O Concelleiro de deportes Pena, foí o encargada na mañá de onte de facer entrega dos productos non perecedeiros recaudados o pasado 31 de Decembro.
O Concelleiro de deportes Pena, foí o encargada na mañá de onte de facer entrega dos productos non perecedeiros recaudados o pasado 31 de Decembro.
O Psoe Estradense fai balance do Goberno Popular de Jóse López durante o pasado ano 2016.
Resume con tres claros puntos: imcumprimento, venda de fume é mala xestión na política do día a día.
🍇 A DOUS DÍAS DO 2017
E a axenda vén ben apretaiña.
🔴 MENÚ PARA HOXE
– TRIPULA de Farrés Brothers no Teatro Principal ás 12:30/17:00/19:00 h. AVISO: Só quedan entradas para as 17h (moi pouquiñas).
– ATACAMOS EN NADAL con parkour, skatepark, lumigraff, Dj´s, e moito máis dende as 15h na Praza do Concello.
– PRESENTACIÓN DA XIX MISCELÁNEA ás 20h no MOME.
– PATINADORES LEDS ao longo do día polas rúas da Estrada.
🔴 MENÚ PARA MAÑÁ
– ATACAMOS EN NADAL con Nerf Games, MiniDrons, vídeo xogos, Pokecebada, Dj´s, e moito máis o venres dende as 15h na Praza do Concello.
– POKÉMON SOL-LÚA torneo Pokémon na libraría Arigató o venres ás 17:30h
– FANFARRIA TAKIKARDIA EN CONCERTO ás 19:30 h na Zona dos Viños
– PRESENTACIÓN DO LIBRO, GALEGOS NA GUERRA DO RIF de Dionisio Pereiras o venres ás 20h na Sala Abanca
O BNG sospeita que o informe dos técnicos de patrimonio sobre o Castro de Aguións preceptivo para a construción da Variante vai ser negativo. Segundo explicou Xosé Magariños, concelleiro do BNG, «o pasado sábado achegámonos unha delegación do consello local ao lugar das prospeccións de patrimonio e puidemos apreciar claramente os muros defensivos do castro no medio e medio do traxecto por onde pasaría a Variante.» É dicir», engadiu Magariños, «que se esta se chega a construír os muros defensivos do castro quedarían sepultados para sempre debaixo do asfalto da variante».
«Desde o BNG entendemos que se as nosas sospeitas se confirman», afirmou, «o Ministerio de Fomento deberá atopar un traxecto máis acaido para respectar o noso patrimonio para que este non fique enterrado baixo toneladas de escombro e chapapote».
«Por outra parte», engadiu Magariños, «como xa afirmamos no seu momento, parece que Fomento non ten moito interese en facer a Variante e presumibelmente atopará no castro a escusa perfecta para adiar outros vinte anos máis a construción desta infraestrutura tan necesaria para A Estrada». «O castro non apareceu de súpeto, como un cogumelo no outono, xa estaba aí cando os técnicos de fomento trazaron as liñas da variante nun plano», afirmou Magariños, «
«Teremos que agardar aos informes de patrimonio», explicou Magariños, «pero se as nosas sospeitas se confirman o alcalde terá que reunirse inmediatamente cos responsábeis políticos do Ministerio de Fomento para atopar o antes posíbel un deseño da Variante máis respectuoso co noso patrimonio ou contemplar unha desvío que permita salvar o castro na súa totalidade».
Posta en valor do castro
«Por outra parte», afirmou o concelleiro do BNG, Xosé magariños, «é unha mágoa que o concello non saque proveito do Castro de Aguións, dada a súa proximidade ao casco urbano, xa que se trata dunha fermosa paraxe, tanto desde o punto de vista paisaxístico como cultural e patrimonial». «Temos unha pedazo de historia a poucos quilómetros do casco», afirmou, «que ignoran da súa existencia a maior parte dos veciños e veciñas da Estrada».