Tequexetéldere actuará este sábado noutra edición da Devesa dos Pícaros en Luou

foto devesa A Estrada 2015

Este sábado 4 de xuño, a carballeira de Luou énchese de baile e música coa terceira edición do festival de folclore infantil ‘A Devesa dos Pícaros’ promovido por seis agrupacións dos concellos galegos de Teo – A Mamoa de Luou (anfitrións desta volta) e A Ponte Vella de Teo -, Cambados – Obradoiro Volandeira – , A Estrada – Tequexetéldere – e Vilagarcía de Arousa – Mar de Arousa e Nós de Sobradelo -, que colaboran no proxecto.

Tequexetéldere desta vez levará as escolas de baile cos máis cativos, nenos e nenas de entre 3 a 6 anos xunto coas escolas de pandeireta e gaita e percusión.

A nosa intevención de 10 minutos incluirá os seguintes temas,

  1. Valse as tres cadelas e corrido de Rodeiro ( pandeireta )
    2. Muñeira ( baile )
    3. Jota de Santiago ( instrumental )

O festival comeza o sábado ás 12:30 horas coas actuacións dos pícaros das seis agrupacións con idades comprendidas desde os 3 e os 15 anos. Despois, nas instalacións da Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O BNG conmemorou os 100 anos das Irmandades da Fala

logo bngIrmandades da Fala: 100 anos de nacionalismo galego na Estrada

O BNG da Estrada conmemorou hoxe venres na Praza do Mercado, ás 21 horas, os 100 anos das Irmandades da Fala, recordando aos estradenses que formaron parte da primeira organización nacionalista galega.

Neste acto @s nacionalistas galegos leron textos de Antón Losada Diéguez, de Manuel García Barros e de Luís Porteiro Garea, cuxa vixencia política e cultural aínda hoxe segue vixente 100 anos despois.

Tamén tiveron un recordo para outros membros da Irmandade da Fala que conformaron un grupo heteroxéneo, entres os que había enxeñeiros, mestres e comerciantes, entre os que se atopaban, ademais dos antes mecionados, José Alonso Rey, Manuel Bergueiro López, R. Castro Dono, José Constenla Rodríguez, José Torres Fondevila, Maximino Matalobos Loureiro, Bernardo Mato Castro, José Otero Abelleira, José Otero Botana, Carlos Pardo Ciorraga, B. Pio Losada, Perfecto Porto Fraiz, Rogelio Rivero, Jesús Rivas
Carollo, Manuel Torres Agrelo, Rafael Varela Pazos e Albino Vila Fernández, entre outros. Todos eles tiveron unha intensa actividade cultural e mesmo política, xa que mesmo concorreron ás eleccións municipais.

O acto, que estivo conducido por Xoán Carlos Garrido Couceiro, coñecido na Estrada pola súa actividade como historiador, así como activista cultural, procurou vincular as Irmandades da Fala co nacionalismo galego actual, e en concreto co BNG, xa que sen os pioneiros e pioneiras que deron ese importante paso hai 100 anos, o nacionalismo galego hoxe seguramente non tería lugar.

BNG de A Estrada

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

En Xuño volve o Tenis có VIII Torneo de Tenis de Dobres Concello de A Estrada

cartel1.-O torneo rexerase polas normas da Real Federación Española de Tenis.

2.-Os partidos disputaranse ao mellor de tres sets, con tie break en todos eles.

3.-O sistema de competición será eliminatorio con cabezas de serie que se establecerán, pola organización, en función da clasificación da edición do pasado ano.

4.-Aplicarase W.O. a todo xogador/a que non estea preparado/a para disputar o seu partido transcorridos 15 minutos da hora sinalada para o comezo. O quecemento na pista non superará os 10 minutos. Recoméndaselle aos xogadores, do segundo e terceiro turno, que estean nas pistas media hora antes do comezo dos seus partidos.

5.-Lémbrase aos/as xogadores/as que teñan dificultades de horarios que deberán comunicalas á organización no momento da inscrición. A organización tratará de axustarse ás necesidades dos/das participantes. Unha vez confeccionados os horarios, estes non serán alterados e polo tanto non se accederá a cambios posteriores.

6.-Para cada partido utilizarase un bote de pelotas que terán que recoller na conserxería do Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere no LUAR

Luar.TVG.31.03.15-53

Esta noite a Agrupación Local Tequexetéldere actuará de novo no programa LUAR da TVG.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Curso de carretilla elevadora según certificación norma UNE 58451:2014

Escudo.novoDende a Área de Promoción económica, Comercio e Emprego e os Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello e da Fundación Cultural da Estrada estamos organizando un curso  de CARRETILLAS ELEVADORAS, subvencionado en parte polo Concello, de xeito, que terá un menor custo para os usuarios interesados. Estará dirixido as persoas desempregadas e empadroadas no Concello da Estrada, co obxetivo de mellorala súa empregabilidade e enriquecer o seu curriculum vitae.

O presente curso ten por obxeto impartir unha formación teórico-práctica de 10 horas de duración, centrado en proporcionar aos participantes competencias xerais sobre a prevención de riscos laborais derivados da manipulación de cargas e o correcto uso de carretillas elevadoras, según norma UNE 58451:2014 vixente.

Os interesados en participar e recibir información do curso, deberán poñerse en contacto cos Servizo de emprego do Concello e da Fundación Cultural da Estrada,  chamando aos teléfonos 986 57 00 30 extenxión 4326 e 986570997 ou nos correos electrónicos aedlconcelloestrada@gmail.com e aedlestrada@gmail.com.

AEDL A Estrada

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG considera que a Feira da Sidra debería ter fondo musical galego

Feira da Sidra 2016Producimos sidra, pero tamén temos gaiteiras e gaiteiros

Compartimos a idea de celebrar unha Feira da Sidra para apoiar o noso, o que se produce aquí; o que non compartimos é que un evento como este acaba convertido nun esperpento

No BNG non entendemos nin compartimos que a Feira da Sidra, apoiada polo concello da Estrada, acabe sendo un foro de exhibición musical de flamenco, cando no noso concello temos unha abondosa canteira de gaiteiros e gaiteiras de música tradicional, así como outros estilos musicais que cantan na nosa lingua.

A nosa música ben pode amenizar unha velada gastronómica dun produto do país, feito con mazás producidas na Estrada, e darlle a coherencia necesaria a unha feira deste tipo. En Andalucía non hai mazás e polo tanto non producen sidra, mais si manzanilla (viño), que nada ten a ver doa sidra.

Instamos á organización e ao concello a rectificar. Compartimos idea de celebrar unha Feira da Sidra, porque a finalidade é a de apoiar o noso, o que producimos aquí, na Estrada, en Galiza, e niso sempre terán o noso apoio e colaboración. O que non compartimos é que un evento tan importante, de exaltación dun produto galego acabe convertido nun esperpento; empezamos por unha actuación flamenca e o próximo será disfrazarnos de vestido de lunares, sombreiro cordobés e bebendo «rebujito».

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Durante o mes de Xuño a Escola Municipal de Artes Escénicas realizará as exhibicións de Fin de Curso

Presentación fin curso teatroO pasado sábado o Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas representou no Principal a obra «Ópera Pánica», como posta en escea ao públigo dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.

Durante o mes de Xuño será o turno dos demais grupos:

O 5 de Xuño o Grupo infantil, composto por nenos en nenas entre 6 e 8 anos, interpretará «Espantallo Amigo» ás 19:00 horas no Teatro Principal.

O 24 de Xuño será o turno do Grupo infantil 1, de 9 a 11 anos, que poñeran en escea a obra «Mary Poppins» ás 20:00 horas no Teatro Principal.

O 28 de Xuño o Grupo Xuvenil 2 pechará o curso coa representación de «Alicia» ás 20:30 horas no Teatro Principal.

O 30 de Xuño clausurarán as representacións teatrais o Grupo Xuvenil 1 con «Recordos» ás 20:30 horas no Teatro Principal.

As entradas serán gratuítas ata completar o aforo.

Publicado en Cultura, Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario