A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos para obtención dos certificados CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Estos cursos, preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser so­licitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será do 17 de xuño de 2016 ao 16 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

No Concello de A Estrada, o curso impartirase no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura s/n, do 12 de setembro de 2016 ata o 2 de novembro de 2016 en horario de 19:00 a 21:30 horas de luns a xoves.

Toda a información referente a solicitude e prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , asignación de prazas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 114 do xoves 16 de xuño de 2016.

AEDL A Estrada

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os veciños e veciñas das Palmeras piden un servizo de auga digno

IMG-20160617-WA0002Os veciños e veciñas do edificio «As Palmeras», demandan solucións para os problemas de presión de auga que levan sufrindo dende hai tempo.

Despois de solicitar en repetidas ocasións o normalización do servizo de auga no edificio, esta semana decidiron falelo público para solicitar unha solución.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Abel Losada achegouse a unha gandería para coñecer os problemas do sector lácteo

IMG-20160617-WA0011Abel Losada, candidato PSdeG PSOE ao Senado por Pontevedra, acompañado de Belén Louzao, candidata número 3 ao Congreso, Pablo García, Deputado autonómico e portavoz de rural no grupo parlamentario, José Antonio Dono, secretario xeral local e concelleiros do grupo municipal socialista, visitaron a gandería A Peniña, na parroquia estradense de Cora, para coñecer de primeira man os problemas do sector lácteo.

Ao final da visita Losada fixo as seguintes declaracións:

 

Publicado en Agrogandeiros, Política, Portada | Deja un comentario

A Xunta saca un plan de acción global para paliar os danos ocasionados polo xabaril

Reunión Xunta plan global xabarilA directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, reuniuse o pasado martes con representantes de sindicatos agrarios e sociedades de caza, para trasladarlle o novo plan de acción global para paliar os danos do xabaril.

Antes de finalizar este mes, a Xunta publicará una límea de axudas que ascenderán a 1,3 millón de euros. A través destas axudas os agricultores que sufran danos poderán chamar ao 112 para que lle envíe un axente a verificación para posterior pago dos mesmos. Ademais, estas axudas, tamén inclúen a subvención de pastores eléctricos.

Por outra banda, poderán solicitarse batidas de urxencia para controlar a especie, incluso en época de cría, pero solo se poderían cazar animais adultos.

No plan tamén se contempla a prevención de accidentes de tráfico ocasionados por estes animais.

Publicado en Agrogandeiros, Portada | Deja un comentario

Aberto o prazo para as inscricións nos cursos de natación para este verán

Escudo.novoO Concello da Estrada abre o prazo para inscribirse e participar nos cursos de natación que se levarán a cabo nas piscinas municipales nos meses de Xullo e Agosto deste verán 2016.

As clases de natación da quenda de Xullo serán do día 1 o día 31, e o prazo de inscrición empeza o luns día 20 de Xuño e remata o xoves día 30 de Xuño.

As clases de natación da quenda do mes de Agosto serán dende o día 2 ata o día 31, e o prazo de inscrición empeza o luns 18 de Xullo e remata o venres día 29 de Xullo.

Nas quendas, as clases serán de martes a venres, e os cursos terán lugar en horario de mañán e ofértanse clases de iniciación e de perfeccionamiento. Segundo o número de participantes e o nivel dos mesmos, faranse os grupos. É necesario un mínimo de 12 alumnos para levar a cabo a actividade nas piscinas municipais. O prezo será de 20 euros por mes e alumno.

A forma de pago levarse a cabo a través do Banco Sabadell, no número de conta: ES78 0081 2208 2300 0101 2603. É necesario que no concepto do recibo bancario figure o nome do alumno. O xustificante de pago debe de presentarse xunto ca ficha de inscrición do alumno, no departamento de estatística do Concello da Estrada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Estrada contará cun novo Obradoiro de Emprego para rematar a Casa da Música

Cores Tourís LópezO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Economía, Ignacio Rial, comunicáronlle ao alcalde, José López, a concesión dun novo obradoiro de emprego para o noso concello.

A Estrada presentará nesta ocasión dous proxectos para obradoiro de emprego, un para maiores de 25 anos, coa segunda fase da Casa da Música, e outro para menores de 25, para a remodelación da praza exterior. Cores notificou que ambos proxectos foran aprobados e o alcalde decantouse polo de maiores de 25 anos, dado que o anterior fora dirixido a menores de 25.

Antes do 30 de setembro dará comezo a execución da segunda fase da Casa da Música que levaran acabo 20 desempregados, preseleccionados pola oficina de emprego, e que traballaran formándose en dous módulos, carpintería e albanelería. Ademais desta formación, durante os 6 meses que dure o obradoiro, percibirán o salario mínimo interprofesional.

Cores Tourís aproveitou a visita á Estrada para anunciar que Lalín tamén obteu un dos 29 obradoiros de emprego que ofertaba a Consellería de Economía.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande fixo entrega dunha manta realizada por mulleres da asociación á ONG Implicadas no desenvolvemento

manta 06No ano 2014 un grupo de 15 mulleres participaba nun curso de tecer, ganchillo, tear e trapillo organizado pola Fervenza de Ouzande. Tres meses despois, xa a primeiros de 2015, estas mulleres e algunhas máis decidiron continuar a xuntarse todos os martes ás 8 da tarde no Local Social de Ouzande, para seguir facendo traballos de tecido todas xuntas, intercambiando experiecias, coñecementos, e tamén historias, contos e vivencias. Nacían as Xuntanzas para tecer. Só descansaron coa chegada do verán, e xa no outono, volvéronse reunir para continuar coas xuntanzas, cada vez con máis adeptas.

Na primavera deste ano, recibiron a proposta, xurdida do grupo local da Estrada da ONG galega *Implicadas no Desenvolvemento*, de colaborar coa campaña de recollida de Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario