Pazo de Xerlís apoyará o próximo Sabado 18 de Febreiro a biopsia Líquida cun Cocido Solidario

Esta comida Solidaria a favor da campaña de investigación do grupo Oncomet, terá un prezo de 35 euros por persoa, as entradas estarán posta a venda en numerosos locaís Estradenses entre outros.

En Joyeria Fondevila, Oficina de Cultura no Concello de  A Estrada, Oficinas Centrais Sala Gradín, en Lupe´s Coffee & Beer (ao lado de El Corte Ingles) Santiago de Compostela.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os socialistas da Estrada denuncian irregularidades nos fondos públicos


Os socialistas da Estrada denuncian que o alcalde paga con fondos públicos arranxo das máquinas do ximnasia da academia de policía (de titularidade da Xunta de Galicia), e do q saca rendimiento económico unha empresa privada, mentres o ximnasio municipal que hai no pavillon do Coto Ferreiro para uso deportivo non funciona e ten as máquinas en estado lamentable.
 O acordó do alcalde vía Xunta de Galicia implica que os estradenses pagamos tres veces polo uso das instalacions da piscina climatizada e do ximnasio: cando entregamos os terreos a Xunta para a sus construcion, cando pagamos cuota de acceso e agora somos penalizados a traves do orzamento que o Concello debería empregar para dar servizos e atender aos veciños e veciñas.
Os socialistas reclamaremos unha partida no orzamento municipal para a adecuación e mellor do ximnasio municipal ubicado no Coto Ferreiro e que se abra ao uso das escolas deportivas municipais.

 

Psoe A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

Día do almorzo saúdable no colexío O Foxo

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

CERTIFICACIÓN GALEGA DAS COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA (CODIX)

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada infórmase que a AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (Amtega) publicou, no DOG num 15 do luns 23 de xaneiro de 2017, a Convocatoria para a obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX), tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

 

O prazo de inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

As persoas que desexen participar no curso convocado deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal). Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede

CeMIT. Unha vez que remate o prazo de inscrición  publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal). As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data da súa publicación a taxa de dez (10 €) euros correspondente aos dereitos de exame seguindo ás instruccións establecidas na orden da convocatoria, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

 

No curso desenvolveranse os seguintes temas:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Para máis información consultar no DOG  num 15 do luns 23 de xaneiro de 2017 ou acudir ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito no 2º andar da Avda. Benito Vigo nº 94 (Tlfno 986 57 09 97 – email aedlestrada@gmail.com).

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada Comedy

 

ÁNGEL MARTÍN Venres 17 de febreiro ás 21.00h Teatro Principal da Estrada

ÁNGEL MARTÍN é un cómico, guionista, actor e presentador barcelonés que se deu a coñecer coa súa participación nos programas televisivos «Sé lo que hicisteis…» xunto con Patricia Conde, e «Órbita Laika», un programa de TVE 2 de divulgación científica. Entrou a formar parte do plantel de monologuistas habituais da Paramount Comedy e traballou de guionista na serie «Siete vidas». Recibiu dos premios TP de Ouro como presentador e un premio da Academia de Televisión de España ao mellor presentador. Ademais ten formado parte de proxectos teatrais como «Nunca es tarde» ou !Que viene Richi», facendo distintas colaboracións cinematográficas. Actualmente realiza o espectáculo «Lo de hablar…» en el Teatro La Chocita del Loro, con grande éxito. Serán monólogos deste espectáculo os que traia ao Teatro Principal da Estrada.

 

CARLOS BLANCO Venres 10 de marzo ás 21.00hTeatro Principal da Estrada

Este actor e presentador galego pasa por ser un dos mellores narradores orais do país. Comezou a súa andadura artística na Radio e TV Galega, popularizándose no papel de Ladislao na mítica serie «Mareas vivas». Fixo tamén distintos papeis no eido cinematográfico participando en filmes como «O lapis do carpinteiro» ou «Cargo». Na súa faceta de narrador oral ten colaborado con artistas da talla de Xosé Manuel Budiño, Manecas Costa ou Luis Davila. Ten no seu haber Premios tan importantes como o María Casares de teatro ou o Mestre Mateo de interpretación. Á Estrada traerá contos escollidos entre o mellor do seu repertorio.

XOSÉ TOURIÑÁN Luns 1 de maio ás 20.00hTeatro Principal da Estrada

O fenómeno televisivo por autonomasia de Galicia ten un nome propio: Xosé Touriñán. «Air Galicia» «Land Rober» «Tourilandia» ou «Era visto» son só algúns dos programas que o actor converte en éxito botando man do seu inconfundible estilo retranqueiro. Toruriñán aterrará no Teatro Principal da Estrada para presentarnos o seu espectáculo «Manolo Lojo». Non foi doada a vida de Manolo Lojo… un rapaz superdotado, que remata vivindo cunha paga por parvo. Con este argumento, Xosé.A.Touriñán constrúe a historia da súa tráxica vida mesturada con temas de actualidade e historias clásicas, todo na mellor clave de humor “retranqueira” que invita ao espectador a acompañalo nunha viaxe emocionante e divertida.

MIGUEL LAGO Venres 19 de maio ás 21.00hTeatro Principal da Estrada

O actor e monologuista MIGUEL LAGO chegará á Estrada co seu espectáculo «Soy un miserable» que conseguiu poñer o cartel de «esgotadas as localidades» no Teatro Reina Victoria de Madrid e convertelo nun dos espectáculo do ano 2016 na carteleira madrileña. Sobre o escenario estradense poderase ver ao Miguel máis cáustico, crítico e mordaz, un humorista capaz de facer rir sen descanso con ese estilo tan único que o levou a serr elixido «Monologuista do ano» para o público de El club de la Comedia, programa onde é un dos rostros máis habituais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Actividades Fin de Semana en A Estrada

HISTORIAS DE MEDO E ARREPÍO no Teatro Principal hoxe ás 21:00 h con Paula Carballeira. Quedan poucas invitacións; apurade a coller a vosa na billeteira do teatro a partir das 20:30 h (aforo limitado).

⚰ Seguindo co tema do medo, hoxe continúa a programación da 4ª Edición do Festival de Cine de Terror PANIC nos Minicines Central (entrada de balde)
00:00 h _Penitencia_ (curtametraxe)
00:15 h _Nunca apagues la luz_

Sabede que, a partir do luns 23, poremos á venda as entradas para ver a obra FRANKENSTEIN, que estará no Teatro Principal o vindeiro venres 27 ás 21:00 h, prezo 3€.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP non ten proxectos para o EDUSI “A Estrada Social e Sostíbel 2020”

O BNG, que acaba de recibir todas as propostas que presentaron os partidos da oposición, vemos con certa sorpresa que o Partido Popular, que goberna o concello da Estrada, non presente ningún proxecto ao EDUSI, “A Estrada Social e Sostíbel 2020”, que xestionará preto de seis millóns de euros de fondos europeos.

Se é a participación social é un dos eixos vertebradores deste proxecto, é moi estraño que o partido do goberno non teña un proxecto para a Estrada de 2020, o que nos fai sospeitar que o PP xa camuflou as súas propostas dentro da proposta inicial presentada, aproveitando o formulario web aberto a todos os veciños e veciñas.

Se isto é así, ese comportamento só pode ser cualificado de covardía política por parte dun partido que non é quen de dar a cara e confrontar as propostas publicamente como facemos os demais partidos políticos, demostrando ademais que o PP non ten proxecto para A Estrada, ten unha serie de parches que vai improvisando segundo conveña, como por exemplo o das “marquesinas amigables”, algo completamente inútil que só servirá para dilapidar os cartos públicos.

O BNG, en cambio, si presentou o seu proxecto, a pesar do estreito marco de actuación que nos marca a Unión Europea; un marco urbanita que non se adapta ao noso concello, eminentemente rural e extenso, coas súas particularidades e especificidades. É dicir, que este proxecto que se di “Social e Sostíbel” non se fixo precisamente para dinamizar o agro e gandeiría, senón para poñer disparates como as “marquesinas ambigables”.

A pesar do traxe estreito con que nos quere vestir a Unión Europea co proxecto EDUSI, o BNG si ten un proxecto concreto para revitalizar o rural, no amplo sentido da palabra, pero sen esquecernos evidentemente da vila.

Por outra parte, o BNG ve con preocupación o desleixo do goberno municipal con respecto ao proxecto EDUSI. Se a principios deste mes de xaneiro había moita presa para que se presentaran os proxectos antes do 9 de xaneiro, a día de hoxe aínda non se convocou a comisión estratéxica para analizar os proxectos presentados.

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario