O BNG da Estrada quere trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás traballadoras e traballadores do 112 que iniciarán unha folga indefinida a partir do sábado 15 de abril.
As traballadoras e traballadores levan meses mobilizándose para denunciar as consecuencias que terá o traslado do 112 de Santiago de Compostela ao noso concello. Porén, nin as súas denuncias, nin as súas demandas foron escoitadas, o que demostra a falta de responsabilidade e de sensibilidade dos responsábeis políticos da Xunta para con este colectivo, que desenvolve unha importante tarefa para todas e todos os galegos.
Neste sentido queremos tamén subliñar o nulo papel do alcalde da Estrada, que se ofreceu a mediar diante dos seus compañeiros do PP, pero que a día de hoxe non fixo nada por un colectivo que terá o seu centro de traballo no noso concello, o que demostra unha vez máis que é un falabarato e un peso pluma dentro do seu partido.
Para o persoal do 112 é especialmente grave o silencio tanto da administración, como da empresa, no relativo aos custos dun traslado que vai afectar a 300 familias e que vai provocar unha diminución dos seus ingresos, segundo os seus cálculos, dun 14%, en salarios que están en arredor dos 1.000 euros.Isto terá unha perda directa dos ingresos das traballadores e traballadoras, porque ademais do aumento do custe da vida e de manterse os seus salarios conxelados desde hai 6 anos, que agora terán que restar, na maioría dos casos, os gastos en combustíbeis para ir e vir todos os días ao seus postos de traballo.BNG de A Estrada
O BNG da Estrada cas traballadoras e traballadores do 112
Os Cabaleiros de Riobó fan o Camido de Santiago
Os Cabaleiros de Riobo saíron no día de onte pola maña pra comenzala ansiosa aventura dende o Cebreiro a Santiago de Compostela, facendo así o Camiño de Santiago contan chegar a Capital o largo da mañá do Domingo.
Moi bo Camiño Cabaleiros .
Da comezo un Obradoiro de Voz para A Escola de Artes éscenicas EMAE
A Escola Infantil comenza as súas obras en A Estrada
Os Técnicos UTE acompañados por redactores,directores da obra e un técnico representante do Concello realizaron onte un replanteamento do novo centro educativo que se construira nos terreos da Baiuca.
O BNG solicita ao Goberno municipal a posta en marcha de cursos de formación en tecnoloxías dixitais
Por outra parte, estes cursos non só deberían formar no uso das tecnoloxías dixitais, senón que deberían ter un apartado específico, e non menos importante, para advertir dos perigos do mundo dixital, que os hai, como poden ser as estafas e o ciberacoso, que poden ter fatais consecuencias tamén entre a xente máis nova.
Xa por último non queremos esquecernos da nosa lingua, que tamén ten que estar presente na formación dixital dos veciños e veciñas. Como xa subliñamos noutras ocasións, formar nas tecnoloxías dixitais en galego non só é posíbel, senón necesario para a divulgación do noso idioma. E non nos estamos referindo a que as persoas que impartan os cursos falen galego, que tamén, senón a que as ferramentas que se utilicen estean no noso idioma, feito que é posíbel grazas á comunidade de voluntarios e voluntarias que traducen ao galego distintas ferramentas dixitais, como poden ser sistemas operativos, navegadores, etc.
E xa por último, destacar tamén que é importante que as ferramentas dixitais libres teñan tamén cabida nestes cursos de formación, non só porque están traducidas ao galego, cousa que non se pode dicir dos sistemas privativos (Windows e Mac, principalmente), senón porque ademais de ser igualmente funcionais, son máis asequíbeis para todos e todas.
—
Visita ó CEIP do Foxo Marina Menéndez
Hoxe na Biblioteca “Xosé Neira vilas” do CEIP do Foxo recibimos a una adolescente con síndrome de Down, Marina Menéndez.
Para desenvolver esta actividade puxémonos en contacto coa Asociación Down Compostela, da que Marina é usuaria, coa finalidade de coñecer máis polo miúdo como é a vida dunha persoa usuaria desa asociación e ser quen de entender e valorar a diversidade.
Con motivo da celebración, o 21 de marzo, do día Mundial do Síndrome de Down, traballouse no Centro a nivel de grupo sobre este tema, tanto aportando información como reflexionando sobre as diferenzas das distintas personas, a empatía con elas e o respecto cara elas…
Marina compartiu con alumnos de 5º e 6º de Primaria do cole, anaquiños da súa vida e contounos cousiñas para que sexamos capaces de ter outra mirada cara as persoas que teñen capacidades diferentes, cara a diversidade por varios motivos:
- Porque a diversidade enriquécenos como persoas , sempre logramos aprender algo que nin nos imaxinabamos.
- Porque aprendemos a aceptar as diferenzas e darnos conta do fluxo positivo en ambos sentidos que ten o feito de compartir experiencias, pois saen de Marina e chega a nós e de nós a Marina.
- Porque aprendemos a valorar a importancia do esforzo na consecución de metas, obxectivos.
- Porque aprendemos a ter empatía e ser capaces de poñernos no lugar do outro.
Marina acudiu ao Centro acompañada de persoal da Asociación Down Compostela e despois dunha presentación na que contaba como se desenvolvía a súa vida, o seu día a día, os seus gustos…., os nosos alumnos tiveron ocasión de facerlle preguntas e participaron nun intercambio de papeis no que os nosos alumnos intentaban poñerse no lugar de Marina e ver o que se sinte cando un está do outro lado dun grupo, da importancia de pedir axuda….





































