Curso para obtención do certificado profesional de Creación e Xestión de Microempresas

Fundación CulturalA Fundación Cultural da Estrada impartirá dentro das accións formativas dirixidas fundamentalmente a persoas desempregadas para o ano 2016 o certificado de profesionalidade CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (ADGD0210) con 520 horas de duración, dende o 4 de xullo ata o 9 de novembro,que consta dos seguintes módulos:

– MF1788_3 Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas (120 h.)

– MF1789_3 Dirección da actividade empresarial de pequenos negocios ou microempresas (90 h.)

– MF1790_3 Comercialización de produtos e servizos en pequenos negocios ou microempresas (90 h. )

– MF1791_3 Xestión administrativa e económico-financeira de pequenos negocios ou
microempresas (120 h.)

– MF1792_2 Xestión da prevención de riscos laborais en pequenos negocios (60 h.)

– MP0385: Módulo de prácticas profesionais non laborais (40 h.)

Cada certificado de profesionalidade acredita unha cualificación profesional do CNCP. Os módulos formativos do certificado de profesionalidade son os do Catálogo Modular Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O PSOE fai valoración do último ano de goberno popular no que denuncia aumento de gasto público e parálise de proxectos pendentes

PSOE Dono Louzao FernándezEsta semana o PSdeG PSOE de A Estrada fixo unha valoración do primeiro ano de goberno desta nova lexislatura.

José Antonio Dono e Manuel Fernández acompañaron á voceira do partido socialista, Belén Louzao, que acusou ao alcalde de descoidar os intereses de A Estrada e «centrarse en escalar postos no PP».

Aumentar o gasto en dedicacións no equipo de goberno, cesión do frontón municipal, ampliación da alameda e traslado protección civil ao centro comarcal de Toedo, entre outros, foron os temas desglosados por Louzao.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Algo se anda "Maquinando" para este domingo no Teatro Principal

MAQUIN_A3 cast(1)A Compañía The Momento Impro realizará o seu espectáculo «Maquinando» a tarde deste domingo, ás 19:00 horas, no Teatro Principal.

«The Momento Impro» presenta o seu formato de impro deportiva máis delirante, situacións irrepetibles, comedia instantánea, creación en directo a partir das propostas do público. Cada función é diferente, pero o resultado sempre é o mesmo, non poderás parar de rir!!

As entradas, a 3€, poderán adquirirse na billeteira do Teatro media hora antes do comezo da función.

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Música para todos os públicos este fin de semana con A Estrada Son

20160607_123759O Concello en colaboración con músicos locais organizaron para este fin de semana tres actuacións con variedade de estilos. Música clásica, jazz, rock e blues amenizaran as xornadas do venres, sábado e domingo.

Este venres comezou o ciclo no Teatro Principal con «Abe Rábade e Javier Otero» cun concerto de dous pianos que converxeron nunha mistura de estilos.

Esta noite, ás 23:30 horas na Zona dos Viños, será o turno de «Dear Mr», grupo local de rock blues. Formado por Héctor Martínez, Alex Cabal, Alex Vidal e Conrado Martínez.

Por último, o domingo ás 12:30 horas, pecharán A Estrada Son o grupo «Zoar» na Alameda. Trátase dun grupo de vento formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretarán obras de diferentes países e estilos. Neste caso estará principalmente dirixido para nenos, polo que será un bo concerto para asistir en familia.

Así no lo presentaron Juan Constenla, Concelleiro de Cultura, Javier Otero, pianista, e Héctor Martínez, músico local e membro de Dear Mr.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O FalaRedes chega á Estrada este sábado

Dossier Todo me fala de ti.inddO vindeiro sábado ás 12:30 h no Teatro Principal da Estrada chega o programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para asistir será necesario retirar unha invitación no Departamento de Cultura ou ben na billeteira do Teatro.

FalaRedes ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Con ela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística réndelle tributo ao poeta do pobo e fai partícipe desta celebración á Rede de Dinamización Lingüística.

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para cativada de máis de 5 anos e as súas familias.

Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. Todo me fala de ti ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Dossier Todo me fala de ti.indd Dossier Todo me fala de ti.indd

Cultura A Estrada

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A ONG Implicadas no Desenvolvemento organiza, coa colaboración da pizzaría Argentinos burguer a actividade Comidas Implicadas na Estrada

Logo Implicadas no desenvolvementoA pizzaría Argentinos Burguer, acollerá esta actividade solidaria este fin de semana, den de o 10 ao 12 de xuño.

Comidas Implicadas é unha actividade de recadación de difusión das actividades da ONG. Durante todo o fin de semana a clientela da pizzaría Argentinos Burguer poderá escoller, ademais dos produtos de carta, un MENÚ HINDÚ especialmente deseñado para a ocasión polas responsábeis do restaurante. Unha porcentaxe do prezo deste menú será doado a Implicadas por parte de Argentinos Burguer. para investir nos seus proxectos de Erradicación do Infanticidio en Salem e de Empoderamento das Mulleres en Tiruchi, na India.

Así, as persoas que o desexen poderán gozar da calidade gastronómica que garante o local e, ao mesmo tempo, colaborar cos proxectos de Implicadas. Durante os días de exposición haberá un posto de venda de produtos da ONG, así como a súa Axenda do Desenvolvemento para o ano 2016. O Grupo de Voluntariado de Implicadas da Estrada aproveitará esta actividade para presentar a súa Rifa Solidaria, que sorteará unha cesta de produtos artesanais doados por artistas estradenses, e que estará de exposición do local do Argentinos Burguer estes días.

Aproveitamos para agradecer ás persoas responsábeis do Argentinos Burguer a súa total disposición para a organización desta actividade.

Implicadas no Desenvolvemento

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Programación Festas San Paio 2016

web 2A Comisión de Festas San Paio presentou esta tarde a programación para as festas da vila que terán lugar dende o 24 ao 27 de Xuño.

Ademais de contar coas mellores orquestras do panorama galego actual, haberá actividades lúdicas para nenos, 3×3 de baloncesto e fútbol, pasarrúas coas charangas mais valoradas, festa da bicicleta, concertos das bandas de música locais, representacións teatrais, …

PROGRAMACION-00PROGRAMACION-01PROGRAMACION-02PROGRAMACION-03PROGRAMACION-04

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario