16 de maio de 2017 como consecuencia 21.30h Teatro Principal de A Estrada DOSIERO MELLOR TRIBUTO A U2 DO MUNDOJARDÍN ZEN é unha banda italiana liderada por Stefano «Zeno» Sala, e this considerado de Como o Mellor tributo a U2 Que Existe un ACTUALMENTE Nivel Internacional. Naturais de Milán, pasean o seu Espectáculo por todo o mundo empregando o mesmo repertorio, os mesmos Instrumentos, o mesmo e hijo INCLUIDO O mesmo mirar Que una mítica banda irlandesa. ZG é algo Mais que unha banda tributo de U2, é unha banda clónica posto que o seu grande PARECIDO físico ea imitación exacta del ventilador bronceado Que na súa posta en escena Sorprende polo seu Nivel de perfección.A BANDAZENO SALA: Bono (cantante)MATT BIDOGLIA: The Edge (guitarras)KIM MARINO: Adam Clayton (baixo)L. SANTORO: Larry Mullen (batería)O CONCERTOSon dúas horas de concierto repletas de Exitos de U2 … Desde clásicos de Como «Con o sin ti»»Donde las calles no tienen nombre» «Uno» ou «Domingo Sangriento domingo» A golpea máis recentes Como «Vértigo»Ou»Magnífico». Ver la ONU concierto de ZEN GARDEN é o máis Próximo a presenciar el considerando ONU da banda irlandesa liderada por Bono.Un XIRAZG leva anos del membrillo Realizando máis de 1000 conciertos por todo o mundo, Actuando en Países Portugal, Francia, Hungría, Malta, Rusia ou España; metendo máis de 12.000 persoas sin Palau Sant Jordi de Barcelona, ​​ou 25.000 nas Festas do Pilar de Zaragoza. ACTUALMENTE vén de rematar unha Xira por Sudamérica na Que encheu Estadios de Como o de Arena de Monterrey (México) e actuou en Países Como Brasil, Perú, Paraguay ou Guatemala.XIRA ESPAÑOLA05/12/2017: Navarra13-05-2017: Zaragoza14-05-2017: Madrid16-05-2017: A Estrada (Pontevedra)18-05-2017: Bilbao19-05-2017: Girona20-05-2017: BarcelonaCOMPRA DE ENTRADASVenda de EntradasA partir do vindeiro LUN día 3 de abrilPrezo: 10,00 € (Anticipada) 12.00 (Billeteira)Venda anticipada ninguna Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina ou un Través da plataforma de venda en línea www.mercaticket.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

«Soño dunha noite de verán» ofrecerá mañá o seu último pase en A Estrada

Informámosvos de que a compañía VOADORA, que veu de poñer en escena «Soño dunha noite de verán» durante os últimos dous días na vila, ofrecerá mañá un último pase no Teatro Principal ás 11.00h. da mañá.

 
Todos aqueles interesados en ver o espectáculo poden recoller unha invitación na billeteira do teatro dende as 10.30h.
Lembrarvos que, despois de 22 funcións en Galicia, esta será o último pase da obra en terras galegas antes de que este vindeiro xoves poñan rumbo a Zaragoza para dar inicio os vindeiros venres e sábado á xúa xira española. 
 
Dirixida a persoas maiores de 16 anos, o clásico de Shakespeare é filtrado a través da renovadora ollada de Marta Pazos e  a compañía Voadora para construír unha peza centrada na temática da liberdade do individuo. Unha liberdade que racha todo convencionalismo social e convida a facer unha reflexión sobre o amor, sobre o que nel pode haber de ilusión, de fantasía, de enredo, mais tamén de violencia ou de submisión. As personaxes femininas nunha nova visión. Todo na obra se transforma en símbolo: a escenografía, a composición de certas escenas, a estética, a danza, a música, a cor… Unha vez máis, os clásicos na súa atemporalidade e o teatro  necesario para interpretar o presente. 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Susana Camba forma parte da Executiva Nacional do BNG

 

 

A que fora a número dous da candidatura do BNG ás eleccións municipais, Susana Camba Castro, forma parte desde hoxe da Executiva Nacional do BNG, liderada por Ana Pontón, electa na XVI Asemblea Nacional que tivo lugar na Coruña o sábado 25 e o domingo 26.

A Executiva electa é unha dirección que conxuga renovación e experiencia, e foi electa nunha candidatura que emanou das bases militantes, concretamente das 25 asembleas comarcais que se desenvolveron nas últimas semanas ao longo de todo o país. Concretamente a proposta de Susana Camba foi feita na asemblea comarcal da Estrada-Deza, contando coa unanimidade e o aval de toda a militancia.

Susana Camba Castro é veciña da Estrada, ten 43 anos, é licenciada en historia e traballa no 112, e representa aos traballadores e traballadoras deste servizo no seu comité de empresa.

Para o BNG da Estrada é un orgullo contar cunha das súas militantes no máximo órgano de dirección da nosa organización, que procura contar con persoas que se caracterizan pola súa traxectoria política, pero tamén implicada socialmente na defensa e na recuperación dos nosos dereitos sociais e políticos que temos como galegos e galegos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Uns 400 voluntarios participan na Agasp nun acto de recoñecemento ás agrupacións de protección civil

Uns 400 voluntarios galegos reuníronse esta mañá na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), na Estrada, para participar nun acto de recoñecemento ás agrupacións e asociacións de voluntariados de protección civil, así como ás institucións e personalidades que colaboran con elas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe neste evento, no que tamén estivo presente o presidente da ANAV, Arturo Fuente, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, que recibiu a Cruz de Servizos Distinguidos, na categoría de ouro, pola súa colaboración coas agrupacións de protección civil.

O acto, que cada ano se celebra en lugares distintos da xeografía nacional, pretende dar visibilidade e recoñecer os méritos acadados no campo da protección civil. Deste xeito, ademais da condecoración ao delegado do Goberno, entregáronse placas ao mérito colectivo -nas categorías de ouro, prata e bronce- a distintas asociacións de protección civil Ademais, tamén se fixo entrega da Cruz de Servizos Distinguidos na categoría de bronce a varios voluntarios e, de maneira especial, a 11 voluntarios a título póstumo.

Este ano, coincidindo co 15º aniversario da catástrofe do Prestige, a ANAV presentou oficialmente a Medalla Prestige, que ten como finalidade poñer en valor a solidariedade e os servizos prestados por todas as persoas que, ben voluntariamente ou pertencendo a outras institucións, participaron activamente para paliar as consecuencias desta situación. A medalla número 0 entregouse á S. M. o Rei Don Juan Carlos I de Borbón e a número 1 á Brigada de Infantería Lixeira Aero-Transportable (Brilat), con base en Figueirido (Pontevedra), e que estivo presente durante os meses que duraron os labores de limpeza nas costas galegas

Publicado en Portada | Deja un comentario

A neve chega ao noso Concello

Publicado en Portada | Deja un comentario

Clausura dos Obradoiros de Emprego Estradenses

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada paralizada pola ausencia de orzamentos de 2017

No BNG da Estrada vemos con preocupación que o goberno municipal do PP aínda non teña unha proposta de orzamentos para 2017, cando xa van a la dous meses e medio que deu comezo o ano.

Os orzamentos non son unha cuestión menor, xa que permite ao goberno acometer investimentos e gastos que doutro xeito non pode facer. Investimentos, en moitos casos, comprometidos cos veciños e veciñas, pero ao non telos aprobados tampouco se poden executar.

Desde o noso punto de vista é certamente curioso que un goberno con maioría absoluta non teña a estas alturas unha proposta enriba da mesa. É lóxico que un goberno en minoría como hai moitos no noso país teña que negociar coa oposición para aprobar os orzamentos, pero non se entende que con once concelleiros e concelleiras o goberno do PP da Estrada aínda non os teña aprobados.

Esta situación singular que se dá no concello da Estrada só se entende pola incompetencia e irresponsabilidade, en primeiro lugar do Alcalde, pero tamén do seu concelleiro de facenda, Alberto Blanco, incapaces, ambos, de poñer enriba da mesa uns orzamentos, o que demostra que non se entenden entre eles nin entre o grupo de goberno.

Desde o BNG da Estrada instamos ao goberno municipal a poñerse as pilas. A Estrada non pode estar paralizada pola incompetencia e irresponsabilidade dos concelleiros e concelleiras de goberno. Instamos ao Alcalde a exercer a súa responsabilidade e se ten que cambiar de concelleiro de facenda que o faga, pero A Estrada necesita uns orzamentos.

No BNG agardamos que nos vindeiros días o grupo de goberno sexa quen de poñerse de acordo entre eles e achegar unha proposta para que os partidos da oposición poidamos facer achegas e suxestións como sempre facemos, dese logo desde a parte que nos toca.

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario