RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL E CHARLA INFORMATIVA

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada infórmase que a CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA acaba de realizar a convocatoria pública do PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade autónoma de Galicia, para un total de 2.015 prazas, nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 536 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 356 prazas.
  • Servizos para o control de pragas: 108 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos: 50 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 207 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas: 438 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento: 100 prazas.
  • Tanatopraxia: 150 prazas.
  • Operacións de vixilancia e estinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 70 prazas.

 

O obxecto do recoñecemento de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

 

Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.

 

A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:

 

  1. No instituto galego das Cualificacións.
  2. Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  3. Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  4. Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Esta información tamén será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, que realizará mañá sábado día 21/01/2017 ás 17:00 no MOME, museo do moble e da madeira sito na avenida Benito Vigo nº 92, unha charla informativa sobre o PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade autónoma de Galicia.

 

Para inscribirse poden chamar ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada no teléfono 618 26 42 48 ou acudir directamente ao MOME mañá sábado ás 17:00 horas.

Todo o referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 13 do xoves 19 de xaneiro de 2017.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acoe fai entrega do premio a carta dos Reis Magos



 

Esta tarde o Presidente da ACOE Alfredo fixo entrega do agasallo a carta gañadora dos Reis Magos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Móvete presenta unha serie de proxectosa executar a través dos fondos da EDUSI

Os proxectos presentados por Móvete parten dunha análise  da situación económica, demográfica e social da Estrada e teñen en conta as achegas feitas polxsveciñxs nas dúas asembleas abertas feitas para abordar AESS. Froito destas análises e da participación dxsveciñxs, consideramos fundamental priorizar as liñas de actuación encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser obxectivos nos que traballar de forma conxunta.

Para Móvete, é importante aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos sectores produtivos locais, para crear no rural un tecido produtivo sostible que proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e sostible. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de servizos sociais orientados á terceira idade.

SmartVillage A Estrada.

O Risco medioambiental e para a saúde pública, ademais do dano paisaxístico, son razóns de peso para erradicar os problemas dos vertidos dun xeito definitivo.  Polo que, dentro desta liña de actuación consideramos prioritario:

  1. Mellorar a rede de saneamento da Estrada.
  2. Mellora da EDAR de Aguións.
  3. Sistema de medición da contaminación dos ríos.
  • Modernización da Administración a través das TIC.

En novembro de 2015, Móvete presentou a moción instando á creación dun Portal de Transparencia, para dar cumprimento á “lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno”. Os poderes públicos deben responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación na xestión pública, de aí que esta lei regule os mecanismos para garantir que os cidadáns poidan coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións. Só así os cidadáns poderán xulgar mellor e con máis criterio a capacidade dos seus responsables públicos e así decidir en consecuencia. Garantindo unha mellor fiscalización da xestión pública contribúese á precisa rexeneración democrática, promóvese a eficiencia e eficacia do Concello e favorécese o crecemento económico. Móvete propón, para que o Concello da Estrada aprobe en materia de transparencia na actividade pública:

  1. Habilitar un Portal da Transparencia que potencie a participación cidadá e potenciar os servizos da e-administración de maneira que a maioría dos trámites poidanse facer de forma telemática e facer públicas a través da web do concello as diversas concocatorías de emprego público a nível municipal, ou os oportunos procesos de exposición pública.
  • Mobilidade Urbana Sostible.
  1. Elaboración do PMUSlevar a cabo un estudo de viabilidade da posible peatonalización dalgunhas rúas co casco urbán, que tería en conta as necesidades e consecuenzas para todos os colectivos afectados: comerciantes, vecinos, visitatntes esporádicos da vila,…
  2. Habilitare sinalizarasRutas de Sabucedo- Codeseda e a Ruta do Liñares.
  3. Acondicionar terreos para aparcamento en zonas non urbanizables do casco urbano.
  • Mellora da Eficiencia Enerxética.

Móvete considera como un dos temas prioritarios, avanzar cara a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público e dos edificios públicos, pero defende financiar estes proxectos de Eficiencia Enerxética a través das  subvencións do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), e reservar os fondos Edusi para proxectos non financiables por outras administracións.

  • Humanización e Mellora do Entorno Urbano.
  1. Habilitaralomenos, unha ruta de sendeirismo no entorno urbano: Ruta do Regueiro – Figueroa.
  2. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na parte de atrás da zona dos viños.
  3. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na zona traseira do actual parking da Casa das Letras.
  4. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na Rúa San Antón (parte non urbanizable).
  • Promoción do Turismo Verde.
  1. Desestacionalización do turismo habilitando instalacións ou promovendo novas actividades: Restauración da Casa Reitoral de Sabucedo para habilitar unha exposición fotográfica fixa da Rapa das Bestascoa finalidade de obterunhapresenza continua de visitantes no entorno de Sabucedo durante todo o ano.
  2. Redacción dun Plan de Conservación e Mantemento do Patrimonio Cultural do Concello, que permita que o estado dos bens culturais e patrimoniais sexa óptimo dun modo continuado e cun custo estable.
  3. Revalorización dos camiños tradicionais como eixo vertebrador dos elementos patrimoniais (mámoas, castros, cruceiros, fortalezas, fábricas…) co seu entorno. Para isto é necesaria a súa inclusión no catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. O obxectivo é manter as vías tradicionais de acceso ás zonas nas que se integran os diferentes bens culturais facilitando o seu uso tanto a visitantes aos veciños.
  4. Recuperar entornas naturais como a Praia fluvial de Couso e a Praia fluvial de Barcala.
  5. Recuperación, catalogación e sinalizaciónde Mámoas e Petróglifos.
  6. Recuperación da Casa das Colonias.
  • Programa Barrios Limpos e Responsables.

Outra das prioridades de Móvete é avanzar cara entornos urbanos sostibles e respectuosos co medioambiente, por iso defendemos a apertura dunha planta de compostaxe e iniciar unha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida selectiva de residuos. A importancia de apostar pola reciclaxe de residuos orgánicos engloba Razóns ambientais: contribuiremos a reducir a contaminación. Razóns económicas: Aforrar cartos públicos e dos veciños. Razóns Legais: Cumprir a normativa. Pero entendemos que se debe facer contando coa axuda específica da Deputación e non cos fondos Edusi, xa que, apostamos por un empregomáis eficiente e racionalizado dos fondos públicos.

  • Mellora da Mobilidade De Colectivos Rurais Desfavorecidos.
  1. Habilitar un servizo de transporte colectivo sostible entre as parroquias do rural e o núcleo urbano: Bono Taxi.Este novo modelo de transporte tería en conta aos actuais profesionais do sector: taxistas, empresas locais de autobuses de liña.
  • Rehabilitación Social, Cultural e Económica de Barrios Desfavorecidos.
  1. Humanizar entorno urbanos empezando polas rúas que carecen de beirarrúa como son: A rúa 13 (detrás da Seat), as travesías 1 e 2 da Avenida de Pontevedra, e a travesía de Vigo.
  2. Garantir un espazo destinado a actividades xuvenis de xestión compartida entre xsmozxs.
  3. Potenciar ás canles curtas de comercialización, mercados locais e cooperativas de consumo que permitan fortalecer o rural mediante compras de proximidade e produtos de calidade.
  • Revivamos o Rural.
  1. Promoción do cooperativismo como modelo de xestión para propiedades rústicas abandonadas e fóra dos circuítos de produción. Facilitar o diálogo social, establecendo o lugar (e non a parroquia) como orixe vertebrador desta iniciativa, debido a particularidade de que a inmensa maioría dos montes do noso concello son terras en man de propiedade particular. Isto conducirá á redución da carga combustíbel no monte que supón un perigo potencial para a aparición de incendios forestais e a un aumento da viabilidade e produtividade das explotacións forestais.
  2. Elaboración dun plan de desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica.
  3. Fomentar os mercados locais mostrándolle ao consumidor os beneficios de asentar poboación no medio rural, e do consumo dunha produción de moita maior calidade, máis san e respectuosa co medio. Isto non impide que se controle a trazabilidade dos produtos.
  4. Plan de mellora de valor engadido, tanto para os produtos de horta como de froitas, no caso da froita temos o exemplo da sidra, pero poderíase levar a cabo unha diversificación de productos: por exemplo, a elaboración mermeladas, ou levar a cabo outras formas de conservación.
  5. Diversificación de plantacións de froitas.
  6. Plan Forestal. Desenvolvemento do Bosque Autóctono. Buscar alternativas ás plantacións de eucaliptosque foranviables para os propietarios dos terreos.
  7. Creación dunha horta urbana.
  • A Estrada Móvese.
  1. Recuperar o antigo edificio do Inem para habilitar un Centro Interxeracional, xestionado a través dunha rede de voluntariado onde se poidan compartir experiencias e poñer en común habilidades.
  2. Construción de instalacións adecuadas para os clubs de atletismo locais.

 

 

A Estrada, 11 de decembro de 2017

www.movetepolaestrada.blogspot.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada presenta 45 propostas ao proxecto EDUSI

A proposta nacionalista aposta pola racionalización dos recursos para dinamizar económica e socialmente o noso concello
 
 
 
O BNG da Estrada presenta 45 propostas para «A Estrada Social e Sostíbel 2020», enmarcada dentro do proxecto EDUSI financiado con fondos europeos, e que ten na participacion de entidades e organizacións un dos seus piares de definición do que será a Estrada 2020.

As propostas do BNG encamíñanse a facer un uso rigoroso dos recursos e aproveitar até o último euro os algo máis de catro millóns do proxecto, en propostas que dinamicen económica e socialmente o noso concello, deixando de lado propostas de curto percorrido, que ao cabo de poucos meses acaban sendo unha carga para as arcas municipais. De feito, A Estrada non é a primeira vez que recibe unha choiva de millóns de euros a través de proxectos como A Estrada Dixital, que estaba chamado a facer da Estrada un Silicon Valley galego, pero ao cabo de poucos anos pouco ou nada queda en pé.

Neste sentido as propostas do BNG van encamiñadas a aproveitar todos os nosos potenciais e recursos, -que os temos-, e poñelos a traballar para xerar en emprego na Estrada, que é a mellor política social que se pode facer, pero tamén para ter un concello sostíbel e ecolóxico, un concello do século XXI.

Una vila cómoda e habitábel
O BNG quere facer da vila da Estrada unha vila cómoda para as persoas, veciños e veciñas, que a visitan e veñen a comprar, e habitábel para as persoas que viven aquí. Neste sentido, o BNG propón crear aparcadoiros públicos gratuítos en superficie en distintos puntos da vila, fronte ao modelo que defende o PP, subterráneo e privado, para potenciar A Estrada como núcleo comercial.

A organización nacionalista tamén aposta por dispersar pola vila as zonas de lecer e esparcemento para evitar a concentración destas áreas nun único punto da vila, así como facer da Rúa da Cultura, onde se concentran a meirande parte das infraestruturas educativas, deportivas e de servizos, unha área habitábel onde as protagonista sexan as persoas, con melloras na iluminación, no tráfico de vehículos, así como sistemas de moderación do tráfico en toda a zona.

As propostas do BNG tamén contemplan unha mellora da Avenida Fernando Conde, coa posta en marcha dun Plan Integral de Desenvolvemento de toda a zona, que contemple ampliación e terminación das rúas transversais, con melloras na habitabilidade.

Un rural con vida
A pesar de ter unha vila importante, o concello da Estrada concentra a meirande parte da súa poboación no rural, onde a actividade agraria continúa a ter un peso importante, malia as dificultades que atravesa o sector nos últimos anos. Neste sentido o BNG aposta por crear canles de comercialización en circuíto curto, potenciando a praza de abastos, por recuperar os sistemas de regadío existentes, actualmente inutilizados, para que sirvan para afrontar as secas dos últimos veráns.
 
O BNG tamén ten entre as súas propostas a posta en marcha do matadoiro municipal, que non só sirva para proporcionar un servizo ao comercio da carne local, senón que contemple a comercialización de produtos cárnicos baixo unha marca que a identifique e sexa garante dun xeito de crianza e manutención tradicional ou de pastoreo ao aire libre.

Aproveitar o potencial turístico da Estrada
Outros dos puntos que abrangue a proposta do BNG para o EDUSI é o turismo. Máis alá do Pazo de Oca ou da Rapa das Bestas, puntos fortes do turismo na Estrada, o noso concello ten enormes potencialidades. Neste sentido os nacionalistas apostan por consolidar e a Torre e o Pazo de Guimarei, crear e actualizar a ruta do románico, como mellorar as praias fluviais existentes (Couso, Barcala e o areal de Berres), así como elaborar un Plan de Dinamización Turístico, contando coa participación do sector e no que as redes sociais terían un papel importante na divulgación da Estrada como destino turístico de calidade e próximo á capital de Galiza.

Unha Estrada máis ecolóxica

A posta en marcha de todas estas propostas requiren facer un uso racional dos recursos económicos do proxecto EDUSI. Neste sentido, e fronte a outras propostas, o BNG aposta pola adhesión do noso concello aos proxectos de compostaxe da Deputación de Pontevedra, que xa está en marcha, facendo unha campaña especial de sensibilización e de concienciación sobre a importancia da compostaxe e da recollida selectiva, que o BNG aposta por universalizar a recollida selectiva a todo o rural.

 

BNG da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

100 anos dan para recordar

Carmen Conde cumple 100 anos rodeada da súa familia. O alcalde da Estrada José López e o tenente alcalde Juán Constenla acompañaron a centenaria con un obsequio para ela.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Martínez Ótero dona seis mil litros de leite a cáritas

Martínez Ótero doa seis mil litros de leite a Cáritas parroquial de  A Estrada. Está doazón será de un pale de leite mensual durante todo o ano.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cabalgata Reis A Estrada

Galería Fótografica:

 

Publicado en Portada | Deja un comentario