O BNG insta ao alcalde á cobertura da praza de normalizador/a lingüístico

BNG1Política lingüística na Estrada: na casa do ferreiro, coitelo de pau

O grupo municipal do BNG, instamos ao alcalde a rematar o proceso selectivo e cubrir a praza de normalizador/a lingüístico do concello da Estrada

Desde que o titular da praza de normalizador lingüístico do concello, Valentín García, foi nomeado polo goberno do PP Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, A Estrada carece de normalizador da nosa lingua. E a pesar de que o concello iniciou o ano pasado os trámites para cubrir temporalmente esa praza, a día de hoxe o noso concello sigue sen esta figura tan importante para a normalización do noso idioma.

As recentes denuncias que fixemos desde o BNG, proban que é moi necesario cubrir a praza de normalizador lingüístico, que o concello non ten unha estratexia para reverter a caída de falantes de galego no concello, e o que é peor, que non se cumpre coa Lei de Normalización Lingüística, nun concello que ten a dubidosa honra de ter como responsábel máximo da política lingüística que se fai en Galiza a un veciño da Estrada. Xa Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O alcalde felicita a Javier Carballo polo bo papel no Campionato de Salvamento

Lopez 2016-05-30 13.34.55O alcalde felicitou publicamente a Javier Carballo polos éxitos acadados no Campionato de España de Salvamento.

Javier Carballo proclamouse Campión de España de Salvamento na categoría de Bandeiras. Ademais acadou dous subcampionatos nas modalidades de Ski e Sprint, así como, un cuarto posto en táboa.

López tamén valorou positivamente a boa saúde do deporte estradense que destaca en moitas disciplinas deportivas.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Asociación Vagalumes cambiará o letreiro da rúa "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada" este domingo

Mañá Domingo, 5 de xuño, é o día dos mártires da Estrada en conmemoración polo fusilamento do alcalde e demais membros da corporación e veciños caídos ese día. E con este motivo desde a Asociación Cultural «Vagalumes» imos proceder a corrección do letreiro da rúa Capitán Bernal, o cal a pesares de terse acordado en pleno municipal
retirar, aínda hoxe segue a figurar no noso rueiro.

O desleixo do Concello a hora de executar os seus propios acordos ten que ser substituído pola iniciativa cidadán que asume a ausencia das institucións que lle corresponden exercer estas funcións a hora de cumprir a lexislación vixente nesta materia (lei 52/2007, no seu artigo 15.1).

No lugar deste nome que exalta a un criminal franquista que tiña como único mérito relacionado co noso Concello o ter ordenado que se incendiara senón se rendía, temos a intención tamén de cumprir a vontade dos últimos representantes democráticos do noso pobo cando pediron nunha carta expresa que se lle puxera unha rúa co nome «Mártires da Estrada».

A rectificación do nome levarase a cabo mañá domingo 5 ás 12:00 h.

Asociación Cultural Vagalumes

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Fin de semana cheo de actividades na Estrada

Escudo.novoEste fin de semana A Estrada oferta un amplo abanico de actividades para todos os públicos.

Sábado 4 de Xuño

Octava edición del Memorial Milucho-Alfonso no Campo Manuel Regueiro.

Finais de Preminibasket e Minibasket no Coto Ferreiro.

12:30 h o Teatro Principal acolle o espectáculo de maxia de Dani García «VOLTA Á MAXIA»

V Edición da Feira da Sidra na Praza do Concello

21:30 horas: «Flamenco» no Teatro Principal

Domingo 5

Festa do Caneiro ao Espeto en Loimil

Finais de Preminibasket e Minibasket no Coto Ferreiro.

Domingo ás 12.00 horas en San Martiño partido de ida da Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete entre o Callobre e o Residencia de Lugo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande celebra o 15 aniversario

CARTEL FESTA ANIVERSARIO 01Neste ano 2016 a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande cumpre 15 anos. Desde os seus inicios a asociación ven organizando actividades, próximas as 250, co fin de dinamizar a vida social, cultural e de lecer da parroquia de Ouzande, e de todos e todas os que se achegaron a estas iniciativas, desde outros lugares.

Por iso convidamos a todas as persoas que desexen compartir con nós esta celebración, o próximo día 19 de xuño, domingo, ás 14:30h. Terá lugar no Campo da Festa de Ouzande e consistirá nun xantar servido pola Pulpería Porta, ao que seguirá, xa pola tarde, unha foliada musical na que participarán os alumnos e alumnas das clases que teñen lugar todos os sábados, ademais do grupo Retrouso e do grupo Recanto e tamén todas aquelas
persoas e grupos que desexen unirse á festa.

O prezo do xantar, para as persoas adultas é de 20 euros; para os menores de 12 anos, de 10 euros; e para os mozos e mozas de 12 a 18 anos, será de 15 euros.

Para poder asistir, cómpre anotarse na taberna de Ouzande, ata o mércores 15 de xuño, ou a través do correo electrónico, no enderezo: carreirosouzande@gmail.com, e tamén a través do facebook da asociación.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O PSOE denuncia o mal estado dos viais

 

psoe 06Queixas dos veciños e veciñas das parroquias polo abandono na conservación dos viais 

Mentres o goberno local mira para outro lado os viais municipais desfanse. Son moitas as queixas que nos trasladan os veciños e veciñas das parroquias: Riveira, Rivela, San Andrés, …. os buracos son o día a día dos estradense.

«En vésperas das eleccións municipais o alcalde e o concelleiro recorreron o rural facéndose fotos reasfaltando certos camiños e dende aquela o goberno municipal esqueceu que existen as parroquias e os seus problemas do día a día».

«A Estrada posúe unha extensa rede de viais municipais, moitos quilómetros que permiten o acceso das familias aos seus fogares, sen dúbida é obrigación do concello o mantemento dos mesmos, sen embargo no último ano o Goberno Local non ten reasfaltado nin un só quilómetro e os veciños pregúntanse se é unha nova política de José López consiste en tapar os buracos con terra ou deixalos aberto para poder xogar ao tres en raia polos camiños. A deixadez e a improvisación segue a ser nesta lexislatura, igual que na anterior, o fío condutor do goberno de José López».

No pleno de onte o grupo socialista trasladamos o malestar veciñal e esiximos a mellora dos viais municipais.

PSdeG PSOE de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este fin de semana A Estrada acollerá as finais de Preminibasket e Minibasket

2016-05-30 12.47.19Outro ano mais A Estradá será a sede das finais de Preminibasket e Minibasket que organiza a Federación Galega de Baloncesto.

O alcalde destacou a importancia destes eventos na vila que atraen un gran número de persoas que repercutirá positivamente na hostelería local.

A entrada para os encontros é gratuita e será unha boa oportunidade para poder disfrutar deste deporte en estado puro.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario