2014 sendo propietario ao 100 % dunha empresa e apoderado doutra da que e propietaria a súa muller que presta servizos ao Concello dende 2013, momento da súa creación.

 

Agora, á vista do desenvolvemento dos acontecementos parece querer agocharse detrás do dereito de excedencia do traballador, para non recoñecer que é ilegal que as empresas do traballador afectado prestasen servizos para o Concello, directamente ou baixo a facturación de outra empresa exercendo como subcontrata con respecto ao Concello.

Grupo Municipal Socialista

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ana Bazal gaña o concurso fotográfico a ‘Estrada da Sidra’

 

 

 

 

 

Foto gañadora; ANA BAZAL

A primeira edición do concurso fotográfico A Estrada da sidra xa ten gañadores, un certame que está organizado pola Concellería de Turismo de A Estrada, dirixida polo edil Óscar Rancaño.

A primeira fotografía clasificada leva por título Descorche e a autora é Ana Bazal que recibirá de premio 500 euros. A segunda triunfadora é unha imaxe de Juan Rodríguez Pazos que nomea Culín e que se dotará con 350 euros. E o terceiro posto no podio é para a foto Sidra de Reinetas de Reynold Doforno que será galardoada coa cantidade de 200 euros.

O cuarto premio, que contaba con 100 euros, quedou deserto, xa que ninguén presentou imaxes realizadas cun dron.

A primeira edición deste certame foi ben acollida xa que dende o 22 de maio ó 10 de xuño (prazo vixente do concurso) presentáronse un total de 75 instantáneas. A temática establecida na bases foi a busca do espíritu da sidra, transmitindo a cultura que xira arredor desta e que está tan presente na Estrada, fotografando todo o relacionado con esta bebida e tendo como escenario o municipio estradense. O obxectivo deste certame non é outro que o de promover a Festa da Sidra, celebrada en xuño, así como todo o que ten que ver co seu proceso de elaboración, distribución e consumo, ademais, de tódolos axentes implicados neste proceso ancestral. A gran parte das instantáneas presentadas o concurso reflicten momentos da xornada da festa da sidra e tamén as que foron captadas en entornos naturais.

O fallo do concurso tivo lugar o pasado día 6 ás 17.00 horas e o xurado estivo composto por dúas fotógrafas profesionais e por unha representante da Concellería de Turismo. Neste caso as persoas encargadas do veredicto tiveron en conta diversos criterios como a calidade técnico-artística, a creatividade, o domino dos medios técnicos, os procedementos usados, así como o contido informativo.

A entrega dos premios terá lugar a vindeira semana

Publicado en Portada | Deja un comentario

2 Curro Rapa das Bestas Sabucedo

Sabucedo vístese de gala para aloitar os seu

s garañons e as súas manadas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Rapa das Bestas en imaxes, vivea.

 

 

A Rapa en imaxes, 1 Curro Rapa das Bestas 2017

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada e Rapa das Bestas de Sabucedo presentan a edición 2017 desta festa internacional, que cumpre 450 anos de tradición

A organización agarda que entre 20.000 e 30.000 persoas acudan ao certame, que xa conta con 130 xornalistas acreditados de dez países e que recibirá a preto de 200 profesionais

 A Rapa arranca mañá coa 8ª Gala dos Aloitadores e seguirá o venres coa xornada de monte, que comeza ás 7.00 horas no Celeiro tras a misa de San Lourenzo

O Concello da Estrada e a Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo presentaron hoxe a edición 2017 desta Festa de Interese Turístico Internacional –unha das nove que hai en Galicia– que se celebrará entre mañá e o luns 10 de xullo e que conta como principal aliciente coa celebración dos 450 anos desta tradición, que segundo a tradición oral e certos estudos comezou en 1567 cando as irmás coñecidas como “as vellas” entregaron dous cabalos á freguesía de San Lourenzo, creando así a mítica manda de “O Santo”. O acto, celebrado na Praza da Constitución da Estrada, onde quedou inaugurada a mostra “Sabucedo.O sentir dun pobo”, contou coa presenza do alcalde da Estrada, José López; do concelleiro de Cultura, Juan Constenla; do presidente de Rapa das Bestas, Henrique Bazal, e de decenas de veciños de Sabucedo.

No mesmo, revelouse que a estimación de asistencia situarase entre 20.000 e 30.000 persoas durante as catro xornadas festivas centrais e que o evento será cuberto por preto de 200 xornalistas de todo o mundo. Neste intre, téñense rexistradas unhas 130 acreditaciones de medios e profesionais procedentes dunha decena de países e, entre os mesmos, destacan produtoras de Nova Iorque e Londres, canles de televisión de Tokio, que van gravar unha reportaxe para un programa de audiencia millonaria no país oriental, e prestixiosos fotógrafos de España, Portugal, Rusia ou Francia. Polo demais, o rexedor estradense louvou o traballo de Rapa das Bestas e dos veciños de Sabucedo “ao longo de todo o ano para coidar das bestas e do monte” e amosou o compromiso das administracións públicas para seguir axudando ao mantemento da festa e o crecemento promocional deste certame.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Casa da Letras alberga a mostra fotográfica de Sindo Novoa sobre a Rapa das Besta ata o día 10

A mostra fotográfica Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro) segue aberta ó público na Casa das Letras da Estrada que poñerá o seu broche de ouro a vindeira semana, concretamente o día 10. É unha exposición do artista coruñés Sindo Novoa que a través dunha vintena de instantáneas a cor revive esta festa ancestral.

Os interesados poden apreciar a mostra en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.30 horas na Casa das Letras. O obxectivo do fotógrafo e trasladar esta creación polas diferentes zonas de Galicia, algo que suporá unha gran promoción para a festa con tanta relevancia na Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario