Ofrenda Floral nós Xardíns Municipais

 

 

Esta mañá faremos nos Xardíns Municipais a ofrenda floral e o pregón a cargo de Don Eduardo Alonso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

XII Ruta das Letras. Andamos e falamos.

 

 

XII Ruta das Letras. Andamos e falamos.
Subida á Pedralba
O próximo mércores 17 de maio, terá lugar a XII edición da Ruta das Letras, organizada pola Asociación.
Saída/Chegada: 9:30 / 13:30 Igrexa de Ouzande
Percorrido: 15 km
TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES SERÁN AGASALLADAS CUN LIBRO EN GALEGO, CORTESÍA DA ASOCIACIÓN, EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DA NOSA LINGUA.
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen, socias ou non socias.
Recoméndase levar calzado resistente, debido ás condicións do camiño, así como uns prísmáticos.
A actividade só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.

LUGARES DE INTERESE:

– Montes do Pedroso e A Pedralba (A Somoza): posto que albergan numerosas especies autóctonas que sobreviviron as reforestacións masivas de coníferas, especialmente de piñeiros e eucaliptos. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros…).
– Monte Cabalar: A rota discorre en parte a través das parcelas incluídas no coñecido proxecto “Monte cabalar”, o que nos permitirá disfrutar do excelente estado en que sen conserva o monte, así como contemplar  as mandas de cabalos e vacas en liberdade.
– Vistas panorámicas: fermosas vistas paisaxísticas cara ao val do río Liñares co monte da Rocha ao fondo. Tamén se divisa neste percorrido a vila da Estrada desde numerosas perspectivas, así como a cidade de Compostela, o val do río Ulla, Pico Sacro, montes da Somoza… O alto da Pedralba, obxectivo da ruta, sitúase a 634 m de altitude, e permitirá gozar aos camiñantes de vistas como as indicadas, e mesmo, en caso de boa visibilidade, da contemplación das Rías de Arousa e PontevedrA.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Corregelingua A Estrada 2017

 

BÚSCATE :

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cereixo e Vinseiro unidos pola defensa dos seus dereitos parroquíais

 

 

Concentrados esta tarde de novo diante da iglesia de Cereixo para escoitar o seu parroco Gilberto e as súas explicacións ainda que moi doidos e decepcionados despidense porque a partir de mañá  terán misando un novo parroco chamado Rubén.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Nova directiva da Asociación de Empresarios de A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

VIII CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA 2017

 

 

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a sétima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 200+100 prazas por quenda. Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

            A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 80 euros por participante e mes. O único desconto no prezo será segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 60 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 30 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

            Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. De quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles nenos/as que non se atopen empadroados no noso concello.

            As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalacións das piscinas municipais.

O Campus Deportivo de verán conta con servicio de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con paradas diante do Concello,  Bar Gran Vía, Ambulatorio e Cafetería Invictus con regreso.

            Os interesados en formalizar a inscripción deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa-departamento de estatistica) a partir do vindeiro xoves día 1 de xuño ás 8:30 horas.

            As prazas adxudicaranse segundo a orde de inscripción ata esgotar as mesmas. No momento de esgotar as prazas comezará una lista de espera.

            A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas.

            O pago farase antes do venres día 16 de xuño, antes do comezo da actividade, tendo que presentar o resgardo de pago no departamento onde se fixo a inscrición no Concello xunto ca documentación requerida.

            Aqueles inscritos que non presenten o resgardo de pago antes do comezo da quenda correspondente, quedarán excluidos da actividade, e ocupará o seu lugar o primeiro inscrito da lista de espera.

 

Departamento de Deportes do Concello da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Feira Multisectoríal A Estrada

 

Dende  as 10 da mañá de hoxe atas as 20 h tedes unha cita importante os aficcionados as antigüedades, labores é artesanía no  recinto feiral estradense, cunha feira a que se suma o quinto certame de palilleiras, que contará ca participación dun centenar de participantes de toda Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario