Mais de 1800 estudantes reivindicaron a nosa lingua polas rúas de A Estrada

06Mais de 1800 rapaces e rapazas dos centros de ensino estradenses, Pérez Viondi, Villar Paramá, Foxo, Cabada Vázquez, Figueroa, Manuel García Barros, Antón Losada, IES Nº1, e dos de Silleda, Pintor Colmeiro, e Forcarei, Chano Piñeiro, recorreron as rúas da vila ás voces únisonas de «Correlingua»

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O Concello decidiu ampliar as prazas do Campus do mes de Xullo a 195 para dar cabida á lista de espera

Campus de Verán 2016O Concello da Estrada comunica que:

Debido o gran éxito que ten a actividade do Campus Deportivo de Verán, que ano tras ano foi ampliando o número de prazas e nesta séptima edición ofertaba 150 prazas para a quenda do mes de Xullo, este departamento, despois de realizar diversas valoracións, decidiu ampliar o número de prazas para a quenda do mes de Xullo, para evitar que ningún dos interesados en participar nesta actividade quede excluido.

Todos aqueles que se inscribiron e estaban na lista de espera xa poden formalizar a su inscrición ata o día 22 de Xuño. Para elo deben de presentar no departamento de Estatística do Concello, a ficha de inscrición cuberta, o resgardo de realizar o pago no Banco Sabadell e a fotocopia da tarxeta sanitaria do participante na actividade.

Recordamos que para a quenda do mes de agosto abrirase un novo prazo de inscrición no mes de Xullo.

Concellería de Deportes

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada denuncia que as isletas de incorporación á urbanización da Baiuca provocan o caos e o desconcerto entre os condutores

logo bngAtrapad@s no bucle da Avenida Benito Vigo

As novas isletas da N-640 para incorporarse á Avenida Benito Vigo desde a nova rúa aberta na Baiuca crea o caos e o desconcerto entre os veciños e veciñas da Estrada. A nova sinalización horizontal impide xirar á esquerda aos condutores e condutoras que antes utilizaban a Rúa Varela Buxán para incorporarse á Avenida Benito Vigo en dirección Lalín, así como os que antes utilizaban esta rúa desde a avenida para saír Fernando Conde.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, entende que «o goberno municipal do PP tiña e ten a obriga de informar aos veciños e veciñas deste importante cambio, porque eran moitos os condutores os que empregaban a Rúa Varela Buxán, tanto para entrar como para saír, e agora atópanse atrapados nun bucle, causando importantes trastornos aos veciños e veciñas que usan a diario esta rúa». «Ademais», afirma Magariños, «na Rúa Varela Buxán non hai sinais verticais que avisen de que non se pode xirar á esquerda ao chegar á avenida Benito Vigo, o que xera aínda máis desconcerto entre os condutores».

«Así», engade o concelleiro do BNG, «todos os condutores que veñan pola Rúa Leicures, de Aguións ou da Rúa 25 de Xullo, en queiran ir en dirección Lalín vense na obriga de Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os socialistas piden ao alcalde que aclare cales serán as condicións do servizo da nova gardería

PSOETaxas para as familias, procedemento de matrícula e criterios de admisión, servizo de comedor, caterin ou comida na escola, contratación de persoal ou dos servizos de mantemento varían no modelo municipal e no da Xunta. 

O importante non é o edificio, é o servizo 

Dende o grupo socialista recoñecemos sempre a necesidade de incrementar as prazas na escola infantil ante a imposibilidade de dar resposta á demanda actual coas prezas existentes. Fai máis dun ano que o alcalde está a falar da construción dunha nova gardería na Estrada e xa van ala varias fotos de destacados políticos da Xunta falando do tema. Sen embargo, a pesares de que o importante é o servizo e non o edificio nin o alcalde nin a Xunta aclaran a situación na que se vai a prestar o servizo de chegar a materializarse o proxecto.

“As noticias sobre a gardería que a xunta vai construir na estrada céntranse sempre nas condicións de construción do edificio. Que pasa coas condicións en que se prestará o servizo? Se a nova escola se integra na rede de escolas da Xunta “Galiña Azul” a situación de desigualdade coas condicións da gardería muncipal serán palpables, comentou a portavoz socialista.

A pesares de que a finais de abril o alcalde anunciou que a xunta e o concello ían asinar un Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Fernando Lorenzo proclamouse gañador do II Concurso de Pesca a Mosca

1 PremioO estradense Fernando Lorenzo foi o gañador do II Concurso de Pesca A Moscas sen Morte Concello de A Estrada.

Fernando impuxose ao coruñés David Arcay, campión mundial, que quedou en segundo posto na cita estradense.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Finalizaron as obras no pavillón de Figueroa e o proxecto para o de Pérez Viondi ascende a 130.000€

Lopez 2016-05-30 13.34.58A semana pasada levouse a Xunta de goberno as bases para a licitación da xestión do frontón como centro de pádel.

Mentres o goberno ven de terminar a reforma do pavillón do colexio de Figueroa e rematou o proxecto para o pavillón do colexio do Pérez Viondi que ascende a 130.000€. Neste último caso o proxecto contempla a sustitución da cuberta, eliminar as filtracións laterais e dotalo de vestiarios.

Deste xeito o alcalde espera que todas as necesidades deportivas queden cubertas ao poder dispor dos pavillóns destes dous colexios fora do horario lectivo.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Asociación Cultural Vagalumes rectificou o letreiro de "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada"

DSC05813Aínda que había máis dunha década que se tiña aprobado en pleno a retirada do nome de Capitán Bernal, que se tiñan presentado escritos e mocións ao respecto da execución deste acordo plenario unánime, o certo é que se conservaba o rótulo eliminado e se mantiña o mesmo nome como referencia desta rúa a todos os efectos.

Por outra banda, a Asociación Cultural «Vagalumes» ben reiterando desde hai anos a necesidade de cumprir a derradeira vontade dos representantes democráticos do noso pobo que foron fusilados o 5 de xuño de 1937 no sentido de que se lle dedicara unha rúa co nome «Mártires da Estrada».

DSC05815Petición que é de xustiza tendo en conta o sacrificio que eles sofreron polo ben do noso Concello. Mais os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixeron honra do cargo que ostentaban ao desoír a un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado.

Por iso, este 5 de xuño, como vimos facendo todos os anos conmemoramos o día dos mártires da Estrada na honra destes veciños nosos asasinados. E coincidindo con esta data acordamos exercer as funcións que lle corresponde a institución municipal e das cales se inhibe, e rectificar o nome desta rúa. Asi mesmo optamos por colocar no seu lugar Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario