Día de Rosalía

Mañá xoves ás oito da tarde no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) está fixada a celebración do Día de Rosalía de Castro coa que o Concello e os centros escolares estradenses homenaxean á poetisa padronesa. 
 
Durante o acto recitaranse poemas de Rosalía a cargo dunha representación dos 10 centros escolares da vila, ademais dunha representación de alumnos do IES CHano Piñeiro de Forcarei, que porá música a un poema. O acto pecharase coa presentación do videoclip que distintos particulares e colectivos estradenses gravaron recitando versos de Rosalía de Castro.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Acto contra a violencia de xénero en A Estrada

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada máis solidaria cos biopsia líquida

 

Pazo Xerlís recauda 4600 euros que son entregados a Oncomet para axudar coa investigación Biopsia líquida.

Xuntando 140 c0mensais no cocido máis solidario, coa colaboracion de todos os seus proveedores e persoal tanto de cociña como camareros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Xefe Territorial de Educación visita A Estrada

O  Xefe Territorial de Educación don César A. Pérez Ares acompañado polo Excelentisimo Alcalde de A Estrada Jóse López Campos e a concelleira Amalia Goldar visitan o C.E.I.P Figueroa, C.E.I.P Foxo, para ver as obras realizadas neste curso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

NEFASTA XESTIÓN DO ALCALDE E OS SEUS COLABORADORES EN MATERIA DE PERSOAL

O grupo municipal socialista da Estrada pedirán explicacións ao alcalde José López, responsable de persoal no Concello e aos seus colaboradores pola nefasta xestión que veñen facendo e materia de persoal. Por esta razón, e facendo valer o número de concelleiros obtidos, solicitou por rexistro a convocatoria da comisión informativa de persoal.

 

“O alcalde José López terá que explicar porque se aprobou unha OEP 2016 de xeito irregular: sen negociar cos representantes dos traballadores e traballadoras, recollendo máis prazas vacantes das que permite a lexislación vixente e sen aprobar en pleno o acordo preceptivo ao respecto”, comentou a portavoz socialista. “Alguén ten que asumir responsabilidades desta chapuza que vai traer consecuencias para terceiras persoas implicadas nos procesos de contratación e para as arcas municipais. As persoas contratadas ao abeiro da OEP 16 perderán o seu traballo ao estar convocada a praza que ocupan con base nun procedemento nulo, podendo solicitar mesmo responsabilidade patrimonial ao concello” (indemnizacións e responsabilidades, así como a devolución das taxas as persoas que se presentaron ás oposicións celebradas para cubrir as prazas convocadas).

 

O Concello da Estrada destina anualmente 100.000 a pagar a persoas que entre as súas competencias levan a materia de persoal, sendo esta área xustificación da súa contratación. O alcalde José López, Alberto Blanco, concelleiro de Facenda e Persoal, o directo de Réxime Interno e o departamento de persoal, creado exprofeso polo goberno municipal para a xestión “adecuada” nesta materia. “Resulta incomprensible que o Concello non se teña personado no xuízo no que se trataba a anulación da OEP 16, só se nos ocorre unha explicación posible: “acaso ao non presentarse o alcalde e os seus colaboradores estaban recoñecendo que sabían que o fixeran mal? Se é así estamos ante un feito moi grave e incluso constitutivo de delito. Xa está ben de cubrir os erros de xestión do goberno cos cartos de todos os estradenses, alguén terá que asumir responsabilidades desta nefasta xestión en materia de persoal, non podemos seguir pagando a persoas que non cumpren coas súas obrigas. O alcalde terá que depurar responsabilidades e cesar ao xefe de réxime interno se autorizou este proceder ou ao concelleiro de facenda e persoal, ou se el mesmo era coñecedor desta situación de ilegalidade ao respecto da OEP debe ser el o que dimita”.

 

Nos últimos 3 anos o persoal municipal presentou 30 reclamacións xudiciais en materia de persoal e o 80 % das sentencias déronlle a razón aos traballadores contra o Concello. Calculamos que só no 2016 o cumprimento das sentencias suporán que o Concello deba pagar entorno aos 180.000 euros. “Se a esto lle engadimos o diñeiro que se usou para sacar adiante a convocatoria das prazas que agora se van ver afectadas e as posibles reclamacións derivadas desta sentenza e os gastos en avogados (xa temos denunciado publicamente en varias ocasións o incremento notorio da partida destinadas a este fin nos orzamentos) a ineficiencia coa que se está xestionando a materia de persoal esixen a dimisión dos responsables da súa xestion directa”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG presenta unha moción para que o concello asesore e apoie á veciñanza afectada polo temporal

As últimas declaracións do alcalde denotan unha falta de sensibilidade impropia de quen é o máximo representante de todos os veciños e veciñas
 
 
 
As declaracións do alcalde no día de onte e que recollen diversos medios de comunicación da localidade denotan unha falta de sensibilidade impropia de quen é o máximo representante de todos os veciños e veciñas. Insistimos na necesidade de que sexa o concello o quen lidere as reclamacións perante as empresas eléctricas, xa que estamos a falar de empresas que non teñen oficina na localidade, que non teñen un rostro visíbel e recoñecíbel, e que na maioría dos casos as reclamacións hai que canalizalas a través dun teléfono ou a través de internet, feito que entraña non poucas dificultades a moitos veciños e veciñas da Estrada.
 
Neste sentido, o BNG da Estrada presentará unha moción para que sexa o concello quen preste apoio e asesoramento á veciñanza afectada a través dos servizos municipais, a fin de axudar na presentación de reclamacións ou solicitudes de axudas, así como efectuar o seguimento na súa tramitación, para compensar os danos e perdas sufridos con ocasión do temporal.
 
Por outra parte, na mesma moción queremos implicar ao Goberno Galego para que aprobe axudas para os concellos, fogares e empresas que sufriron perdas como consecuencia dos temporais, así como exixir responsabilidades e estabelecer medidas sancionadoras ás empresas titulares das infraestruturas polo mal estado das mesmas e ás prestadoras de servizos de subministro eléctrico polo tardío e deficiente operativo de resposta para minimizar os efectos dos cortes do servizo.
 
Tamén con esta moción que presentará o BNG, queremos obrigar ás empresas subministradoras de enerxía a efectuar unha auditoría da situación das liñas eléctricas en Galiza, e por suposto no noso concello, xa que deron sobradas mostras de non estar á altura do século XXI. De feito é vox pópuli entre as persoas de máis idade que, a pesar de vivir moitos temporais, non acordan estar tantos días sen luz nas súas casas, o que demostra que pésimo estado e calidade dun tendido impropio dun país produtor de enerxía eléctrica como o é Galiza. Neste sentido, a moción do BNG tamén insta ás empresas investimentos precisos de forma continuada que garantan unha axeitada conservación da infraestrutura eléctrica.
 
NON TODOS ESTAMOS DE VACACIÓNS
Desde o BNG queremos recordarlle ao alcalde que el é quen goberna o noso concello, tendo a súa disposición unha equipa de 11 concelleiros e concelleiras, que supoñemos serán da súa máxima confianza, e algúns cobrando do concello, para atender situacións de emerxencia como as vividas nestes últimos días. Polo tanto, non todos temos as mesmas responsabilidades, pero no BNG tampouco estamos descansando ou de vacacións como fan outros, e si colaborando dentro das nosas posibilidades e responsabilidades. O que si temos claro é que non está dentro das nosas atribucións mobilizar as brigadas municipais, protección civil ou a policía local, para atender as peticións veciñais, iso é responsabilidade do goberno e en concreto do alcalde.
 
FAI O BEN E NON MIRES A QUEN
Xa para rematar, acollemos con certa sorpresa que o alcalde se atreva sequera a afirmar que atenderon problemas en todos viais independentemente da titularidade da infraestrutura. Facer o contario nunha situación de emerxencia como a vivida no concello da Estrada, isto é, mirar de quen é unha estrada para actuar ou non, sería delitivo, inhumano e agora mesmo estaríamos pedindo a dimisión de todo o grupo de goberno. Afortunadamente nas brigadas municipais, en protección civil e na policía local hai espírito de servizo público, fan o ben sen mirar a quen, cousa que non se desprende do goberno municipal, logo de ler as declaracións do alcalde da Estrada.
 

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Destrozos temporal A Estrada

 

Publicado en Portada | Deja un comentario