Festa Santo Cristo de RIOBÓ
O BNG apoia o piquete informativo das traballadoras e traballadores do 112
O BNG da Estrada formou parte na tarde-noite de hoxe do piquete informativo que todos os días realizan as traballadoras e traballadores do 112 fronte a sede da AGASP, en folga desde hai máis dun mes.
Con este xesto, desde o BNG da Estrada reiteramos o noso apoio e solidariedade con este colectivo, cuxa loita polos seus dereitos laborais, son, hoxe por hoxe, un referente de dignidade e de compromiso de clase para todas as traballadoras e traballadores da Galiza.
Desde o BNG da Estrada facemos un chamamento ás autoridades políticas da Xunta de Galiza a solucionar dunha vez por todas este problema, que afecta a un dos servizos máis importantes do noso país, como é o 112, o servizo de Emerxencias, que ten a súa sede na Estrada. Por outra parte, instamos ao PP e á empresa contratada a respectar os dereitos laborais das traballadoras e traballadores e a non por en risco a vida das persoas.
Pilar Sampedro visita O Foxo
A coordinadora de literatura Infantil discriminatoria Pilar Sampedro visitou na mañá de hoxe o CEIP O FOXO para compartir cos nenos conto e historías da vida real.
Presentación Obradoiros de prevención Violencia de Xénero
Na mañá de onte presentouse no concello de A Estrada en colaboración co CIM uns obradoiros de prevención a violencia de xénero nos centros educativos de primaria como secundaria.
Asina a ILP d’A Mesa, é de sentido común
O BNG da Estrada chama a participar na recollida de sinaturas para a iniciativa lexislativa d’A Mesa Normalización Lingüística «de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, que se realizará na Estrada o vindeiro domingo 21 de maio, coincidindo coa Festa do Salmón.
Con esta iniciativa lexislativa popular, para o que fan falta un mínimo de 10.000 sinaturas para que poida tramitar no Parlamento Galego, búscase igual trato e iguais dereitos para as persoas galego-falantes, concretamente que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego, nun ámbito tan básico como o socioeconómico. É dicir, para que todas as persoas que falan galego e queiran recibir recibir información comercial na nosa lingua, así como ser atendida en galego, que haxa formularios en galego, etc, poidan facelo e se vexan garantidos os seus dereitos. Ese é o obxectivo desta ILP e que o BNG comparte ao 100%.
Desde o BNG facemos un chamamento aos veciños e veciñas da Estrada para participen en asinen esta ILP, cuxa mesa de sinaturas estará disposta na Rúa Xusto Martínez da Estrada, entre as 11.30h, e as 13.30h do domingo 21 de maio.
BNG da Estrada










































