Couso acolle o 14 de agosto a 22ª edición do festival As nosas músicas que ese ano conta cun presuposto de 18.000 euros

 

A parroquia estradense de Couso celebrará o 14 de agosto a súa 22ª edición de As nosas músicas, unha xornada cargada de actividades para tódolos públicos que está organizada pola Asociación A Xesteira.

O programa festivo arrancará ás 14.00 horas coa sesión vermú amenizada polo agrupación Ultreia de Santiago de Compostela. A partir das 16.30 horas haberá xogos tradicionais a cargo de Eira Xandobela. Ás 18.30 horas será a quenda do obradoiro Enredos sonoros a cargo de Oli Xiráldez. Ás 20.00 horas estará presente Pablo Carpintero para falar da historia da música tradicional a través dos nosos instrumentos. Ás 21.00 horas terá lugar outro obradoiro, pero neste caso de iniciación ó baile tradicional con Marcos Botana.

Ás 22.30 horas empezará o concerto de Leilía. Tras esta actuación, a xornalista Marga Pazos será a encargada de entregar o II Premio As nosas músicas, galardón que contribúe a apoiar a música e a cultura galegas. Despois terá lugar o primeiro pase de Art-Monium, seguido de Airiños da Freba, do segundo pase de Art-Monium e pechará Tiruleque.

Ademais durante todo o día dispoñerase dunha zona gastronómica contando con servizo de pulpeiro e que incluirá tamén postos de produtos ecolóxicos. Coma noutras ocasións haberá zona de acampada e aparcadoiro gratuíto, deixando en vontade de cada un se desexan ou non facer algunha achega económica.

“Sei que organizar un evento como este despois de 22 anos non é sinxelo, moitas veces o máis difícil non é crear os eventos, senón mantelos no tempo, e si temos algo importante no noso rural, é que unha parte das nosas parroquias seguen mantendo unha importante tradición e foron capaces de ir pasando o relevo a novas xeracións aumentando ademais tanto en cantidade como en calidade o número de eventos que se fan preservando a nosas tradicións e a nosa cultura” indicou onte durante a presentación do evento o alcalde da Estrada, José López o que engadiu: “un exemplo moi claro desas 51 parroquias é a de Couso, unha das parroquias máis festeiras do noso concello, e ademais é un lugar onde unha gran parte dos seus veciños se implican durante todo o ano en distintos eventos, tanto solidarios como culturais”.

O principal obxectivo desta xornada é adicarlla á cultura e gozar dun día en familia.“Este ano a parte do gran espectáculo que temos queremos centrarnos noutro aspecto tamén do festival, que tamén é importante, que son os espazos que temos alí, baseándose no coidado, na hixiene e no respecto á natureza e con todas estas actividades o que pretendemos en que no rural haxa cultura e que serva tamén para que a xente se poida relacionar e coñecer persoas doutros sitios”, destacou Manuel Brey, un dos integrantes da organización.  

Este ano o presuposto do festival é maior con respecto a outros anos, alcanzando os 18.000 euros, pero  contan con diversos apoios, coma o do Concello ou o da Deputación, e con máis de 50 sponsors. “Na asociación cada día somos menos para organizar, pero cada vez temos máis xente que nos axuda altruistamente”, indicou Manuel Brey.

Alejandro Brey, outros dos organizadores, falou do cambio de filosofía do evento o longo destes anos. “Estamos cambiado o que era a filosofía do festival de hai 20 anos, xa que agora non é unha festa de noite, xa que intentamos que sexa máis unha xornada que empece ás dúas da tarde e que poidas estar ca familia ata a unha ou dúas da madrugada podendo desfrutar dun día de festa, por iso este ano a festa en si comeza xa ás 22.30 horas”.

 

******No acto de presentación do evento estivo o alcalde, José López, e os integrantes da organización: Iván Magariños, Manuel Brey e Alejandro Brey.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A unidad móbil do 30 aniversario de Erasmus+ situouse esta mañá na Praza da Constitución

 

 

Finalmente, a unidade móbil con motivo do 30 aniversario do programa europeo Eramus+ situouse esta mañá, na Praza da Constitución (Praza do Concello), entre as 11.00 horas e as 14.00 horas, xa que se barallaba tamén a rúa Calvo Sotelo.A súa presenza servirá para que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poida dar a coñecer  en profundidade as distintas posibilidades deste programa entre os mozos de diferentes puntos de Galicia, facendo unha labor de difusión durante a vindeira semana en distintas localidades das catro provincias galegas.A unidade móbil, que estará rotulada con motivos relacionados co 30 aniversario de Erasmus+ (de Erasmus a Erasmus+) dará visibilidade ó programa e ademais, entregarase material informativo e publicitario.ErasmusÉ o programa integrado da Unión Europea para a Educación, Formación, Xuventude e Deporte. A iniciativa orixinal xurdiu en 1987 como un programa de intercambio que permitía que estudantes universitarios puidesen aprender e enriquecerse estudando no estranxeiro. Ó longo dos últimos 30 anos esta iniciativa foi ampliando o seu alcance e envergadura. Na actualidade, Erasmus+ ofrece un maiornúmero de oportunidades tanto a persoas como a organizacións, dando a posibilidade de ir de voluntario ouaprendiz a países estranxeiros e cooperar en proxectos conxuntos. O Deporte tamén é unha parte fundamental de Erasmus+ e, ademais, hoxe en día o programa esténdese a países de fóra de Europa.De feito, desde o lanzamento del programa Erasmus+ en 2014, dous millóns de persoas de tódolosámbitos  beneficiáronse das oportunidades que ofrece, tales como períodos de estudos, de prácticas ouvoluntariado, adquirindo experiencia no estranxeiro. E durante estes últimos 30 anos participaron un total de cinco millóns de persoas.Entre 2017 y 2020,  Erasmus+ ten como finalidade brindar oportunidades a máis de dous millóns de persoas en toda Europa e no resto do mundo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Marcos Calveiro gaña o XXIX Premio de Novela Manuel García Barros coa obra O Xardineiro dos ingleses

 

A 29ª edición do Premio de Novela Manuel García Barros (Ken keirades) xa ten o seu gañador. Trátase de Marcos Sánchez Calveiro (nome literario Marcos Calveiro) nado en Vilagarcía de Arousa, pero que reside actualmente en Vigo, que conseguiu esta distinción coa súa obra O Xardineiro dos ingleses. Despois de case dúas horas e media a decisión foi tomada hoxe tras a deliberación do xurado que tivo que escoller entre 21 obras presentadas, cifra que ronda a media de case tódolos anos.O xurado estivo integrado por Inma Otero Varela, Carlos González de Lema Malvar, Armando Requeixo Cuba, Mario Iván Regueira Fernández e Carlos Loureiro Rodríguez. Este último actuou como secretario. Despois da lectura de tódolos orixinais presentados e tras levar a cabo distintas seleccións e un intercambio de opinións, previas ó día de hoxe, o xurado chegou a conclusión de que a gañadora fose a obra que levaba por lema o mesmo que o seu título, tal e como se comprobou coa apertura da plica.A obra foi elixida por maioría, tal como comentou Carlos Lema, e os motivos da elección foron a súa capacidade para tecer unha trama que mistura episodios de carácter histórico coa actualidade e na que o pasado ilumina o presente dos personaxes. “A traxectoria da narrativa galega dos últimos 30 anos está ben debuxada nos autores e autoras premiados ó longo de todo este tempo no García Barros. A novela gañadora foi por maioría de votos e non por unanimidade porque había outras novelas tamén de interese”, apuntou Lema.Tal e como relatou Armando Requeixo a novela relata os principais acontecementos da historia europea do século XX, e particularmente da Guerra Civil que condiciona o devir de Galicia, concretado neste caso na presenza e legado da comunidade inglesa e alemá en Vilagarcía de Arousa.“Foi unha xornada de deliberación intensa xa que había moitas propostas interesantes e non todas, desafortunadamente, poden gañar”, apuntou Requeixo o que engadiu “esta é unha historia que está contada con moita pericia e con diferentes voces narrativas”.O xurado argumentou que “escrita con habelencia consegue recrear axeitadamente ambientes e achegarnos a este poderoso caudal narrativo a través de diferentes voces que se complementan na súa ollada e circunstancias, coa do escritor protagonista”.Tras a decisión o edil de Cultura, Juan Constenla, e os membros do xurado comunicaron a noticia ó afortunado. “Quedou encantado de que a súa novela houbese gañado un premio tan importante como é o García Barros, un dos premios literarios máis importantes da nosa comunidade”, indicou Constenla. Ademais “cando falou co concelleiro díxolle que esta era a súa novela maldita porque lle estaba tardando en ser premiada” engadiu Carlos Loureiro.Tal e como establecen as bases do certame puideron participar autores de calquera nacionalidade que presentasen escritos orixinais e inéditos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, quedando fóra os gañadores das últimas dez edicións deste concurso.O galardón terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio e a obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia a principios de novembro. A entrega do premio será, coma en tódolas edicións, cara finais de novembro nun acto público no Teatro Principal da Estrada.Biografía e obras de Marcos Sánchez CalveiroMarcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por Palabras de auga (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou Unha casiña branca (Xerais, 2015). En 2011 publicou Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais 2011) e Centauros do norte (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía El samurai del rey (2010-2011).No 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa obra Fontán. A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Setteccento (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas Todos somos(Xerais 2013) e As palabras poden matar (Xerais 2015).Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter @calveiro

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aberto o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais

A Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá abriu hoxe o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais para a temporada 2017/2018. Teñen dereito a esta cesión os clubs federados e asociacións e entidades deportivas.

As instalacións deportivas que se poden solicitar son:

  1. Campo de Fútbol Novo Municipal
  2. Campo de Fútbol de Callobre
  3. Campo de Fútbol Manuel Regueiro
  4. Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro
  5. Pavillón Multiusos. Pista 1 e pista 2.
  6. Pavillón CEIP Pérez Viondi
  7. Pavillón CEIP Figueiroa
  8. Sala de Musculación do Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro

 

O prazo para as solicitudes pecharase o 31 de este mes. Os interesados deberán cubrir un formulario, que aparece publicado na páxina web do Concello, e presentalo no Rexistro Xeral da Casa Consistorial. Á hora da cesión terán carácter preferente os programas deportivos municipais e as actividades e competicións de carácter federativo. Hai que destacar que a concesión dunha franxa horaria unha tempada, en calquera instalación, non implica que esa mesma sexa concedida ó ano seguinte, xa que estas serán única e exclusivamente para o período que marca cada solicitude.

Con independencia a este proceso de demanda, aquelas entidades que precisen, por razóns de calendario de competicións ou causas debidamente xustificadas, iniciar os seus adestramentos antes do 7 de agosto deberán comunicarllo por escrito ó departamento de Deportes do Concello. Desta maneira, tratarase de resolver esas necesidades en función das instalacións e dos horarios dispoñibles.

En función do número de instancias e dependendo das datas de remate e vacacións do curso escolar, de competicións, torneos e programas deportivos organizados polo Concello da Estrada e das datas de competicións de ligas oficiais de deportes federados, o Concello poderá reducir, alterar ou variar os períodos de utilización de instalación solicitados, previo aviso ós clubs afectados.

Tratarase de dar cobertura ó mesmo número de equipos dos que dispuxo o club durante a tempada pasada. As solicitudes de maior número de horas atenderanse segundo a carga e a dispoñibilidade da instalación.

Tódalas solicitudes que non se presenten dentro do prazo establecido, atenderanse despois de realizar o cadrante de horarios e dentro das dispoñibilidades existentes. Os horarios estarán vixentes desde o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de maio de 2018. Aqueles clubs que despois desta data aínda sigan cos adestramentos por estar en período competitivo, deberán de comunicarllo ó departamento de Deportes para poder seguir usándoas. Este departamento dará a coñecer os horarios asignados a través dunha reunión con tódolos solicitantes nunha data aínda por confirmar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A escola infantil municipal actualiza a súa lista de alumnado admitido e en espera para o vindeiro curso

A escola infantil municipal da Estrada publicou hoxe unha lista actualizada de alumnos admitidos e en espera para o vindeiro curso 2017/2018, xa que houbo diversos cambios e incluso unha baixa. Así desta maneira e a día de hoxe, na listaxe de admitidos de 0 a 1 anos figuran 16 alumnos, dos cales sete asistirán pola mañá e pola tarde e nove só de mañá. Aquí non hai lista de espera.De 1 a 2 anos están admitidos tamén 16 alumnos: catro asistirán a xornada completa pola mañá, un completa pola tarde, dous completa pola mañá e tarde e nove media xornada pola tarde. Neste caso figuran 13 nenos na lista de espera para a xornada de mañá, aínda que destes sete xa están admitidos na quenda de tarde.Na lista de admitidos de 2 a 3 anos, o grupo máis numeroso, foron admitidos 27 cativos: 12 irán pola mañá en xornada completa, sete pola tarde e pola mañá e oito media xornada pola tarde. Neste caso, hai cinco alumnos na lista de espera que solicitaron media xornada de mañá, dos cales dous xa están admitidos na quenda de tarde.Os interesados poden consultar as listas na páxina web do Concello ou no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PAPEL DE KILLER DOMINGUERO DO SR CONSTENLA AMOSA AS PRÉSAS DO GRUPO DE GOBERNO POR PECHAR UN ASUNTO DOS CONTRATOS DO CONCELLO COAS EMPRESAS DO COORDIANDOR DE PROTECCIÓN CIVIL

O Goberno local do PP fai uso partidista da institución municipal.

 

Atrancos á oposición para acceder á información.

 

 

“É unha magoa que o PP entenda que o Concello da Estrada e o seu ‘cortijo’ particular e se gabe de facer un uso partidista da institución municipal”, comentou a portavoz socialista en alusión á presentación e “posta en escena que o tenente de alcalde Juan Constenla fixo o fin de semana ante os medios de comunicación para dar a coñecer a existencia dun informe da secretaría municipal no que segundo as o criterio do PP se refrenda que o Concello contrate servicios municipais coas empresas do traballador municipal Carlos Failde”.

 

O papel de “killer dominguero” que tentou facer o Sr. Constenla tentando pechar e fixar conclusións sobre un informe ao que só o PP local tivo acceso -a pesares de que foi pedido polo grupo socialista no pleno do 5 de xullo- demostra que o grupo de goberno pretende unha vez máis impoñer a súa propia sentencia final. A pesares de que o Sr. Constenla posuía o informe o venres, 3 días despois, hoxe luns, á 1 da tarde inda non deran traslado do mesmo.

 

Dende o grupo socialista insistimos na necesidade de investigar o caso concreto das contratacións das empresas do traballador municipal, que nos consta que máis alá de 2014 continuaron a contratar e subcontrar co Concello da Estrada -como demostramos no pleno pasado-, e deixar de ampararse en informes xenéricos sobre a interpretación da lei. Un medio de comunicación de ámbito nacional realizou unhas denuncias públicas sobre fraude na contratación no Concello da Estrada, e é iso o que debe dirimirse, non falar do sexo do anxos.

 

Dime de que presumes e direiche de que careces -refrán popular-.

“O Sr. Constenla vive no seu mundo particular no referente á transparencia do grupo de goberno e accesibilidade á información. Convocar comisións sen dar acceso á documentación do expediente a debatir, entregar os informes de secretaría na propia comisión ou 5 minutos antes do pleno non é dar acceso á oposición como “perico por su casa”, se non todo o contrario é poñer atrancos para que poidamos realizar a nosa función de fiscalización da labor do goberno”. Os atrancos para que a oposición consiga información municipal é algo que ven facendo o goberno local dende o inicio, polo tanto non pedimos máis que que cumpra coa lexislación vixente. Lembrámoslle que o grupo municipal do PSOE ten solicitado, por rexistro de entrada, información e meses despois inda seguimos agardando que se nos remita. “Lamentamos que ao Sr. Constenla e ao PP local non lle guste que dende a oposición se demostre e saque a público como é a súa xestión municipal, inda que son perfectamente conscientes que estas funcións forman parte da función de control da oposición. “Se o Sr. Constenla non o sabe que pregunte ao seu xefe que ten experiencia”

Grupo Municipal Socialista

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os propietarios dos predios da Alameda aceptan a nova mediación que permitirá a súa expropiación

O alcalde José López, un asesor xurídico de Urbanismo e un perito agrícola recibiron hoxe pola mañá ós catro propietarios dos terreos que se expropiarán para ampliar os xardíns municipais. Durante o acto déuselle tódolos detalles sobre as novas medicións efectuadas o 2 de xuño, despois de presentarse alegacións onde se indicaba que había disparidade de metros. Despois disto tódolos propietarios firmaron a acta de acordo con respecto o que son as superficies das parcelas, tanto as superficies globais como as individualizadas. O seguinte paso que se levará a cabo será adaptar o texto refundido que resolve o período de alegacións, e que xa foi sometido a información pública. Nestas alegacións facíanse referencia fundamentalmente o relacionado co tema da superficie e tamén co de valoracións. Desta forma, o tema de superficies, coa firma do acordo hoxe polas partes interesadas, queda pechado. Mentres, o tema das valoracións resolverase no transcurso do expediente correspondente.Agora co texto refundido abrirase un prazo de 20 días para presentar a súa conformidade ou desconformidade en relación ó expediente expropiatorio. Seguramente o mércores quede finalizada esta primeira fase, que será o peche por parte dos servizos técnicos do departamento de Urbanismo , concluíndo tamén o que son as actas e a documentación necesaria para poder finalizar o procedemento que concluirá coa realización dunha Representación Gráfica Alternativa (RGA). (A Representación Gráfica Alternativa (RGA) é unha representación gráfica que difire da representación gráfica contida na certificación catastral descritiva e gráfica dun inmoble óentender o titular que non se corresponde coa realidade física).“O valor resolverase agora no proxecto expropiatorio, pero en principio temos claro cal vai ser porque foi o que se acordou no seu momento, pero ó incrementar a superficie evidentemente que hai outro custe”, sinalou o alcalde.Simultaneamente a este paso, o Concello efectuará o procedemento final, o expropiatorio, co texto refundido, resolvendo as alegacións presentadas, dando conta das novas superficies e desta forma finalizarase o proceso, con ese prazo de 20 días aportado. “Xa estamos na fase final coa vista posta no que será o proxecto de urbanización que será un dos proxectos que van moi na liña da estratexia da Edusi e que vamos a plantexar a incorporación deste proxecto, tanto o que é a elaboración da parte técnica como a de execución da obra dentro da Edusi”, apuntou López. (Edusi: Estratexias de Desarrolo Urbano Sostible Integrado). Desta maneira, o Concello ten garantindo tódolos fondos necesarios para esta actuación a través deste programa. “Iso é unha moi boa noticia, xa que estamos falando dunha inversión considerable sendo unha actuación que vai afectar a unha hectárea aproximadamente”, apuntou o rexedor.Tras a mediación feita fai un mes chegouse a conclusión de que había 162,4 metros cadrados máis que o que establecía o Catastro, alcanzando unha superficie de 4.671, 40 metros cadrados. A achega orzamentaria será de cerca de 1,8 millóns de euros, xa que coa nova superficie incrementouse en 50.000 euros. 

Publicado en Portada | Deja un comentario