Este domingo A Estrada celebra a XLIII Festa do Salmón

Cartel festa do salmonA Festa do Salmón da Estrada, que celebra o domingo 15 de maio a súa cuadraxésimo terceira edición, é un dos eventos gastronómicos máis relevantes de Galicia e un dos principais atractivos turísticos do Concello da Estrada.

A súa celebración foi promovida na década dos 70 polo Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) da Estrada para pór en valor a tradición salmoneira deste municipio nunha dobre vertente: por unha banda, a tradición da pesca do salmón nos fértiles coutos locais do río Ulla e, por outra, a tradición gastronómica da preparación do “rei do río” nos restaurantes locais, que se fixeron acredores dunha merecida reputación.

A Festa do Salmón da Estrada celebrou a súa primeira edición o 2 de xuño de 1974 e no ano 2013 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Desde a súa instauración, este evento foi incorporando ano a ano “ingredientes” culturais,
deportivos e gastronómicos que enriquecen a súa programación e que a converten nunha
cita ineludible para milleiros de visitantes cada terceiro domingo do mes de maio: o pregón, a entrega dos Salmóns de Ouro, o Concurso Internacional de Pesca do Salmón, a RutaDegustación de Tapas de Salmón, competicións deportivas, etc.

A PREGOEIRA: Ofelia Rey Castelao

pregoeiraA elección dun persoeiro de recoñecido prestixio para ofrecer o pregón o día central da festa no Teatro Principal (nesta ocasión o domingo 15 de maio, ás 12.00 horas) é un dos “ingredientes” fixos da Festa do Salmón.

Desde que en 1974 o historiador e escritor Xosé Fernando Filgueira Valverde pronunciara aquel primeiro pregón, na relación de ilustres persoeiros sucedérono, por exemplo, os escritores Álvaro Cunqueiro, Camilo José Cela, Alfredo Conde e Xosé Neira Vilas; os xornalistas María Fernández Rey, Diego Bernal, Javier Sánchez de Dios e Marga Pazos; ou os médicos Agustín Sixto, José Ignacio Carro Otero ou Ramiro Varela.

Nesta ocasión, o Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada seleccionou como pregoeira da XLIII Festa do Salmón á catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela Ofelia Rey Castelao (1956), que é natural da parroquia estradense de Arnois.

Ofelia Rey Castelao atesoura unha dilatada traxectoria como docente na USC, que
compaxina desde 1978 cunha intensa actividade investigadora sobre a historia rural, económica e da emigración de Galicia. Ademais, ten publicado máis dunha ducia de libros e colaborado con artigos propios en deceas de publicacións.

 

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

As mellores orquestras de Galicia estarán na Estrada polas festas de San Paio

_MG_3376Este mes de Xuño A Estrada aglutinará ás mellores osquestras do panorama galego neste momento.

A comisión de festas está traballando duro este ano e xa pechou o cartel das orquestras para as festas San Paio 2016. O prato forte terá lugar o domingo 26, día do patrón, no que estarán París de Noia e Panorama, esta última por problemas de espacio actuará na Baiuca.

Para o peche das festas teremos ao Combo Dominicano e completaran o cartel destos días New York, Royal, Galilea e Os Satélites.

As mellores verbenas terán lugar este verán na Estrada.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O 17 de maio ás 12 h terá lugar a ofrenda floral nos Xardíns Municipais

Invitación ofrenda letras galegas

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O BNG recolle sinaturas para presentarse ás eleccións do 26 de xuño

logo bngFacemos un chamamento a todos os veciños e veciñas da Estrada a asinar para que o BNG estea presente na vindeira campaña electoral, independentemente de se son votantes ou non, pero que acreditan na pluralidade política que de reinar no Estado

Unha recente modificación da normativa electoral española obriga a que para presentar candidaturas ao Congreso e ao Senado, as formacións políticas que non tiveron representación no proceso do 20 de decembro de 2015 deben contar co aval, a través de recollida de sinatuas, de cando menos o 0,1 por 100 do censo da provincia correspondente.

Por ese motivo, o BNG está a a realizar por todo o país, e por suposto na Estrada, unha campaña de recollida de sinaturas para garantir que o Bloque Nacionalista Galego estea presente nos vindeiros comicios do 26 de xuño.

Facémolo convencid@s de que o BNG é quen mellor defende os intereses da Galiza e tamén do noso concello, como tantas veces temos demostrado. Ten un compromiso firme Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande inicia o programa “Imos andar” coa Ruta das Letras

RUTA DAS LETRAS 2016 contXI RUTA DAS LETRAS: O Día das Letras Galegas ANDAMOS E FALAMOS.

A Fervenza de Ouzande inicia o programa “Imos andar”, coa Ruta das Letras que chega á súa undécima edición. Nesta ocasión realizaremos a «Ruta do río Gallo».

Será o Martes 17 de maio, con saída ás 9:30 da mañá e regreso ás 13:30 (Igrexa de Ouzande) **Ao final do roteiro, todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego en conmemoración do Día das Letras.

A Asociación agradece a colaboración do Concello da Estrada nesta actividade.

A seguir achéganse todos os datos da mesma e infórmase que a actividade só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.

Datos:

Saída: 9:30 da mañá.
Chegada: 13:30 Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O BNG traslada ao Parlamento o problema das goteiras do pavillón do Figueiroa

IMG-20160510-WA0002Xosé Magariños: “desde o Nadal nin o concello se preocupou nin a Xunta tomou medidas para arranxar os problemas do tellado”

O BNG da Estrada levará ao Parlamento Galego os problemas de goteiras que ten o tellado do pavillón do colexio público de Figueiroa.

O concelleiro da organización nacionalista, Xosé Magariños, explicou “que á altura do Nadal un temporal levantou parte do tellado e desde aquela nin o concello se preocupou nin a Xunta, que é a competente, tomou medidas para arranxalo”. “Como consecuencia”, engadiu o concelleiro do BNG, “os cativos do Figueiroa, teñen a pista de deporte chega de caldeiros e outros recipientes para recoller a auga que se filtra do tellado”.

Xosé Magariños afirmou que “é un despropósito absoluto manter nese estado as pistas deportivas que utilizan tanto escolares como veciños e veciñas da Estrada, agás que o PP queira converter a pista deportiva nunha pista para patinaxe ou para as carreiras de obstáculos, que é para o que vale agora mesmo, especialmente os días de choiva, no canto Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O IES Antón Losada participou no I Festival Intercentros de música e poesía celebrado en Teo

coro losadaO pasado luns, 9 de maio, o IES Antón Losada participou no I Festival Intercentros de música e poesía «Manuel María», celebrado no Centro Cultural Rosalía de Castro, en Cacheiras, Teo, e organizado polo IES de Cacheiras. No mesmo participou tamén alumnado de centros de Marín, Vila de Cruces, Vedra, e o centro anfitrión.

O coro do Losada participou coa súa versión rap do poema de Manuel María, Verbas a un irmao, colleitando outra vez grandes ovacións dos asistentes, tamén participou na interpretación conxunta, por parte dos máis de 120 participantes dos cinco centros, das pezas «O cuco» e «O Carro», baseadas en poemas do autor homenaxeado nas Letras Galegas. A presentación desta interpretación estivo a cargo de Tereixa Novo, cantante de Fuxan os Ventos.

todos participantes no encontroNesta intensa mañá poética e musical puideronse escoitar moi diferentes manifestacións desta arte, arredor da figura de Manuel María, como o rapeo dos estradenses, as regueifas de Vila de Cruces, a música instrumental dos marinenses e vedreses, así como un atranque realizado por alumnado do centro anfitrión, como non podía ser doutro xeito.

O coro do Losada é un proxecto do Dto. de Música do centro, e que conta coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística do mesmo. (www.elogolosada.blogspot.com)

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario